Sala Filomatic: Cabaré Manicómicos

xoves, 1 decembro 2011, 9:44 | Category : cabaré, circo, danza, espectáculos, teatro
Tags : ,

Venres cabare-manicomicos-621x10242
Sala Filomatic (Rúa San Xosé, 21)
22:00
Entradas: 4 euros.

"O mar anda revolto… Non afoguedes!!! Invitámosvos a embarcar noutra aventura máis dos Manicómicos… delirante, metabolizante, indestructible, irónica, indecente, inagotable… con estilo propio! Máis de 10 artistas en diferentes disciplinas: clown, danza, teatro xestual, malabares, monólogos… Permitídevos ser os nosos náufragos particulares! Actuarán: Uxía Vázquez, Guillermo Portas (Guille), Marcial Blanco e Paco Alvarellos (Paco e Xaco), Marta Mato, Ángela Blanco, Carlos Sante, Lorena Tomé, Keke Díez, Vanessa Rivas, Mónica Suárez e Daniel Lozano."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cursos de formación Manicómicos 2011-2012

A. Manicómicos formaciónC. Manicómicos (Rúa Andrés Gaos, 16, baixo)
Inscricións e máis información:
- Teléfonos 692213292 – 981262604
- Correo electrónico:  manicomicos at hotmail.com
- Páxina web: Formación Manicómicos 2011-2012.

Comeza unha nova tempada de formación na A. C. Manicómicos. Máis cursos, máis completos, máis divertidos, máis tolos, máis manicómicos!!!
- Ioga, con Irene Liaño – Luns 10:00–11:30 h. O Ioga comprende unha serie de posturas e exercicios de respiración que constitúe un sistema de mellora física e mental para calquera idade e condición.
- Canto e técnica vocal, con Carmen Rey – Luns 11:30–13:00 h. Aprender a respirar, colocar, afinar e proxectar a voz, como base para cantar e preparar un repertorio variado de cancións individuais ou en grupo.
- Teatro xuvenil (de 12-17 anos) con Teresa Babío – Martes 18:30–20:00 h. Dende a improvisación, o xogo, o teatro físico, a escoita grupal, e o desenrolo do talento persoal, iremos construíndo un espectáculo colectivo.
- Creación escénica, con Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro – Luns 20:00–23:00 h. Posta a punto áxil de cara á montaxe dun espectáculo colectivo que será representado a final do curso. Para antigos alumnos ou xente con experiencia.
- Pilates, con Ana Duro – Martes 10:00–11:30 h. Un programa específico de traballo corpo-mente para reeducar a nosa postura e conseguir melloras eficaces nos nosos hábitos.
- Danza, monográficos, con David Loira – Martes 11:30–14:30 h. A idea é levar adiante tres monográficos de danza contemporánea durante o curso, dende un punto de vista cercano á creación.
- Teatro infantil (de 4-11 anos), con Teresa Babío – Martes 18:30–20:00 h. Unha forma divertida de achegar os peques ao mundo do teatro mediante o xogo e a expresión corporal para facer unha creación colectiva a fin de curso.
- Teatro en movemento, con Gonçalo Guerreiro – Martes 20:30–22:30 h. Xogo físico, teatro xestual, pantomima, cine mudo, bufón, commedia dell’arte… Desenvolve a espontaneidade corporal, o instinto e a percepción.
- Escritura teatral, con Fabiana Gastaldello – Mércores 11:00–12:30 h. Aprende a producir textos a través dun método que esperta a creatividade, nutríndose de literatura, cinema, teatro, xeometría, música, movemento…
- Técnicas de circo (adultos), con Chusmi e Marta Iglesias – Mércores 20:30–22:30 h. Coñece as técnicas básicas das diferentes disciplinas circenses: malabares, acrobacias, equilibrios, aparatos…
- Clown e improvisación, con Carlos Sante – Xoves 20:30-22:30 h. Xogo dramático, presenza escénica, improvisación, clown, creación de personaxes. Un xeito rápido de aprender as normas do xogo teatral escénico.
- Técnicas de circo (peques), con Chusmi e Marta Iglesias – Venres 17:30-19:00 h. Toma de contacto inicial co mundo do circo a través das técnicas de malabares, acrobacias e equilibrios, potenciando a actividade física dun xeito lúdico.
- Mimo, con Fabiana Gastaldello – Sábados 11:00-13:00 h. Coñece as técnicas fundamentais do mimo contemporáneo: o mimodrama moderno de Marcel Marceau e o mimo corporal dramático de Étienne Decroux.

