Hoxe no Fórum teatro e cinema

xoves, 2 outubro 2008, 11:15 | Category : axenda, cinema, teatro
Tags :

TEATRO

PETIT COMITÉ:

“AQUÍ NON CHAMA NIN DIOS”, de Sandra Lesta Alonso

Función: 20:30

Entradas: 4 €

(Carné Xove, > 65 e desempregados, 2 €)

CINEMA

Sala Marilyn Monroe: OUTROS HORIZONTES

“BUDA AZ SHARM FORU RIKHT (Buda estoupou por vergoña), de Hana Makhmalbaf. Con Abbas Alijome.

Irán, 2007 - 1 h 20 min - V.O.S. en castelán – TODOS OS PÚBLICOS

20.15 h.

Entradas: 3 €

(Carné Xove, > 65 e desempregados, 2 €)

Sala Fernando Rey: TERROR E CIENCIA FICCIÓN

 “BRIDE OF FRANKENSTEIN (A moza de Frankenstein)”, de James Whale. Con Boris Karloff, Colin Clive.

Estados Unidos, 1935 – 1 h 26 min – V.O.S. en castelán – TODOS OS PÚBLICOS

20.30 h.

Entradas: 3 €
(Carné Xove, > 65 e desempregados, 2 €)
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outonarte: Como soa A Coruña?

venres, 19 setembro 2008, 10:51 | Category : axenda, música, obradoiros
Tags :

Esta fin de semana continúan as visitas guiadas, mentres a oferta musical do sábado 20 será a cargo do cuarteto de clarinetistas Xerión (ás 21 horas, diante de Palexco)

 OUTONARTE CONVIDA A COÑECER COMO “SOA” A CORUÑA CUN OBRADOIRO GRATUÍTO, DE ENTRADA LIBRE E APTO PARA TODAS AS IDADES

  • A que soa A Coruña?”, o obradoiro sonoro a cargo do colectivo galego Escoitar.org, comeza mañá, ás 11 horas, en Palexco e continúa o domingo polas beira do mar

A Coruña, venres 19 de setembro de 2008.- OUTONARTE bríndalles aos cidadáns e cidadás da Coruña a oportunidade de agudizar o seu sentido do oído. Unha das actividades paralelas da Mostra de arte contemporánea que se está a desenvolver na cidade é o obradoiro sonoro a cargo do colectivo galego Escoitar.org. A experiencia comeza mañá na sala de exposicións de Palexco, a partir das 11 horas. O domingo continúa, pero xa polas rúas da cidade e, especificamente, pola beira do mar. Calquera persoa interesada no son e a escoita pode participar nesta actividade. A entrada ao obradoiro é gratuíta e libre, e resulta apta para todas as idades.
A primeira parte do seminario será maña. De forma amena e sinxela, os participantes terán a oportunidade de achegarse a temas relacionados coa escoita e o son. Abordaranse asuntos coma, por exemplo, a hexemonía do ollo fronte ao oído, a inmaterialidade do son, a fisioloxía do oído e a imaxe e o son como produtores de cultura. O día seguinte, domingo, terá lugar unha sesión práctica: un paseo sonoro pola beira do mar. Na andaina rexistraranse os sons con sistemas de gravación propios da fonografía. O seminario rematará cunha escoita e discusión dos resultados da gravación do mar da Coruña.
Escoitar.org está integrado polo musicólogo, Juan-Gil López e o antropólogo, Chiu Longina. O colectivo naceu hai un par de anos. Desde entón teñen participado en festivais, encontros e xornadas en Galicia, España e países coma Alemaña, Estados Unidos e Uruguai. Actualmente traballa en varios proxectos, algúns no ámbito galego como Fonotopías de Galicia. Tratase dun rexistro dos sons en perigo de extinción, apoiado pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta.
OUTONARTE: Sobre ou espazo infinito. A creación ao redor do mar é unha escolma da mellor arte emerxente feita en Galicia. Está integrada por máis de 60 pezas de 31 autores novos do país. Amósase en tres salas da Coruña (Palexco, María Pita e Salvador de Madariaga) e mesmo en espazos ao aire libre (Obelisco, Dársena e Quiosco Afonso). A Mostra estará aberta ao público ata ou vindeiro 28 de setembro.

Visitas guiadas

 A Mostra de arte contemporánea continúa tamén maña sábado, día 20 de setembro, ca quenda de visitas guiadas polas tres salas que acollen OUTONARTE. As visitas guiadas comezarán ás 18 horas na sala de exposicións do Palacio Municipal de María Pita. Ás 18.45, as explicacións dos expertos produciranse en Palexco. O percorrido rematará cun repaso polas obras que se exhiben en Salvador de Madariaga. As visitas repetiranse o domingo, día 21 de setembro, a partir das 12 horas.
O obxectivo destes percorridos guiados é facilitar ao público o achegamentos aos conceptos que os artistas queren expresar coas súas obras. Os promotores da Mostra aspiran a que os participantes nestas visitas coñezan de primeira man as propostas da arte emerxente actual que realizan os artistas galego máis novos.

Actuación musical

 OUTONARTE convida os coruñeses e coruñesas ao concerto musical que terá lugar tamén mañá sábado, a partir das 21 horas, diante de Palexco. Correrá a cargo do cuarteto Xerión, un grupo formado por catro clarinetistas galegos, que fan todo tipo de música e están empeñados en incorporar este tipo de agrupación ao eido musical galego. Os seus membros son orixinarios de diferentes vilas de Galicia, aínda que a cidade da Coruña é o seu centro da formación e por iso Xerión é o símbolo que representa a súa orixe.

Cada un dos membros do cuarteto desenvolve paralelamente unha actividade artística e docente dentro e fóra da nosa Comunidade. Cabe destacar a súa participación na Banda Municipal de Música da Coruña como membros estables, a Real Filarmonía de Galicia e a música de cámara como membros do Quidam Trío e o Trío Vivo. No eido da docencia son profesores en conservatorios profesionais e superiores de Galicia.

O cuarteto Xerión ten recoñecementos internacionais como, por exemplo, varios premios en concursos de clarinete de Holanda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Axenda cultural fin de semana

venres, 19 setembro 2008, 10:22 | Category : axenda
Tags :

Amaral, Lizgairo, Nuria Espert, maxia, bandas... e moito máis. Podes consultar a programación completa na sección de espectáculos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google