Suspensión do concerto de Diego El Cigala, previsto para o 23 de xullo no Coliseum

luns, 4 xullo 2011, 9:16 | Category : anuncios oficiais
Tags : ,

Debido a unha reestruturación da xira "Cigala & Tango", de Diego El Cigala, cancélase o concerto previsto para o 23 de xullo no Coliseum. Desde o IMCE, alleo a esta situación, deséxase trasladar as desculpas polos posibles prexuízos xerados a terceiros, á vez que manifesta que a devolución do importe das entradas será atendida dirixíndose ao canal polo que foron adquiridas: teléfono, web ou billeteira da Praza de Ourense.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aprazamento do concerto de Dani Martín previsto para o sábado 21

venres, 20 maio 2011, 8:12 | Category : anuncios oficiais, música
Tags : , ,

A Pequeñopromotora do concerto de Dani Martín, previsto para o sábado 21 de maio no Coliseum, comunica o seu aprazamento. A oficina do artista e a promotora anunciarán en breve a nova data.
Unha reestruturación de datas que ten a súa orixe na coincidencia coa derradeira xornada da liga de fútbol provocou o seu aprazamento. Desde o IMCE, alleo a esta situación, deséxase trasladar as desculpas polos posibles prexuízos xerados a terceiros, á vez que se manifesta que as entradas adquiridas para a data orixinal (21 de maio) manteñen o seu valor para a nova data e que, no caso de solicitar a devolución por non estar interesados nesa nova data, esta será atendida gustosamente dirixíndose ao canal polo que foron adquiridas: teléfono, web ou billeteira da Praza de Ourense.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A visita guiada ao Teatro Rosalía de Castro, no programa Baixo as estrelas, será o sábado 14 ás 23:00 horas

mércores, 11 maio 2011, 12:21 | Category : anuncios oficiais
Tags : ,

Por un erro na programación anterior de "Baixo as estrelas", a visita guiada ao Teatro Rosalía de Castro do sábado 14 de maio aparecía marcada ás 21:00 horas. REALMENTE TERÁ LUGAR ÁS 23:00 HORAS DO SÁBADO 14. Desde a Concellaría de Cultura pedimos desculpas polo erro (está xa correxido na información contida nesta páxina).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Suspendido o concerto previsto de Arianna Puello na Sala O Túnel

mércores, 23 marzo 2011, 8:30 | Category : anuncios oficiais, concertos, música
Tags : , ,

A Sala O Túnel lamenta informar que, por motivos de saúde da cantante, suspéndese o concerto previsto na Sala O Túnel (Coliseum) de Arianna Puello para o venres 25 ás 22:00 h. Sentimos as molestias que isto poida causar e manterémosvos informados a través das canles habituais dos futuros concertos que a artista poida levar a cabo na sala.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O AchegARTE medra en contidos e participantes nas semanas previas á súa celebración

A Concellaría de Cultura da Coruña desenvolveu onte, xoves 10 de marzo, no Kiosco Alfonso unha xuntanza de traballo cunha trintena de colectivos e entidades culturais da cidade co obxectivo de os informar directamente do AchegARTE 2011. No encontro, a concelleira María Xosé Bravo explicou que "a edición deste ano é a que define e marca o inicio real do novo modelo de AchegARTE, que quere incorporar e dar protagonismo no seu seo aos creadores, á cultura de base e aos cidadáns, ao tempo que orienta en boa medida os seus contidos cara o público infantil e familiar".
A tres semanas da súa celebración son xa máis de 100 as empresas, entidades, colectivos e asociacións que confirmaron a súa participación no AchegARTE, e arredor de 70 os stands e postos de información e venda que reservaron espazo para a difusión do seu traballo e propostas. O programa final, que será dado a coñecer nas vindeiras semanas, contará desta maneira cun intenso calendario de presentacións de libros e discos, actuacións musicais e escénicas, proxección de curtametraxes e filmes e desenvolvemento de obradoiros e actividades lúdicas, entre outras actividades. O obxectivo final é que AchegARTE sexa "un espazo de celebración da calidade e da diversidade da nosa cultura. Dirixímonos claramente ao público xeral e queremos que o AchegARTE sexa unha festa que convide e atraia a maiores e pequenos a pasar por el nesa fin de semana para gozar da oferta de actividades que imos desenvolver".
De maneira paralela á programación para o público xeral, na xuntanza do Kiosco Alfonso a concelleira explicou tamén que desde onte está activo na Rede o Foro Achegarte, concibido como Foro aberto para a análise da situación actual e dos retos da cultura galega. A través do Foro, organizado en oito categorías, búscase que creadores, profesionais e cidadáns interesados poidan debater nas semanas previas ao AchegARTE sobre a realidade actual dos diferentes sectores, de cara á constitución de oito mesas de traballo que se reunirán finalmente no propio evento e farán públicas as súas conclusións.

