Sábado
18
Teatro Rosalía de Castro
22:30
Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, -20 %).
O Cabaret Líquido de Lavi e Bel é unha viaxe por Oriente, o leste de Europa, París, Berlín e Latino América no que predomina o aspecto musical. Está composto por unha serie de números que tratan os temas máis variados cunha linguaxe de cabaré, unha linguaxe para cambiar o ánimo, unha linguaxe na que se intercalan cancións, maxia, clowns, danza e música en directo. Humor, música, amor e morte convivirán no escenario durante 85 minutos. O máis sorprendente para o público será ver como os nove actores, actrices e músicos transitan por distintas culturas, personaxes e disciplinas sen que lles trema o pulso. Foi premio Max 09 ao Mellor Espectáculo Musical. Con Nerea Cordero, Camino Miñana, Javi Parra, Larisa Ramos, Javi Viana, Piñaki ruiz, Oriol Baixader, Miguel Pérez e Morten Jespersen. Baixo a dirección de Emilio Goyanes.