Fórum: “Xornadas Navideñas Movemento Xove”, proxeccións do xoves 29
Finalizan as "Xornadas Navideñas Movemento Xove", coa proxección dos seguintes filmes:
- 17:30 h. "My Santa".
- 18:30 h.: "Scott Pilgrim vs. the World".
Finalizan as "Xornadas Navideñas Movemento Xove", coa proxección dos seguintes filmes:
- 17:30 h. "My Santa".
- 18:30 h.: "Scott Pilgrim vs. the World".
Mércores
28
Fórum Metropolitano
Proseguen as "Xornadas Navideñas Movemento Xove", coa proxección dos seguintes filmes:
- 17:30 h.: "Dr. Horrible's Sing-Along Blog".
- 18:30 h.: "Doctor Who: especial de navidad 2011".
Comezan as "Xornadas Navideñas Movemento Xove", coa proxección dos seguintes filmes:
- 17:30 h. "K-On - Especial de Navidad".
- 18:00 h.: "Di Gi Charat: Especial de Navidad".
- 18:30 h.: "Pesadilla antes de Navidad".
Mércores
23
Biblioteca Municipal Sagrada Familia (Rúa Antonio Pereira, 1-3)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.
Vídeo-forum "Unha economía para o desenvolvemento", que, dentro do ciclo "Entre Palabras", e en colaboración coa organización "Acsur Las Segovias", pretende dar a coñecer as distintas prácticas de consumo que buscan promover un desenvolvemento máis xusto e equilibrado das sociedades. O vídeo-forum presentará dúas curtametraxes: "Minar" e "Sempre foron cinco". O primeiro aborda o impacto do proxecto de explotación mineira en Pico Vello (As Pontes), mentres que o segundo é unha homenaxe ás avoas e todas esas mulleres que sen moitos recursos sacaron adiante ás xeracións anteriores resaltando a austeridade como valor.
Sábado
5
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.
Dentro do Ciclo "Off Galicia", proxección de "5 traballos audiovisuais" (2011, 32 minutos). Dirección: Galicieiras (José Luis Ducid e Lochos). Produción: David Carballal. Presentación de cinco pezas audiovisuais realizadas en colaboración por Galicieiras (dirección, cámara, edición) e David Carballal (produción, cámara, edición). Os traballos son: "Inauguración de Ágora" (2 minutos), "Galás en el Ágora. Debut en Galicia de Diamanda Galás" (8 minutos), "Corporal (je t'aime). Obra de danza-teatro, homenaxe a Lois Pereiro" (10 minutos), "DUF. O Centro Ágora propón actividades recreativas no barrio" (5 minutos) e "Sofás Iravedra" (7 minutos). Presentación con presenza dos seus autores.
Xoves
3
Auditorio da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.
"Homenaxe á guerrilla antifranquista. Manuel Ponte Pedreira (1911-2011)", organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, cos seguintes actos:
- Estrea do documental "Miracielo, vida e morte de Manuel Ponte Pedreira", de Pablo Ces, presentado por Aurora Marco.
- Mesa-coloquio coa participación de Maruchi Ponte (filla de Manuel Ponte), Bernardo Máiz, Manuel Pazos e Rubén Afonso Lobato.
- Recital de poesía.
- Actuación musical de Mini e Mero (do grupo A Quenlla) e de Miro Casabella.
Chega
a IV Mostra de Ciencia e Cinema, que se desenvolverá entre o 24 e 28 de outubro co seguinte programa:
Luns 24 de outubro:
- Fundación Rodríguez Iglesias (Rúa Cordelería, 32). Proxección de filmes a concurso [SO] e da retrospectiva portuguesa [RP]. Vídeo. De 18:00 a 22:00 h.
COMO AS SERRAS CRESCEM. Maria João Soares, 2010 [SO] 28 min. Sen diálogos.
A SIMPLE RHYTHM. Tess Girard, 2010 [SO] 52 min. Subtítulos en español.
NO GRAVITY. Silvia Casalino, 2010 [SO] 60 min. Subtítulos en galego.
THE CITY DARK. Ian Cheney, 2011 [SO] 84 min. Subtítulos en español.
Entrada de balde a todas as actividades.
Martes 25 de outubro:
- Fundación Rodríguez Iglesias. Proxección de filmes a concurso [SO] e da retrospectiva portuguesa [RP]. Vídeo. De 19:00 a 22:00 h.
ANNE VLIEGT. Catherine van Campen, 2010 [SO] 21 min. Subtítulos en galego.
PARE, ESCUTE, OLHE. Jorge Pelícano, 2009 [RP] 100 min. Subtítulos en español.
WOLFRAMIO, UN TIPO CON QUÍMICA. Laureano Jiménez & Gonzo Bello, 2011 [SO] 34 min. Coa presenza de Laureano Jiménez.
- CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo):
18:00 h. Foco Deborah Stratman: FROM HETTY TO NANCY, IT WILL DIE OUT IN THE MIND, ON THE VARIOUS NATURE OF THINGS e RAY’S BIRDS [SO] 80 minutos. 16mm / Vídeo. Subtítulos en galego.
