Fundación Luís Seoane: exposición “Toporgrafías”, sobre a obra de Roland Topor

martes, 19 xullo 2011, 11:02 | Category : Arte, exposicións, ilustración, pintura
Tags : , ,

Do Roland Topormércores 20 de xullo ao domingo 25 de setembro
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Domingos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre.

"Toporgrafías" é una exposición que amosa parte do inabarcable universo do xenial artista francés Roland Topor (París 1938-1997). Quizais calificalo como artista a secas sexa neste caso un tanto reducionista, xa que Topor era ilustrador, debuxante, deseñador de carteis, novelista, gravador, autor de cómics, compositor de cancións, dramaturgo, actor ocasional, realizador de debuxos animados, caricaturista, escenógrafo e deseñador de vestuario, entre outras moitas actividades desenvolvidas ao longo da súa existencia. A mostra conta co patrocinio da Obra Social de Caja España e da Obra Social de Caja Duero, e é a primeira exposición que se lle dedica a Roland Topor no noso país en décadas. A incrible multiplicidade de Roland Topor como creador vese representada en "Toporgrafías", grazas a un conxunto de pezas que percorren parte da súa obra gráfica a través dunha escolla de gravados, carteis, libros e revistas, figuríns e pezas audiovisuais que ofrecen unha visión coherente dun autor que sempre suscitou a admiración tanto do público en xeral como dos máis grandes artistas da súa época. Non en van, Federico Fellini, para o que fixo unha serie de debuxos para a linterna máxica da súa película "Casanova", cría que Topor era "(...) o último representante daqueles grandes ilustradores como Blake e Daumier, Doré e Carlo Chiostri, capaces de crear un universo completo descrito ata o máis mínimo detalle".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

X “Feira das Artes Plásticas”, nos Xardíns de Méndez Núñez

Do Feira das Artes Plásticasvenres 15 ao luns 25 de xullo
Xardíns de Méndez Núñez
De 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas
Entrada libre.

A Asociación de Artistas Plasticos Galegos (ARGA) organiza por décimo ano consicutivo a X "Feira das Artes Plásticas". Este ano participan 35 artistas: Gerardo Fraga, Teresa Añón, Paco Asón, Pedro Bueno, Ramón Astray, Abalde, Manuel Gandullo, Ángeles Jorreto, Laureano Vidal, Vázquez Prats, Teresa Faginas, Bego Tojo, Tino Poza, Pilar Fandiño, Jose Cabello, Vanessa Lodeiro, Beatriz Ansede, Óscar Cabana, Novais, Chelo Rodríguez, Emilio Celeiro, Raúl Álvarez, Susana de Artaza, Ánxela Pérez Meilán, Ramón Iribarnegaray, Rafael Nadales, Enque Vázquez Freire, Manuel Vilariño, Uxía Veiga e Enrique Tenreiro. Dentro da Feira, haberá tamén obradoiros de gravado para adultos e nenos, con inscrición gratuíta no stand de Milpedras.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: exposición “Formas de ver a Bóveda”

Do xoves 7 de xullo ao mércores 31 de agosto
Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
Entre 16:30 e 19:30 horas de luns a xoves.
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición multidisciplinar "Formas de ver a Bóveda" está composta por obra gráfica, pintura, escultura e manuscritos de artistas, escritores e escritoras de todo o país (estes últimos en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) que acudiron á chamada da Asociación Cultural para expresar como ven eles, 75 anos despois do seu asasinato, a figura de Alexandre Bóveda. Os artistas participantes son: Ánxeles Penas, Sonia Esturao, Magaly, Deli Sánchez, Jose Luis Busto, Berta Ares, Ana Martínez, Sara Garrote (Chuca), Sabela Baña, Alfredo Constela, Nito Davila, Óscar Carballo, Maria Braxe, Nando Pereiro, Maribel dos Anxos, Iglesias Diz e Nolo Suárez. A listaxe dos autores dos manuscritos está conformada por: Xavier Queipo, Francisco Castro, Olga Patiño, Ana Arias Saavedra, Alberto Suárez Figueiras, Xosé Vázquez Pintor, Xosé María Álvarez Cáccamo, Vicente Piñeiro González, Xosé Neira Vilas, Rafael Lema, Afonso Álvarez Cáccamo, Fina Casalderrey, Concha Blanco Blanco, Felipe Senén, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Salvador García-Bodaño, Xoán Xosé Fernández Abella, Lucía Novas e Adolfo Caamaño Vázquez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

