Teatro Rosalía: “Homenaxe a Manuel María”, coa participación de Xabier Díaz e Guillerme Fernández

Mércores 7
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

"Homenaxe a Manuel María", no sétimo cabodano do seu falecemento, coa estrea do audiovisual "De amor e cantería", de Pixel Films, dirixido por Anxa G. Refoxo e realizado por Mikel Fontes, traballo de 10 minutos de duración que recrea os poemas de "Sonetos á casa de Hortas" nos que o autor chairego expresa a significación que para el tivo a súa casa natal en Outeiro de Rei. Posteriormente terá lugar a actuación musical de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, no que estrearán cinco pezas sobre poemas de Manuel María e outras gravadas en traballos anteriores.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Milpedras: “Festival Itinerante de Curtametraxes”

Martes Festival Itinerante de Curtametraxes6
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3)
21:45
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección das 15 curtametraxes finalistas do Festival Itinerante 5C (5 Céntimos), organizado pola Asociación Ad'Art. É o resultado dunha convocatoria internacional na que 5C propón aos participantes usaren os novos dispositivos de gravación (móbiles, cámaras web, mini-cámaras dixitais, etc.) e as novas ferramentas de edición audiovisual para facer pezas dun máximo de dez minutos. O certame é un punto de encontro de creacións de diferentes partes do mundo e que proceden tanto de pequenas productoras como de grupos de amigos, familias ou escolas de audiovisual.  Este acto conta coa colaboración do Taller de Litografía Milpedras e o Proxecto Cárcere.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: proxección do documental “Morir en Madrid”

luns, 5 setembro 2011, 9:00 | Category : audiovisual
Tags : , ,

Luns Portas Ártabras5
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22, baixo)
19:45
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección, no ciclo "Patrimonial cultural en tempo de guerras", do documental francés "Morir en Madrid" (1963).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico 2011: actividades do martes 9 de agosto

Entre Viñetas 2011o luns 8 e o domingo 14, Viñetas desde o Atlántico converte a rúa "Paseo de coches", nos Xardíns de Méndez Núñez, na "Rúa da Banda Deseñada". Nela sitúanse as casetas da feira de libreiros e editores e a Carpa do Cómic. Os horarios son: de 12:00 a 14:00 h.; e de 18:00 a 22:00 h. O acceso é libre para todo o público interesado.

O martes 9 de agosto terán lugar as seguintes actividades:

- 12:00 h. José Antonio Padrón, Ana Amado, Felipe Trillo e Alberte Pérez presentan "Barreira 13".
- 13:00 h. Presentación do DVD da curtametraxe "Radiografía dun autor de tebeos".
- 18:00 h. Iniciación aos xogos de rol.
- 18:30 h. Partidas de demostración de xogos de mesa e cartas.
- 20:00 h. Partidas de demostración de xogos de estratexia e pintura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Libraría Endo: Xornadas “Anime Endo”

Sábado 2011-07-30 Xornadas Anime Endo30
Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41, baixo)
Das 11:00 ás 20:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.

As Xornadas "Anime Endo" están organizadas pola Libraría Endo e RKB Fansub, que se encargarán de traernos anime de estreo e anime da tempada pasada e películas subtituladas ao galego e ao castelán. Durante toda a xornada poderanse ver algúns dos animes de estreo de máis éxito entre os afeccionados, como son "Dog Days" e "Ao no exorcist", visionar series de animación de culto, como o capítulo semanal de "Naruto" ou "Durarara", o novo anime do creador de Baccano, para os otakus e fans da animación nipona. Haberá tempo para descubrir e comezar a ver "Deadman Wonderlans", e "Yojou-han Shinwa Taikei", e proxectaranse dúas películas: "Fate/stay night" e "Welcome to the space show". Adicionalmente, terán lugar concursos e charlas sobre anime.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

FNAC: presentación do novo proxecto de Tonhito de Poi

xoves, 14 xullo 2011, 9:37 | Category : audiovisual, música, presentacións
Tags : , ,

