Exposición “Arquitectura Escrita”, na Fundación Luís Seoane

Do Arquitectura escritamartes 19 de abril ao domingo 10 de xullo
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Domingos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre.

"Arquitectura Escrita" aborda un tema amplo e complexo como son as relacións entre arquitectura e literatura a través das construccións imaxinadas e pensadas por escritores ao longo de case 2.500 anos de historia, desde a Antigüidade clásica pasando pola Idade Media, o Renacemento, o Barroco, o século das Luces, ata a literatura contemporánea, sendo este último o período máis representado na exposición. Comisariada por Juan Calatrava, profesor de Historia da Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Granada e por Winfried Nerdinger, director do Architekturmuseum de Múnich, a mostra consta de gravados ou debuxos relacionados con obras literarias nas que a arquitectura ou o urbanismo teñen un papel especialmente relevante; e por outro, de maquetas realizadas expresamente para visualizar eses espazos textuais que existían nun principio só en papel. Deste modo, na mostra atópanse representados proxectos que percorren temas e xéneros moi diversos, tomando como referencia textos sagrados, literatura fantástica, utopías e distopías, poesía, mística relixiosa, teatro, novelas e narracións dos séculos XVIII, XIX e XX (Goethe, Stendhal, Umberto Eco, Georges Perec, etc.). Arquitectura Escrita é un proxecto organizado polo Círculo de Bellas Artes de Madrid, Acción Cultural Española, o Consorcio Parque das Ciencias de Granada e o Architekturmuseum TU München.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Barrié: “Falemos de casas”, con Manuel Rivas e Gonçalo Byrne

Xoves 10
Fundación Barrié (Canton Grande, 9)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "Conversas con Gonçalo Byrne", desenvolverase o coloquio "Falemos de casas", con Manuel Rivas e o propio arquitecto portugués, Gonçalo Byrne. O moderador será Javier Armesto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os Museos Científicos Coruñeses celebran a Semana da Ciencia

O programa de actividades ábrese con xornadas de portas abertas na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, do 8 ao 14 de novembro, días nos que os visitantes poderán coñecer as exposicións e actividades dos tres museos de maneira gratuíta. Na Casa das Ciencias atoparán a mostra de ilustracións científicas "Unha ollada natural", ou as experiencias interactivas da primeira planta; na Domus a exposición "Eureka!" adentra aos visitantes na creatividade como parte da ciencia; e no Aquarium se pode asistir a unha sesión da Charca das Caricias, ou á alimentación das focas, entre moitas outras propostas.
Ademáis, haberá outros actos programados para a Semana de Ciencia.
O luns 8 presentarase na Domus unha nova película en 3D, titulada "SOS Planet". Desde as profundidades do océano ao frío glacial do Ártico e a espesura da xungla de Borneo, "SOS Planet" convida a explorar a situación medioambiental do noso fráxil planeta. E para iso propón tres temas de actualidade: o quecemento global, a destrución dos hábitats oceánicos e a deforestación. A partir do luns 8 haberá sesións ás 18 horas de luns a venres. Os sábados, domingos, festivos ás 12 e 17 horas (versión en galego), ás 13 e 18 horas (versión en castelán)
A Semana da Ciencia nos Museos Científicos Coruñeses rematará cos actos de entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2010. A ceremonia de entrega será o sábado 13 de novembro no salón de plenos do concello. Ademáis, con motivo deste acto, celebraranse os seguintes abertos ao público:
- Venres 12 de novembro, ás 20 horas na Domus: Mesa redonda sobre "A ciencia prensa escrita", coa participación de Patricia Fernández de Lis (Público), Elena Sanz (Heraldo de Aragón), Raúl Romar (La Voz de Galicia).
- Sábado 13 de novembro, na Domus:
- 11:30 horas. Presentación do documental "En busca do mexillón de río", Prisma ao mellor traballo multimedia 2010. Lugar: sala Leonardo da Vinci, Domus (r/ Santa Teresa 1).
. 12:00 horas. Presentación do libro "Vivir dos vidas: un viaje por la metamorfosis de los insectos", de Xavier Bellés, Prisma ao mellor texto inédito 2009, editado en colaboración con La Voz de Galicia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Luís Seoane: Pecha Kucha Night Coruña

Venres 5
Fundación Luís Seoane (rúa San Francisco, s/n.)
20:20
Entrada libre até completar capacidade.

Participantes: Héctor Francesc [Pintura], Antonio Amado [Deseño Industrial], Fermín Blanco [Sistema Lupo], Rocío Vázquez [Eventos], María José Ortuño+Antonio Mercurio [Música+Fotografía], Carlos Quintáns [Arquitectura], Guillermo Arias [Deseño Gráfico], Carlos Álvarez [Fotografía], David Pintor [Ilustración] e Cardigan Bridge [Música]. As Pecha Kucha Nights son un formato de presentación ou charlas multidisciplinares nas que os diferentes poñentes utilizan 20 imaxes de apoio, cada unha de 20 segundos de duración que se proxectan durante a intervención dos distintos participantes. A duración destas intervencións é de aproximadamente 6 minutos e 40 segundos, e participan entre 10 e 14 poñentes. Foron creadas en 2003 por Astrid Klein e Mark Dytham do estudio de arquitectura Klein Dytham, cuxa sé se atopa en Tokio, onde se celebrou a primeira presentación baixo este formato. A intención dos seus creadores non era outra que ofrecer un marco máis informal e distendido que as habituais poñencias ao uso, de longa duración e apoiadas por tediosas presentacións audiovisuais, ademáis de abrir o formato a todo tipo de iniciativas culturais ou artísticas, desde deseño gráfico a arquitectura, pintura, música, fotografía, ilustración, etc., tanto a persoas creativas con ganas de comunicar algo como a aquelas que estean comezando a súa andaina profesional e non poidan acceder nun principio a un circuito de galerías ou revistas especializadas para dar a coñecer os seus proxectos. No Salón de Actos da Fundación.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: Presentación proxecto Pecha Kucha

venres, 25 xuño 2010, 9:47 | Category : arquitectura, ciencia, comic, fotografía, ilustración, museos científicos, música
Tags : ,

Venres 25
20:00
Domus
Entrada libre até completar capacidade.

