Aquarium Finisterrae: exposición fotográfica “Liv”, de Carlos Cid

Do mércores 16 de febreiro a abril
Aquarium Finisterrae
De luns a venres: de 10:00 a 18:00 h. O acceso péchase unha hora antes da hora de peche do Aquarium.
Sábados, domingos e festivos: de 11:00 a 20:00 h. O acceso péchase unha hora antes da hora de peche do Aquarium.

Esta mostra fotográfica, que se aloxa na nova sala "Artista invitad@", un espazo para presentar novidades da arte relacionados coa ciencia e o mar,  de Carlos Cid (Madrid, 1965), "Liv", nome que en sueco remite ao concepto de vida máis elemental, intérnase nos atlas da historia que nacen da orixe máis profunda da nosa existencia, que pertence ao noso presente, pasado e futuro. A auga como a orixe da vida: todo sae dela e volve cara a ela; é o lugar do nacemento, transformación e o renacemento. Na serie é importante subliñar as calidades metamórficas da auga. O decisivo é tomar en consideración os elementos fundamentais que configuran a vida e ver como o tempo produce os seus cambios efémeros e eternos. Xa que na súa extensión, case sen límites, subxacer a idea do indeterminado, o indefinido e o insondable, as obras do proxecto, falan dunhas masas de auga descontextualizadas que son protagonistas absolutas e donas do espazo e de nós mesmos; universos eternos de materias, modos ancestrais e vivencias comúns. As obras están guiadas pola experiencia emocional, convencidas de que o tempo da auga, é ao mesmo tempo o noso propio. Son mapas de vida, sen programas nin liñas trazadas, onde simplemente ler o reflexo do curso da existencia humana e das flutuacións dos seus desexos e sentimentos. Como diría o mesmo Victor Hugo, mestre mundial de movemento romántico: "L'Art c'est l'azur" (A arte é azul). E neste caso é o espello azul onde mirarnos e buscar reflectida a experiencia de o noso ser íntimo reencontrándose coa experiencia vital colectiva. As obras da serie "Liv" non están na paisaxe, senón que son o paisaxe. Non aparecen na obra elementos temporais, nin referenciais, tampouco humanos. O mar existe no tempo. Malia a súa aparencia de invariabilidade parece deter ou anular o paso das horas. Algo que o home busca dende as distancias da historia e ao que inevitablemente pertence. O proxecto fala de lugares comúns á humanidade onde somerxerse e perderse. Lugares analóxicos co templo, aínda que baleiros de estigmas, marcas e pecados implícitos. "Liv" remite ao deus/home que todo o habita e que é a metáfora orixinal. "Liv" é sublímeo kantiano que se limita en tanto "estado do espírito" coma encontro do home coa natureza, o un co infinito.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Museos Científicos: Galerías da UDC nos mc2

"Galerías da UDC nos mc2" é un proxecto realizado entre dúas institucións científicas relevantes da cidade, os Museos Científicos Coruñeses e a Universidade da Coruña, froito dun conxunto amplo de colaboracións que se desenvolve entre ambas entidades. As "Galerías da UDC" pretenden amosar o labor investigador dalgúns dos equipos científicos que traballan na universidade, contribuindo á visualización desa actividade entre o público, neste caso entre os visitantes dos Museos Científicos Coruñeses. O obxectivo final das intervencións é, por tanto, informar ao público e estimular o interese pola ciencia, achegar aos investigadores á sociedade. O propio nome de "Galería" alude ao carácter de fiestra pola que o público pode asomarse e ollar o que se fai no interior da UDC, utilizando como denominación algo que forma parte do patrimonio identitario da cidade herculina. Este novo espazo forma parte da contribución dos Museos Científicos Coruñeses e a Universidade da Coruña á celebración do Ano Internacional da Química.
A primeira "Galería da UDC" ábrese agora no Aquarium Finisterrae, nun espazo dentro da sala Humboldt, onde se presentan dous traballos; un sobre a loita contra organismos incrustantes e outro sobre novos tratamentos contra as bacterias patóxenas. No primeiro caso, o grupo de investigación PRONAMAR (Productos Naturais Mariños) da Universidade da Coruña presenta o proxecto no que está a traballar, unha sustancia obtida dunha esponxa mariña que podería ser eficaz paa evitar as incrustacións de organismos acuáticos nas superficies somerxidas de barcos, canos ou plataformas petrolíferas, un problema que ocasiona grandes perdas económicas e de rendemento. No segundo, o grupo PRONAMAR da UDC e o Grupo de Microbioloxía da Universidade de Santiago traballan cunha sustancia que as bacterias mariñas empregan para transportar ao seu interior o ferro que precisan; esta sustancia podería converterse no laboratorio nun cabalo de Troia para introducir antibióticos na bacterias patóxenas, o que sería de especial utilidade no tratamento de peixes nas granxas acuícolas.
Neste mesmo ano está previsto abrir unha nova "Galería", neste caso na Domus.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aquarium Finisterrae: exposición “Traspasar fronteiras. Un século de intercambio científico entre Alemaña e España”