- Medran o AchegARTE Conecta e o AchegARTE Debate.
Finalmente, nos espazos de debate e de interrelación orientados a creadores e profesionais, fixéronse públicas tamén novas propostas de contidos, que se suman ás xa anunciadas seccións Espazos Vertebrados e Cara a cara. Desta maneira, o AchegARTE acollerá no seu seo diferentes mesas de traballo de sectores profesionais: a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural realizará unhas xornadas de análise sobre a situación da xestión cultural en Galicia e a Asociación Galega de Guionistas unha mesa de debate sobre a situación actual da escrita de guións audiovisuais no noso país. Pola súa banda, a federación Galiza Cultura convocará un encontro de asociacións culturais de todo o país para analizar os retos e necesidades do asociacionismo cultural local. Finalmente, tanto as persoas presentes no AchegARTE como os internautas terán ocasión de preguntar directamente a diferentes creadores galegos sobre o seu traballo no espazo Chat ao vivo e de velos conversar e reflexionar sobre as súas últimas propostas artísticas no espazo Cara a cara.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O 2 e 3 de abril celebrarase Achegarte 2011 no Palexco

luns, 28 febreiro 2011, 12:35 | Category : achegarte, anuncios oficiais
Tags : ,

O sábado Achegarte logo2 e o domingo 3 de abril celebrarase ACHEGARTE 2011 no Palexco.

- ACHEGARTE 2011 para gozar coa cultura que facemos: contemporánea, moderna, atractiva, chea de vitalidade, que nos fai sentir que somos unha potencia, que somos un país con moito talento. Será unha festa coral feita co entusiasmo e o traballo de moitas persoas, compañías, grupos...
- ACHEGARTE 2011 será o espazo para mimar a cultura galega, para visibilizala, para gozar das súas variadas manifestacións.
- ACHEGARTE 2011 é sobre todo un espazo aberto a todo público -aínda que preferentemente a público familiar- para dar a coñecer a cultura que facemos no noso país en todos os ámbitos: a literatura, a música galega nos seus distintos estilos, a danza, o teatro, a ilustración, a maxia, o audiovisual ou as novas tecnoloxías.

As liñas estratéxicas marcadas son:
• Maior protagonismo ao ámbito da creación e dos creadores.
• Incorporación da cultura de base, a cultura amadora e a sociocultura.
• Contribución á difusión e visibilidade dos produtos culturais galegos.
• Procura da conexión cos cidadáns e públicos.

Para desenvolvelas levaranse a cabo tres ámbitos de actuación: CREADORES, CULTURA DE BASE e CIDADANÍA, coas seguintes liñas de traballo:
DIFUNDIR produtos culturais, dar a coñecer ideas, iniciativas e proxectos de interese, axudar a visibilizar os nosos creadores.
CONECTAR experiencias, interrelacionar artistas e proxectos, relacionar creadores e públicos.
DEBATER sobre a realidade actual e os camiños de futuro da cultura galega, obter conclusións dos debates e poñelas de manifesto.

Deixamos xa a disposición de todas e todos o dossier de ACHEGARTE 2011: Achegarte 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Biblioteca do Fórum volve abrir as súas portas o venres 4 de febreiro

O venres 4 de febreiro volve abrir as súas portas a Biblioteca do Fórum,  tras as obras de mellora destes últimos meses, a partir das 18:00 h. De 18:30 a 20:30 h. haberá un espectáculo a cargo da Compañía do Trinke Trinke.
Adiantamos tamén a completa programación de actividades previstas para o mes de febreiro: Actividades Forum Febreiro 2011.