VIII Encontros Milpedras: recital simultáneo de poesía, música e artes plásticas

Venres VIII Encontro Milpedras24
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo)
21:00
Entrada libre até completar capacidade.

A VIII edición dos "Encontros en Milpedras" contará coa participación poética de Celso Álvarez Cáccamo, Estíbaliz Espinosa e Branca Novoneyra, en paralelo á intervención musical de Karlos Barral e Alberto Laso, e a intervención dos artistas plásticos Carlos Botana e Nando Lestón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Xornadas do Cárcere”, do 8 ao 11 de xuño

A Plataforma Proxecto Cárcere convida Xornadas Cárcerea participar das Xornadas de Portas Abertas no Antigo Cárcere Provincial da Coruña que terán lugar do mércores 8 ao sábado 11 de xuño. A inauguración das xornadas está prevista para o mércores 8 de xuño ás 18:30 horas.
Durante as xornadas realizaranse actividades sociais, culturais e da memoria organizadas por diversas persoas e colectivos da nosa cidade co fin de mostrar o grande potencial que ten este edificio, noutroras símbolo da represión, como espazo de encontro e liberdade dende onde a cidadanía podamos participar activamente na construción da nosa comunidade.
As xornadas son un paso máis nun proceso que comezou a finais do 2010 cando un grupo de aproximadamente 40 persoas e colectivos decidiu constituir a Plataforma Proxecto Cárcere e traballar conxuntamente cara á recuperación do antigo cárcere como centro sociocultural e da memoria. Por iso, alén de visibilizar in situ esta iniciativa enchendo o cárcere de actividades e persoas, e de promover o apoio e participación da sociedade coruñesa, pensan as xornadas como unha oportunidade de debater e reflexionar sobre a construción do proxecto xa cara a presentación futura dunha proposta firme e consensuada desde a participación e xestión cidadá. Con este fin haberá debates abertos á participación de todas as persoas e colectivos interesados en temas como: modelos de xestión e financiamento, titularidade do espazo, participación cidadá, construción de comunidade, creación e producción artistica, tecido asociativo da cidade, etc.
Alén da programación de actividades tamén se poderá visitar no mesmo cárcere de forma aberta durante os 4 días de xornadas a exposición LIBERDAD.É. Esta exposición é o resultado dun chamamento aberto para producir obras que explorasen o concepto de Liberdade como símbolo de ruptura co espazo que o cárcere ten representado historicamente no noso imaxinario. Nesta exposición participan por volta de 20 artistas con esculturas, videoarte, fotografía, pintura, instalacións, etc. A inauguración de LIBERDAD.É terá lugar o mércores 8 de xuño ás 19:15 h. despois da leitura do manifesto da "Plataforma Proxecto Cárcere".

PROGRAMA

Mércores 8:
19:00.- Inauguración das Xornadas: Lectura do manifesto Plataforma Proxecto Cárcere, acompañados do saxofonista Marcos Casás.
19:15.- Inauguración da exposición "Liberdad.é".
20:00.- Debate aberto: "Producción e xestión cultural".
21:30.- Obradoiro a cargo de Fredi Muíños do colectivo Manicómicos.
22:00.- Concerto de Manu Clavijo.
Actividade continua:
- Demostración e degustación: "Cociña solar e consumo responsábel". Juan Bello e Cooperativa Zocamiñoca.
- Mural participativo: "Cultura-Sociedade-Memoria". Plataforma Proxecto Cárcere.

