O Planetario conectará este venres co Instituto de Astrofísico de Canarias
O Planetario da Casa das Ciencias conectará este venres co Instituto de Astrofísica de Canarias para ver traballar en directo os seus telescopios. As persoas que desexen asistir a esta actividade, que é gratuíta, deben reservar praza chamando ao teléfono 981 189 844.
Será este venres, 23 de abril, ás 21:45 horas, e durante un par de horas realizarase unha conexión dende o Planetario da Casa das Ciencias co Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC). Durante a sesión o público poderá ver traballar en directo os técnicos do telescopio IAC80 e charlar con eles a través de webcam e chat, o que permitirá pedirlles imaxes dalgún obxecto. Tamén se ensinará aos asistentes a localización do telescopio e, se as condicións o permiten, conectarase coa sala de control do Gran Telescopio Canarias (GTC) para saudar aos astrónomos que estarán a traballar esa noite no que actualmente é o telescopio de maior tamaño instalado no mundo.
Casa das Ciencias (Parque de Santa Margarida - A Coruña).
Entrada gratuíta. Aforamento limitado.


A sede da Fundación Caixa Galicia no Cantón acolle desde onte a exposición ‘Posgraffiti, xeometría e abstración’ incluida no programa do MUAU (Museo Urbano de Arte Urbana) impulsado polas concellarías de Cultura, Igualdade e Participación Cidadá, e Turismo xunto coa Fundación Caixa Galicia e a Deputación da Coruña. A mostra, presentada durante a mañá aos medios de comunicación, proponse como a primeira dunha serie de exposicións próximas á arte urbana. Nela estudiaranse as súas diferentes formas, épocas e tendencias, funcionando como unha ferramenta historiográfica, didáctica e por suposto, intelixible. Nesta edición cóntase coa participación de artistas invidados como Momo, Eltono, San Bassett e Marlon de Azambuja. Trátase dunha exposición que reflexa a idea do arte urbano como un evento máis que coma un obxecto na que se trata de reflectir o verdadeiro significado deste tipo de arte nunha exposición que aliméntase da rúa.














