Carteleira de cinema no Fórum, do 12 ao 14 de xaneiro

"La vida de los peces", La vida de los pecesde La vida de los otrosMatías Bize (Chile, 2011, 83 minutos), N. R. M. de 7 anos, na Sala Marilyn Monroe, dentro do ciclo La otra orilla. Andrés vive en Alemaña dende hai 10 anos. Regresa a Chile para cerrar o seu pasado antes de asentarse definitivamente en Berlín. Na súa estancia, asiste á festa de aniversario dun dos seus amigos onde redescobre todo un mundo que deixou de ver, incluída Beatriz, o seu grande amor. Este reencontro poderá cambiar a vida de Andrés para sempre. Proxeccións: xoves 12 ás 20:15; venres 13 ás 20:15 e 22:45; sábado 14 de xaneiro ás 17:15 h. e 20:15 horas. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

"La vida de los otros", de Florian Henckel von Donnersmarck (Alemaña, 2006, 137 minutos, V. O. S. en castelán), dentro do ciclo EFA, na Sala Fernando Rey. República Democrática Alemá, 1984.  O capitán Gerd Wiesler (Ulrich Mühe), competente oficial da Stasi, recibe un encargo complexo: espiar a parella formada polo escritor Georg Dreyman (Sebastian Koch) e a actriz Christa-Maria Sieland (Martina Gedeck). A misión cambiará a súa vida sen remedio. Proxeccións: xoves 12 ás 20:30; venres 13 ás 20:30 e 23:00 h.; e sábado 14 ás 17:30 e 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum: “Xornadas Navideñas Movemento Xove”, proxeccións do xoves 29

Xoves Xornadas navideñas Movemento Xove29
Fórum Metropolitano

Finalizan as "Xornadas Navideñas Movemento Xove", coa proxección dos seguintes filmes:
- 17:30 h. "My Santa".
- 18:30 h.: "Scott Pilgrim vs. the World".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum: “Xornadas Navideñas Movemento Xove”, proxeccións do mércores 28

Mércores Xornadas navideñas Movemento Xove28
Fórum Metropolitano

Proseguen as "Xornadas Navideñas Movemento Xove", coa proxección dos seguintes filmes:
- 17:30 h.: "Dr. Horrible's Sing-Along Blog".
- 18:30 h.: "Doctor Who: especial de navidad 2011".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum: “Xornadas Navideñas Movemento Xove”, proxeccións do martes 27

Martes Xornadas navideñas Movemento Xove27
Fórum Metropolitano

Comezan as "Xornadas Navideñas Movemento Xove", coa proxección dos seguintes filmes:
- 17:30 h. "K-On - Especial de Navidad".
- 18:00 h.: "Di Gi Charat: Especial de Navidad".
- 18:30 h.: "Pesadilla antes de Navidad".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Los pasos dobles”, de Isaki Lacuesta

xoves, 22 decembro 2011, 9:37 | Category : cinema
Tags : , ,

Venres Los pasos dobles23
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do ciclo "Xéneros mutantes (I)", proxección de "Los pasos dobles" (Estados Unidos-Alemaña-Francia-Bélxica-Gran Bretaña-Holanda, 2011, 86 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección: Isaki Lacuesta. A mellor maneira de fuxir dos teus perseguidores sen deixar pisadas é camiñar cara atrás, sobre as túas propias pegadas. Iso cría François Augiéras, que cubriu de pinturas un búnker militar no deserto e logo deixouno afundirse na area para que ninguén o atopase ata o século XXI. Pero quen é Augiéras? Lexionario, pintor, escritor, pistoleiro, santo, ladrón, demo ou unha mestura de todo isto?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “The Ballad of Genesis and Lady Jaye”, de Marie Losier

mércores, 21 decembro 2011, 9:19 | Category : cinema
Tags : , ,

Xoves The ballad of Genesis22
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do ciclo "Xéneros mutantes (I)", proxección de "The Ballad of Genesis and Lady Jaye" (Estados Unidos-Alemaña-Francia-Bélxica-Gran Bretaña-Holanda, 2011, 75 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección e fotografía: Marie Losier. Unha historia de amor que remite a Frankenstein, á arte conceptual e a cultura pop máis bizarra. O músico Genesis P. Orridge e a súa parella Lady Jaye retan á bioloxía: deciden deconstruirse na mesma persoa. Retrato íntimo do estraño e singular a cargo da francesa Marie Losier, rexistra unha significativa aparición do falecido literato William S. Burroughs.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Essential killing”, de Jerzy Skolimowski