Do xoves 20 de xaneiro ao xoves 24 de febreiro
Aquarium Finisterrae
De luns a venres: de 10:00 a 18:00 h. O acceso péchase unha hora antes da hora de peche do Aquarium.
Sábados, domingos e festivos: de 11:00 a 20:00 h. O acceso péchase unha hora antes da hora de peche do Aquarium.

Organizada polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e o Servizo Alemán de Intercambio Académico (Deutscher Akademischer Austausch Dienst, DAAD), coa colaboración dos Museos Científicos Coruñeses, a mostra "Traspasar fronteiras. Un século de intercambio científico entre Alemaña e España" repasa as relacións científicas hispanoalemanas no século XIX e principios do XX, así como as estanzas de destacadas personalidades alemás en España e viceversa. Albert Einstein e os irmáns Wilhelm e Alexander von Humboldt, por exemplo, viaxaron a España en distintas ocasións, mentres que José Ortega e Gasset, Juan Negrín, José Castillejo e Gregorio Marañón estudaron en Alemaña. A posta en marcha no ano 1910 dos primeiros organismos de investigación da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE), significou tamén o inicio dunha frutífera colaboración coa ciencia alemá. A través de preto de 30 paneis explicativos, a exposición tamén fai un repaso sobre o papel que exerceron algunhas mulleres pioneiras nesta relación científica, a difícil situación que atravesaron as ciencias alemás despois da I Guerra Mundial e o estado actual da colaboración hispanoalemana nos ámbitos académico e científico, con especial fincapé na contribución que realizaron o CSIC e o DAAD para fomentar a cooperación científica entre ambos os dous países. A exposición amosa, en definitiva, a importancia da formación dos investigadores en institucións extranxeiras de referencia, e a súa trascendencia para o desenvolvemento da comunidade científica.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Museos Científicos Coruñeses: programación e horarios xaneiro-febreiro 2011

Estas son as principais actividades e horarios dos Museos Científicos Coruñeses para os meses de xaneiro e febreiro:

* Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita, s/n. Tlf. 981-189844. Novos horarios: de  luns a venres de 10:00 a 18:00 h. Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 19:00 h.
Pechado o 1 e 6 de xaneiro.

Exposicións:
- O asombro de Mr. Darwin.
- As palabras da ciencia.

- Proxeccións no Planetario Dixital:
Sábados, domingos e festivos:
- 12:00 h: "A noite do Vampiro" (galego)
- 13:00 h: "Evolución" (castelán)
- 17:00 h: "El mundo de Fugaz" (castelán)
- 18:00 h: "Evolución" (galego).
Os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro:
- 12:00 h: "A noite do Vampiro" (galego)
- 13:00 h: "Evolución" (castelán)
- 17:00 h: "El mundo de Fugaz" (castelán).

Actividades:
- "O ceo está máis preto do que pensas". O último sábado do mes dobre sesión de planetario en directo:
- 11:00 h: "O ceo para enterados". Para profundizar nos coñecementos astronómicos.
- 12:00 h: "O ceo do mes". Para iniciarse na observación do ceo.

- 5 e 7 de xaneiro. "Música baixo as estrelas", concerto de Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández no Planetario da Casa das Ciencias. Dous concertos cada día, ás 20 e 20:45 horas. As entradas, de 5 euros, están á venda nas oficinas do IMCE na praza de Ourense, abertas en horario de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 horas, así coma no teléfono 902 504 500. Nos mismos días dos concertos,  de non terse completado o aforo (79 prazas), poderán comprarse tamén na recepción da Casa das Ciencias.