As clases comezan o luns 17 de outubro no local da asociación e rematan cunha mostra pública de fin de curso a mediados de Xuño.

Descarga o dossier coa información completa dos cursos e profesores: DOSSIER FORMACIÓN MANICÓMICOS e o DÍPTICO FORMACIÓN coa información máis básica.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

XII Festival Manicómicos: actuacións do domingo 7 de agosto

A XII edición do Festival ManicómicosFestival Manicómicos remata con este programa para o domingo 7 de agosto. Todas as actuacións son de entrada libre e gratuíta:

Praza de María Pita:
- 19:00 h. DJ. Capuzzi & Srta. X: "Disco delivery" (Arxentina - Galicia).
- 20:00 h. Gala do Novo Circo Galego.

Xardíns de Méndez Núñez:
- 18:30 h. Circo Escarranchado: "Circo loco" (Euskadi-Galicia).
- 19:30 h. Circo Escarranchado: "Circo loco" (Euskadi-Galicia).

Campo da Leña / Praza de España:
- 19:00 h. Tanxarina: "Trogloditas" (Galicia).
- 20:00 h. Jiribilla: "Las polis" (Galicia).
- 21:00 h. Tanxarina: "Trogloditas" (Galicia).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

XII Festival Manicómicos: actuacións do xoves 4 de agosto

O Festival ManicómicosFestival Manicómicos chega á súa XII edición, co seguinte programa para o xoves 4 de agosto. Todos os espectáculos teñen entrada libre e gratuíta:

Praza de María Pita:
- 19:00 h. Boni: "In Situ" (Cataluña).
- 20:00 h. Los Green Chinchón: "¡¡¡Greennkirikiii...!!!" (Madrid).
- 21:00 h. Capitán Maravilla Productions: "Mono A - Mono B" (Madrid).

Xardíns de Méndez Núñez:
- 19:00 h. Amontonados por azar: "h2oLGA" (Arxentina).
- 20:00 h. Ouch Entertainment: "Cirque du Sally" (Irlanda).
- 21:00 h. Amontonados por azar: "h2oLGA" (Arxentina).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

IV “Festival Empape”: actividades do sábado 2 de xullo

Estas anvson as actividades do sábado 2 de xullo no IV "Festival Empape":

* NOVO PARQUE DE OZA
- 12:30 h. DARAOMAI (Francia-Barcelona) – 1, 2, 3, poma!. Dous acróbatas poliédricos e dinámicos veranse iniciados seducidos no misterio dunha mazá por un "Monsieur Loyal" absurdo e comediante. Coa axuda do público iníciase unha viaxe ao corazón da mazá.
* PRAZA DE PONTEVEDRA
- 19:00 h. LUSCO E FUSCO (Galicia) – Viaxes. Espectáculo multidisciplinar onde o teatro físico, a danza e o novo circo se conxugan para crearen un código propio de expresión co que contar ao público as inquedanzas que nos invaden.
- 19:30 h. IKER GÓMEZ (Madrid) e RUT BALBÍS (Galicia) – Apple Urban Drama. Adaptación para espazos non convencionais dun dos episodios da obra escénica "Apple love".
* ROMPEOLAS (Paseo Marítimo)
- 19:50 h. MARTA ALONSO (Galicia) – Baila un vestido verde (Colaboración Programa Leonardo-CCG). Danza de rúa que xoga e convida a xogar.
* PARQUE DO MATADEIRO
- 20:30 h. ÁNGEL MONTERO (Galicia) – Queda por chover. Esta obra fálanos sobre eses orballos crónicos que nos achegan á lembranza, as que un padece no peso da soidade.
- 20:45 h. PROYECTO D_RUSES (Zaragoza) (Jordi Vilaseca – Mickael Marso) – Citeaux . (Estrea en Galicia). Mosteiro, desamortización, declive, o estrutural, a base, dexeneración, limpeza, arte, liberdade, simplicidade, como conclusión do que supuxo a Orde do Císter para o Mosteiro de Rueda e o que verá o público entre os bailaríns.
* ARREDOR DA DOMUS
- 21:00 h. GALICIAN URBAN PROJECT (Galicia) – Exhibición de Parkur. Grupo de Parkur nado en Vigo con case 5 anos de experiencia, e cun nivel recoñecido xa mundialmente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Centro Ágora: “Aparente-mente”, por A. C. Manicómicos

