Carteleira de cinema no Fórum do 8 ao 10 de decembro

mércores, 7 decembro 2011, 10:00 | Category : cinema
Tags : , , , ,

"Sorstalansag (Sen destino)", Sen destinodeA pantera cor-de-rosa Lajos Koltai (Hungría, 2005, 136 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 13 anos, na Sala Marilyn Monroe, dentro do ciclo Dereitos humanos. Narra a propia experiencia do novelista húngaro e Premio Nobel Imre Kertész, quen, aos seus 14 anos, foi deportado ao campo de concentración de Auschwitz. É un relato de formación á inversa, di, posto que conta a vida dun mozo cuxo destino lle foi confiscado. Proxeccións: xoves 8 ás 20:15; venres 9 ás 20:15; sábado 10 de decembro ás 17:15 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

"The pink panther", de Blake Edwards (Estados Unidos, 1963, 113 minutos, V. O. en castelán), dentro do ciclo Títulos de sempre, na Sala Fernando Rey. Un ladrón alcumado "A pantasma" causa pavor nas festas de alto copete pola súa afección a roubar xoias. A tal pantasma non é outro que o adiñeirado e sedutor Sir Charles Litton, quen viaxou ata unha estación invernal na que se aloxa a bela princesa Dala para apropiarse dunha xoia de gran valor chamada "A pantera rosa". A pantasma intentará roubarlla, pero non sospeita que ten como veciño de habitación o inspector Clouseau e a súa amante, a esposa de Clouseau, Simone. Proxeccións: xoves 8 ás 20:30; venres 9 ás 20:30; e sábado 10 ás 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Le pornographe”, de Bertrand Bonello

mércores, 7 decembro 2011, 9:00 | Category : cinema
Tags : , ,

Venres Le pornographe9
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do ciclo "Bertrand Bonello", proxección de "Le pornographe" (Francia-Canadá, 2001, 108 minutos, V. O. S. en galego). Dirección e guión: Bertrand Bonello. Jacques (Jean-Pierre Léaud) é un autor de filmes porno "de autor" que tivo celebridade nos anos 70-80 con plantexamentos contraculturais que xa non parecen encaixar coas ansias comerciais do xénero. O seu fillo Joseph tamén procura o seu espazo para a utopía. Jacques, separado da súa muller, supervivinte da historia, volve dirixir un filme porno ao tempo que tenta reconducir a relación co seu fillo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “De la guerre”, de Bertrand Bonello

luns, 5 decembro 2011, 9:35 | Category : cinema
Tags : , ,

Mércores De la guerre7
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do ciclo "Bertrand Bonello", proxección de "De la guerre" (Francia, 2008, 130 minutos, V. O. S. en galego). Dirección e guión: Bertrand Bonello. Un director de cine chamado Bertrand queda pechado accidentalmente toda unha noite nun ataúde. O vindeiro día, Bertrand sente, entre o trauma e a revelación, a necesidade de deixar a súa vida cotiá e unirse a un grupo illado, "O Reino". O grupo procura as súas regras para atopar a felicidade. A orixinalidade de Bonello nun filme tan hipnótico como poderoso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: presentación do libro “Las columnas gallegas hacia Oviedo”, de Emilio Grandío, e proxección de dúas curtametraxes

Sábado CGAI3
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Ciclo "Off Galicia", presentación do libro "Las columnas gallegas hacia Oviedo", de Emilio Grandío, e proxección de "En el frente de Asturias" (España-Portugal, 1936-1937, 15 minutos). Dirección: Films Patria. Documental pertencente á serie "¡Arriba España! La reconquista de la patria", sobre o avance da columna do coronel Martín Alonso na tentativa de romper o cerco a Oviedo no verán-outono de 1936; e "Oviedo, la mártir" (España-Portugal, 1936-1937, 14 minutos). Dirección: Films Patria. Documental pertencente á serie "¡Arriba España! La reconquista de la patria", sobre o estado da cidade de Oviedo logo da ruptura do cerco polo coronel Martín Alonso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Where the boys are” e “Quelque chose d’organique”, de Bertrand Bonello