20:45 h. NÉNETTE. Nicolas Philibert, 2010 [SO] 70 min, 35mm. Subtítulos en galego + LA LINEA GENERALE. Oleg Tcherny, 2010 [SO] 16 min, Vídeo. Subtítulos en galego.
Entrada de balde a todas as actividades.
Mércores 26 de outubro:
- Fundación Rodríguez Iglesias. Proxección de filmes a concurso [SO] e da retrospectiva portuguesa [RP]. Vídeo.
De 19:00 a 22:00 h.
MILHO. José Barahona, 2007 [RP] 54 min. Subtítulos en español
ELECTRIC MIND. Nadav Harel, 2010 [SO] 60 min. Subtítulos en galego.
ANGST. Graça Castanheira, 2010 [SO] 53 min. Subtítulos en español.
REMEMORAÇÕES. José Coimbra & Tiago Guimarães, 2007 [RP] 50 min. Subtítulos en español.
- CGAI:
18:00 h. Conferencia de Juan Herbera: Está en crise o mercado cinematográfico español?
20:45 h. Foco Ben Rivers: ORIGIN OF THE SPECIES e SLOW ACTION. 61 minutos. 16mm / Vídeo HD. Subtítulos en galego + THE YELLOW BANK. J. P. Sniadecki, 2010 [SO] 27 minutos. Vídeo.
Entrada de balde a todas as actividades.
Xoves 27 de outubro:
- Fundación Rodríguez Iglesias. Proxección de filmes a concurso [SO] e da retrospectiva portuguesa [RP]. Vídeo. De 19:00 a 22:00 h.
MEMOIRS OF A PLAGUE. Robert Nugent, 2010 [SO] 77 min. Subtítulos en galego.
AS HORAS DO DOURO. António Barreto & Joana Pontes, 2010 [RP] 100 min. Subtítulos en español.
- CGAI:
18:00 h. ENCONTROS. Pierre-Marie Goulet, 2006 [RP]. 105 minutos. Vídeo. Subtítulos en castelán.
20:45 h. NOSTALGIA DE LA LUZ. Patricio Guzmán, 2010 [SO] 90 minutos. Vídeo.
Entrada de balde a todas as actividades
Venres 28 de outubro:
- Fundación Rodríguez Iglesias. Proxección de filmes a concurso [SO] e da retrospectiva portuguesa [RP]. Vídeo. De 18:00 a 22:00 h.
LA TERCERA MIRADA. Colectivo Olhares Nomadas, 2011 [SO] 23 min. Subtítulos en español.
PENÍNSULA XY. Juan Lesta e Belén Montero, 2011 [SO] 26 min. Sen diálogos. Coa presenza do coautor, Juan Lesta.
DE ZIEL VAN WITGOED. Susanne Engels, 2010 [SO] 50 min. Subtítulos en galego.
A FLOR, A FORMIGA E A BORBOLETA AMEAÇADA. Bruno Cabral, Ivânia West & Patrícia Garcia-Pereira, 2008 [RP] 25 min. Subtítulos en español.
PORTUGAL, UM RETRATO AMBIENTAL. Francisco Manso, 2004 [RP] 52 min. Subtítulos en español.
- CGAI:
18:00 h. NOSTALGIA DE LA LUZ. Patricio Guzmán, 2010 [SO] 90 minutos. Video.
20:45 h. Programa Max & Dave Fleischer: EINSTEIN’S THEORY OF RELATIVITY e DARWIN’S THEORY OF EVOLUTION. Filmes mudos con narración en vivo a cargo de Belén Regueira e Susana Rois. 80 minutos. 16mm.
Entrada de balde a todas as actividades.
Xoves
20
Sala de prensa da Fundación Novacaixagalicia (Cantón Grande, 21-24)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación do libro "Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación", publicado na editorial Bubela, baixo a coordinación de Manuel Celso Matalobos e Olga Patiño. Ademais dos coordinadores, intervirá Mariña Pérez Rei e proxectarase unha videocreación poética de catro minutos de duración, obra de de Cristina Ferreiro Real. O acompañamento musical corre a cargo de Brais Morán (guitarra).
Sábado
15
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: 5 euros).
Na conmemoración do 50 aniversario da primeira edición das "Memorias dun neno labrego", de Xosé Neira Vilas, Cándido Pazó ofrece este emotivo espectáculo no que combina a súa experiencia como autor, actor e director coa súa coñecida traxectoria como contador de historias, apoiado por un coidado traballo de videocreación.
Venres
14
Fórum Metropolitano
20:00
Entradas: 5 euros.
"En Elpaísdelosméritos" é un espectáculo de 50 minutos onde palabra, música e imaxe conviven en harmonía, retroalimentándose, obra de Pedro Ramos.
Do
xoves 6 de outubro ao domingo 15 de xaneiro de 2012
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Domingos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre.