Xoves 9:
19:00.- Debate aberto: "O movemento cidadán 15-M".
21:30.- Concerto de Álvaro Muras.
22:30.- "Cabaret As3": Carmen Cotelo, Noemí Miranda, Alba Fernández.

Venres 10:
16:50.- Feira de troco de obxectos. Rede Troco Coruña e Cooperativa Zocamiñoca.
17:00.- Charla-obradoiro: "Embarazo, maternidade e porteo respetuoso". Ser Doulas.
18:00.- Coloquio sobre feminismo e a lei da familia. Cafés Feministas.
19:00.- Debate aberto: "O futuro do cárcere. E ti que vas facer aquí?".
20:30.- Presentación mundial do Grupo Surrealista Galego.
20:30.- Performance: "Xénero Escea. Área de descanso". Compañía Gayo Pinheiro.
21:30.- Música: "Fados de Lisboa". Gonçalo Guerreiro.
22:00.- Danza: "Bótoche unha man?". Compañía Catro no metro.
Actividades continuas:
- "Da horta á mesa! Consumo consciente e responsabel". Cooperativa de Consumo Responsábel Zocamiñoca.
- Actividade participativa: Mural feminista. Colectivo Nomepisesofreghao.

Sábado 11:
11:30.- Concentración da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña coa presenza de persoas que estiveron no cárcere por motivos políticos, lectura do manifesto "Nós tamén estamos indignados" e colocación de panel conmemorativo.
17:30.- Palestra: "Represión franquista e vivencias na cadea". Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.
18:30.- Proxección do documental "O segredo da Frouxeira", coa presenza de Xosé Abad.

ACTIVIDADES PERMANENTES

- Recepción: Punto de información con dípticos, camisetas, chapas.
- Ordenador con web cam para "fichar ao público e participantes" (foto de frente e perfil).
- Paneis temáticos participativos onde a xente poda participar activamente no proceso.
- Espazo de proxeccións: Lugar onde se proxecten en bucle vídeos.
- Bar: Estará aberto durante todas as xornadas. Serviremos cañas, auga, refrescos e algún pincho.
- Radio: Cuac FM.
- Cobertura fotográfica: Ollo de vidro / Lomo colectivo.

CCCP from MrEIDANPELIS on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa Museo Casares Quiroga: exposición “O corpo e o espazo”, da Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso

Do cartel_corpo_espazomartes 7 ao xoves 30 de xuño
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12)
De martes a sábado: de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:00 h.
Domingos e festivos: de 10:30 a 14:00. Luns, pechado.
Entrada libre até completar capacidade.

"O corpo e o espazo" recolle traballos de alumnos da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña, e permanecerá aberta todo o mes de xuño. A exposición terá dúas sedes, unha na Casa Museo Casares Quiroga e a outra na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (Rúa Pelamios, 2). O visitante poderá atopar intervencións de pintura mural, videoarte, cerámica artística, deseño gráfico, escultura, fotografía, maquetas, proxectos de interiorismo e obras de dourado e policromía. Todos os diversos estudos que se poden cursar na Escola Pablo Picasso están representados. O fío condutor da mostra integra as diversas lenguaxes e manifestacións artísticas. A figura humana ten sido un dos temas fundamentais da arte de todos os tempos, esta mostra vai máis aló porque coas súas instalacións intervén e dialoga cos propios espazos da exposición.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Centro Ágora: “Xogando coa arte”, de Experimentadanza

SábadoXogando coa arte 4
Centro Ágora (Rúa Ágora s/n. – ao lado do IES Agra do Orzán)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