Mércores Aparente-mente29 e xoves 30
Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n. Ao lado do IES Agra do Orzán)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

"Aparente-mente" é un espectáculo que xorde logo do obradoiro de Creación Escénica que se leva a cabo dentro do programa de formación en artes escénicas da A. C. Manicómicos, cun elenco que mestura artistas de diferentes disciplinas como o clown, o teatro xestual, o bufón, o cabaré, a danza ou o novo-circo, baixo a dirección de Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro. "Aparente-mente" trata, aproveitando as disciplinas antes mencionadas, o tema tan actual na sociedade moderna das apariencias, do que amosamos na nosa capa social externa que ás veces oculta o noso verdadeiro ser. Que hai baixo a variedade de máscaras que nos poñemos cada días das nosas vidas para estar aquí ou alá? como aprendemos a xestionar o seu uso segundo a situación social na que nos desenvolvemos? que deixamos de dicir cando non nos atrevemos a facelo? que imaxe ofrecemos de nós mesmos ante un mundo que xa por si mesmo non sabe vivir sen elas? Con: Vanessa Rivas, Paco Alvarellos, Cristina Ramallal, Maruxa Marsal, Teresa Babío, Raquel Mosquera, Carmen Cotelo, Yago Concejo, Ate, Uxía Vázquez, Tareixa Cambeiro, Mónica Suárez, José Varela e Marcial Blanco. A Asociación Cultural Manicómicos ven desenrolando dende o seu nacemento no 2004 un enorme labor de promoción das artes escénicas, con numerosas actividades, aparte das súas creacións teatrais, tales como o seu "Festival Internacional de Teatro Cómico", a súa escola de formación -que na actualidade desenvolve un amplo programa que dá cabida a 12 cursos diferentes-, ou a xestión e dinamización cultural con cantidade de proxectos, desenvolvidos polos seus máis de 60 socios na actualidade, e leva participado en diferentes circuítos culturais con espectáculos de creación propia, que levaron o sorriso e a diversión a cantidade de espectadores, tales como "Casting", "Os Colombaíños", "Cabaré Manicómico", "Almacabra", "Making of" ou "Deprimidos ao río".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Xornadas do Cárcere”, actividades do mércores 8 de xuño

Comezan Xornadas Cárcereas "Xornadas do Cárcere" na Antiga Prisión Provincial, promovidas polo Proxecto Cárcere, cun amplo programa de actividades que chegará até o sábado 11 de xuño.

As actividades do mércores 8 son as seguintes:
- 19:00 h. Inauguración das Xornadas: Lectura do manifesto da Plataforma Proxecto Cárcere, acompañados do saxofonista Marcos Casás.
- 19:15 h. Inauguración da exposición "Liberdad.é".
- 20:00 h. Debate aberto: "Producción e xestión cultural". Debate sobre alternativas aplicábeis ao Proxecto Cárcere de xestión e producción cultural. CSO Atochas, Culture Workers, Manicómicos…
- 21:30 h. Obradoiro a cargo de Fredi Muíños (A. C. Manicómicos).
- 22:00 h. Concerto de Manu Clavijo.
Actividade continua:
- Demostración e degustación: "Cociña solar e consumo responsábel". Juan Bello e Cooperativa Zocamiñoca.
- Mural participativo: "Cultura-Sociedade-Memoria". Plataforma Proxecto Cárcere.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Xornadas do Cárcere”, do 8 ao 11 de xuño