xoves, 1 decembro 2011, 9:37 | Category : cinema
Tags : , , ,

Venres Quelque chose d'organique2
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do ciclo "Bertrand Bonello", proxección de "Where the boys are" (Francia, 2001, 22 minutos, V. O. S. en galego). Dirección e guión: Bertrand Bonello. Catro mozas soñan con atopar o amor mentres asistimos á fin da construción dunha mezquita nunha praza dos arrabaldes de París; e "Quelque chose d'organique" (Francia-Canadá, 1998, 90 minutos, V. O. S. en galego). Dirección e guión: Bertrand Bonello. Paul e Marguerite parecen amarse despois de cinco anos de relación. A primeira longametraxe de Bonello segue liñas mestras trazadas antes por Eustache ou Garrel, unha análise dun amor que semella visceral e orgánico e que quizais estea en proceso de desintegración. Silencios, corpos, músicas, dualidades, Bonello xa perfila os valores da súa filmografía futura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carteleira de cinema no Fórum Metropolitano do 1 ao 3 de decembro

mércores, 30 novembro 2011, 10:00 | Category : cinema
Tags : , , , ,

"Some voices", Some voicesde Simon Taxi driverCellan Jones (Reino Unido, 2000, 103 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 13 anos, na Sala Marilyn Monroe, dentro do ciclo Dereitos humanos. Ray sae do psiquiátrico para vivir co seu irmán maior. A súa nova vida sofre un brusco cambio ao namorarse dunha rapaza embarazada que se move en ambientes pouco recomendables. Proxeccións: xoves 1 ás 20:15; venres 2 ás 20:15 e 22:45; sábado 3 de decembro ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 euros.

"Taxi driver", de Martin Scorsese (Estados Unidos, 1976, 114 minutos, V. O. en castelán), N. R. M. de 13 anos, dentro do ciclo Títulos de sempre, na Sala Fernando Rey. Un dos films máis sórdidos e impactantes dos 70. Travis Bickle, veterano de Vietnam e home solitario e introvertido, padece insomnio, o que lle permite conseguir un traballo como taxista nocturno en Nova York. Co tempo, chega a coñecer todos os ambientes da cidade, desde as mansións residenciais aos barrios máis sórdidos. Nunha ocasión, namórase dunha rapariga chamada Betsy ante a mesmísima oficina dun candidato á presidencia. A partir dese día sempre detén o seu coche no lugar indicado, coa esperanza de ver á súa amada. A pesar dos seus desvelos, só obtén resultados cando decide presentarse voluntario na campaña do político para quen ela traballa. Proxeccións: xoves 1 ás 20:30; venres 2 ás 20:30; e sábado 3 ás 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Contact high”, de Michael Glawogger

mércores, 30 novembro 2011, 9:31 | Category : cinema
Tags : , ,

Xoves Contact high1
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do ciclo "Xéneros mutantes (I)", proxección de "Contact high" (Austria-Polonia-Luxemburgo-Alemaña, 2009, 98 minutos, V. O. S. en galego). Dirección: Michael Glawogger. Filme fóra de categorías e adscricións, tanto comedia chea de situacións equívocas -a historia de Hans e Max- e próximas ao absurdo como sutil combinación de rexistros, do filme de estrada ao romance trash.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Valhalla Rising”, de Nicolas Winding Refn

martes, 29 novembro 2011, 9:30 | Category : cinema
Tags : , ,

Mércores Valhalla rising30
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do ciclo "Xéneros mutantes (I)", proxección de "Valhalla Rising" (Gran Bretaña-Dinamarca, 2009, 93 minutos, V. O. S. en galego). Dirección: Nicolas Winding Refn. One-Eye, un guerreiro mudo de enorme fortaleza, foxe dunha cautividade prolongada. El e o cativo Are viaxan nunha nave vikinga. En medio da néboa atopan unha terra descoñecida. Trip de aventuras hipnótico, fantástico, apocalíptico, singular e cheo de beleza.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: proxección de “La leyenda de la fortaleza de Suram”, de Sergei Parajanov

luns, 28 novembro 2011, 9:40 | Category : cinema
Tags : , ,

Luns Portas Ártabras28
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22, baixo)
19:45
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección, no ciclo "O cine e Armenia", da película "La leyenda de la fortaleza de Suram" (1968), de Sergei Parajanov.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: proxección de “Tríptico”, de “A Banda A”

luns, 28 novembro 2011, 9:33 | Category : cinema
Tags : , , , , ,

Martes A. C. Alexandre Bóveda29
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección da curtametraxe "Tríptico" de "A Banda A", un traballo no que se suman tres interaccións, tres motivacións e tres nexos comúns entre cada unha das personaxes. Con el "A Banda A" aposta polo feminino, facéndoo patente en cada unha das súas tres partes: "Malia", "Recunchos" e "Andares Anónimos".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Rubber”, de Quentin Dupieux

luns, 28 novembro 2011, 9:15 | Category : cinema
Tags : , ,

Martes Rubber29
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).