A exposición "Teorema (interrumpido)" de Bernardí Roig, recompila o que podemos denominar as súas "pezas fílmicas", isto é, aquelas nas que o elemento central ten que ver coa cita cinematográfica nunha estratexia moi pecular de apropiacionismo que da lugar a imaxes dialécticas. O comisario da exposición, Fernando Castro Flórez, ofrece unha escolla de obras nas que o artista mallorquín reinterpreta, entre outros exemplos, "Blow Up" de Antonioni, "Blue Velvet" de David Lynch, "Teorema" de Pasolini, "Gritos e susurros" de Bergman, "O enigma de Gaspar Hauser" de Herzog, "Camaleón" de John Lesley, "O ano pasado en Marienbad" de Alain Resnais, "Nostalxia" de Tarkovski ou "O italiano", baseado nun texto de Thomas Bernhard. O "apropiacionismo" de Bernardí Roig non ten nada que ver coa anestesia do gusto que está na base dos ready-mades. Polo contrario, as súas eleccións teñen que ver cunha cartografía estética persoal na que non se detén no acto ritual da simple homenaxe senón que tira partido do que Comolli cualificara como "a fatalidade ficcional do cine". Con motivo desta mostra editarase un libro con textos de Fernando Castro Flórez, Miguel Ángel Hernández Navarro, Enrique Vila-Matas, Alberto Ruiz de Samaniego e Omar Calabrese.
Do
mércores 14 ao venres 16
Normal (Paseo de Ronda, 47. Antiga Escola de Maxisterio)
De 11:00 a 22:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.
Dentro das Xornadas "Suxeitos emerxentes: sexualidades e feminismos contemporáneos", terán lugar as seguintes actividades na Normal:
* Exposicións:
- 1. Miradas. Exposición dos traballos fotográficos desenvoltos por un grupo de mulleres inmigrantes, residentes en Cataluña, durante o Taller de Fotografía Documental realizado por Acsur-Las Segovias e conducido por Adriana Leira. Cada traballo vai acompañado dun texto escrito pola súa autora, dado que durante as aulas profundizaron sobre un tema elexido por cada alumna, persoal e único, que foi elaborado de manera coerente, fiel a súa idea orixinal. As autoras son: Neide Catoira, María José Torres Costa, Cristina Velásquez, AnouchK, Verónica Silva, María Isabel Ayala, Gabriela González, Sandra Pabón e Gladys Manrique.
- 2. Contenedor de feminismos. Un proxecto aberto, en proceso, posto en marcha por Carme Nogueira, Uqui Permui e Anxela Caramés. Ten a finalidade de recuperar e documentar nun arquivo as pequenas e as grandes historias dos feminismos galegos nestes últimos trinta anos. Este é un dispositivo móbil á disposición do contexto e do relato a documentar de forma audiovisual, gráfica e escrita, que se converte nun espazo documental para algúns dos colectivos feministas galegos que usan a a linguaxe artística como ferramenta política. Mostraranse os seus carteis, fanzines, folletos, vídeos... Participan: Maribolheras Precárias, Nomepisesofreghao, Mulheres Transgredindo e Lerchas.
* B) Ciclo de vídeos sobre arte e feminismos na Galiza. Sala Cubo. Comisariado: Ánxela Caramés.
- 1. Artistas galegas que traballan desde os feminismos ( 96’17”):
- María Ruido: "La voz humana" (7’40”).
- Carme Nogueira: "25’05” diarios", 2003 (4’55”).
- Sonia Tourón: "A vueltas con la peana", 2007 (7’).
- Claudia Brenlla: "Bata por fóra (muller por dentro)", 2008 (17’50”).
- Clara Gayo: "Se queres que cho diga, espera", 2009 (12’27”) + "Privado", 2010 (1’38”).
- María Marticorena: "Asuntos laterales", 2005 (15’) + "Silbando mis tormentos", 2009 ( 12’).
- Post-Op: "Implantes", (4’58”).
- Mónica Cabo: "Rompiendo los huevos por las claras", 2006 (6’25”).
- Peque Varela: "1977", 2007 (8’24”).
2. Mulleres migrantes: vídeos de Elizabeth Ross (30’79”):
- "Nómada, las mujeres se mueven", 2008-09:
- "Todas y las mariposas", (4’51”).
- "Nómada, las mujeres se mueven" (7’4”).
- "Y, ¿dónde están las mujeres?", 2010:
- "Ritos de Pasaje: del sueño a la vida real" (5’11”).
- "Me lo dijo Adela" (5’37”).
- "Lourdes, clara y directa" (8’36”).
* C) Teatro: Sala Cubo. Xoves 15 de setembro ás 19:30 h. Compañía teatral Gayo-Pinheiro: "Área de descanso". Montaxe teatral realizada polas artistas e actrices Iria Pinheiro e Clara Gayo. Unha obra mordaz, en clave de humor, que transmite o verdadeiro sentido de amizade de dúas mulleres que, ao estilo "Thelma e Louise", fuxen da rutina das súas vidas.