Venres portada_tonhito115
FNAC (Praza de Lugo, s/n.)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación de "Maruja da Cansela", o novo proxecto musical de Tonhito de Poi.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: proxección de “Radiografía dun autor de tebeos”, de Marcos Nine, e charla posterior

mércores, 13 xullo 2011, 9:08 | Category : audiovisual, coloquios, comic
Tags : , , ,

Xoves 14
Normal (Paseo de Ronda 47 – Antiga Escola de Maxisterio)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección do documental "Radiografía dun autor de tebeos", de Marcos Nine. Posterior charla coloquio co autor e con David Rubín.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Libraría Endo: Festival Tanabata 2011

martes, 5 xullo 2011, 10:59 | Category : audiovisual, coloquios, festas, obradoiros
Tags : ,

Sábado 2011-08-06 Festival Tanabata Endo6
Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41, baixo)
Das 11:00 ás 20:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.

O Festival Tanabata 2011 é unha actividade lúdica, cultural e gratuíta se pode aprender e disfrutar dunha das festas populares estivais máis importantes de Xapón. O programa conta con charlas, proxeccións e obradoiros, celebrando a tradición ao colgar os desexos dos asistentes nunha árbore para logo queimalos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa das Ciencias: presentación do programa infantil de Planetario “La niña que sabía caminar al revés”

Venres mc21
Casa das Ciencias
11:30

Presentaración do programa infantil de planetario "La niña que sabía caminar al revés". É un conto boca abaixo, unha historia dada a volta que quere invitarnos a contemplar o que nos rodea desde un novo punto de vista. Aquí todo é diferente, e alí onde antes viamos soamente chan, agora quizá podamos ver o ceo. A estrea deste novo programa abre a campaña de verán na Casa das Ciencias, ampliando a oferta para os máis pequenos. É unha produción do Planetario de Pamplona adaptada ao planetario dixital da Casa das Ciencias, pensada para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: actuación do proxecto de fusión artística “Fuso Negro”

Martes Fuso Negro28
Fórum Metropolitano
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Actuación do proxecto de fusión artística "Fuso Negro", tipo "spoken word", no que Xoán Abeleira (voz e percusión), Karlos Barral (percusión), Bruno Couceiro (batería), Julio Cuns (guitarra), Kale Thunström (baixo) e Tono Galán (obras, escenografía, fotos, vídeos...), fusionan, basicamente, a música, o teatro e a poesía de vangarda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: exposición “Acción #1″, de Polaqia, Nin9 e Sr. X

luns, 20 xuño 2011, 9:37 | Category : audiovisual, comic, exposicións
Tags : , , , ,

DoPolaqia luns 20 de xuño ao venres 29 de xullo
Normal (Paseo de Ronda, 47)
De luns a venres: de 11:00 a 22:00
Entrada libre até completar capacidade.

"Acción #1" é unha exposición de Polaqia, o colectivo galego de comic, referente e multipremiado, que se despide xunto a dous nomes capitais de arte urbana actual e futura de aquí e de aí: Nin9 e Sr.X, cunha exposición que amosará un total 36 debuxos e páxinas de banda deseñada, así como un mural, vinilos e unha peza audiovisual.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Xornadas do Cárcere”: actividades do sábado 11 de xuño

Finalizan Xornadas Cárcereas "Xornadas do Cárcere" na Antiga Prisión Provincial, promovidas polo Proxecto Cárcere, coas seguintes actividades para o sábado 11:

- 11:30 h. Concentración da Comisión da Recuperación da Memoria Histórica coa presenza de persoas que por motivos políticos pasaron por esta prisión. Lectura do manifesto "Nós tamén estamos indignados" e colocación dunha placa conmemorativa lembrando a prisión como lugar de represión franquista, e como homenaxe a todas as persoas que loitaron pola liberdade e democracia.
- 17:30 h. Palestra "Represión Franquista e as vivencias na cadea". Charla a cargo da Comisión da Recuperación da Memoria Histórica coa participación de ex-presos políticos que estiveron no cárcere da Coruña.
- 18:30 h. Proxección de "O segredo da Frouxeira", coa presenza do seu director Xosé Abad, que tamén estivo no cárcere da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Xornadas do Cárcere”: actividades do venres 10 de xuño

Continúan Xornadas Cárcereas "Xornadas do Cárcere" na Antiga Prisión Provincial, promovidas polo Proxecto Cárcere, cun amplo programa de actividades que chegará até o sábado 11 de xuño.

