Volve Caixanova na Rúa
Caixanova volve levar ás rúas as representacións dos teatros, as películas dos cines, a música das salas de concertos… Entre o 1 e o 5 de xullo terá lugar nas rúas e prazas da Coruña unha nova edición de caixanova na rúa, un programa pensado para todos e repleto de espectáculos inéditos en A Coruña: maxia, pop, rock, teatro, novo circo, pintura, cine, pirotecnia, jazz, fantasía, música étnica…
Durante estes días, os puntos máis emblemáticos da cidade converteranse en escenario de máis de corenta espectáculos: a Torre de Hércules, as Prazas de Lugo e Vigo, rúa Real, Paseo Marítimo… Lugares habituais de reunión, de paseo, de conversación, transformaranse en espazos culturais aos que Caixanova levará a arte para o goce de públicos de todas as idades. Cinco días, máis de vinte artistas, máis de corenta espectáculos… Unha invitación a participar da rúa e os artistas con espectáculos procedentes de Alemaña, Arxentina, India, Galicia, Euskadi ou Madrid… Risas, emocións, sentimentos… Volve Caixanova na Rúa!
Descargar dossier: PDF comprimido, 11,4 MB.
Máis de 6.000 espectadores disfrutaron do espectáculo do Cirque Éloize
A compañía canadense Cirque Éloize puxo fin na Coruña a súa xira mundial con catro funcións que fixeron as delicias do público galego. Chegaron á nosa cidade cunha notable expectación e converteron o Coliseum nun gran auditorio que debeu ser acondicionado para acoller as máis de quince toneladas de estruturas que farían posible un espectáculo máxico. Mostraron o seu apoio á Torre de Hércules nada máis chegar e avisáronnos de que querían chegar á alma dos espectadores. Encandilaron ás dúas mil persoas que puideron asistir á estrea do xoves. Exclamacións de admiración e sorpresa, gargalladas, respectuosos silencios diante do risco e aplausos intermitentes ata a sonora ovación final.
Desde lactantes ata octoxenarios ocuparon as butacas dun Coliseum que non se cansou de escoitar "que marabilla de espectáculo...", "isto non se pode explicar, hai que velo...", "non é posible que xa pasen dúas horas", "cando volven a España?”, “onde os podemos ver?". A compañía despediuse o sábado nunha función na que tres dos seus integrantes poñían fin ás súas carreiras co circo, coa que culminaban unha xira de nove meses e coa que se puña punto final a un cúmulo de relacións humanas, nun grupo tan especial que ata ten un bebé entre os integrantes da expedición. Todos estes aspectos encheron de emotividade o ambiente, emotividade que o público rapidamente recoñeceu e que soubo corresponder con aplausos nunha desas veladas que quedan gravadas para sempre na memoria.
Gran éxito do Cirque Éloize no seu debut na Coruña