"Xogando coa arte" é un espectáculo de danza contemporánea e novo circo para nenos (até 18 anos). Partindo do protagonismo das cores primarias na peza, amarela, azul e vermella, o espectador viaxará a través da arte contemporánea, dende o nacemento da fotografía, moi importante nas artes plásticas, créase a necesidade de crear unha nova arte, outra maneira de mostrar a realidade. A posta en escena baséase na obra de Kandinsky, na revolución industrial co nacemento da arte futurista e no mundo dos soños como tema para a arte surrealista. A máquina, a velocidade, o subconsciente e a arte abstracta. As formas pasan por cambios que as fan transformarse. De Experimentadanza, baixo a dirección de Carlota Pérez, e interpretación de Nuria Sotelo, Danay de la Vega e Pablo Reboleiro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca Municipal da Sagrada Familia: obradoiro “Hip-Hop/Poema Pop”

Xoves Obradoiro hip hop2
Biblioteca da Sagrada Familia (R/ Antonio Pereira, 1)
19:00
Entrada con inscrición previa, e gratuíta, na Biblioteca ou no teléfono 981-184392. Para calquera persoa a partir de 12 anos.

O obradoiro "Hip-Hop/Poema Pop" achegará toda a cultura do hip-hop a esta actividade, dirixida por Juan Carlos Vázquez Otero, profesor do Conservatorio de Grao Profesional de Melide, e que tamén contará coa participación de MC Jumen (MC do grupo LHV). As rimas de creación propia dos participantes e algúns textos literarios clásicos, serán a base para que, coa música urbana actual, se creen pezas de estilo "rap" ou "hip-hop" que darán lugar a un "concerto exprés" final con coreografía breakdance incluída. Todo o traballo irá acompañado da elaboración dun graffiti en vivo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Milpedras: curso ‘Obradoiro Collagraph ou técnicas aditivas’, con Alicia Díaz Rinaldi

Ainda logo_milpedrasquedan prazas para o obradoiro de Collagraph ou técnicas aditivas da grande mestra e artista arxentina Alicia Díaz Rinaldi, que se celebrará os vindeiros días 2, 3 e 4 de xuño. Máis información na páxina de Milpedras.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe, sábado 14, “Baixo as estrelas”, no Día Internacional dos Museos

O Baixo as estrelassábado 14 de maio celebraremos BAIXO AS ESTRELAS o Día Internacional dos Museos: un día de festa cun amplo conxunto de actividades: teatro, música, obradoiros, xogos, visitas guiadas... Entre as 18:00 e as 24:00 horas. Este é o programa previsto: BAIXO AS ESTRELAS 14 DE MAIO 2011:

* BRANCAS: ITINERARIO ESCÉNICO URBANO NO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS:
Un equipo multidisciplinar de profesionais da danza, do mimo, da performance, do teatro, do cabaré ou do teatro de rúa crearán un espazo imaxinario en branco no medio da cidade que irá percorrendo diferentes prazas e Casas Museo. Formarán o elenco Bea Bravo, Cristina Casas Pou, Fabiana Gastaldello, Greta Mari Rodríguez, Inés Barcia, Iván Villar, María Polo, María Manero, Uxía Vázquez ou Yolanda Paz, de compañías como Femme Fatale, Contra2, A Pie Alzado, entre outras, nunha proposta coordenada por Nélson Quinteiro:
- 18:00 h. Xardíns de Méndez Núñez (25 minutos).
- 19:00 h. Praza de Pontevedra (25 minutos).
- 20:00 h. Casa Museo Emilia Pardo Bazán (25 minutos).
- 21:00 h. Casa Museo María Pita (25 minutos).
- 22:00 h. Casa Museo Casares Quiroga (25 minutos).

