Carteleira de cinema no Fórum, do 12 ao 14 de xaneiro

"La vida de los peces", La vida de los pecesde La vida de los otrosMatías Bize (Chile, 2011, 83 minutos), N. R. M. de 7 anos, na Sala Marilyn Monroe, dentro do ciclo La otra orilla. Andrés vive en Alemaña dende hai 10 anos. Regresa a Chile para cerrar o seu pasado antes de asentarse definitivamente en Berlín. Na súa estancia, asiste á festa de aniversario dun dos seus amigos onde redescobre todo un mundo que deixou de ver, incluída Beatriz, o seu grande amor. Este reencontro poderá cambiar a vida de Andrés para sempre. Proxeccións: xoves 12 ás 20:15; venres 13 ás 20:15 e 22:45; sábado 14 de xaneiro ás 17:15 h. e 20:15 horas. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

"La vida de los otros", de Florian Henckel von Donnersmarck (Alemaña, 2006, 137 minutos, V. O. S. en castelán), dentro do ciclo EFA, na Sala Fernando Rey. República Democrática Alemá, 1984.  O capitán Gerd Wiesler (Ulrich Mühe), competente oficial da Stasi, recibe un encargo complexo: espiar a parella formada polo escritor Georg Dreyman (Sebastian Koch) e a actriz Christa-Maria Sieland (Martina Gedeck). A misión cambiará a súa vida sen remedio. Proxeccións: xoves 12 ás 20:30; venres 13 ás 20:30 e 23:00 h.; e sábado 14 ás 17:30 e 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: Gala de humor do VIII aniversario de Manicómicos

CARTEL-VIII-GALA-envios

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: concerto de Mamá Cabra

martes, 3 xaneiro 2012, 10:25 | Category : concertos, infantil, música
Tags : , ,

Mércores Xa me tardan estes magos4
Fórum Metropolitano
17:00 e 19:00 horas
Entradas: 5 euros.

Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. "Xa me tardan estes Magos" é o novo traballo desta formación, un disco que xorde coa intención de renovar as panxoliñas. Unha creación divertida e orixinal para celebrar en familia estas festas. Este novo traballo publicouse a finais de 2011 da man da editorial Galaxia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google