CONVITE DIXITAL (1) Fórum

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Biblioteca Municipal da Sagrada Familia pecha do 24 ao 29 de xaneiro por melloras no servizo

xoves, 20 xaneiro 2011, 8:30 | Category : anuncios oficiais, bibliotecas
Tags :

A Biblioteca Municipal da Sagrada Familia permanecerá pechada do luns 24 ao sábado 29 de xaneiro para a reorganización do fondo e cambio na ubicación de equipamentos, co obxecto de mellorar o servizo para os usuarios. Habilitarase un punto de recollida da devolución programada para esas datas na entrada da sala de adultos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aberto o proceso de selección dun Técnico Medio de Museos, funcionario interino, no Concello da Coruña

martes, 18 xaneiro 2011, 12:56 | Category : anuncios oficiais
Tags :

Damos a coñecer a apertura dun proceso de selección dun Técnico Medio de Museos, funcionario interino, no Concello da Coruña, pertencente ao grupo A2. O sistema de acceso está composto por: concurso de méritos, unha proba práctica e unha entrevista. O prazo de presentación de instancias é desde o 15 ao 24 de xaneiro de 2011, os dous incluídos. Toda a información pode ser consultada e descargada neste enlace.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Reunión aberta ao público para o “Proxecto de xestión sociocultural para o edificio da antiga Prisión Provincial”

Sábado Cárcere18
Salón de actos do Paraninfo da Universidade (A Maestranza)
11:30
Aberta a todo o público interesado.

Ponse en marcha o proceso participativo para a elaboración dun proxecto de xestión sociocultural para o edificio da antiga prisión provincial da Coruña. Esta primeira reunión está convocada pola Asociación de Veciños do barrio de Monte Alto e está aberta á participación de todas aquelas persoas que, a título individual ou en nome de colectivos sociais e culturais, estean interesadas no desenvolvemento do proxecto. O proceso que se inicia tivo a súa orixe na celebración o pasado mes de novembro dos primeiros "Encontros sobre modelos participativos de xestión cultural". Nestes encontros diferentes axentes sociais e culturais propuxeron a elaboración dunha proposta de modelo de xestión que, sobre a base da participación cidadá, a sustentabilidade económica e social e o servizo aos creadores e ao barrio, contribúa a acreditar a viabilidade do proxecto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Completo o aforo para os “Encontros sobre novos modelos participativos de xestión cultural”, o 19 e 20 de novembro

Rematou o prazo para a inscrición nos "Encontros sobre novos modelos participativos de xestión cultural", que se celebrarán o venres 19 e o sábado 20 de novembro,  ao completarse xa o aforo. Desde a Concellaría de Cultura queremos agradecer a boa acollida desta iniciativa e o interese demostrado pola cidadanía ante este tipo de eventos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cancelado o recital do domingo 14 de novembro do ciclo Poetas Di(n)versos

Por CartonPostalPoetas_novembro_10-1 causas completamente alleas á organización e produción do ciclo de recitais Poetas Di(n)versos, a poeta Gioconda Belli, convidada para o primeiro recital o domingo 14 de novembro ás 20:00 h., compartido con Claudio Rodríguez Fer, vén de comunicar a cancelación da súa visita á Coruña por motivos persoais. Tanto a directora do ciclo, Yolanda Castaño, como o equipo da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, lamentan a cancelación de última hora e descúlpanse con todo o público interesado polas molestias ocasionadas. A cita de decembro permanecerá inalterada: o luns 20 ás 20:30 teremos na Casa da Cultura Salvador de Madariaga a Andrés Neuman e Olga Novo e as citas mensuais continuarán de xeito aberto cada terceiro luns de mes.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña Cultura: folleto de actividades de novembro e decembro

venres, 29 outubro 2010, 11:42 | Category : anuncios oficiais
Tags : ,

Deixamos Logo Culturaaquí á disposición de toda a cidadanía o folleto que recolle as actividades previstas pola Concellaría de Cultura para novembro e decembro: A Coruña Cultura. Folleto bimensual de novembro e decembro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O luns 25 de outubro xornada de portas abertas na Casa-Museo Picasso

