“III Certame de Pintura Cidade Vella”
A
Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, coa colaboración da Asociación de Veciños da Cidade Vella "María Pita" e a Asociación de Artistas Plásticos Galegos, convoca o "III Certame de Pintura Cidade Vella", suxeito aos seguintes requisitos:
O día 15 de maio de 2011, entre as 9:00 e as 12:00 horas, os participantes deberán presentarse no local da Asociación de veciños da Cidade Vella "María Pita" (Rúa Santa María 10. Esquina Sinagoga) para cumprimentar a autorización e selado do soporte da obra. A partir dese instante pódese comezar a pintar. De 19:00 a 20:00 horas procederase á entrega da obra sen asinar. O xurado reunirase de seguido e o fallo farase público a partir das 21.00 horas. A organización non se responsabiliza das posibles perdas ou danos que poideran sufrir as obras. As bases son as seguintes:
- 1. REQUISITOS DOS PARTICIPANTES: Persoas de calquera nacionalidade, de 16 anos en adiante, provistas de DNI ou pasaporte.
- 2. TEMÁTICA: Interpretación libre, relativa á Cidade Vella da Coruña.
- 3. TÉCNICA: Libre.
- 4. SOPORTE: Cada participante presentará un único soporte a concurso, debidamente selado. Asimesmo levará o material necesario para o desenvolvemento da súa obra.
- 5. DIMENSIÓNS DA OBRA: Tanto a lonxitude como a anchura estarán comprendidas no intervalo de 40 cm. (mínimo) a 100 cm. (máximo).
- 6. COMPOSICIÓN DO XURADO: O xurado, cuxa composición se dará a coñecer antes da data do certame, estará formado por profesionais das artes plásticas, e de secretario exercerá unha persoa designada pola Asociación de veciños da Cidade Vella "María Pita".
- 7. A PARTICIPACIÓN NO CERTAME SUPÓN A ACEPTACIÓN DAS SÚAS BASES.
- 8. PREMIOS:
• Primeiro premio: 1.300 euros.
• Segundo premio: 500 euros.
Estes premios, que estarán suxeitos á retención fiscal que legalmente corresponda, poderán declararse desertos. A decisión do xurado é inapelábel, reservándose a Concellaría de Cultura o dereito de publicar o resultado desta convocatoria na maneira e polos medios que estime máis acaídos.
- 9. PROPIEDADE DAS OBRAS. As obras presentadas ao certame serán propiedade dos seus autores, se ben, ao participaren, autorizan ao Concello da Coruña a reproducilas e utilizalas con fins de promoción e difusión da cultura.


Recordámosvos que mañá sábado 16 de maio celebramos o Día Internacional dos Museos cun amplo programa de actividades en toda a cidade. 
Curtas e longas, producións para a televisión e para a gran pantalla, películas de intencións didácticas e outras de marcado carácter experimental... A 














