Festas María Pita 2010: actividades do luns 16 de agosto

Luns 16
Feira dos Continentes
Xardíns de Méndez Núñez
Do 16 de agosto ao 12 de setembro
De 11 a 14 e de 16.30 a 22.30
Inauguración ás 12:00
Entrada libre.

Concerto da Agrupación Albéniz
Xardíns de Méndez Núñez
20:30
Entrada libre.

Noite de cinema: "Viaje al centro de la Tierra"
Praza das Conchiñas
22:00
Entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: Presentación proxecto Pecha Kucha

venres, 25 xuño 2010, 9:47 | Category : arquitectura, ciencia, comic, fotografía, ilustración, museos científicos, música
Tags : ,

Venres 25
20:00
Domus
Entrada libre até completar capacidade.

Pecha Kucha é un evento no que profesionais vinculados a diferentes actividades creativas expoñen o seu traballo co único apoio gráfico de 20 imaxes que son proxectadas durante 20 segundos cada unha. Nesta segunda edición de Pecha Kucha Night Coruña, os participantes son: Alberto Vázquez (ilustración), Rubén López Ares (fotografía), Luigi Mazucato (música), Lucía Ruiz de Aguirre (moda), Brijuni (arquitectura), Luís Díaz Díaz (fotografía), Estudio mmasa (arquitectura), Xurxo García Penalta (cómic), Nouvelle Cuisine (música), Ernesto Carmena (ciencia). Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O concurso “A ciencia na miña vida”, convocado polos Museos Científicos Coruñeses, celebra a súa fase final en Bruxelas

mércores, 23 xuño 2010, 10:30 | Category : ciencia, museos científicos
Tags : ,

O evento terá lugar os próximos 23 e 24 de xuño, na sede da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, e nel participarán os finalistas deste concurso de microvídeos convocado no marco do proxecto Cities and Science Communication (CASC).
Os finalistas do concurso proceden de Romanía, Reino Unido e España. Os dous traballos seleccionados polo xurado no noso país compiten nas categorías de menores de 16 anos (Tradutor Automático Universal, dos alumnos de 4 ºB do IES Alexandre Bóveda de Vigo) e aberta (Viviremos para sempre?, de Cristina de la Torre e José González). Ambos os dous traballos poden verse na páxina da Casa das Ciencias.
O concurso invitaba a realizar unha gravación de menos de 3 minutos cun equipo sinxelo (teléfonos móbiles ou webcams) cuxo contido respondese á pregunta: Que problemas che gustaría que resolvesen a ciencia e a tecnoloxía no futuro? O xurado, formado por especialistas de Holanda, Francia e Portugal, non se centrará na calidade técnica dos traballos, senón na creatividade demostrada, o uso de técnicas narrativas ou a claridade da mensaxe que transmiten.
A fase final deste concurso celebrarase no marco dunha reunión de traballo organizada polos Museos Científicos Coruñeses para analisar o desenvolvemento das diversas iniciativas de divulgación científica postas en marcha a través do Proxecto CASC. Nesta reunión trataranse cuestións como a diferente permeabilidade dos sistemas educativos europeos para incorporar iniciativas de divulgación ou o papel dos medios de comunicación tradicionais e as redes sociais na formación científica dos mozos.
O proxecto CASC está financiado pola Unión Europea e ten como obxectivo explorar novas formas de mellorar a implicación do público coa ciencia. Nel participan concellos, museos científicos, universidades e parques tecnolóxicos de once países europeos. Os Museos Científicos Coruñeses foron elixidos para liderar un grupo de traballo cuxo obxectivo é identificar e analizar as prácticas divulgativas que demostraron maior eficacia na conexión da ciencia co público.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Aliens dos fondos mariños”, documental en alta definición na Domus

venres, 4 xuño 2010, 11:26 | Category : audiovisual, ciencia
Tags :