Domus. Rúa Santa Teresa, 1. Teléfono: 981 189 840. Novos horarios. Aberto de luns a venres de 10:00 a 18:00 horas. Sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 19:00 horas.
Pechado o 1 e 6 de xaneiro.

Exposicións:
- Eureka!. Ciencia e creatividade.
- Homínidos e homínidas. A familia presumida.
- Éufrates. Un río de historia. Exposición fotográfica sobre a expedición arqueolóxica da Universidade da Coruña en Siria. Do martes 21 de decembro ao luns 31 de xaneiro.
- "Familias. Xenéticas de parecidos". Exposición fotográfica de Xosé Teiga. Do martes 1 de febreiro ao venres 13 de marzo.

Proxeccións:
- Cine 3D
-Do 3 ao 7 de xaneiro:
12:00 h: "SOS Planet" (castelán)
13:00 h: "Wild Safari" (galego)
17:00 h: "Wild Safari" (castelán).

A partir do 8 de xaneiro:
- De luns a venres, "SOS Planet" ás 17:00 h.
- Sábados, domingos e festivos:
12:00 h: "SOS Planet" (castelán)
13:00 h: "Wild Safari" (galego)
17:00 h: "SOS Planet" (galego)
18:00 h: "Wild Safari" (castelán).

Actividades
- Taller de Manitas. Experiencia piloto na que o público poderá participar de forma directa na construción de elementos interactivos que, tras o seu desenvolvemento, se presentarán nas salas do museo. O "Taller de manitas" destinarase a dous tipos de público: público xuvenil (17-23 anos) e público sénior (a partir de 55 anos). Ambos os dous talleres discorrerán de forma paralela durante cinco meses, con sesións semanais de 4 horas, a concretar segundo a dispoñibilidade de horario dos participantes. O "Taller de manitas" xuvenil orientarase cara á robótica. Por outra parte, o "Taller de manitas" sénior orientarase a proxectos de modelismo. Ao finalizar a actividade, os traballos realizados presentaranse ao público na Domus. A actividade comezará o 31 de xaneiro, logo de inscrición.

- Exploradomus. Os pequenos exploradores verán a nova película en 3D "SOS Planet", e a continuación farán experimentos con fenómenos importantes para a vida no noso planeta. Unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 10 anos, e que ten lugar na Domus os sábados ás 16:45 horas. Inscricións no teléfono 981 189 840. A tarifa é de 1 euro por neno.

* Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 34. Tel.: 981 189 842. Novos horarios. Aberto de 10:00 a 18:00 de horas, de luns a venres. Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 20:00 horas.
Pechado o 1 e 6 de xaneiro.

Exposicións:
- Oceanosfera. Nunha esfera de gran diámetro instalada na sala Maremagnum o público poderá ver presentacións de fenómenos oceanográficos que suceden a escala global: impacto do cambio climático e acción humana, correntes, migracións de animais mariños.
- "Traspasar fronteiras. Un século de intercambio científico entre Alemaña e España". Exposición de fotografías na sala Isabel Castelo sobre a ciencia e Alemaña. Do 19 de xaneiro ao 24 de febreiro.
- "Novas conversas con Atlante", exposición de fotografías de 6 autores que reflicten as pegadas que a marea negra do Prestige deixou na sociedade galega. Ata o 18 de xaneiro.
- "Viaxe polar". Exposición de fotografías da expedición de Carlos Caraglia á Antártida.
- "Charca das Caricias". Nova instalación na sala Maremagnum que combina diferentes recursos: un acuario con animais vivos que os visitantes poden tocar, unha pantalla xigante, un ordenador, microscopios e lupas binoculares.
- "Darwin e o mar". Módulos interactivos sobre evolución marina e o estudos de Darwin sobre os arrecifes de coral. Na sala Maremagnum.
- "Farmacuáticos. A botica do mar". Exposición sobre os medicamentos de orixe mariña e os seres vivos que os producen. Na sala Humboldt.
- "Mare Oceanum". Ciencia e tecnoloxía da exploración submarina. No túnel de acceso ao Nautilus.