Dentro do ciclo "Xéneros mutantes (I)", proxección de "Rubber" (Francia-Angola, 2010, 82 minutos, V. O. S. en galego). Dirección, guión e fotografía: Quentin Dupieux. Un filme metalingüístico e absolutamente atípico que subvirte a noción tradicional dos xéneros. Unha roda asesina en medio dun desolado deserto californiano. Un coche da policía, a obsesión por unha muller, poderes telepáticos, criaturas de todo tipo. Dirixida polo músico electrónico francés Quentin Dupieux, alias Mr. Oizo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: proxección de “A maleta de Sofía”, de Marcos Gallego

Luns 28
Centro Galego de Artes da Imaxe (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección da película "A maleta de Sofía", de Marcos Gallego, recentemente estreada en Polonia no marco dunhas xornadas dedicadas a Sofía Casanova, de quen este ano se celebra o 150 aniversario do seu nacemento. Este acto é o colofón á exposición bibliográfica que desta autora se fixo durante este mes de novembro na Biblioteca Municipal de Estudos Locais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Sonatas”, de Juan Antonio Bardem

venres, 25 novembro 2011, 9:30 | Category : cinema
Tags : , ,

Sábado Sonatas26
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Ciclo "Off Galicia", proxección de "Sonatas" (España-México, 1959, 105 minutos). Dirección e guión: Juan Antonio Bardem. Coprodución hispano-mexicana que adapta dúas das "Sonatas" de Valle-Inclán, logo de descartar Bardem unha versión de "Tirano Banderas". A historia dun marqués de Bradomín en medio de disputas políticas, históricas e amorosas aparece influida polas derivas do neorrealismo italiano (o Visconti de "Senso"). Bardem superpón unha historia política en dous espazos: a España de 1824 (inclúe a presenza da tradición cultural galega e parte do seu repertorio etnográfico-mítico) e o México da década seguinte.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: mesa redonda e proxección de “Grbavica”, de Jasmila Sbanic

xoves, 24 novembro 2011, 9:30 | Category : cinema, mesas redondas
Tags : , ,

Venres Grbavica25
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "Por unha nova mirada. O cine ante a Violencia de Xénero", mesa redonda sobre "O cine, unha mirada cómplice na violencia contra as mulleres?", coa presenza de Pilar Aguilar e Chelo Loureiro; e, ás 20:45 horas, "Grbavica" (Alemaña-Austria-Bosnia-Croacia, 2006, 101 minutos, V. O. S. en castelán). Dirección e guión: Jasmila Sbanic. Tempo despois da Guerra da Iugoslavia. Esma vive coa súa filla Sara no barrio de Grbavica (Sarajevo). Organízase unha viaxe no colexio e Esma quere que a súa filla Sara, de doce anos, participe. Sara precisa presentar un certificado que acredite que o seu pai morreu como un mártir na guerra para conseguir un desconto. A situación económica de Esma fai que traballe polas noites de camareira nunha discoteca. Sara quere saber as circunstancias da morte do seu pai e mesmo sofre as burlas dos compañeiros. Esma, perseguida polos violentos acontecementos do seu pasado, asiste a unha terapia de grupo no Centro de Mulleres do barrio. Que feitos terribles garda na súa memoria?

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carteleira de cinema no Fórum Metropolitano do 24 ao 26 de novembro

mércores, 23 novembro 2011, 10:10 | Category : cinema
Tags : , , , ,

"De profundis", De profundisde MiguelanxoMr. Nobody Prado (España-Portugal, 2006, 81 minutos, V. O. en galego), para todos os públicos, na Sala Marilyn Monroe, dentro do ciclo Cine e natureza. A viaxe ao fondo do mar dun pintor que sempre quixo ser mariñeiro para navegar entre as medusas, as estrelas de mar e os peixes de mil cores. Unha viaxe para descubrir a emocionante beleza e os misterios das profundidades. Proxeccións: xoves 24 ás 20:15; venres 25 ás 20:15 e 22:45; sábado 26 de novembro ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 euros.

"Mr. Nobody", de Jaco van Dormael (Francia, 2010, 142 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 7 anos, dentro do ciclo Terror e ciencia-ficción, na Sala Fernando Rey. Nemo Nobody, un home de 118 anos no ano 2092, é o último mortal nun mundo de persoas inmortais grazas aos avances científicos. No seu leito de morte, revive todas as vidas polas que puido pasar. Proxeccións: xoves 24 ás 20:30; venres 25 ás 20:30; e sábado 26 ás 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Debido á súa longa duración só se emitirá ás 20:30 horas os tres días.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google