martes, 20 decembro 2011, 9:13 | Category : cinema
Tags : , ,

Mércores Essential killing21
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do ciclo "Xéneros mutantes (I)", proxección de "Essential killing" (Polonia-Noruega-Irlanda-Hungría, 2010, 83 minutos, V. O. S. en galego). Dirección: Jerzy Skolimowski. Thriller centrado nun prisioneiro político afgano acusado de ter matado a tres soldados americanos. Mentres é trasladado a Europa para ser interrogado, consegue escapar iniciando unha dramática carreira pola supervivencia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Dharma guns”, de F. J. Ossang

luns, 19 decembro 2011, 9:09 | Category : cinema
Tags : , ,

Martes Dharma guns20
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do ciclo "Xéneros mutantes (I)", proxección de "Dharma guns" (Francia-Portugal, 2010, 93 minutos, V. O. S. en galego). Dirección e guión: F. J. Ossang. O director F. J. Ossang emprega unha potente fotografía en branco e negro para escribir con imaxes un ensaio case filosófico sobre o que el mesmo bautizou como "Odisea da Expiación". Unha nova mostra de talento dun dos referentes do novo cine francés que xa foi homenaxeado en 2009 na Sección “A Rexión Central” do festival navarro Punto de Vista coa proxección do seu "Tríptico da paisaxe". Aparición de Patrick Bauchau.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “¡Qué bello es vivir!”, de Frank Capra

venres, 16 decembro 2011, 9:39 | Category : cinema
Tags : , ,

Sábado ¡Qué bello es vivir!17
18:00
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

No ciclo "CGAI Júnior" proxección de "¡Qué bello es vivir!" (Estados Unidos, 1946, 130 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección: Frank Capra. George Bailey é un cidadán común que saca adiante como pode un pequeno negocio familiar dedicado a conceder empréstitos á xente humilde. En Noiteboa, o tío Billy, socio da empresa, perde oito mil dólares, o que coloca a compañía ao bordo da creba. Bailey, atordado pola situación decide suicidarse pero Clarence, un anxo na procura de méritos para conseguir as súas ás, fai que aconteza algo extraordinario. Clásico do Nadal protagonizado por James Stewart e asinado por Frank Capra, (quen o consideraba o seu mellor filme) retoma, como noutras das súas obras, a idea do heroe-cidadán anónimo. Capra sérvese do drama e da comedia, da traxedia e da fantasía para enxalzar valores como a amizade, o sacrificio, o amor ou o compromiso, todo cunha acaída crítica social como pano de fondo. A partir dos 10 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Road to Nowhere”, de Monte Hellman

xoves, 15 decembro 2011, 9:33 | Category : cinema
Tags : , ,

Venres Road to Nowhere16
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do ciclo "Xéneros mutantes (I)", proxección de "Road to Nowhere" (Estados Unidos, 2010, 121 minutos, V. O. S. en galego). Dirección: Monte Hellman. Cine dentro de cine ou o cinematógrafo mesmo como artificio da trama nun filme dirixido polo lendario director de culto estadounidense Monte Hellman, autor da maxistral "Estrada asfaltada en dous sentidos" (1971). Un intenso director atópase inmerso na preparación da rodaxe dunha película baseada nun crime real e recibe a visita dunha moza misteriosa con aterrador parecido coa femme fatale da obra. Un thriller (Sección Oficial do Festival de Venecia en 2010) onde a obsesión e a intriga xogan un papel fundamental, levando a acción das Smoky Mountains de Carolina do Norte a Verona, Roma e Londres.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carteleira de cinema no Fórum do 15 ao 17 de decembro

mércores, 14 decembro 2011, 10:15 | Category : cinema
Tags : , , , ,

"Hermano", Hermanode Marcel Easy riderRasquin (Venezuela, 2010, 97 minutos), N. R. M. de 12 anos, na Sala Marilyn Monroe, dentro do ciclo Dereitos humanos. Historia sinxela e poderosa de dous irmáns que loitan por se converter en futbolistas profesionais.  Daniel é un dianteiro excepcional, un fenómeno. Julio é o capitán do equipo, un líder nato. A oportunidade das súas vidas chega cando un cazatalentos do Caracas Fútbol Club os convida a unhas probas no equipo. Pero a vida do barrio interponse e unha traxedia sacódeos. Proxeccións: xoves 15 ás 20:15; venres 16 ás 20:15; sábado 17 de decembro ás 17:15 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