Actividades
- "Bioloxía con-tacto". Na "Charca das Caricias", obradoiros de bioloxía mariña para coñecer en vivo e en directo aos inquilinos do Aquarium Finisterrae. Os obradoiros "Tiburóns en familia" e "Proxecto Santiaguiño" realízanse:
- Sábados ás 13:00 horas
- Domingos e festivos ás 13:00, 16:00 e 18:00 horas.
- Os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro ás 11:00, 13:00 e 16:00 horas.
- "Alimentación de focas". No exterior do acuario, todos os días ás 12:00 e 17:00 horas.
- "Alimentación de tiburóns" Os luns, mércores e venres ás 12:30 horas, na sala Nautilus.
- "Merendas no Aquarium". Pensadas para nenos de entre 4 e 13 anos, a actividade combina a realización dunha investigación científica cunha merenda de chocolate con churros. Todos os sábados do curso escolar ás 17:00 horas.

Máis información na web dos Museos Científicos Coruñeses: Horarios e prezos, Como chegar, Que ver, Axenda de actividades, Materiais divulgativos (descarga gratuita): monografías, cadernos de actividades, vídeos, conferencias, unidades multimedia.
Novo espazo de participación en Facebook: Faite seguidor dos Museos Científicos Coruñeses, opina sobre as exposicións e actividades, comparte e valora as nosas novidades e materiais divulgativos.
Subscríbete e recibe as novidades:
Lista de correo: http://www.casaciencias.org/gl/ayuda.htm...
Canle RSS: http://feeds.feedburner.com/mc2novidades
Avisos en Twitter: http://twitter.com/casadasciencias/.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aquarium Finisterrae: inauguración da escultura “Humildade”, de Nando Lestón

mércores, 29 decembro 2010, 9:00 | Category : Aquarium Finisterrae, Arte, museos científicos
Tags : , ,

Xoves Nando Lestón30
Aquarium Finisterrae
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Inauguración da escultura "Humildade", do artista Nando Lestón. A escultura, un cilindro duns tres metros de altura, estará ubicada nunha terraza exterior do Aquarium Finisterrae. A obra vén ser un "faro de nasas", un humilde faro nocturno, cómplice do grande e veciño faro da Torre de Hércules. A instalación da escultura permite aos Museos Científicos Coruñeses felicitar aos seus visitantes a fin do ano 2010 e a chegada do 2011. En palabras do seu autor: "Cando estaba traballando nos refugallos que traía o mar, emerxeron as anacaradas formas das cunchas e a quente suavidade das táboas, nas derivas da marea. Anacos de nasas, medio afundidas na area despois dun temporal, pasaron a formar parte da paisaxe nas mañáns do meu taller. Desexaba erguerme para tocar, ou máis ben acariñar, aquelas "crebas" preñadas da salitre. Duras e un pouco reviradas polos envites das ondas. Teimei sen darme conta, na nasa coma unha gaiola. Un algo atrapapeixes, unha "trampa"... e arrimei por vez primeira esta "arte" a pequenas composicións. Deixa de ser oficio e pasa a ser unha forma pensada e despois intuída, cromática, leve. Emerxiu entón a forma dun faro. Un faro nouturno, feito de ceo estrelado, fincado no mar, un cilindro etéreo. Guiador nas noites escuras. Humilde. Converteuse a trampa, arrepentida, en pastor de mariñeiros".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe os Museos Científicos Coruñeses reciben ao visitante 10.000.000

Este luns 27 os Museos Científicos Coruñeses reciben ao visitante 10.000.000. Unha cifra espectacular que pon de manifesto o interese do público pola cultura científica e o relevante papel dos Museos Científicos Coruñeses.
Ás 11:00 h. no Aquarium realizarase un acto de celebración da visita 10 millóns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

II Seminario “A conservación en acción. Desafíos da conservación”

Venres 10 de decembro – Castelo de Santa Cruz, sede do CEIDA.
Sábado 11 de decembro de 2010 – Domus
Domingo 12 de decembro de 2010 – Aquarium Finisterrae
Xoves 16 e Venres 17 de decembro de 2010 – Obradoiro on line