A Plataforma Proxecto Cárcere convida Xornadas Cárcerea participar das Xornadas de Portas Abertas no Antigo Cárcere Provincial da Coruña que terán lugar do mércores 8 ao sábado 11 de xuño. A inauguración das xornadas está prevista para o mércores 8 de xuño ás 18:30 horas.
Durante as xornadas realizaranse actividades sociais, culturais e da memoria organizadas por diversas persoas e colectivos da nosa cidade co fin de mostrar o grande potencial que ten este edificio, noutroras símbolo da represión, como espazo de encontro e liberdade dende onde a cidadanía podamos participar activamente na construción da nosa comunidade.
As xornadas son un paso máis nun proceso que comezou a finais do 2010 cando un grupo de aproximadamente 40 persoas e colectivos decidiu constituir a Plataforma Proxecto Cárcere e traballar conxuntamente cara á recuperación do antigo cárcere como centro sociocultural e da memoria. Por iso, alén de visibilizar in situ esta iniciativa enchendo o cárcere de actividades e persoas, e de promover o apoio e participación da sociedade coruñesa, pensan as xornadas como unha oportunidade de debater e reflexionar sobre a construción do proxecto xa cara a presentación futura dunha proposta firme e consensuada desde a participación e xestión cidadá. Con este fin haberá debates abertos á participación de todas as persoas e colectivos interesados en temas como: modelos de xestión e financiamento, titularidade do espazo, participación cidadá, construción de comunidade, creación e producción artistica, tecido asociativo da cidade, etc.
Alén da programación de actividades tamén se poderá visitar no mesmo cárcere de forma aberta durante os 4 días de xornadas a exposición LIBERDAD.É. Esta exposición é o resultado dun chamamento aberto para producir obras que explorasen o concepto de Liberdade como símbolo de ruptura co espazo que o cárcere ten representado historicamente no noso imaxinario. Nesta exposición participan por volta de 20 artistas con esculturas, videoarte, fotografía, pintura, instalacións, etc. A inauguración de LIBERDAD.É terá lugar o mércores 8 de xuño ás 19:15 h. despois da leitura do manifesto da "Plataforma Proxecto Cárcere".

PROGRAMA

Mércores 8:
19:00.- Inauguración das Xornadas: Lectura do manifesto Plataforma Proxecto Cárcere, acompañados do saxofonista Marcos Casás.
19:15.- Inauguración da exposición "Liberdad.é".
20:00.- Debate aberto: "Producción e xestión cultural".
21:30.- Obradoiro a cargo de Fredi Muíños do colectivo Manicómicos.
22:00.- Concerto de Manu Clavijo.
Actividade continua:
- Demostración e degustación: "Cociña solar e consumo responsábel". Juan Bello e Cooperativa Zocamiñoca.
- Mural participativo: "Cultura-Sociedade-Memoria". Plataforma Proxecto Cárcere.

Xoves 9:
19:00.- Debate aberto: "O movemento cidadán 15-M".
21:30.- Concerto de Álvaro Muras.
22:30.- "Cabaret As3": Carmen Cotelo, Noemí Miranda, Alba Fernández.

Venres 10:
16:50.- Feira de troco de obxectos. Rede Troco Coruña e Cooperativa Zocamiñoca.
17:00.- Charla-obradoiro: "Embarazo, maternidade e porteo respetuoso". Ser Doulas.
18:00.- Coloquio sobre feminismo e a lei da familia. Cafés Feministas.
19:00.- Debate aberto: "O futuro do cárcere. E ti que vas facer aquí?".
20:30.- Presentación mundial do Grupo Surrealista Galego.
20:30.- Performance: "Xénero Escea. Área de descanso". Compañía Gayo Pinheiro.
21:30.- Música: "Fados de Lisboa". Gonçalo Guerreiro.
22:00.- Danza: "Bótoche unha man?". Compañía Catro no metro.
Actividades continuas:
- "Da horta á mesa! Consumo consciente e responsabel". Cooperativa de Consumo Responsábel Zocamiñoca.
- Actividade participativa: Mural feminista. Colectivo Nomepisesofreghao.

