Milpedras: xornada temática de portas abertas sobre placas solares
Sábado 10
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3)
De 17:30 a 20:00 horas
Entrada gratuíta con reserva previa no correo eventos at milpedras.com
Presentación dun novedoso sistema de traballo e creación de matrices a través de materiais fotosensibles, denominados "placa solar", a cargo de Yuli Andrea Cadavid, profesora da Universidade de Antioquia, Colombia. O gravado en placa solar é unha técnica relativamente nova no campo da gráfica que pouco a pouco gañou audiencia grazas á riqueza de posibilidades de aplicación analóxica e dixital que ofrece, ademais das súas bondades físicas, é un material de fácil uso, de revelado en auga e nobre co medio ambiente. O programa é o seguinte:
- 17:30 h. Charla teórica sobre o gravado en placa solar. Duración estimada: 30 minutos.
- 18:00 a 20:00 h. Traballo nas placas miniprint que os participantes queiran preparar, os tamaños han de ser de 8 x 10 cm. Ver máis condicións neste arquivo: Xornada portas abertas placas solares Milpedras.
Hotel Hesperia: IV “Feira da Arte Galega”
Do venres 9 de decembro ao xoves 5 de xaneiro
De 11:00 a 14:00 h. e de 16:30 a 21:30 horas
Hotel Hesperia (Rúa Juan Flórez, 16)
Entrada libre até completar capacidade.
IV edición da "Feira de Arte Galega", coa participación de máis de 50 artistas con máis de 1500 obras orixinais. A inauguración terá lugar o venres 9 de decembro, ás 20:00 horas, cunha homenaxe poética a Alfonso Abelenda, na que participan Pablo Bouza, Miguel Anxo Fernán-Vello, Olga Patiño, Ánxeles Penas, Dores Tembrás, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela e Eva Veiga. Posteriormente, terá lugar a actuación en directo do músico Pablo Bicho.
Cursos de decembro e xaneiro en Milpedras
Está aberto o prazo para os seguintes cursos no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo) nos meses de decembro e xaneiro:
- "Curso avanzado de placas solares", impartido por Yuli Andrea Cadavid. Do 14 ao 17 de decembro.
- "Curso de introdución á litografía en pedra con cor", impartido por Yuli Andrea Cadavid. Do 18 ao 21 de xaneiro.
- "Curso de introdución á caligrafía", impartido por Jesús Mª Juaristi Linacero. Do 10 ao 12 de febreiro.
Máis información neste enlace, no correo electrónico info at milpedras.com ou chamando ao teléfono 881-926698. As reservas deberán realizarse como mínimo cunha semana de antelación ao inicio do curso.
Palexco: exposición “Natureza! Estás soa?”, de Álvaro Negro
Do
venres 11 ao mércores 30 de novembro
Sala Municipal de Exposicións Palexco
De luns a domingo, de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.
A exposición individual de Álvaro Negro (Lalín, 1973), "Natureza! Estás soa?", supón o último paso na obra dun artista que evoluiu desde un desenvolvemento conceptual da pintura abstracta até investigacións noutros medios como a fotografía, xirando arredor do seu proxecto "Monteagudo", un traballo iniciado hai tres anos e que supón unha reflexión sobre o conxunto escultórico que o alemán Ulrich Rückriem realizou na terra natal do artista lalinense.
A. C. Alexandre Bóveda: exposición de pintura “Xaque-mate”, de Beatriz Barcia
Do
venres 4 ao xoves 24 de novembro
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas
Entrada libre até completar capacidade.
Exposición de pintura "Xaque-mate", de Beatriz Barcia. A inauguración terá lugar ás 20:00 h. do venres 4 de novembro no salón de actos da Asociación.
Casa Museo Casares Quiroga: exposición “Vinte anos non é nada (1989-2009)”, de Miguel Melero
Do
xoves 6 de outubro ao domingo 6 de novembro
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12)
De martes a sábado: de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:00 h.
Domingos e festivos: de 10:30 a 14:00. Luns, pechado.
Entrada libre até completar capacidade.
A exposición "Vinte anos non é nada (1989-2009)", de Miguel Melero, recolle 19 obras que resumen a súa traxectoria entre eses anos. A primeira etapa caracterízase polos elementos xeométricos. Líñas que deixarán paso pouco a pouco a figuras curvas, cuncas, botellas, vasos… Tamén xurden polo camiño novos materiais e técnicas que tratarán de dar volume aos seus cadros. Obras que culminarán coas súas exposicións sobranceiras "Suxeitos + Obxectos" e "Arquitectura dos sentimentos". A inauguración terá lugar o xoves 6 de outubro ás 20:00 horas. O cadro que se recolle nesta foto é "Na gaiola", de 1989.
Fundación Luís Seoane: exposición “Campo de sombras”, de Rui Chafes
Do
xoves 6 de outubro ao domingo 15 de xaneiro de 2012
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Domingos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre.