Pecha Kucha é un evento no que profesionais vinculados a diferentes actividades creativas expoñen o seu traballo co único apoio gráfico de 20 imaxes que son proxectadas durante 20 segundos cada unha. Nesta segunda edición de Pecha Kucha Night Coruña, os participantes son: Alberto Vázquez (ilustración), Rubén López Ares (fotografía), Luigi Mazucato (música), Lucía Ruiz de Aguirre (moda), Brijuni (arquitectura), Luís Díaz Díaz (fotografía), Estudio mmasa (arquitectura), Xurxo García Penalta (cómic), Nouvelle Cuisine (música), Ernesto Carmena (ciencia). Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Suspendido o ciclo de conferencias Xente, espazos e lugares

luns, 15 febreiro 2010, 15:00 | Category : arquitectura, conferencias, divulgación, natureza
Tags : ,

Lamentamos comunicar a suspensión do ciclo de conferencias Xente, espazos e lugares. Para máis información, contacten con calquera das entidades organizadoras.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Xente, espazos e lugares

venres, 12 febreiro 2010, 14:00 | Category : arquitectura, conferencias, divulgación, natureza
Tags : ,

xentesespazoselugares

Segue aberto o prazo de inscrición para o ciclo Xente, espazos e lugares, organizado pola Concellería de Cultura en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). A serie de conferencias desenvolverase no Forum Metropolitano desde mediados de febreiro até o mes de maio, coa intención de ofrecer á cidadanía en xeral unha visión plurar e complexa dos espazos e os lugares que habitamos, tendo moi presente como se desenvolve a nosa vida neles. Podedes ler o programa completo do ciclo neste enderezo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Fórum Metropolitano acolle o ciclo Xentes, espazos e lugares

domingo, 31 xaneiro 2010, 19:00 | Category : arquitectura, conferencias, divulgación, natureza
Tags :

Organizado pola Concellería de Cultura en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), o ciclo de conferencias Xentes, Espazos e Lugares desenvolverase no Forum Metropolitano desde mediados de febreiro até o mes de maio. O ciclo é un programa anual de divulgación e formación non regrada dirixido á cidadanía en xeral no que se pretende ofrecer unha visión plurar e complexa dos espazos e os ugares que habitamos, tendo moi presente como se desenvolve a nosa vida neles.

Este ciclo busca ser un punto de encontro para arquitectos, urbanistas, artistas plásticos, xeógrafos, xornalistas, escritores, sociólogos... que fican convidados a compartir as súas reflexións sobre como foi e como é a nosa interacción cos espazos que habitamos ao longo do tempo. O perfil dos asistentes é de persoas de 30 a 70 anos, con interese nos temas que afectan á colectividade máis alá de compromisos profesionais específicos, polo que se busca que o ton e profundidade das intervencións teña un carácter marcadamente divulgativo e coloquial atendendo á condición de non especialistas que teñen os destinatarios do programa tal e como destacou o coordinador do curso, Xosé Manuel Rosales.

Este é o programa completo do ciclo:

18.02.2010: Felipe Senén, Os espazos da Cultura
25.02.2010: Xoan Vazquez Mao, A fronteira como ventaxa competitiva: Presente e futuro da Eurorrexión
04.03.2010: Delegación do COAG na Coruña, Iniciativas cidadás: A cidade dos Barrios
11.03.2010: Bert Wasmer, A vivenda na ecocidade de Friburgo
18.03.2010: Manolo Rúa, Urbanismo en Galicia: Do eu ao nós
25.03.2010: Belen Gesto, Habitabilidade básica
08.04.2010: Hector Pose, Por un habitar pedagógico
15.04.2010: Jose Mª Ezquiaga, Sustentabilidade e Territorio
22.04.2010: Luis Sepulveda, A literatura como memoria da paisaxe
29.04.2010: Martín Fernandez, Mobilidade e Territorio
06.05.2010: Mabel Ribera / Enrique Banet, As feridas do territorio: A Serra da Groba
13.05.2010: Joan Busquets, Habitares presentes e futuros

As inscripcións poden facerse na Conserxería do Fórum Metropolitano ou en Servinova (desde o 3 de febreiro). A cuota é de 50 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mesa redonda 20 anos de arquitectura galega

luns, 14 decembro 2009, 22:15 | Category : arquitectura, mesas redondas
Tags :

Mañá, martes día 15 de decembro, ás 20.00 horas, o auditorio da sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña (Cantón Grande) acollerá a mesa redonda 20 anos de arquitectura galega, a última dun ciclo co que a entidade cultural festexa o seu vixésimo aniversario.

Un moderador, o recoñecido arquitecto Andrés Fernández Albalat, proporá un pequeno guión sobre o que falarán outros prestixiosos arquitectos como César Portela, Joaquín Torres, Iago Seara, Manolo Gallego e Cristóbal Crespo. Durante unha hora, aproximadamente, os participantes tratarán temas de máxima actualidade para, no último tramo da mesa, abrir o debate a todos aqueles que se acheguen ao espazo sociocultural de Caixa Galicia. A entrada é de balde ata completar o aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google