Sábado 11:
11:30.- Concentración da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña coa presenza de persoas que estiveron no cárcere por motivos políticos, lectura do manifesto "Nós tamén estamos indignados" e colocación de panel conmemorativo.
17:30.- Palestra: "Represión franquista e vivencias na cadea". Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.
18:30.- Proxección do documental "O segredo da Frouxeira", coa presenza de Xosé Abad.

ACTIVIDADES PERMANENTES

- Recepción: Punto de información con dípticos, camisetas, chapas.
- Ordenador con web cam para "fichar ao público e participantes" (foto de frente e perfil).
- Paneis temáticos participativos onde a xente poda participar activamente no proceso.
- Espazo de proxeccións: Lugar onde se proxecten en bucle vídeos.
- Bar: Estará aberto durante todas as xornadas. Serviremos cañas, auga, refrescos e algún pincho.
- Radio: Cuac FM.
- Cobertura fotográfica: Ollo de vidro / Lomo colectivo.

CCCP from MrEIDANPELIS on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: Gala dos premios María Casares

Mércores 23
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Nova edición da gran festa do teatro galego, na que se darán a coñecer os gañadores nas trece categorías a concurso, retransmitida pola TVG. Previamente terá lugar un espectáculo de variedades do estraño circo do "Doutor Crisé", converténdose no fío condutor da Gala de entrega dos XV Premios de Teatro "María Casares". A temática escollida para o espectáculo pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) consistirá, segundo Carlos Sante, nun espectáculo inspirado nas feiras e circos que percorrían o mundo amosando artistas e monstros da natureza na mesma carpa. Tamén hai referencias a filmes como 'A parada dos Monstros' de Tod Browning ou 'O noviño Frankestein' de Mel Brooks. Ritmo de espectáculo terrorífico… bailarinas zombis, cómicos excéntricos, trapecistas vampiros, cabareteiras siamesas e números sorpresa…". Esta proposta, que partiu de Willy Éter e Carlos Sante, foi a escollida nun concurso de propostas para esta gala, que é a gran festa anual do teatro galego. A dirección conxunta do espectáculo corre a cargo de Carlos Sante e de Juanillo Esteban. A dirección musical será de Gastón Rodríguez; a idea orixinal e guión, de Willy Éter; Suso Montero é o autor da imaxe gráfica da gala así como do deseño da escenografía e vestiario; produción executiva e coordinación xeral de Marta Horjales. Gonçalo Guerreiro (caracterizado como o Doutor Crisé) será o presentador acompañado por Pedro Brandariz (como o seu axudante Casemorro). No elenco tamén haberá bailarinas (Nuria Sotelo e Ángela Blanco), actrices (Sue Moreno, Yolanda Paz, Vanessa Maceiras e Irene Liaño), trapecistas (Girisho Gordon e Raquel Veganzones) acróbatas (Fredi Muiño e Pablo Reboleiro); monologuista (Juanillo Esteban); e clown (Johnny Melville). Os músicos da cerimonia serán: Gastón Rodríguez, Fernando Lamas, Ricardo Marcos Casás e Juan Tinaquero.
Os Premios de Teatro María Casares contan con 13 categorías: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal, mellor adaptación- tradución, mellor texto orixinal, mellor escenografía, mellor actriz secundaria, mellor actor secundario, mellor actriz protagonista, mellor actor protagonista, mellor dirección e mellor espectáculo. Este ano 11 espectáculos, dos 37 que se presentaban acadaron algún posto de finalista. A eles hai que sumar o Premio de Honra Marisa Soto, que neste 2011 recae no actor, autor e director Xan Cejudo. Con este galardón, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia quere recoñecer a longa traxectoria e a singular contribución de Xan Cejudo á profesionalización do teatro en Galicia. Os XV Premios María Casares contan coa colaboración, entre outros, de AGADIC, Concello da Coruña, Fundacion AISGE, Novacaixagalicia, GADISA , Concello de Ames, Cadena Ser e TVG.
Desde a Concellaría de Cultura animamos a todo a cidadanía a disfrutar do espectáculo e de toda a Gala.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía de Castro: “Circus Klezmer”, no XI Festival Manicómicos

