O ceo de febreiro
Febreiro vén lixeiro de efemérides astronómicas de interese en 2009. O planeta que mellor podemos ver ao longo da noite segue sendo Saturno. Venus domina o ceo do atardecer, aínda que cada vez estará máis perto angularmente do Sol e iso irá restándolle visibilidade. O día 27 ten lugar unha fermosa conxunción de Venus e a Lúa. O sempre escorregadizo Mercurio acada a súa máxima elongación oeste o 13 de febreiro, polo que será visíbel ao amencer a 26,1º do Sol. Febreiro é un bo mes para a observación de constelacións tan coñecidas como Gemini, Cancer ou Leo, entre outras. En Gemini sobresaen as súas dúas estrelas máis brillantes, Castor e Pollux. Cancer é unha constelación feble ben coñecida por un famoso cúmulo de estrelas, visíbel a simple vista como unha mancha non contaminados de luz. Trátase de M44 ou “o Pesebre”, un grupo de varias decenas de estrelas.

