* UN ENCONTRO ESPECIAL COAS PERSONAXES DAS CASAS-MUSEO:
Visitas dramatizadas ás catro Casas Museo realizadas por Crearte Servizos Culturais:
- CASA MUSEO PICASSO:
18:00 h. "María Picasso fai memoria". A nai de Picasso, Dona María, simpática andaluza, lévanos de viaxe ao tempo no que a familia vivía na cidade e cóntanos as aventuras do seu fillo. Familias e público xeral.
- CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN:
18:00 h. "Dona Emilia é moita Emilia". Dramatización lúdica sobre a escritora. A Sra. Condesa convídanos a particiar da súa paixón polos contos na súa ilustre casa.
"Esa chapa é moita chapa"... Obradoiro de chapas durante toda a xornada dos museos.
20:45- 21:00 h. Audiovisual "Autobiografía" de Ana Domínguez. A proxección será en bucle durante toda a xornada.
21:00-21:50 h. Obradoiro de Tammorriata, baile tradicional do sur de Italia (Rexión de Campania). Irene Gonzalez.
22:00-22:30 h. "Cidades de Vento e de Mar". Ruta temática sobre Xénova e A Coruña a través das imaxes, da literatura e da música. Irene Gonzalez y Rellero e Nadia Pilsinelli.
- CASA MUSEO MARÍA PITA:
18:00 h. "Coñece a María Pita e axúdaa a vencer ao alférez abandeirado!". María Pita, aguerrida coruñesa, amósanos a súa casa e convídanos a participar na emocionante persecución e loita contra os ingleses. (Familias e público xeral).
- CASA MUSEO CASARES QUIROGA:
19:30 h. "I Encontro de personaxes históricos da Coruña". María Picasso, María Pita e Dona Emilia viaxan no tempo para acudir ao convite de Casares Quiroga na súa casa. Cada un trae consigo a súa memoria da cidade e todos comparten co público divertidas vivencias. Todos os públicos.

* MÚSICA:
- 19:00 h. Concerto do grupo de Jazz da Escola Municipal de Música da Coruña. Xardíns de Méndez Núñez (Diante do Kiosco).
- 23:00 h. Concerto de Melanie Marañón e Amaia Garrido (Conservatorio Superior de Música): "Dúos do repertorio de violoncello dos séculos XVIII, XIX e XX)". No xardín da Casa Museo Casares Quiroga.

* TEATRO:
- 19:00 h. Número de clown "Total training chair", de Marta Iglesias Martín. Na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).
- 19:30 h. Extracto da obra "In-comunicando", da Compañía Mequetrefes: Patricia Coucheiro, Estevo Azañón e Lucía Abarrategui. Na Casa Emilia Pardo Bazán (20 minutos).
- 21:00 h. Fragmento de "A noite vai como un río", de Álvaro Cunqueiro, pola Aula de Teatro do Forum Metropolitano. Casa Museo Casares Quiroga.
- 22:45 h. Número de clown "Desclowntrol", de Mónica Suárez e Marta Iglesias. Na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).

* CINEMA (en colaboración co CGAI):
De 22:00 a 24:00 h. "La Coruña, la ciudad en la que nadie es forastero" (Ramón Sáiz de la Hoya, 1965). Diante do Kiosco Alfonso.

* DANZA:
- "Fragmentos", unha obra composta por diferentes pezas coreográficas. Centro Coreográfico Galego. Diante do Kiosco Alfonso ás 20:00 h. (30 minutos).
- "Trop...PeZ...eime". Performance Danza-Teatro. Lía Pichel Garrido. Ás 23:00 h. na Casa Emilia Pardo Bazán (10 minutos).
- "Eu=x + (o resto)". Danza Contemporánea. Compañía Ciacisma Danza: Isabel Sánchez e Fiona B. McCuden. Ás 23:30 h. na Casa Emilia Pardo Bazán. (10 minutos).

* SALAS DE EXPOSICIÓNS:
- Kiosko Alfonso: "Quintana Martelo, escultor e pintor". Un dos nosos autores máis profundos cunha linguaxe moi persoal e moderno. Visita guiada por Tonecho Otero ás 18:00 h.
- Sala de exposicións do Concello: "Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi postmoderna" (Homenaxe a Lois Pereiro). Visita guiada por Xurxo Taxes ás 19:00 h.
- Casa da Cultura Salvador de Madariaga: "Elos". As visións fotográficas de Paula Gómez del Valle, fusiónanse con textos de distintos autores. Ven ler con nós ás 22:00 h. Lectura poética "Poesía e Nocturnidade".
- Normal (Paseo de Ronda 47 – Antiga Escola de Maxisterio): exposición "Action/Reaction: O Universo Creativo de David Lynch".