Onte pola tarde-noite o Coliseum recibiu a esta compañía cunha gran expectación. Máis de dúas mil persoas de todas as idades entraron rapidamente no xogo proposto desde o escenario con exclamacións, gargalladas, respectuosos silenciosos e moitos, moitos aplausos. Hoxe venres representarase a segunda función ás 22:30 h. e trala dobre función do sábado a compañía volverá a Canadá poñendo fin a nove meses de xira mundial do espectáculo RAIN, con especial énfase en España, onde recibiu eloxio tras eloxio nas 15 cidades visitadas.
Lugar: COLISEUM
Horario: Venres 5 de Xuño, 22:30 h. Sábado 6 de Xuño, 16:30 h e 22:30 h.
Entradas: Cadeiras Pista 30 €, Tendido Baixo 25 € e Tendido Medio 20 €. Á venta no despacho de billetes da Praza de Ourense de luns a venres de 9.30 a 13 horas e de 16.30 horas a 19.30 horas; na web de Servinova ou no teléfono 902504500, e no Centro Comercial Cuatro Caminos.
Rain, como chuvia nos teus ollos, desde o xoves até o sábado no Coliseum
Desde hoxe e até o próximo sábado poderemos disfrutar no Coliseum co abraiante espectáculo do Cirque Éloize RAIN - Como chuvia nos teus ollos, un espectáculo poético onde as músicas e as acrobacias forman un conxunto de sensualidade e beleza indescritible. Toda unha viaxe introspectiva cara a infancia onde cada escena reflicte un xogo inocente e melancólico en torno á auga como elemento purificador. Malabaristas, acróbatas, comediantes, bailaríns, clowns, equilibrio sobre mans, columpios, corda frouxa, barra de equilibrio, pirámides humanas... o Cirque Éloize ofrece desde 1993 unha nova maneira de mesturar teatro, danza e artes circenses. A compañía canadense, unha das máis prestixiosas do mundo, senta as bases do seu traballo no virtuosismo, o humor, a elegancia e o lirismo. Éloize non só persegue sorprender, tamén emocionar. E Rain é o mellor exemplo.
Lugar: COLISEUM
Horario: Xoves 4 de Xuño, 21:30 h. Venres 5 de Xuño, 22:30 h. Sábado 6 de Xuño, 16:30 h e 22:30 h.
Entradas: Cadeiras Pista 30 €, Tendido Baixo 25 € e Tendido Medio 20 €. Á venta no despacho de billetes da Praza de Ourense de luns a venres de 9.30 a 13 horas e de 16.30 horas a 19.30 horas; na web de Servinova ou no teléfono 902504500, e no Centro Comercial Cuatro Caminos.
Os creadores de Rain: Daniele Finzi Pasca e o Cirque Éloize

DANIELE FINZI PASCA
Nado en Suíza, é un afamado autor, coreógrafo e director teatral que no 1983 fundou a súa propia compañía, Teatro Sunil, e que aínda dirixe, combinando esta actividade coa colaboración, como director e creador, en compañías teatrais e de circo de todo o mundo, entre elas Cirque Éloize e Cirque du Soleil. Polo espectáculo Rain-Como chuvia nos teus ollos foi nominado ao mellor director nos premios Drama Desk Award en Nova York. Entre outros importantes traballos, no 2006 dirixiu a cerimonia de clausura dos Xogos Olímpicos de Inverno en Turín.
CIRQUE ELOIZE
Nas Illas da Magdalena, no golfo de San Lorenzo (Québec) aos lampos de cálida luz vistos no horizonte se chámalles 'éloize'. Unha inspiración para os sete membros fundadores, este nome simboliza a calor e a enerxía que alimenta o espírito da compañía de circo canadense fundada hai 15 anos e que presenta unha nova maneira de mesturar teatro, danza e circo sobre o escenario. A compañía ofreceu máis de 3.000 actuacións das súas creacións nunhas 300 cidades e 30 países. Arredor de tres millóns de espectadores viron un espectáculo do Cirque Éloize, que acumula xa un gran número de premios en todo o mundo.
Lugar: COLISEUM
Horario: Xoves 4 de Xuño, 21:30 h. Venres 5 de Xuño, 22:30 h. Sábado 6 de Xuño, 16:30 h e 22:30 h.
Entradas: Cadeiras Pista 30 €, Tendido Baixo 25 € e Tendido Medio 20 €. Á venta no despacho de billetes da Praza de Ourense de luns a venres de 9.30 a 13 horas e de 16.30 horas a 19.30 horas; na web de Servinova ou no teléfono 902504500, e no Centro Comercial Cuatro Caminos.
O Cirque Éloize trae á Coruña o espectáculo Rain

