A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou hai uns días o programa Lecer no Outono 09 do Forum Metropolitano que este ano ofertará 850 prazas e conta cunha amplia e variada oferta de obradoiros e demáis actividades nas que se teñen en conta todos os públicos.
Así atopamos dentro destes obradoiros de lecer os relacionados coa cidade como Coñecer Coruña, O que contan os nosos barrios ou o novo Coruña, a túa vista que suporá unha introdución ao uso das cámaras dixitais e á fotografía artística dixital como xeito de entretemento e relación social.
No apartado musical hai actividades como Paixón pola música, A golpe de música, As outras músicas ou Descubre o jazz no que se amosan dende as orixes ata as últimas tendencias con audicións orientativas e actividades complementarias.
Nos obradoiros literarios inclúense a Actualidade literaria, Os roteiros da literatura galega, Relatos creativos ou Cunha pluma... A Coruña no que se darán a coñecer escritores e persoaxes ilustres viviron, contaron, crearon e transformaron a historia da nosa cidade.
En Arte e historia atopamos Explorar as exposicións nas que se ensinarán os principios básicos e visitarán as distintas exposicións da cidade, Emociónate coas artes, O mundo da pintura, As nosas mitoloxías, Ao longo do Camiño no que será unha aproximación aos Camiños de Santiago como un compendio de artes que conforman un fiel reflexo da cultura: arte, literatura, arquitectura, sociedade, ... con saídas e actividades complementarias.
Ademáis haberá outros moitos obradoiros relacionados coas ciencias, cine e teatro, manualidades, habilidades sociais e mentais, e un monográfico sobre Patimonio da Humanidade no que se fará un achegamento aos distintos contextos históricos, artísticos, literario, social... que influíron dalgun xeito na Humanidade ao longo do tempo e que son distinguidos por iso.
En canto a oferta específica para maiores de 65 anos incluese un novo obradoiro As mates na rede no que se favorecerá a memoria por medio de propostas variadas a través dos programas informáticos na rede.
O programa inclúe ademáis distintos clubes e círculos nos que os que o desexen pódense unir e compartir afecións. Asi existen os clubes de lectura, sendeirismo, tapiz no alto lizo, tapiz gobelino, de palillos, labores, canastra, pintura, e filosofía.
A oferta do programa Lecer no Outono dirixese preferentemente ás persoas empadroadas no concello da Coruña. O prazo de preinscripción vai do 8 ao 10 de setembro. Os obradoiros teñen fixada unha cuota de 24 euros por cada actividade e os maiores de 65 anos só abonarán a metade.
->Descargar folleto do programa Lecer no Outono en PDF