* VISITAS GUIADAS A OUTROS ESPAZOS:
- Casa do Concello / María Pita: Visitas guiadas á Pinacoteca e ao Museo dos Reloxos. Ás 20:00 e as 22:00 h.
- Teatro Rosalía de Castro: Ven coñecer o teatro por dentro: visita guiada ás 23:00 h.
- Museo Arqueolóxico de San Antón. Visita guiada ás 22:00 h.
- Torre de Hércules: entrada de balde a partires das 18:00 h.
- Museos Científicos Coruñeses: o Aquarium abrirá o día 14 até as 24:00 h. A entrada é de balde desde ás 18:00 h. Exposición "World Press Photo 2011".

* OBRADOIROS NA RÚA:
- Obradoiro de caligrafía artística, pola Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso. Na Praza das Bárbaras de 18:00 a 19:00 h.
- Encaixas: Artefacto plástico. Obradoiro didáctico para nenos e nenas de 1 a 10 anos nun espazo artístico e dinámico. Diante do Kiosco Alfonso. Unha proposta de Aula de Ideas desenvolvida por Anxela Caramés, Eva Alfonso e Adriana Pazos.

* MUSEO DE BELAS ARTES (Rúa Zalaeta, s/n). Aberto até as 23:30 h.
- Visita guiada ao Museo "O Museo en torno á memoria". Ás 20:30 h.
- Concerto de jazz de Quinito Mourelle-Roberto Somoza Dúo. De 21:30 a 22:30 h.
- Visita guiada "O que contan os cadros". Ás 22:30 h.

* FUNDACIÓN BARRIÉ (Cantón Grande). Aberto até as 02:00 h.:
- "A Cultura está máis cerca do que cres" é o lema baixo o cal a Fundación Barrié se suma o sábado 14 de maio á celebración da Noite dos Museos 2011 coa apertura especial do seu vestíbulo, no que amosará en imaxes a historia das exposicións da Fundación desde 2005 até a actualidade, para facer memoria e recordar as exposicións máis destacadas nas sedes da Coruña e Vigo, sobre arquitectura, deseño, fotografía e patrimonio. Ademais, a Fundación instalará un gran painel no que o público poderá deixar as súas mensaxe de apoio á cultura e a cambio levarse unha chapa commemorativa da celebración.

* FUNDACIÓN LUÍS SEOANE (Rúa San Francisco, s/n):
- Exposicións "Cabanas para pensar" e "Arquitectura escrita".
- Obradoiro para rapaces e rapazas sobre a figura de Luís Seoane: "Un edificio, un mar, un artista" (para maiores de 4 anos) ás 19:00 h.

* MACUF Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (Avenida de Arteixo, 171):
- Presentación da actividade "Académicos sen barba". A partir das 22:00 h. Nenos e nenas de 7 a 10 anos de idade descobren a Colección de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa aos nosos visitantes, a través de comentarios gravados en dispositivos portátiles de vídeo.
- Visita guiada á exposición "Frecuencias", de Eugènia Balcells, de Eugenia Ballcels.

* Sede Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24). Aberta até as 22:00h.:
- "Descubrindo outras culturas a través da arte". Obradoiros para rapaces e rapazas. Das 11:00 ás 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.
- Exposición "Amelia Pérez, unha mirada retrospectiva".