"Easy rider", de Dennis Hopper (Estados Unidos, 1969, 94 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 13 anos, dentro do ciclo Títulos de sempre, na Sala Fernando Rey. Dous mozos motoristas de Los Ángeles emprenden unha viaxe cara a Nova Orleáns.  Atravesan todo o país coa intención de descubrir América. Despois de lle vender cocaína a un home de Los Ángeles, Billy e Wiatt (alias Capitán América) asisten á festa do Mardi Gras. Axiña reinician a viaxe e vanse atopando con personaxes estrafalarias, entre elas un rancheiro e a súa familia, ou un viaxeiro de autoestrada dunha comuna hippie, antes de seren arrestados nun pobiño por parar sen un permiso. Proxeccións: xoves 15 ás 20:30; venres 16 ás 20:30 e 23:00 h.; e sábado 17 ás 17:30 e 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Ingrid Caven, music et voix”, de Bertrand Bonello

mércores, 14 decembro 2011, 9:53 | Category : cinema
Tags : , ,

Xoves Ingrid Caven, music et voix15
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do ciclo "Bertrand Bonello", proxección de "Ingrid Caven, music et voix" (Francia, 2006, 106 minutos, V. O. S. en galego). Dirección e guión: Bertrand Bonello. Concerto da cantante e actriz alemana, antiga musa de Fassbinder, Ingrid Caven. Nos seus recitais alterna Kurt Weill, Erik Satie, os Beatles ou Schönberg con textos escritos por ela mesma ou o malogrado Fassbinder. Neste recital hai unha composición electrónica de Giuseppe Giuliano e novos temas a cargo de Peer Raben, compositor á súa vez de Fassbinder.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “L’apollonide”, de Bertrand Bonello

martes, 13 decembro 2011, 9:49 | Category : cinema
Tags : , ,

Mércores L'apollonide14
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do ciclo "Bertrand Bonello", proxección de "L'apollonide" (Francia, 2011, 122 minutos, V. O. S. en galego). Dirección e guión: Bertrand Bonello. A inicios do século XX nun prostíbulo de París, unha prostituta é desfigurada por un cliente. Marcada traxicamente, a convivencia e o universo pechado segue o seu discorrer no burdel. Ambicioso retrato de grupo e, en simultáneo, de individualidades que vai ter estrea en España.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Tiresia”, de Bertrand Bonello

luns, 12 decembro 2011, 9:13 | Category : cinema
Tags : , ,

Martes Tiresia13
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do ciclo "Bertrand Bonello", proxección de "Tiresia" (Francia-Canadá, 2003, 115 minutos, V. O. S. en galego). Dirección e guión: Bertrand Bonello. Tiresia é a un tempo home e muller, seguindo o mito grego do visionario cego. No filme de Bonello é un transexual brasileño que vive co seu irmán na periferia de París. Un home soñador, Terranova, obsesionase por Tiresia ata o punto do secuestro. Longametraxe de estraña e escura beleza, a carnalidade do cine de Pasolini ou Cronenberg casa co ascetismo de Bresson.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Milímetros”, de Xes Chapela

venres, 9 decembro 2011, 9:41 | Category : cinema
Tags : , ,

Sábado 10
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Ciclo "Off Galicia", proxección de "Milímetros" (2011, 53 minutos). Dirección: Xes Chapela. Documental que indaga sobre a cinematografía, como evolución técnica e como código semántico, a partir do recente descubrimento de 29 rolos de película filmados principalmente en Galicia entre os anos 1929 e 1932, completamente inéditos e sen catalogar. Presentación a cargo do seu autor.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google