O 7 de outubro o acceso aos Museos Científicos Coruñeses será gratuíto

mércores, 6 outubro 2010, 12:20 | Category : anuncios oficiais, museos científicos
Tags :

O xoves 7 de outubro será día de acceso gratuíto aos Museos Científicos Coruñeses para que toda a cidadanía poidan visitar as súas instalacións e ver as últimas novidades, como por exemplo a exposición sobre "Albinismo: Unha condición xenética, dúas realidades: España e Senegal", na Domus, ou "Bo para o mar, bo para ti", no Aquarium. A máis recente incorporación no Aquarium Finisterrae é a dunha cardume de sardiñas nun dos grandes tanques da sala Maremagnum. Neste enlace figuran todas as actividades e horarios.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Nota de prensa da Concellaría de Cultura sobre a non celebración na Coruña do Cultur.gal 2010

martes, 28 setembro 2010, 12:29 | Category : anuncios oficiais, culturgal
Tags : , ,

A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña lamenta a decisión adoptada pola comisión organizadora da próxima edición da Feira Galega das Industrias Culturais CULTUR.GAL de abandonar A Coruña como sede deste evento. A ubicación do CULTUR.GAL na cidade da Coruña, a partir do ano 2008, supuxo un salto cualitativo na repercusión pública e social desta feira, chamada a ocupar un papel protagonista na difusión da cultura galega. A Coruña ofrece, por traxectoria, por peso poboacional e por centralidade cultural unhas magníficas condicións para garantir o éxito dun evento destas características. O certo é que cando en 2009 a Consellaría de Cultura decide non facer o Culturgal o Concello da Coruña apoiado por ducias de voluntarios e por todos os sectores da Cultura fai unha feira, o Achegarte, cunha resposta de toda a cidadanía verdadeiramente importante. Por iso, o traslado da sede da feira supón unha perda para a cidade, pero tamén unha perda para a cultura galega.
A Concellaría de Cultura respecta a lexítima decisión adoptada polos organizadores do CULTUR.GAL, pero considera inaceptables as presións realizadas pola Xunta de Galicia para forzar o traslado da sede da feira. Non é admisible que desde a Consellaría de Cultura se condicione a aprobación dunha parte importante do financiamento do evento (mais do 40% do total) a súa realización fóra da cidade da Coruña. A actuación da Consellaría de Cultura en relación co CULTUR.GAL reflicte a continuidade dunha política de marxinación da cidade da Coruña de calquera programación, colaboración ou evento cultural patrocinado pola administración autonómica.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Programación teatral para ESO, bacharelato e FP da Concellaría de Cultura

Presentouse TeatroSecun_Weba programación teatral para ESO, bacharelato e FP que a Concellaría de Cultura desenvolverá desde o vindeiro mes de outubro ata o mes de marzo do vindeiro ano. A esta programación súmase a programación que a Concellaría desenvolverá tamén para alumnado de educación infantil chegando entre as dúas a superar os 14.000 escolares. A programación de teatro para ESO, bacharelato e FP arrancará coa obra "Sexo, por que non?" o 14 e 15 de outubro, unha comedia na que se fala do sexo de xeito natural a través dos relatos da única protagonista que nos conta os seus traumas, tabús e como vai pouco a pouco vivindo e descubrindo a súa sexualidade. Aquí se pode descargar o Dossier de Sexo por que non.
O programa inclúe, ademais, outros títulos como "Limpeza de sangue" de Rubén Ruibal, "Palabras encadenadas" a cargo da compañía Talía Teatro, "Rúa Aire" unha obra de El retrete de Dorian Gray en coproducción co Centro Dramático Galego, "Shakespeare para ignorantes" con Quico Cadaval, "Don Juan" coa compañía Teatro Taratumba, Teatro Corsario que presentará "El caballero de Olmedo", Circus Klezmer un espectáculo sobre o mundo circense, e por último, "Un cranio furado" de Martin McDonagh. Propostas moi diversas tanto en formato, estética, temática, estilos e textos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Preséntase a ampliación e reforma da Biblioteca do Forum Metropolitano

mércores, 21 xullo 2010, 9:49 | Category : anuncios oficiais, bibliotecas
Tags :