sábado, 23 outubro 2010, 7:41 | Category : anuncios oficiais, homenaxes
Tags : ,

Luns 2010-10-25 Picasso25
Casa-Museo Pablo Picasso (Rúa Paio Gómez, 14-2º, tlf. 981-189854)
De 16:30 a 20:30 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Con motivo do 129º aniversario do nacemento do artista Pablo Picasso, a Concellaría de Cultura organiza, coa colaboración da Asociación Amigos de Picasso, unha xornada de portas abertas á Casa Museo na que Picasso viviu sendo neno. De 16:30 a 20:30 h. a casa permanecerá aberta con visitas guiadas ás 17:00, 18:00, 19:00 e 20.00 h., dirixidas a todo o público coa finalidade de achegar a figura do insigne pintor á cidadanía, pero sobre todo descubrir a importancia da etapa coruñesa na formación e na vida de Picasso. A Casa-Museo Picasso, ademais de recoller reproducións da súa obra, desde hai pouco, conta con dous gravados orixinais da serie "Soño e mentira de Franco".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña 2010. A cidade que le: actividades do cuarto trimestre

Detallamos A cidade que lea continuación as actividades deste cuarto trimestre da campaña A cidade que le. Nesta última fase da campaña de lectura participan as Bibliotecas da cidade pero tamén outras entidades: Universidade da Coruña,  Fundación Manuel María, Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Asociación de Escritores en Lingua Galega e Real Academia Galega:

- A BIBLIOTECA DO CONSULADO E AS XOIAS DA ILUSTRACIÓN TARDÍA. Unha visita guiada o 2º xoves de cada mes, ás 18:00 h. para amosar á cidadanía a biblioteca da fundación pública máis antiga do estado e os seus fondos. É preciso anotarse no número de teléfono 981 206 274 begin_of_the_skype_highlighting              981 206 274      end_of_the_skype_highlighting ou no correo electrónico  bibliocasaconsulado at gmail.com.

- VISITAS GUIADAS Á REAL ACADEMIA GALEGA. Para coñecer os fondos e pezas senlleiras que acolle esta institución, realízanse visitas guiadas todos os mércores de novembro ás 17:30 h. É preciso anotarse no teléfono 981 189 830, ext. 12026 ou no correo electrónico  cultura at coruna.es. Realizadas pola propia Real Academia Galega.

- OS XOVES NA SAGRADA. O encontro con culturas doutros países a través da súa música. Neste caso música do Brasil con Bernando Tonasse, músicas e bailes do Senegal con Gal Sene, de Cabo Verde, Angola, Portugal e Galiza con Aline Frazão e César Herrans, Huayras do Ecuador, músicas do leste, Rusia, Ucraína...con Nadia Nikitina e reggae con Pinnaacle Roots Reggae Band. Lugar: Biblioteca Sagrada Familia os días 21, 28 de outubro, 4 e 18 de novembro, 2 e 16 de decembro ás 19:30 h. Os concertos complétanse co obradoiro "Desde a sabana africana á música máis occidental" no que se fará un percorrido desde os tambores ancestrais da sabana até a música occidental dos nosos días, o jazz, blues, rock, música latina... os días 13, 20 e 27 de novembro de 11:30 a 13:30 h.

- OUTONARTE: Eu tamén animo! O conto non remata na marxe dos libros e podemos facer que cobren vida de moitas maneiras. Unha delas é convertelo nun filme, e iso imos facer. A partir dun conto de OQO editora, os pequenos desenvolverán coa técnica stop motion a animación da obra, imaxe, voz e música. Na Biblioteca Infantil e Xuvenil os días 15, 22 e 29 de outubro.

- TEATRO: Casa de muñecas de Henrik Ibsen. No Teatro Rosalía de Castro, representación o 29 e 30 de outubro. Farsa das zocas de Ricardo Carvalho Calero. O día 6 de novembro no Fórum.

- CUN LIBRO DEBAIXO DO BRAZO. As Bibliotecas Municipais visitarán o Hospital Materno Infantil para agasallar o primeiro libro a nenos e nenas que nazan entre o 15 de novembro e o 15 de decembro e entregarlles o carné de asociado.

- LETRAS NO MERCADO. No mes de outubro as Bibliotecas Municipais, sairán aos mercados promovendo a lectura, ofrecendo "canapés de lectura", distribuíndo polos postos do mercado libros e guías con recensións de obras, recomendacións de lecturas, etc. Do 21 ao 23 de outubro.