Dentro das actividades promovidas polo CEIDA, polos Museos Científicos Coruñeses e a Concellaría de Cultura en relación coa conmemoración no 2010 do Ano Internacional da Diversidade Biolóxica, organízase este Seminario no que se mostran experiencias de planificación, xestión, divulgación, participación e investigación, útiles para a conservación da biodiversidade. As experiencias e propostas seleccionadas permiten coñecer contidos, reflexións e exemplos de boas prácticas aplicables tanto no ámbito local como no rexional e o internacional. A matrícula é de 20 euros, e a inscrición pódese facer chamando ao teléfono 981-630618, enviando un correo electrónico ao enderezo  formacion at ceida.org, ou neste enlace. Neste arquivo pódese descargar toda a información: Seminario Desafios Decembro 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Aquarium Finisterrae presenta a OceanoSfera

xoves, 2 decembro 2010, 13:25 | Category : Aquarium Finisterrae
Tags : ,

A OceanoSfera é un proxector esférico dixital de máis de metro e medio de diámetro permitirá aos visitantes observar un espectáculo único, a simulación de fenómenos globais da Terra vistos dende o espazo. O novo sistema supón para o Aquarium un recurso de divulgación similar ao Planetario dixital para a Casa das Ciencias ou o Cinema 3D para a Domus.
Isto sitúa os Museos Científicos Coruñeses na vangarda tecnolóxica da oferta audiovisual científica en Europa. Esta presentación encaixa no desenvolvemento dunha das liñas actuación do Aquarium Finisterrae durante 2010, a de crear proxectos museográficos dirixidos á construción dunha colección de infraestruturas de contido educativo. A nova Charca da Caricias foi a primeira desas instalacións. Agora se presenta a OceanoSfera, un proxector dixital esférico para mostrar simulacións de fenómenos mariños, atmosféricos e oceanográficos a escala global. Precisamente pola dificultade que encerra a dimensión á que se producen os procesos que se queren contar, o proxector convértese nunha ferramenta eficaz que axudará á imaxinación dos visitantes para comprendelos. E será especialmente útil para ofrecer sesións didácticas aos grupos escolares. A OceanoSfera ocupa un espazo próximo á entrada da sala Maremagnum, acondicionado para as actividades que alí se desenvolverán. Dispón dunhas bancadas para acomodar ao público, e un sistema de iluminación e acústica que optimiza a calidade da proxección. A colección de infraestruturas museográficas completarase cun espazo no vestíbulo da planta inferior do Aquarium e que acollerá unha especie de aula dixital, actualmente en construcción.
O software do sistema inclúe un conxunto de fotos e vídeos preparados para a simulación de fenómenos globais da Terra vistos dende o espazo. Permite ademais realizar rotacións e inclinacións da esfera terrestre para visualizar, por exemplo, os casquetes polares dende un ángulo insual. É unha forma diferente de explicar estas cuestións, tradicionalmente representadas en pantallas planas. A instalación complétase cun atril interactivo cunha pantalla táctil que permite aos visitantes seleccionar o contido a proxectar, podendo elixir o idioma entre tres, galego, castelán ou inglés. Un primeiro nivel de selección na pantalla táctil distingue entre dous grandes apartados: Terra e Océanos. Dentro deles, inclúense dous programas "Blue Planet", que presenta cuestións como as correntes mariñas ou a distribución de auga salgada e doce na Terra, e "Frozen", un audiovisual que fala sobre o efecto regulador do xeo dos polos sobre a temperatura do planeta. Ademais, o proxector ofrece outros recursos para dar charlas e talleres, de especial interese para os grupos escolares. Así, pódese acceder a contidos didácticos sobre o cambio climático, visualizando os efectos do aumento do nivel do mar ou o desxeo dos polos, aproximarse aos métodos de exploración dos océanos, mediante a observación da distribución das boias coas que se obteñen datos, coñecer a dinámica do fenómeno de El Niño e La Niña, as estacións meteorolóxicas e a formación de nubes, ou a erosión das liñas de costa, entre moitos outros. Os contidos divulgativos da OceanoSfera están realizados con datos e imaxes procedentes de axencias internacionais de investigación oceanográfica (NOAA, NASA). E ofrece a posibilidade de incorporar programas propios. Así, proximamente o Aquarium Finisterrae presentará un programa sobre o tema da sobrepesca, un material derivado da campaña europea "Elixe o peixe correcto", liderada na España polo Aquarium. A OceanoSfera consta dunha esfera de proxección de 60 polgadas, 152 cm. de diámetro. Ademais ten un sistema de proxección dixital de alta definición instalado no seu interior, formado por dous proxectores de 7.000 lumens cada un, o que proporciona unha imaxe esférica cunha resolución de 1280P.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Aquarium Finisterrae aplicará a tarifa reducida (4 euros) a todos os visitantes até o 19 de decembro