Venres 4
20:00
DOMUS
Entrada libre e gratuíta até completar aforo

XXV ANIVERSARIO DA CASA DAS CIENCIAS: estrea do documental en alta definición "Aliens dos fondos mariños" (posterior coloquio cos directores). Trátase dun documental de divulgación científica sobre diversos e inéditos aspectos da asombrosa intelixencia dos polbos; constitúen a única forma de intelixencia animal invertebrada capaz de resolver problemas e cambiar de estratexia en funcións dous resultados acadados, e que evolucionou neste planeta de xeito independente a tódalas demáis formas de intelixencia -a dos vertebrados-, a través dun camiño evolutivo propio que comezou fai máis de cincocentos millóns de anos.
Este documental, de 52' en alta definición, foi rodado en gran parte no Aquarium Finisterrae da Coruña; tamén se filmaron interesantes experimentos e secuencias noutros lugares do mundo, como Canadá, Italia, Mónaco ou Indonesia.
É unha produción franco-canadense, dirixida por dous expertos cinematógrafos, avalados por quince anos no equipo de "Mundo submariño" de Jacques Cousteau, John Jackson e Jerome Julienne. Estiveron apoiados polo tamén experto documentalista e biólogo Juan Antonio Romero, quen ademáis de traballar dez anos con Cousteau, foi xefe de bioloxía de varios acuarios e colaborador habitual da BBC Natural History Unit (participando en series como Blue Planet, entre outras). Asimesmo, ás imaxes submariñas foron filmadas por Roberto Rinaldi, considerado hoxe en día como un dos mellores cámaras submariños do mundo.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA CASA DAS CIENCIAS ATÉ O DOMINGO 6 DE XUÑO.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Ciencia continua”: intervencións de investigadores e divulgadores na Casa das Ciencias

xoves, 3 xuño 2010, 10:00 | Category : ciencia
Tags :

Xoves 3
10:00 a 19:00
No exterior da Casa das Ciencias

"Ciencia continua" consistirá en diversas intervencións curtas de investigadores e divulgadores da ciencia ao longo de todo o periodo de apertura da Casa das Ciencias (XXV Aniversario). Portas abertas na Casa das Ciencias do 31 de maio ao 6 de xuño. Máis información en www.casaciencias.org.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

XX Aniversario Casa das Ciencias: acto sobre Isidro Parga Pondal

mércores, 2 xuño 2010, 0:47 | Category : ciencia, homenaxes
Tags :

Mércores 2
20:00
Planetario
Entrada libre até completar capacidade

Acto sobre a figura de Isidro Parga Pondal e a relación entre a ciencia e a cultura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Premios Prisma Casa das Ciencias á divulgación 2010

luns, 10 maio 2010, 10:47 | Category : ciencia, premios
Tags : ,

Xa está aberta a convocatoria 2010

O certame é una iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses, Concello da Coruña, que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todos os profesionais que traballaban neste campo. Concederanse os Prismas de Bronce aos mellores traballos de divulgación científica nas modalidades de multimedia, textos inéditos, artigos xornalísticos, (dotadas cun premio de 6.000 euros), libros editados e un Prisma Especial do Xurado. Esta última modalidade está dotada cun premio de 9.000 euros, para o que se conta coa colaboración da empresa PharmaMar grupo Zeltia
Os traballos presentados deberán tratar sobre calquera tema en relación coas ciencias físicas e naturais, tanto nos seus aspectos xerais, como en calquera das súas ramas ou aplicacións prácticas, incluíndo biografías de científicos e historia da ciencia, que contribúan á mellor comprensión das ideas, actitudes e procesos científicos.

Máis información e bases da convocatoria na web da Casa das Ciencias.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

8 de maio: DÍA DA CIENCIA NA RÚA

mércores, 5 maio 2010, 10:51 | Category : ciencia
Tags :

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae súmanse a celebración desta feira da ciencia con entrada gratuíta ás súas instalacións, unha ocasión para coñecer as últimas novidades dos tres centros e participar nas actividades programadas especialmente para ese día.