venres, 11 marzo 2011, 14:09 | Category : circo, teatro
Tags : , ,

Domingo 13
Teatro Rosalía de Castro
19:00
Entradas: 6, 8, 11 e 15 euros (abono de 3 ou máis entradas -25%; socios Manicómicos, carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).

Para finalizar o "XI Festival Manicómicos", actuación do "Circus Klezmer". Espectáculo de novo circo no que os números circenses (acrobacias, malabares etc.) acompañan a unha historia e a uns personaxes ben definidos e incorporados, algunhas veces, as outras artes escénicas como, neste caso, a música klezmer. Nun pobo do leste de Europa que non queda nin preto, nin lonxe. Nunha época que non é nin a de agora, nin a de antes, nin despois, está a cociñarse un gran banquete. A xente do pobo está moi entusiasmada e vai dun lado a outro facendo malabares, acrobacias e mil peripecias… porque se achega un día moi especial. Idea orixinal e dirección: Adrián Schvarzstein, con música en vivo (acordeón, violín, clarinete), teas e trapecio, malabares e acróbatas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Noitenova Primavera 2010

venres, 7 maio 2010, 18:32 | Category : Arte, circo, danza, espectáculos, lingua, música, teatro
Tags :

A partir do 8 de maio

noitenova

Disfruta coas novas actividades de Noitenova para esta finde: xogo "O misterio das pedras", cociña exótica, billarda, bailes latinos... INSCRÍBETE XA! Esta quinta edición de Noitenova intenta ofrecer unha serie de actividades de balde, para mozos e mozas de 14 a 30 anos, para que as teñan en conta á hora de planificar a súa fin de semana. Son actividades deportivas, artísticas, audiovisuais, circenses..., boa parte preparadas por asociacións e colectivos xuvenís, coa única finalidade de que pasen un momento agradable divertido coa súa xente e con outras mozas e mozos. Esperámoste!
Descarga o folleto dende aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Gala VI Aniversario de Manicómicos

sábado, 2 xaneiro 2010, 21:00 | Category : circo, espectáculos, teatro
Tags :

O domingo 3 de xaneiro no Teatro Rosalía de Castro ás 19 horas, Gala VI Aniversario de Manicómicos. Malabares, acróbatas, clowns e trapecistas en homenaxe a Carlo Colombaioni. O prezo das entradas é de oito euros, e existe un abono familiar para tres persoas por dezaseis euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixanova na rúa: malabares con Javi Javichi e Roi Sixto

sábado, 4 xullo 2009, 21:00 | Category : circo, espectáculos
Tags : , ,

javijavichiJavi Javichi, coñecido como El Malabarista de la Pista, é un dos clowns máis polifacéticos do momento. Actor e malabarista, o seu espectáculo é unha mestura de humor e risco mediante o uso de malabares, diábolos, mazas ou pelotas; realiza equilibrios sobre cilindros e fusiona a técnica circense e o humor máis clásico. Con esta divertida produción de rúa, Javi Javichi logra conectar co público de xeito directo, cunha proposta artística fresca e orixinal que convence dende o primeiro momento.

JAVI JAVICHI: domingo 5 de xullo ás 12:30 no Obelisco e ás 17:00 no Paseo Marítimo.

roisixtoNo seu divertido espectáculo Roi Sixto crea unha personaxe imaxinaria da cal xorden unha infinidade de aparellos cos que facer malabares e espectaculares xogos. A pesar da destreza que demostra, Roi non se deixa vencer polo fácil virtuosismo e combina as súas rutinas con outras técnicas artísticas, coma o clown ou o teatro de rúa. Pelotas, mazas, aros, diábolos e até un monociclo saen da súa maleta nun orixinal número que constata que estamos ante un dos mellores shows unipersoais da escena galega. Roi Sixto é un novo malabarista ferrolán que representa a nova xeración de artistas de rúa e de novo circo que emerxeu en Galicia nos últimos anos e que, pouco a pouco, están conquistando as prazas e teatros galegos.

