A cidade que le: resumo da campaña

acidadequelepequenoA Coruña conta con dez bibliotecas públicas e unha delas, a Biblioteca da Casa do Consulado, pode presumir de ser a máis antiga do Estado. A feira do libro coruñesa está considerada a terceira máis importante das que se celebran en España segundo datos dun reciente estudo. A nosa cidade é tamén a que ten un maior número de librerías por número de habitantes. Un informe sobre o estado das bibliotecas públicas feito pola empresa Eroski coloca A Coruña nos postos de cabeza só superada por Bilbao en canto á calidade do servizo, do que destacan a atención, a cantidade de materiais e os amplos horarios.

Son xa máis de oitenta mil os socios das bibliotecas municipais. Seguimos con números: A Coruña sitúase por enriba da media no número de préstamos por habitante (2,3 fronte o 1,16 de media no resto do Estado) ou en actividades culturais por cada 10.000 habitantes (74,4 na Coruña fronte ao 25,16 do resto do Estado). As bibliotecas municipais da Coruña reciben máis de trescentas persoas cada hora, e nesa mesma hora de media xorden dous novos socios.

A Coruña é unha cidade que le e queremos celebralo. O vindeiro 2 de abril comezará unha nova campaña de lectura, mais xa este domingo 21 de marzo haberá unha primeira actividade para conmemorar o Día Internacional da Poesía: o roteiro Rosalía na Coruña que sairá de diante da casa de Rosalía na Cidade Vella (r/ do Príncipe, 3, esquina edificio de Capitanía) ás 12.00 horas e terá unha duración dunha hora durante a que se visitarán distintos puntos relacionados coa escritora galega e a súa etapa na cidade herculina.

Xa o 2 de abril arrancará a campaña de lectura coa apertura do concurso de spot publicitarios ‘biblioclips’ co obxetivo de poñer en valor a lectura na cidade da Coruña. A entrega de premios deste concurso terá lugar o 24 de outubro, Día Internacional das Bibliotecas.

Tamén no mes de abril darán comezo as visitas guiadas que a Concellaría de Cultura organiza na Biblioteca da Casa do Consulado. En cada unha delas poderán participar un máximo de 18 persoas. Terán lugar o 8 de abril, 13 de maio e 10 de xuño, sempre ás 18.00 horas. Estas visitas requiren inscripción previa chamando ao 981 206 274 ou a través do correo electrónico.

Descarga o cartaz da campaña en alta resolución: JPEG, 6,5 MB. Podes empregar a imaxe libremente para calquera acción que teña que ver co fomento da lectura. Copia, pega e difunde!

Postal acidadequele

Descargar postal "A cidade que le": JPEG, 912 KB

Imaxe acidadequele

Descargar imaxe "A cidade que le": JPEG, 1,1 MB

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
This post does not allow comments