xoves, 2 decembro 2010, 13:24 | Category : Aquarium Finisterrae
Tags :

A medida foi adoptada como compensación polas incomodidades que poidan ocasionar as obras que se están a desenvolver e que afectan á zona de tránsito e distribución da planta baixa do edificio do acuario e ao corredor de acceso á Sala Nautilus. Deste xeito todas as persoas que desexen visitar o Aquarium até o 19 de decembro, deberán abonar só a entrada de tarifa reducida, 4 euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Museos Científicos: distribución gratuíta do monográfico informativo “Sobrepesca”

O domingo 21 de novembro os Museos Científicos Coruñeses distribúen gratuitamente un monográfico informativo titulado "Sobrepesca". Aínda que existen noticias sobre o esgotamento de recursos mariños na antigüidade, a explotación pesqueira mundial deu sinais de alarma durante a segunda metade do século XX. O aumento da demanda debido ao incremento da poboación mundial e a modernización da tecnoloxía provocou un paulatino esgotamento dos recursos pesqueiros. É por iso que as noticias relacionadas con este tema están cada vez máis presentes en todos os medios de comunicación. A monografía "Sobrepesca" forma parte da campaña europea "Elixe o peixe correcto", liderada en España polo Aquarium Finisterrae, e cuxo obxectivo é convidar a consumir peixes que non poñan en perigo os recursos mariños. Esta campaña tamén está a ser desenvolvida en Francia por Nausicaa Centre National de la Mer, e en Italia, a cargo do Acquario di Genova. A publicación recolle as principais inquedanzas dos cidadáns sobre o tema, recollidas nos tres países participantes. Cuestións como Cando se considera que un caladoiro está sobreexplotado?, Canto tempo tarda en recuperarse un caladoiro sobreexplotado?, Que peixes están en perigo de extinción debido á sobrepesca? Estase terminando o peixe que compro?, Que eu cambie os meus hábitos de consumo, de verdade axuda a mellorar a situación?, Como se aplican no mar as leis de pesca?, Por que se di que as redes de arrastre son malas para o mar?, É posible repoboar o mar con peixes?, teñen nesta publicación unha resposta breve, concreta e nunha linguaxe comprensible para todos os cidadáns. A información, elaborada nos Museos Científicos Coruñeses e revisada polo comité científico asesor da campaña europea, acompáñase de imaxes e gráficos que contribúen a comprender mellor os contidos. A monografía inclúe tamén unha lista de especies de consumo recomendado pola campaña para Galicia. Esta publicación está dirixida a toda a poboación e cóntase para a súa distribución coa colaboración dos diarios La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, e La Opinión. A edición está realizada co patrocinio de Caixanova.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aquarium: cardume de miles de sardiñas nun tanque na sala Maremagnum

venres, 8 outubro 2010, 11:49 | Category : Aquarium Finisterrae, museos científicos
Tags :

A máis recente incorporación no Aquarium Finisterrae é a dunha cardume de sardiñas nun dos grandes tanques da sala Maremagnum. A exhibición destes peixes, 5.000 exemplares recollidos en Cedeira, foi posible grazas á aplicación dun protocolo de captura e adaptación desenvolvido polos biólogos do Aquarium. A presenza de exemplares de sardiña non é habitual nos acuarios porque son peixes difíciles de capturar en condicións óptimas. Parte desta dificultade estriba en que perden as súas escamas con moita facilidade. A caída dunha escama deixa un espazo nu na pel do peixe e por aí poden penetrar bacterias, fungos e outros microorganismos, que provocan infeccións e deterioran a saúde do peixe, podendo chegar a provocar a morte. Outra dificultade engadida ao mantemento en catividade das sardiñas é que son peixes nervosos e moi vigorosos. Nadan a gran velocidade e se estresan moi facilmente. Por iso é necesario desenvolver programas de aclimatación que inclúan períodos na penumbra e en condicións de silencio e calma. Despois do habitual período de corentena, eses peixes, varios miles, están nun tanque do acuario, na sala Maremagnum, para que o público poda disfrutar da súa presenza. Aquí deixamos este vídeo elaborado polos propios Museos Científicos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aquarium: exposición fotográfica “Bo para o mar, bo para ti”