ROI SIXTO: domingo 5 de xullo ás 13:30 na Praza de Vigo e ás 18:00 no Paseo Marítimo

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixanova na rúa: novo circo con Los Chatos

venres, 3 xullo 2009, 20:00 | Category : circo
Tags : ,

loschatosO dúo Los Chatos ofrece un show variado e de gran calidade no que o espectador é transportado a un fascinante mundo sen fronteiras: danza, teatro, acrobacia, lume e maxia mestúranse harmoniosamente creando unha atmosfera onde todo é posible. E sempre, cun mesmo obxectivo: a risa do público. Veñen de presentar o seu espectáculo en diversos festivais e cidades de España, Italia, Suiza, Austria e Alemaña onde recolleron un gran éxito. No ano 2006 resultaron gañadores do Festival degli artisti di strada di Aosta (Italia). En 2007, Los Chatos gañaron o Festival Et Voilà en Castell'Arquato (Italia) e quedaron segundos no Milano Clown Festival (Italia) .

LOS CHATOS: sábado 4 de xullo ás 12:00 no Obelisco e ás 19:30 na Praza de Lugo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixanova na rúa: programa completo

martes, 30 xuño 2009, 14:00 | Category : ciencia, cinema, circo, danza, maxia, música, obradoiros
Tags :

caixanova-na-ruaMércores 1 de xullo

De 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30: Cúpula Caixanova, no Obelisco.
12:30: Macadam Piano, no Obelisco
12:30: Djuggledy, na Praza de Lugo
18:00: Macadam Piano, na Rúa Real
18:30: Djuggledy, na Praza de Vigo
19:00: Os Viqueiras, na Praza de Lugo
19:30: Macadam Piano, na Praza de Vigo
23:00: Cinema, na Praza de Vigo

Xoves 2 de xullo

De 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30: Cúpula Caixanova, no Obelisco
12:30: Dado, no Paseo Marítimo
18:00: Bollywood Brass Band, da Praza de Lugo á Praza de Pontevedra
18:00: Sienta la cabeza, na Rúa Real, esquina Rúa Agar
18:30: Dado, na Praza de Vigo
20:00: Bollywood Brass Band, na Praza de Vigo
23:00: Cinema, na Praza de Vigo

Venres 3 de xullo

De 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30: Cúpula Caixanova, no Obelisco
18:00: Hortzmuga, no Obelisco/Cantóns
18:00: Obradoiro de pintura a cargo de Branda, na Praza de Vigo
20:00: Mr. Dixie, na Praza de Vigo
23:30: Kull d’Sac, da Praza de Mina a Correos

Sábado 4 de xullo

De 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30: Cúpula Caixanova, no Obelisco
12:00: Los Chatos, no Obelisco
12:30: Maku Jarrak, na Praza de Lugo
18:00: Maku Jarrak, na Praza de Vigo
19:00: Banda de gaitas da Deputación de Pontevedra, no Paseo Marítimo
19:30: Los Chatos, na Praza de Lugo
20:00: Mr. Dixie, na Rúa Real
20:00: Cuarteto de guitarras de Lisboa, na Praza de Vigo
22:30: CatPeople, na Torre de Hércules
24:00: Krakovia, na Torre de Hércules

Domingo 5 de xullo

De 11:00 a 14:00: Cúpula Caixanova, no Obelisco
12:30: Javi Javichi, no Obelisco
12:30: Os Viqueiras, na Praza de Vigo
13:30: Roi Sixto, na Praza de Vigo
17:00: Javi Javichi, no Paseo Marítimo
18:00: Roi Sixto, no Paseo Marítimo.

Descargar dossier: PDF comprimido, 11,4 MB.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google