Centenario Curros Enríquez

A Concellaría de Cultura segue a desenvolver o programa de actividades con motivo do centenario da morte do poeta Manuel Curros Enríquez.
Queremos incidir no ámbito do ensino para divulgar a figura de Curros porque o coñecemento dos nosos escritores e escritoras entre a poboación escolar non só é necesario, senón que é inaprazable por formar parte da realidade máis próxima e da que o sistema educativo é portavoz fundamental.
Convidámosvos a participar nas actividades máis inmediatas e facer extensiva a información a toda a comunidade escolar.
- EXPOSICIÓN “NA FRENTE UNHA ESTRELA”. Na Sala de exposicións do Pazo Municipal (Casa do Concello, María Pita). Até o 23 de novembro. Horario: de luns a domingo, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
- Domingo 19, ás 12:00. ROTEIRO “AO PÉ DE CURROS”: Visita guiada ao cemiterio de San Amaro con Xulio Cuba, profesor de ensino secundario.
- Martes, 21, ás 19:30. “CURROS EN CUBA”: Conferencia impartida por Elisardo Varela, profesor e inspector de ensino secundario. Na Biblioteca de Estudos Locais, en Durán Loriga
- Luns, 27, ás 19:30. “VIXENCIA E MODERNIDADE NA OBRA DE CURROS”. Conferencia impartida por María Pilar García Negro, profesora da Universidade da Coruña e Xosé Luís Axeitos, profesor de ensino secundario e membro da Real Academia Galega. Na Biblioteca de Estudos Locais, en Durán Loriga
Axenda
Axenda
Previsão para A Coruña (20° | 15°)
Cultura para o 10 de outubro
Previsão para A Coruña (21° | 15°)Podes consultar a programación completa aquí ou na lapela "Axenda cultural" na cabeceira do blogue.
Biblioteca do Castrillón
Este venres, ás 17:00 inaugúrase a Biblioteca Municipal do Castrillón. Ao día seguinte, sábado, 11 de outubro, a partir das 18:00 terán lugar nas instalacións da mesma unha serie de actividades encamiñadas aos veciños e veciñas do barrio. Haberá lecturas, música, humor... Se queres asistir, podes conseguir a túa invitación na propia Biblioteca, na Praza Pablo Iglesias.
A próxima semana, dous acontecementos especiais: o luns 13, ás 19:00, na sala de exposicións do Concello inaugúrase a exposición sobre Curros Enríquez da Real Academia que leva por título “Na frente unha estrela” que estará con nós até o 23 de novembro. E o xoves 16 de outubro, ás 21:00, no Teatro Rosalía Castro, concerto de RAIMON E MIRO CASABELLA.