martes, 5 outubro 2010, 11:00 | Category : Aquarium Finisterrae, exposicións, fotografía
Tags : ,

Desde o Elixe o peixe correcto martes 5 de outubro
Aquarium Finisterrae
De 10:00 a 19:00 todos os días (até as 20:00 h. os sábados, domingos e festivos. O acceso péchase unha hora antes do peche do Aquarium)
Entradas: xeral: 10 €; (menores de 14, maiores de 65, carné xove e tarxeta Vinte: 4 €).

O Aquarium Finisterrae acolle a estrea europea da exposición fotográfica "Bo para o mar, bo para ti", baseada na campaña para fomentar o consumo sostible de peixe "Elixe o peixe correcto". Son 30 imaxes que persiguen o obxectivo de trasladar aos cidadáns a mensaxe de que o consumo responsable de determinadas especies é unha solución para o problema da sobrepesca. Deste xeito, a exposición reflicte o percorrido dos peixes correctos dende que é capturado no mar, á peixaría, e a súa preparación e consumo no restaurante. Para a realización contouse coa colaboración de reporteiros gráficos dos tres países participantes, España, Francia e Italia. As imaxes que presentan o "peixe correcto" galego foron tomadas polo fotógrafo coruñés César Quián. No seu traballo quedan representadas as descargas dos barcos no porto, a poxa no peirao, ou a venda aos consumidores en mercados como o da Praza de Lugo. As fotografías procedentes de Franza mostran outros aspectos como a recollida de vieiras, un prato elaborado con este molusco, ou a técnica francesa de cultivo de mexillóns. O seu autor é Jean-Pierre Duval. No caso de Italia, as imaxes foron achegadas por un estudo fotográfico con experiencia en traballos relacionados co Acquario de Genova, participante na campaña. A exposición complétase con textos que dan resposta ás preguntas que formulou o público sobre o tema da sobrepesca nos tres países. Tras a súa permanencia na Coruña, a exposición viaxará ao acuario francés Nausicaa Centre National de la Mer. Unha vez finalizada a itineración, a idea é que poida exhibirse en superficies comerciais, que a poderán solicitar gratuitamente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aberto o prazo de inscrición para as Merendas no Aquarium

venres, 1 outubro 2010, 11:46 | Category : Aquarium Finisterrae, museos científicos
Tags : ,

Este venres 1 de outubro ábrese o prazo de inscrición para as Merendas no Aquarium, actividades pensadas para nenos de entre 4 e 13 anos, e que combinan a realización dunha investigación científica cunha merenda de chocolate con churros. As Merendas no Aquarium, que se celebrarán todos os sábados do curso escolar (a partir do 16 de outubro) ás 17:00 horas, inclúen nesta edición actividades na nova Charca das Caricias, entre outras.
Para participar nas Merendas é necesario reservar praza chamando ao teléfono 981 189 842. Cada neno deberá aboar unha entrada reducida (4 euros) e recibirá un convite para merendar. Ademais, poderá invitar a un adulto, que terá entrada gratuíta ao acuario. A actividade é completamente gratuíta para os nenos socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para os portadores a Tarxeta Vinte.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Museos Científicos: horarios e actividades a partir de setembro

Estas son as principais actividades e horarios dos Museos Científicos Coruñeses desde este mes de setembro:

Casa das Ciencias. Horario: de 10:00 a 19:00 todos os días. Entrada xeral: 2 € (menores de 14, maiores de 65 e carné xove: 1 €). Entrada ao Planetario: 2 € (menores de 14, maiores de 65, carné xove e tarxeta Vinte: 1 €).