Sinónimo de renovación e continua busca, Cirque Éloize é unha compañía de gran prestixio e recoñecemento internacional que leva desde 1993 creando espectáculos cheos de emoción e poesía nos que conxuga de forma inédita e orixinal diversas disciplinas artísticas. Máis de tres millóns de persoas gozaron das seis produccións orixinais que a compañía levou a máis de 300 cidades dos catro cantos do mundo. Se hai que buscar algunha referencia habería que situar ao Cirque Éloize na esfera das creacións do Cirque du Soleil, compañía na que colaboran algúns dos intérpretes e artífices de Rain.
RAIN "Como chuvia nos teus ollos" emocionou á crítica e ao público de todo o mundo e, entre outros, obtivo o premio Theatre Award á mellor produción en xira en Gran Bretaña. Escrita e dirixida por Daniel Finzi Pasca, un artista multidisciplinar de gran prestixio internacional, é unha creación sobre a memoria infantil, feita de momentos arrebatados ao tempo e conxelados para sempre. As máis difíciles acrobacias mestúranse coa poesía, o humor, e o mundo dos sentimentos nun todo que supón darlle unha volta máis ao concepto de artes circenses propio da recoñecida escola canadense.
Cunha concepción escénica perfectamente planificada, Rain é un espectáculo que ten alma, unha montaxe cheo de esperanza e alegría interpretado por un reparto de artistas de primeira fila que son ao tempo acróbatas, músicos e actores e teñen en común o seu gran sensibilidade sobre o escenario. A trama da obra desenvólvese durante o ensaio dun espectáculo de circo no que os actores intercambian miradas e revelan pequenas historias de amor, secretas paixóns, momentos de fantasía... hilvanados coa nostalxia dos recordos ligados á infancia. A auga, como símbolo de liberdade, ten especial importancia no espectáculo, no que, ademais de pingas, choven moitas sorpresas impregnadas de humor e dirixidas a espectadores de todas as idades.
Lugar: COLISEUM
Horario: Xoves 4 de Xuño, 21:30 h. Venres 5 de Xuño, 22:30 h. Sábado 6 de Xuño, 16:30 h. Sábado 6 de Xuño, 22:30 h.
Entradas: Cadeiras Pista 30 €, Tendido Baixo 25 € e Tendido Medio 20 €. Á venta no despacho de billetes da Praza de Ourense de luns a venres de 9.30 a 13 horas e de 16.30 horas a 19.30 horas; na web de Servinova ou no teléfono 902504500, e no Centro Comercial Cuatro Caminos.
O Cirque Éloize pechará a súa xira europea 2009 no Coliseum

A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou esta mañá no Coliseum o espectáculo Rain do Cirque Éloize que pechará a súa xira europea no Coliseum da Coruña os próximos días 4, 5 e 6 de xuño. Un espectáculo cheo de nostalxia da infancia e inspirado nas lembranzas da nenez do seu creador e director, Daniel Finzi Pasca, que dá como resultado un espectáculo refrescante, único e cunha marcada liña poética.
O Cirque Éloize está considerado por moitos como o mellor circo do mundo cuns artistas multidisciplinares que traballan dende a sensibilidade buscando sempre a mirada e a emoción do público. Trátase da única actuación que ofrecerá a compañía en Galiza e pechará con ela a súa xira europea deste ano.

Para promocionar non só este espectáculo senón tamén a multitude de artistas do novo circo galego, a Concellaría de Cultura organizou diversas actuacións na rúa a cargo da compañía Almacabra que trasladarán a maxia do circo aos distintos barrios da cidade. Así a primeira delas terá lugar este sábado 9 de maio ás 18.00 horas na praza de María Pita onde os que o desexen poderán gozar das acrobacias circenses e música en directo. Estes espectáculos repetiránse nos seguintes fins de semana na praza de Pontevedra, nos Rosais e Catro Camiños.

As entradas para o espectáculo do Cirque Éloize están xa a venta para o que será ademais a única actuación da compañía no noroeste peninsular. Haberá un total de catro funcións dende o día 4 até o 6 de xuño con función dobre o sábado. O precio das entradas vai dende os 20 a os 30 euros. Poden descargar imaxes, audios e vídeos sobre o espectáculo neste enderezo.
PistaCatro presenta o espectáculo Kamikaze
O vindeiro domingo 1 o Teatro Rosalía de Castro acollerá o espectáculo Kamikaze, da compañía PistaCatro Produtora de Soños. Baixo a dirección de Hernán Gené actuarán Alfonso Medina, Manuel Lago, Xabier Mera, Natalia Outeiro “Pajarito”, Antón Concheiro, Borja Fernández e Pablo Reboleiro. A función é ás 19:00, e o prezo das entradas é de 9 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 6 €).