As actividades do venres 10 son as seguintes:
- 16:50 h. Feira de troco de obxectos. Rede Troco Coruña e Cooperativa Zocamiñoca.
- 17:00 h. Charla-obradoiro: "Embarazo, maternidade e porteo respetuoso". Ser Doulas.
- 18:00 h. Coloquio sobre feminismo e a lei da familia. Cafés Feministas.
- 19:00 h. Debate aberto: "O futuro do cárcere. E ti que vas facer aquí?".
- 20:30 h. Presentación mundial do Grupo Surrealista Galego.
- 20:30 h. Performance: "Xénero Escea. Área de descanso". Compañía Gayo Pinheiro.
- 21:30 h. Música: "Fados de Lisboa". Gonçalo Guerreiro.
- 22:00 h. Danza: "Bótoche unha man?". Compañía Catro no metro.
Actividades continuas:
- "Da horta á mesa! Consumo consciente e responsábel". Elaboración de petiscos de produción local e ecolóxica seguindo princípios de consumo consciente e responsábel. Cooperativa de Consumo Responsábel Zocamiñoca.
- Actividade participativa: Mural feminista. Colectivo Nomepisesofreghao.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Xornadas do Cárcere”, do 8 ao 11 de xuño

A Plataforma Proxecto Cárcere convida Xornadas Cárcerea participar das Xornadas de Portas Abertas no Antigo Cárcere Provincial da Coruña que terán lugar do mércores 8 ao sábado 11 de xuño. A inauguración das xornadas está prevista para o mércores 8 de xuño ás 18:30 horas.
Durante as xornadas realizaranse actividades sociais, culturais e da memoria organizadas por diversas persoas e colectivos da nosa cidade co fin de mostrar o grande potencial que ten este edificio, noutroras símbolo da represión, como espazo de encontro e liberdade dende onde a cidadanía podamos participar activamente na construción da nosa comunidade.
As xornadas son un paso máis nun proceso que comezou a finais do 2010 cando un grupo de aproximadamente 40 persoas e colectivos decidiu constituir a Plataforma Proxecto Cárcere e traballar conxuntamente cara á recuperación do antigo cárcere como centro sociocultural e da memoria. Por iso, alén de visibilizar in situ esta iniciativa enchendo o cárcere de actividades e persoas, e de promover o apoio e participación da sociedade coruñesa, pensan as xornadas como unha oportunidade de debater e reflexionar sobre a construción do proxecto xa cara a presentación futura dunha proposta firme e consensuada desde a participación e xestión cidadá. Con este fin haberá debates abertos á participación de todas as persoas e colectivos interesados en temas como: modelos de xestión e financiamento, titularidade do espazo, participación cidadá, construción de comunidade, creación e producción artistica, tecido asociativo da cidade, etc.
Alén da programación de actividades tamén se poderá visitar no mesmo cárcere de forma aberta durante os 4 días de xornadas a exposición LIBERDAD.É. Esta exposición é o resultado dun chamamento aberto para producir obras que explorasen o concepto de Liberdade como símbolo de ruptura co espazo que o cárcere ten representado historicamente no noso imaxinario. Nesta exposición participan por volta de 20 artistas con esculturas, videoarte, fotografía, pintura, instalacións, etc. A inauguración de LIBERDAD.É terá lugar o mércores 8 de xuño ás 19:15 h. despois da leitura do manifesto da "Plataforma Proxecto Cárcere".