Na Casa das Ciencias haberá un maratón de sesións de planetario, co seguinte programa:

11.00 horas: Evolución (galego)
12.00 horas: La noche del vampiro (castelán)
13.00 horas: O día de hoxe (galego)
16.00 horas: Invasores de Marte (castelán)
17.00 horas: A noite do vampiro (galego)
18.00 horas: El día de hoy (castelán)

Para asistir a estas sesións hai que retirar unha invitación na recepción do museo, que se repartirán media hora antes do comezo da proxección.
Na Domus celebraranse dous campionatos de Powermind ás 12:30 e 17:30 horas. Trátase dun xogo mental que revela como se relaxa o noso cerebro. Canto máis se relaxe o xogador, máis rápido moverá a bóla sobre o taboleiro e conseguirá marcar un gol ao contrincante.

Tamén haberá unha sesión da actividade infantil de ExploraDomus. A proposta é ver a película en 3D "Monstros mariños" e a continuación realizar experiencias para converterse en exploradores do pasado. É unha actividade destinada a nenos de entre 6 e 12 anos. Será ás 16:45 horas.

No Aquarium, o público poderá ver como se dá de comer ás focas nas súas dúas comidas diarias, ás 12 e ás 17 horas. É tamén unha ocasión para visitar a exposición que se inaugura o 6 de maio, a "World Press Photo 2010", coas mellores fotografías realizadas por fotoxornalistas de todo o mundo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Cantos tipos de células nai existen e para que sirven?”, por Lluís Montoliu

luns, 26 abril 2010, 10:46 | Category : ciencia, conferencias
Tags : ,

Luns 26;
Horario: 20:00;
Domus;
Entrada: libre até completar capacidade

Dentro do ciclo "Luns con ciencia", Lluís Montoliu ofrecerá a conferencia "PROMESAS E REALIDADES EN INVESTIGACIÓN BIOMÉDICA: CANTOS TIPOS DE CÉLULAS NAI EXISTEN E PARA QUE SIRVEN?".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Nova sesión dos “Luns con ciencia”

luns, 12 abril 2010, 12:31 | Category : ciencia
Tags :

O 12 de abril temos nova sesión dos "luns con ciencia", na Domus ás 20:00 horas. O tema será “Áreas Marinas Protegidas (AMPs), unha estratexia para a conservación da biodiversidade mariña”.
Actuará como introductor-moderador Santiago Parra Descalzo (Director do Centro Oceanográfico da Coruña). O ponente José Luis Vargas Poncini (Instituto Español de Oceanografía Madrid) falará sobre "INDEMARES: La propuesta española de nuevos espacios marinos para la Red Europea Natura 2000". E o outro ponente, Francisco Sánchez Delgado (Centro Oceanográfico de Santander, IEO) intervirá sobre “El Cachucho", primera Área Marina Protegida (AMP) en aguas profundas españolas. Nuevos retos: Banco de Galicia y Cañón de Avilés".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Luns con ciencia: Victoriano Urgorri falará sobre os efectos do Prestige nos ecosistemas mariños

venres, 2 abril 2010, 16:00 | Category : ciencia, conferencias, divulgación
Tags : ,

O luns 5 na Domus ás 20 horas Victoriano Urgorri participará nos Luns con ciencia para falar dos Efectos do Prestige sobre os ecosistemas mariños. Victoriano Urgorri é director da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, Universidade de Santiago de Compostela. Asemade, é director da Unidade de Biodiversidade e Recursos Mariños do Instituto de Acuicultura da Universidade da USC, e catedrático de Zooloxía Mariña no Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física. Ten publicado mais de 100 artigos en revistas científicas nacionais e internacionais, 5 libros, e numerosos capítulos en obras colectivas, presentacións, publicacións audiovisuais e artigos de divulgación. A entrada ao acto é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Eureka!, exposición sobre ciencia e creatividade na Domus

luns, 29 marzo 2010, 10:15 | Category : ciencia, exposicións
Tags : ,

eureka

Eureka! é unha exposición interactiva que presenta a creatividade asociada ao mundo da ciencia. Tomando como referencia o feito de que a creatividade non é só un compoñente fundamental da ciencia, senón de calquera das actividades humanas, a exposición mostra que todos somos creativos en diferentes momentos das nosas vidas.

O percorrido expositivo de Eureka! descobre os múltiples aspectos relacionados coa creatividade, dende os fundamentos psicolóxicos e biolóxicos, como se desenvolve o proceso creativo, a súa relación coa investigación científica, a tecnoloxía e a innovación, e establece pontes entre as distintas manifestacións da cultura. En todo caso, a creatividade nútrese, por un lado, desas faíscas mentais que iluminan unha solución, pero tamén, e non menos importante, do intenso traballo que hai detrás de ideas xeniais.