- "RUTA DO BACALLAU". Con motivo da celebración do Ano do Libro e da Lectura, as Bibliotecas Municipais saen aos Mercados Municipais. Unha compra diferente, alternativa, onde os libros e a literatura serán os grandes protagonistas. Un percorrido animado e divertido por todo o mercado coa xente das bibliotecas, con parada en todos os postos, descubrindo sorpresas, xogando na sección téxtil, probando os mellores cafés, deixando voar a imaxinación entre as froitas e verduras, gozando coas riquísimas carnes, navegando entre os sosegados peixes, deixando para o final a mellor das reposterías. Unha boa mestura para pasar un anaquiño coa máis saborosa das compañías: OS NOSOS LIBROS. Datas: do 25 ao 29 de outubro de 11:00 a 11:45 h. nos mercados de Elviña, As Conchiñas, Monte Alto, San Agustín e Praza de Lugo. Sorteo: Participa nesta actividade e entrarás no sorteo dun lote de libros!!! Inscrición: do 21 ao 23 de outubro nos Mercados Municipais, nos postos dos libros.

- ACTIVIDADES NAS BIBLIOTECAS.
Obradoiros de arrolos: cantar e contar desde o principio. Para pais e nais que esperan bebé e queren recibilo con arrolos, nanas e contiños, organízase un obradoiro nas Biblioteca Municipais para aprender a cantarlles e contarlles aos máis pequenos. Con Gloria, do grupo musical "Mamá Cabra". No mes de decembro.
Obradoiro de debuxo e/ou cómic. Santy Gutiérrez desenvolverá divertidos exercicios para que rapaces e rapazas aprendan como ilustrar un conto infantil. Na Biblioteca do Castrillón, o día 20 de outubro.
Obradoiro de banda deseñada. Repaso e posta en prácticas de elementos da linguaxe do cómic. Con Jacobo Fernández Serrano. Na Biblioteca Municipal de Monte Alto, o día 28 de outubro.
Obradoiro de escrita creativa. A través de xogos de prestidixitación literaria, achegarémonos ás claves do proceso da escrita. Con Estíbaliz Espinosa. Na Biblioteca de Estudos Locais os días 9, 11, 16 e 18 de novembro.
Obradoiro de aproximación á ilustración gráfica. Dun xeito lúdico, seguiremos os pasos para a ilustración dun libro infantil. Con Óscar Villán Seoane. Na Biblioteca Infantil e Xuvenil, o día 26 de novembro.
Clubs de Lectura. Para gozar da lectura compartida, grupos de persoas afeccionadas á lectura reúnense periodicamente para comentar e valorar un libro escollido das Bibliotecas Municipais, co apoio dun coordinador/a. Biblioteca do Castrillón, todos os mércores de mes. Fórum, todos os martes de mañá e mércores pola tarde. Biblioteca de Monte Alto, todos os martes de mes.
Escribir é xogar. Obradoiro de escrita creativa para adolescentes. Coordinado por Pedro Ramos, será na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, todos os martes a partir do 19 de 18:00 a 20:00h.
Merendas con Contos. Non esquezas que Fuco, Ratapón e a súa familia convídannos a degustar unha suculenta merenda nas Bibliotecas Municipais. O menú, como non, CONTOS...de aquí e de alá, de antes e de agora. Non faltes á cita.
Concurso de Biblioclips. A entrega de premios aos gañadores deste concurso, será na Biblioteca da Sagrada Familia, o día 28 de outubro ás 19:30h.

- CANTOS DE REIS. Obradoiros nas Bibliotecas Municipais para recuperarmos e continuarmos cantando a tradición do Nadal que perviviu ao longo dos séculos, para aprender os Cantos de Reis e seguirlles transmitindo parte do noso patrimonio ás vindeiras xeracións. Finalizan cun concerto participativo no Fórum.

- PROGRAMA DE LECER NO FÓRUM. No amplo abano de actividades que ofrece o programa de LECER no Fórum, aínda podes participar no obradoiro “As nosas letras”. Unha proposta de Dores Tembrás de explorar os distintos xeitos de ler, os modos con que nos enfrontamos á obra literaria desde a nosa propia literatura. Os mércores de 17:00 a 18:00 h.