* GALERÍAS DE ARTE. Anímate a visitar as súas exposicións:
- Galería 981 Style: "Pintura en directo" (Óscar Cabana). "Fotografía e retoque en directo" (Pablo Mella). "Proxección dun filme sobre arquitectura". (As actividades comezan a partir das 21:30 h.). Rúa Marqués de Pontejos 7.  981style at 981style.com
- Galería 9THE13: Inauguración ás 18:00 h. da exposición "Prometeo y la caja de Pandora", de Yolanda Relinque. Rúa Tabernas, 9-baixo.  9the13 at 9the13.com
- Galería A botica das artes: Horario ininterrompido de 11:00 a 24:00 h. "Exposición de pintura e escultura de Guada". Obradoiros para todo tipo de público a partir de 6 anos: "Actividade de pintado e esmaltado sobre pezas de cerámica" polo Obradoiro Androx de Tomiño (artistas: Patricia Cardoso e María Teresa Iglesias) de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h. "Obradoiro de pintura pola artista Guada": realización dunha obra en acrílico de 18:00 a 20:00 h. Obradoiro de arte realizado por Emilio Celeiro de 20:00 a 21:30 h. Actuación de Xurxo Mares ás 21:00. Avenida da Pasaxe, Estrada do Burgo 37 - Parking privado Farmacia Rilo.  info at boticaarte.com
- Galería Alen Klass (aberta até ás 23:00 h.): "Exposición da artista Serra Sanabra". "Obradoiro en directo de creación artística" a cargo de dous pintores. (Para todos os públicos. De 18:00 a 21:00). Realización do mural de creación libre "Pezas da Memoria" entre todos os visitantes da galería. De 18:00 a 23:00. Rúa Dolores Rodríguez Sopeña 9 – Zona Santa Margarida.  Alenklass at yahoo.es
- Galería Ana Vilaseco (aberta até ás 22:00 h): Exposición "Frame", de Nico Munuera. "Obradoiro para nenos e nenas" ás 18:00 h. Rúa Padre Feijoó, 5 1ª.  galeria at anavilaseco.com
- Galería ARGA: "Exposición Colectiva de ARGA" e "Mural colectivo" realizado coa participación dos visitantes. Horario especial de 10:00 a 13:30 h. e 17:30 a 24:00 horas. Rúa Real 34. Primeira Planta.
- Galería Arte-Imagen: Exposición "Músicos y vida cotidiana", de Juan Galdo. Rúa Ramón y Cajal, 5 baixo.  Arimagen at ozu.es
- Galería Atlántica Centro de Arte: Aberta até ás 22:00 h. Rúa Federico Tapia 15 – baixo.  Atlantica at atlantica-arte.com
- Galería de Arte COLECCIONan: Inauguración ás 21:00 h da mostra colectiva de 15 artistas que leva por título "De libros y de artistas". Travesía do Orzán, s/n.  coleccionan at gmail.com
- Galería de Arte Julia Ares: "Exposición permanente". "Tertulia con artistas da cidade". Rúa Curros Enríquez 5, baixo.  info at elreflejo.com;  juliares at live.com
- Galería de Arte Xerión: Exposición "Jordi Isern". Rúa Modesta Goicouría 7.  Galeriaxerion at hotmail.com
- Galería Monty4arte: Inauguración da exposición: "Obra seleccionada, Os nosos artistas" (Abelenda, Caruncho, Caneda, Benito Freire, Yolanda Dorda, Victoriano Fernández...). Obradoiros, Artistas na rúa (dirixidas a público de 7 a 13 anos. Precísase previa inscrición no 881-968519 begin_of_the_skype_highlighting 881-968519 end_of_the_skype_highlighting begin_of_the_skype_highlighting 881-968519 end_of_the_skype_highlighting). De 18:00 a 20:30. Santiago Caneda, Victoriano Fernández (pintura); Colectivo Mano Izquierda (intevencións en cabezas de manequín); Mariola Romero (escultura en barro); Jorge Vázquez Carmona (xogos de pintura e luz). Montroig 4.  Info at monty4.com. Actuación do grupo ÁNAGA.
- Galería Moret Art (aberto até as 20:00). Obradoiro didáctico "Unha viaxe a través da escultura: modela en Moret Art". De 12:00 a 13:30 h. (de 4 a 8 anos- inscrición previa en 981 927 376 –  moretart at moretart.com). Rúa Olmos 12-14, 1º B.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Gym, the other Gym”, acción artística efémera en 9the13

luns, 9 maio 2011, 7:42 | Category : Arte
Tags : ,

Do Gymmartes 10 ao xoves 12
Galería 9the13 (Rúa Tabernas, 9)
De 17:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