Eureka! é unha exposición producida polos Museos Científicos Coruñeses e financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia e Innovación. Pode verse na Domus desde o pasado xoves 25 de marzo.

Contidos

Os módulos expositivos de Eureka! perseguen os obxectivos de aproximar aos visitantes o concepto de creatividade, mostrar exemplos de procesos creativos no mundo dos científicos clásicos, trasladar a idea de que é un compoñente esencial tanto da ciencia coma de todos os demais aspectos da vida, relacionar os conceptos de innovación e creatividade, e evidenciar que o feito creativo non se basea só neses momentos en que se ilumina unha idea, senón tamén en todo un grande esforzo previo.

A través de actividades interactivas, escenografías, audiovisuais, paneis gráficos e outros medios propóñense experiencias como a de descubrir como funciona o noso cerebro ao intentar debuxar unha figura ao revés, resolver problemas de enxeño, ou coñecer inventos tecnolóxicos inspirados na natureza. Existe tamén un espazo singular no que se invita a utilizar a imaxinación para recoñecer figuras en nubes que se proxectan nun espazo deseñado para tombarse, relaxarse e observar.

En total son trinta elementos expositivos, distribuídos en cinco seccións, identificadas cunha palabra:

!maxina - O proceso creativo

O sociólogo británico Graham Wallas propuxo en 1926 que o proceso creativo estaba dividido en catro fases: preparación, incubación, iluminación e verificación. Poden verse estas etapas detrás de grandes logros artísticos e científicos.

Un deses exemplos é o arco catenario de Antonio Gaudí. A fase de preparación correspondería á súa formación previa como delineante e despois arquitecto. A incubación da idea estivo na súa busca dun novo deseño de arco que non dese problemas de suxeición. A iluminación chegou cando se fixou en como se curva unha cadea cando se colga polos extremos. Finalmente, a verificación constitúea a creación do seu modelo de arco que non precisa de soportes laterais para manterse en pé.

!dea - Fundamentos neurolóxicos

Onde reside a creatividade? Cada metade do cerebro realiza algunhas tarefas concretas, pero para habilidades máis complexas, como crear, necesitamos que os dous hemisferios cooperen. Nesta sección poden descubrirse os fundamentos neurolóxicos da creatividade mediante experiencias como a de intentar debuxar un obxecto ao revés e comprobar se resulta máis doado ou máis difícil que coa imaxe ao dereito, construír figuras con pezas xeométricas, ou ver un vídeo no que se observa como se desenvolve o cerebro dun neno cando aprende a falar.

Preséntanse ademais outras actividades como a de escoitar unha selección de creacións musicais de autores que romperon esquemas na súa época: Igor Stravinsky, Edith Piaf, The Beatles, Camaron de la Isla, Golpes Bajos, Vangelis, Björk, Mercedes Peón, entre moitos outros.

!nspírate - O exercicio da creatividade e as súas técnicas

O enxeño, a imaxinación, a intuición, a curiosidade, a constancia, a inspiración son aspectos asociados intimamente ao exercicio da creatividade. Poñer a proba estas habilidades ao encher os bocadillos de varios cómic, intentar descubrir a figura que se esconde nunha imaxe que á primeira vista pode parecer unha simple mancha, ou resolver problemas de enxeño para os que se precisa romper con ideas preconcibidas son algunhas das propostas deste ámbito.

En alusión aos científicos clásicos, aquí preséntase tamén unha experiencia que ilustra o descubrimento de Arquímedes. Ao ver como rebordaba a auga cando estaba metido nunha bañeira encontrou repentinamente a forma de comprobar se a coroa do rei Hierón era de ouro na súa totalidade ou se o artesán o enganara. Segundo conta a lenda, nese momento berrou o famoso Eureka!