"Campo de sombras" constitúe a primeira exposición individual institucional do artista portugués Rui Chafes en España, un proxecto expositivo que amosa alguhas das súas obras máis significativas dos últimos dez anos, ao tempo que un libro recompilatorio de todos os seus traballos recentes. Co ferro pintado de negro ou cinza como material exclusivos dos seus traballos, Rui Chafes (Lisboa, Portugal, 1966), artista chave á hora de analizar o contexto artístico portugués dos últimos vinte anos, defende unha actitude moi persoal e orixinal de concebir a escultura, ensaiando formas que se moven entre o figurativo e o abstracto, estruturas de aspecto corrente, cunha singular poesía. En palabras de David Barro, comisario da exposición, "cada unha das esculturas de Rui Chafes recórdanos que non hai futuro sen memoria. Porque Rui Chafes traballa unha escultura que quere ser escultura, que non ten présa nen pretende esquecer as súas herdanzas, nin solapar a súa historia. O tempo devén así principal aliado dunha escultura que necesita tornarse arista para ancorarse e sobrevivir, solitaria, independente de cando e como se conxugan os tempos. Unha escultura silenciosa, capaz de revelarse no abismo orixinario de quen, como os románticos, aprehende o natural". Paralelamente á exposición editarase o libro "Rui Chafes. Contramundo", que recolle todos os traballos do artista realizados desde o 2003 ata o 2011, con textos do comisario alemán Ulrich Loock, do crítico Alberto Ruiz de Samaniego e do propio David Barro.
Fundación Luís Seoane: exposición “Teorema (interrumpido)”, de Bernardí Roig
Do
xoves 6 de outubro ao domingo 15 de xaneiro de 2012
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Domingos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre.
A exposición "Teorema (interrumpido)" de Bernardí Roig, recompila o que podemos denominar as súas "pezas fílmicas", isto é, aquelas nas que o elemento central ten que ver coa cita cinematográfica nunha estratexia moi pecular de apropiacionismo que da lugar a imaxes dialécticas. O comisario da exposición, Fernando Castro Flórez, ofrece unha escolla de obras nas que o artista mallorquín reinterpreta, entre outros exemplos, "Blow Up" de Antonioni, "Blue Velvet" de David Lynch, "Teorema" de Pasolini, "Gritos e susurros" de Bergman, "O enigma de Gaspar Hauser" de Herzog, "Camaleón" de John Lesley, "O ano pasado en Marienbad" de Alain Resnais, "Nostalxia" de Tarkovski ou "O italiano", baseado nun texto de Thomas Bernhard. O "apropiacionismo" de Bernardí Roig non ten nada que ver coa anestesia do gusto que está na base dos ready-mades. Polo contrario, as súas eleccións teñen que ver cunha cartografía estética persoal na que non se detén no acto ritual da simple homenaxe senón que tira partido do que Comolli cualificara como "a fatalidade ficcional do cine". Con motivo desta mostra editarase un libro con textos de Fernando Castro Flórez, Miguel Ángel Hernández Navarro, Enrique Vila-Matas, Alberto Ruiz de Samaniego e Omar Calabrese.
Normal: exposición “#Negro”
Do
mércores 5 de outubro ao venres 4 de novembro
Normal (Paseo de Ronda, 47. Antiga Escola de Maxisterio)
De luns a venres de 11:00 a 22:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.
Normal propón a catro artistas o desafío de traballar a partir desta premisa simple en forma e complexa en fondo. Xirar cara a #Negro. Desde esa luz os artistas intentarán chegar a porto en forma dunha exposición que funciona como reflexión sobre si mesmos e o seu deber como artistas de revelar verdades ocultas. De médium que atrae cara á luz e captura aquilo que no ollo do espectador aínda non foi percibido. O reto é #Negro polo que representa a nivel formal, a non cor, pero tamén a nivel semántico, o negro entendido desde un punto de vista social como a representación do oculto, do non revelado. E sempre desde o sentido antropolóxico do máxico, daquilo que, por estar falto da etiqueta da cor, nos é descoñecido e por iso tememos. Enrique Lista, Mar Vicente, Mauro Trastoy e Mónica Cabo. Catro artistas da mesma xeración que operan en Galicia desde hai anos asumen o desafío de aproximarse ao #Negro. Desde catro puntos de vista diferentes ofrécennos a súa visión particular deste problema que Normal lles propón. A inauguración terá lugar o mércores 5 de outubro ás 20:30 horas.
Milpedras: exposición de xilografías “Miradas al otro Lado”, de Fernando Evangelio
Do
mércores 7 ao venres 28 de outubro
Taller de Litografía Milpedras (rúa Brasil, 3, baixo)
Luns: de 17:00 a 20:30 h.
Martes a sábados: de 10:00 a 14:00, e de 17:00 a 20:30
Entrada libre.
Exposición de xilografías "Miradas al otro Lado", de Fernando Evangelio (1957), "un convite a ver alén do que damos por entendido, mas que acaba por nos sorprender. A súa obra é mergullares no misterio daquilo que se nos insinúa mais que non vemos, para nos reencontrar coa luz e a escuridade". A inauguración terá lugar o mércores 7 de setembro ás 20:30 h., coa presenza do propio autor e a actuación musical de Miko e Manu Clavijo.
Cursos de agosto e setembro en Milpedras
Está aberto o prazo para seguintes cursos no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo) nos meses de agosto e setembro:
- "Xornadas de autoedición gráfica para artistas", impartido por Alberto Carballido. Do 22 ao 27 de agosto.
- "Curso intensivo de placas solares", impartido por Yuli Andrea Cadavid. Do 1 ao 3 de setembro.
- "Curso de introdución á litografía en pedra", impartido por Yuli Andrea Cadavid. Do 8 ao 10 de setembro.
- "Libro de artista: o libro como obxecto de expresión e creación", impartido por Jim Lorena. Do 13 ao 17 de setembro.
- "Curso de litografía sen auga (Waterless lithography)", impartido por Esteban Moreno. Do 20 ao 24 de setembro.
Máis información neste enlace, no correo electrónico info at milpedras.com ou chamando ao teléfono 881-926698. As reservas deberán realizarse como mínimo cunha semana de antelación ao inicio do curso.


