A acción efémera "Gym, the other Gym" é a recreación do proxecto artístico de Segismundo Barallobre Tourette segundo notas autobiográficas tras a súa breve estancia na prisión de Saint-Brieuc (Bretaña, Francia). Produción de "9the13 Lab" para o espazo de acción artística aleatoria KNOCKOUTsites!.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galería Sargadelos: “Ferramentas artísticas como metodoloxía de intervención política”, conferencia de Edita Rodríguez

Venres Escrita(s)6
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Continúa o "Ciclo Escrita(s) 2011", que, baixo o título de "Circunvolucións", consiste nunha serie de charlas na que se abordará a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores, tratando de atravesar a partir das diferentes liñas de universo dos/das conferenciantes/conferenciantas a proliferación das inscricións que fan con nós comunidade. As charlas desenvolveranse todos os venres ás 20:00 h., até o 10 de xuño. (Aquí deixamos o programa completo: Ciclo Escritas 2011 Sargadelos). Nesta quinta charla, Edita Rodríguez falará sobre "Ferramentas artísticas como metodoloxía de intervención política. Formas culturais híbridas entre a arte, o activismo político e a organización comunitaria". Propostas que problematizan non só co medio artístico máis institucional, senón que nun contexto de arte pública, aparecen directamente relacionadas con problemáticas sociais, enleadas na lóxica do statu quo. Non producen simplemente obxectos, imaxes e mensaxes, senón intervencións efectivas ou obxectos do mundo social, tentando reinstaurar un determinado sentido da comunidade. Pretenden ser unha vocación da arte para encontrar unha resposta ás formas do poder económico, institucional e ideolóxico... producindo experiencia e coñecementos críticos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición colectiva de gravado na A. C. Alexandre Bóveda

mércores, 4 maio 2011, 11:05 | Category : Arte, exposicións
Tags : ,

Do A. C. Alexandre Bóvedaxoves 5 ao martes 31 de maio
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
De luns a venres de 16:30 a 20:30 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición colectiva de gravado organizada pola A. C. Alexandre Bóveda en colaboración co Taller de litografía e galería Milpedras. A inauguración terá lugar o xoves 5 de maio ás 20:30 h. no Salón de Actos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia sobre arte gráfica, por Alberto Cartón, na A. C. Alexandre Bóveda

Martes A. C. Alexandre Bóveda3
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia sobre arte gráfica por Alberto Cartón, organizada pola A. C. Alexandre Bóveda en colaboración co Taller de litografía e galería Milpedras.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Convocatoria das “Bolsas de Creación Artística no Estranxeiro” de Gas Natural Fenosa

mércores, 27 abril 2011, 11:10 | Category : Arte, comunicados
Tags : , ,

Desde becas2011o ano 1991 e bienalmente, Gas Natural Fenosa convoca as "Bolsas de Creación Artística no Estranxeiro", destinadas a potenciar e difundir a creatividade dos artistas plásticos e visuais nados ou residentes en Galicia.
Poderán solicitalas todos aqueles que non cumpran os 35 anos o 31 de decembro do ano da convocatoria e a súa goce terá unha duración máxima de 18 meses, sendo necesario acreditar un mínimo de 5 meses de residencia no estranxeiro durante ese período de tempo.
Cada unha das bolsas estará dotada con 16.000 euros, destinados a sufragar, en todo ou en parte, as viaxes, gastos de estancia, matrícula en centros docentes, materiais, traslado de obra, etc. Unha vez concluído o prazo estipulado, o beneficiario deberá presentar un memorandum do traballo realizado, con especificación de conclusións e resultados, que deberá ser aprobado polo xurado.
O prazo para presentar a documentación é do 1 de maio ao 15 de xuño de 2011. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google