- EXPOSICIÓN “ARS LIGATORIA”. ELABORACIÓN DE LIBROS ARTESANAIS. do 17 de novembro ao 9 de xaneiro na Sala de Exposición de Durán Loriga. Pór en valor o traballo artesanal no deseño e encadernación de libros. Faranse obradoiros de encadernación na Biblioteca Infantil e Xuvenil para o alumnado dos centros de primaria os días 22, 23, 25 e 26; para usuarios das bibliotecas o día 30 pola tarde.

- EXPOSICIÓN “A CORUÑA NA CREACIÓN DO LIBRO GALEGO”. Neste 2010 celebramos o bicentenario da edición do primeiro libro escrito en galego: "Proezas de Galicia". Do 13 de outubro ao 21 de novembro na sala de exposicións do Pazo Municipal. En colaboración coa Real Academia Galega.

- EXPOSICIÓN “ROSALÍA SEMPRE VIVA. VIVA ROSALÍA”. Realizada pola Fundación Manuel María, fai un percorrido pola vida e obra da autora máis importante das nosas letras. Do día 8 ao 18 de decembro na Biblioteca do Castrillón.

- EXPOSICIÓN “CARVALHO CALERO. DE PUÑO E LETRA”. Realizada pola AS-PG con motivo do centenario do seu nacemento. É unha homenaxe ao autor da primeira historia da literatura galega. Casa Museo Casares Quiroga do 30 de outubro ao 30 de novembro.

- EXPOSICIÓN “M100guel”. (1910 – 2010) 100 anos de Miguel Hernández. Mostra bibliográfica que recorrerá todas as Bibliotecas Municipais ao longo do último trimestre do ano.

- XORNADAS “RICARDO CARVALHO CALERO: CIENCIA, LITERATURA E NACIÓN”. Un repaso polo miúdo á obra deste insigne ferrolán da man de recoñecidos especialistas. Organiza a Universidade da Coruña. Do 24 ao 27 de novembro, na Reitoría (Maestranza), e o sábado 27 na Casa Casares Quiroga. O día 24 espectáculo poético-musical ás 21:00 h. no Teatro Rosalía Castro con Ugia Pedreira e Fred Martins (Gratuíto)

- POETAS DI(N) VERSOS. No mes de novembro comeza de novo o ciclo de poesía que na anterior edición reuniu a poetas do Estado o tamén de Portugal. Unha vez máis, teremos oportunidade de gozar da poesía galega en comunicación e diálogo con outras voces poéticas. A cita será na Casa da Cultura Salvador de Madariaga unha vez ao mes.

- GALEUSCA. Este ano A Coruña é a sede do Encontro de escritores galegos, vascos e cataláns. Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), terá lugar do día 29 ao 31 de outubro na Biblioteca de Estudos Locais (rúa Durán Loriga). O encontro finaliza cunha actuación de Xabier Díaz o 31 ás 19.00h. (Entrada libre)

- V ENCONTRO “NOVOS ESCRITORES”. É unha oportunidade para se encontrar e coñecer cales son as necesidades, proxectos e expectativas que dentro da nosa literatura teñen @s nov@s creador@s. Organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Día 6 de novembro no Kiosco Alfonso.

-MEMORIAL IBÁN TOXEIRO. Organizado pola A. C. Alexandre Bóveda, pretende achegar á cidadanía o teatro amador e manter viva a memoria do desaparecido mozo actor. Día 18 de novembro no Teatro Rosalía Castro. (Entrada libre).

- ELAS FALAN. Espectáculo poético-musical co grupo OURIOL. Organiza a Concellaría de Igualdade. Día 26 de novembro no Teatro Rosalía Castro.

- JAZZ+CIENCIA. Recital de textos científicos a cargo de Belén Regueira e Susana Rois. Actuación musical de Abe Rábade. O día 27 de outubro no Teatro Rosalía Castro.

- AS BIBLIOTECAS NA REDE:
- Fancómic, blog de cómic.
- Ciberclub, Club de lectura.
- CCI Clube de Ciencia e investigación.
- Corto e cambio, blog de literatura.
- Galicia móvese, cultura galega.

Aquí se poden descargar todas as actividades en formato .pdf: A cidade que le 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google