Cun orzamento Biblioteca en construción 2de 1.074.234'57 euros procedente do Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentibilidade Local, presentouse onte, 20 de xullo, a obra de ampliación, reordenación e optimización dos espazos da Biblioteca do Forum Metropolitano. Permanecerá pechada até finais de ano para a realización das seguintes melloras:
- Renovación completa de todas as instalacións: climatización, electricidade, rede informática, rede de autoprotección,... de xeito que as condicións ambientais sexan máis confortables para os usuarios e se axusten á normativa vixente. Aínda que a arquitectura do edificio presenta dificultades para que a biblioteca poida abrirse cara ao exterior, incorporaranse dúas zonas na sala de adultos que recibirán iluminación natural desde o exterior.
- Ampliación da sala infantil nun 50% da súa superficie actual. Isto permitirá reorganizar os espazos tendo en conta as necesidades e intereses das distintas idades. Deste xeito incorporarase un espazo específico para a bebeteca (que non existía) e no resto poderanse habilitar zonas máis diferenciadas de xeito que tanto un neno de 7 anos como unha nena de 14 poidan sentir que a biblioteca ten un espazo para eles.
- Máis metros cadrados para o público na sala de adultos, mellor distribución das distintas zonas de uso e servizos e mellora da circulación interna.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Convocadas catro bolsas de prácticas no Museo Arqueolóxico e Histórico de San Antón

venres, 16 xullo 2010, 9:22 | Category : anuncios oficiais, museos
Tags :

O Concello da Coruña abre o prazo de solicitude para a convocatoria 2010 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de catro bolsas de prácticas museísticas no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña destinadas a titulados universitarios, para realizaren prácticas nas tarefas museísticas propias do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. Dúas destas bolsas estarán destinadas a titulados universitarios recentes.
O prazo de presentación rematará o vindeiro 26 de xullo. Os solicitantes deberán presentar a súa instancia de solicitude segundo modelo normalizado, acompañada da documentación pertinente, no Rexistro do Concello da Coruña.
A resolución de concesión das bolsas publicarase nos taboleiros de edictos do Concello e na páxina web municipal, onde se pode consultar máis información.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Real Academia Galega elixe a Lois Pereiro como autor homenaxeado no Día das Letras de 2011

O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o día 26 de xuño de 2010, acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2011 a LOIS PEREIRO (Monforte de Lemos, 1958 - A Coruña, 1996).

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid onde cursou estudos de Políticas, que logo abandonou polos idiomas e a informática. Na cidade madrileña fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996), libro no que se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza.
De regreso ao país, onde compaxinou profesionalmente o exercicio da tradución co labor poético, figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións nas que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi diferentes tendencias, mais que partillaban inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo heteroxéneo destaca o sostemento da revista.
Sempre reticente á difusión individual do seu traballo, foi non obstante colaborador de non poucas empresas de fasquía renovadora, de aí a participación en consellos de redacción e mailos artigos, poemas e relatos espallados por La Naval, Trilateral, Das Capital ou Luzes de Galiza, onde viron a luz -amais do ensaio xa citado- os oitos primeiros capítulos da súa novela inconclusa Naúfragos do paradiso. Nesta mesma liña actuou como letrista con Radio Océano e redactou guión televisivos.
En vida, Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (Santiago de Compostela, Positivas, 1992), na que segundo consta na contracapa se recollen "tódolos poemas que escribiu ó longo da súa vida como poeta"; e Poesía última de amor e enfermidade (Santiago de Compostela, Positivas, 1995), duros e espidos poemarios nos que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e certos trazos da contracultura.
Lois Pereiro, demorado e morno na publicación dos seus artigos, cultivou desde os inicios unha imaxe e unha estética que logo fixeron del un autor de culto. Cartografou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo. A súa proposta callou na sensibilidade emerxente, mergullada no posmodernismo, e desexosa de atoparse nun discurso reflexivo, acuciante e non retardatario.
A morte sobreviríalle na cidade da Coruña no ano 1996. (Da páxina web da Real Academia Galega).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Convocada a praza de Director do Teatro Rosalía Castro

mércores, 24 febreiro 2010, 23:00 | Category : anuncios oficiais
Tags :

O pasado sábado, día 20 de febreiro, saíu publicada no BOE a convocatoria da praza do Director do Teatro Rosalía Castro:

2770 Resolución de 12 de enero de 2010, del Ayuntamiento de A Coruña, Instituto Municipal Coruña Espectáculos, referente a la convocatoria para proveer una plaza.

Mediante acuerdo del Consejo Rector se aprueban las bases que han de regir la convocatoria para la selección, mediante concurso-oposición libre, de una plaza de Director del Teatro Rosalía Castro, mediante contrato laboral fijo.

En el «Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña» número 271, de 28 de diciembre de 2009, aparecen íntegramente publicadas las bases que han de regir la convocatoria.

El plazo de presentación de solicitudes será de veinte días naturales a contar desde el día siguiente al de la publicación de este anuncio en el «Boletín Oficial del Estado».

Los sucesivos anuncios de esta convocatoria, cuando procedan de conformidad con las bases, se publicarán en el Boletín Oficial de la provincia y en el tablón de edictos del Instituto Municipal.

A Coruña, 12 de enero de 2010.–La Vicepresidenta, María Xosé Bravo San José.

Descargar convocatoria en PDF (149 KB)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google