PROGRAMA

Mércores 8:
19:00.- Inauguración das Xornadas: Lectura do manifesto Plataforma Proxecto Cárcere, acompañados do saxofonista Marcos Casás.
19:15.- Inauguración da exposición "Liberdad.é".
20:00.- Debate aberto: "Producción e xestión cultural".
21:30.- Obradoiro a cargo de Fredi Muíños do colectivo Manicómicos.
22:00.- Concerto de Manu Clavijo.
Actividade continua:
- Demostración e degustación: "Cociña solar e consumo responsábel". Juan Bello e Cooperativa Zocamiñoca.
- Mural participativo: "Cultura-Sociedade-Memoria". Plataforma Proxecto Cárcere.

Xoves 9:
19:00.- Debate aberto: "O movemento cidadán 15-M".
21:30.- Concerto de Álvaro Muras.
22:30.- "Cabaret As3": Carmen Cotelo, Noemí Miranda, Alba Fernández.

Venres 10:
16:50.- Feira de troco de obxectos. Rede Troco Coruña e Cooperativa Zocamiñoca.
17:00.- Charla-obradoiro: "Embarazo, maternidade e porteo respetuoso". Ser Doulas.
18:00.- Coloquio sobre feminismo e a lei da familia. Cafés Feministas.
19:00.- Debate aberto: "O futuro do cárcere. E ti que vas facer aquí?".
20:30.- Presentación mundial do Grupo Surrealista Galego.
20:30.- Performance: "Xénero Escea. Área de descanso". Compañía Gayo Pinheiro.
21:30.- Música: "Fados de Lisboa". Gonçalo Guerreiro.
22:00.- Danza: "Bótoche unha man?". Compañía Catro no metro.
Actividades continuas:
- "Da horta á mesa! Consumo consciente e responsabel". Cooperativa de Consumo Responsábel Zocamiñoca.
- Actividade participativa: Mural feminista. Colectivo Nomepisesofreghao.

Sábado 11:
11:30.- Concentración da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña coa presenza de persoas que estiveron no cárcere por motivos políticos, lectura do manifesto "Nós tamén estamos indignados" e colocación de panel conmemorativo.
17:30.- Palestra: "Represión franquista e vivencias na cadea". Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.
18:30.- Proxección do documental "O segredo da Frouxeira", coa presenza de Xosé Abad.

ACTIVIDADES PERMANENTES

- Recepción: Punto de información con dípticos, camisetas, chapas.
- Ordenador con web cam para "fichar ao público e participantes" (foto de frente e perfil).
- Paneis temáticos participativos onde a xente poda participar activamente no proceso.
- Espazo de proxeccións: Lugar onde se proxecten en bucle vídeos.
- Bar: Estará aberto durante todas as xornadas. Serviremos cañas, auga, refrescos e algún pincho.
- Radio: Cuac FM.
- Cobertura fotográfica: Ollo de vidro / Lomo colectivo.

CCCP from MrEIDANPELIS on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa Museo Casares Quiroga: exposición “O corpo e o espazo”, da Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso

Do cartel_corpo_espazomartes 7 ao xoves 30 de xuño
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12)
De martes a sábado: de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:00 h.
Domingos e festivos: de 10:30 a 14:00. Luns, pechado.
Entrada libre até completar capacidade.

"O corpo e o espazo" recolle traballos de alumnos da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña, e permanecerá aberta todo o mes de xuño. A exposición terá dúas sedes, unha na Casa Museo Casares Quiroga e a outra na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (Rúa Pelamios, 2). O visitante poderá atopar intervencións de pintura mural, videoarte, cerámica artística, deseño gráfico, escultura, fotografía, maquetas, proxectos de interiorismo e obras de dourado e policromía. Todos os diversos estudos que se poden cursar na Escola Pablo Picasso están representados. O fío condutor da mostra integra as diversas lenguaxes e manifestacións artísticas. A figura humana ten sido un dos temas fundamentais da arte de todos os tempos, esta mostra vai máis aló porque coas súas instalacións intervén e dialoga cos propios espazos da exposición.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google