Mércores
29
Normal (Paseo de Ronda, 47)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
"Cita a dous" é un encontro entre dous creadores chegados de diferentes disciplinas artísticas, a partir dun pequeno manual de instrucións, na busca dun verdadeiro diálogo a partir do coñecemento artístico e persoal. Para iso, a parella convidada (en que unha das partes pertencerá sempre ao mundo da literatura) contará cun tempo previo á data sinalada para se mergullar na obra do outro, para entrar nela e facela súa… permitindo que, unha vez chegado o día da cita, non só xurda o encontro senón tamén o diálogo, a retroalimentación e a experiencia compartida. Nesta segunda cita contaremos cunha parella formada por música (Manu Clavijo) e poesía (Estíbaliz Espinosa), que porán voz, diálogo, proceso compartido, vivencias e experiencias a este encontro íntimo que busca falar, non só das obras finais que se mostran, senón tamén da relación que estas teñen con outras artes e daqueles diálogos e procesos compartidos que, a maior parte das veces, quedan ocultos. Coordina Antía Otero.