!nvestiga - A creatividade na investigación científica

Os grandes logros da ciencia esconden detrás moito esforzo. Utilizando as claves que definen o traballo científico, os módulos desta sección mostran o papel da creatividade na investigación. Invitan a formular hipótese para explicar o mecanismo (biela, polipasto, engrenaxe...) que fai funcionar unha selección de dispositivos, descubrir cales son os ingredientes que combinados fan que unha persoa sexa creativa (curiosidade, perseveranza, audacia, amplitude de miras...), ou viaxar por Internet aos centros de ciencia máis importantes do mundo e a empresas que son modelo de innovación.

O ámbito inclúe ademais un espazo dedicado á serendipia, un termo que fai referencia aos descubrimentos científicos casuais. Represéntase neste caso co achado da penicilina por Fleming, que tivo o acerto de estudar a substancia que matara un cultivo de bacterias co que estaba a traballar.

!nnova - Innovación, tecnoloxía e sociedade

O século XX foi revolucionario en relación ao ritmo de desenvolvemento de tecnoloxía e innovacións. A creación científica considérase unha das actividades máis valoradas na sociedade moderna, sendo un indicativo de prosperidade.

Neste apartado expóñense inventos fronte ás estruturas da natureza que os inspiraron (avión planador, agulla hipodérmica, pantalla LCD...), e invítase a reflexionar sobre como a evolución dalgúns aparatos tecnolóxicos familiares foi máis á présa que o uso da linguaxe en torno a eles (por exemplo, seguimos "colgando" o teléfono a pesar de que xa non se corta a chamada dese xeito), entre outras actividades. Faise tamén un repaso polos grandes inventos que revolucionaron a historia, dende as primeiras ferramentas líticas, a escritura, a electricidade, á aeronáutica ou as comunicacións.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Luns con ciencia: conferencia de Antonio Rigueiro

luns, 29 marzo 2010, 10:00 | Category : ciencia, conferencias, divulgación
Tags :

Hoxe luns 29 de marzo ás 20 horas na Domus terá lugar unha nova sesión dos Luns con ciencia. Antonio Rigueiro, catedrático do Departamento de Produción Vexetal da Escola Politécnica Superior (campus de Lugo), da Universidade de Santiago de Compostela, dará unha conferencia co título Os bosques galegos e a biodiversidade. Tras definir a biodiversidade e comentar a importancia da súa conservación, describirá sucintamente os principais bosques naturais e masas arboladas artificiais que caracterizan actualmente a paisaxe forestal de Galicia, facendo referencia especial ás que teñen maior importancia en relación coa conservación da biodiversidade no territorio galego.

Rigueiro é membro de número da Real Academia Galega de Ciencias e autor de varios libros e numerosos artigos en revista especializadas sobre botánica, ecoloxía, sistemas silvopastorales, cogomelos e malherboloxía.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Felipe Criado na Domus

martes, 23 marzo 2010, 11:30 | Category : ciencia, conferencias
Tags :

A Domus acolle mañá 24 de marzo unha conferencia do investigador do CSIC Felipe Criado, que tratará sobre A investigación científica do Patrimonio Cultural: actualidade e utilidade do pasado. Ao acto asistirá José Manuel Fernández de Labastida, director xeral de Investigación e Xestión do Plan I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación.

A intervención do profesor Criado forma parte do ciclo de conferencias O que a ciencia pode facer por nós organizado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. O seu obxectivo é achegar ao público xeral os logros científicos conseguidos polos equipos de investigación financiados polo programa Consolider, e a súa aplicación práctica como forma de achegamento da ciencia á sociedade. O Programa Consolider forma parte da estratexia Enxeño 2010 e financia actuacións de carácter estratéxico baseadas en actividades científicas que promovan un avance significativo no estado do coñecemento ou que establezan liñas de investigación orixinais situadas no que se denomina fronteira do coñecemento.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Suspendida a conferencia de hoxe do ciclo Luns con ciencia

luns, 22 marzo 2010, 14:00 | Category : ciencia, divulgación
Tags : ,

A conferencia prevista para hoxe luns 22 de marzo dentro do ciclo "Luns con ciencia", O estado da conservación da biodiversidade en Galicia a cargo de Pablo Ramil, foi suspendida por problemas de última hora do ponente. Lamentamos as molestias.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google