Proxeccións no Planetario (sábados, domingos e festivos):
- 12:00 h. A noite do vampiro (infantil, galego)
- 11:00 h. O ceo para enteirados (só o último sábado de cada mes)
- 12:00 h. O ceo do mes (só o último sábado de cada mes)
- 13:00 h. Evolución (español)
- 17:00 h. El mundo de Fugaz (infantil, español)
- 19:00 h. Evolución (galego)
(Contido e idades recomendadas)
Exposicións
:
- O asombro de Mr. Darwin.
- Palabras de la ciencia.
- Da Terra ao Universo. Exposición fotográfica.
- Unha ollada natural, exposición fotográfica. De Calros Silvar. Do 4 ao 30 de novembro.

Aquarium Finisterrae. Horario: de 10:00 a 19:00 todos os días (até as 20:00 h. os sábados, domingos e festivos. O acceso péchase unha hora antes do peche do Aquarium). Entradas: xeral: 10 €; (menores de 14, maiores de 65, carné xove e tarxeta Vinte: 4 €).

Exposicións:
- Farmacuáticos. A botica do mar.
- Mare oceanum.
- Charca das Caricias.
- O Ártico e o cambio climático en Groenlandia, exposición fotográfica de Carlos Caraglia. Desde o 28 de setembro até finais de decembro.
- Cardume de sardiñas na Sala Maremagnum. A partir do 7 de outubro.

Domus. Horario: de 10:00 a 19:00 horas. Entrada xeral: 2 € (menores de 14, maiores de 65 e carné xove: 1 €).

Proxeccións:
- "Sos Planet" 3D. De luns a venres ás 18:00 h. Sábados, domingos e festivos: 12:00 e 17:00 en galego; 13:00 e 18:00 en castelán. Do 21 de decembro ao 9 de xaneiro do 2011 ás 12:00 h. (versión en castelán) e 17:00 h. (versión en galego).
- Wild safari. Do 21 de decembro ao 9 de xaneiro do 2011, ás 13:00 h. (versión en galego) e 18:00 h. (versión castelán).
Exposicións:
- Eureka!. Ciencia e creatividade.
- Homínidos e homínidas.
- Albinismo. Unha condición xenética, dúas realidades: España e Senegal. Desde o 1 de outubro.
- Éufrates. Un río de historia. Do martes 21 de decembro ao sábado 29 de xaneiro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Museos Científicos: actividades e horarios de verán (do 1 de xullo ao 31 de agosto)

Estas son as principais actividades e horarios dos Museos Científicos Coruñeses durante o verán (desde o 1 de xullo até o 31 de agosto):

Casa das Ciencias. Horario: de 11:00 a 21:00 todos os días. Entrada xeral: 2 € (menores de 14, maiores de 65 e carné xove: 1 €). Entrada ao Planetario: 2 € (menores de 14, maiores de 65 e carné xove: 1 €).

Proxeccións no Planetario:
- 12:00 h. A noite do vampiro (infantil, galego)
- 13:00 h. Evolución (español)
- 17:00 h. El mundo de Fugaz (infantil, español)
- 18:00 h. O ceo de hoxe (directo, bilingüe)
- 19.30 h. Evolución (galego)
(Contido e idades recomendadas)
Exposicións
:
- O asombro de Mr. Darwin.
- Palabras de la ciencia.

Aquarium Finisterrae. Horario: de 10:00 a 21:00 todos os días. Entradas: xeral: 10 €; (menores de 14, maiores de 65 e carné xove: 4 €).

Exposicións:
- Farmacuáticos. A botica do mar.
- Mare oceanum.
- Wildlife Photographer of the year (Fotógrafos da natureza).
- Peixes electrónicos, de Wolfgang Trettnak.
- Charca das Caricias.

Domus. Horario: de 11:00 a 21:00 horas. Entrada xeral: 2 € (menores de 14, maiores de 65 e carné xove: 1 €). Entrada ao cinema: 4 € (menores de 14, maiores de 65 e carné xove, 2 €).

Proxeccións:
- Monstros mariños 3D. Todos os días: 12:00, 17:00, 19:00 en galego, 13:00, 18:00, 20:00 en español.
Exposicións:
- Eureka!. Ciencia e creatividade.
- Un anaquiño de Nicaragua. Exposición fotográfica de Fernando Bellas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google