Fórum Metropolitano: proxección de “El Estudiante”, de Roberto Girault, e posterior cinefórum

Mércores el-estudiante-cartel15
Fórum Metropolitano
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección de "El Estudiante", de Roberto Girault (con posterior cinefórum dirixido pola profesora Carmen Costa). Está organizado pola Asociación Universitaria Alheira.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Xornadas do Cárcere”: actividades do venres 10 de xuño

Continúan Xornadas Cárcereas "Xornadas do Cárcere" na Antiga Prisión Provincial, promovidas polo Proxecto Cárcere, cun amplo programa de actividades que chegará até o sábado 11 de xuño.

As actividades do venres 10 son as seguintes:
- 16:50 h. Feira de troco de obxectos. Rede Troco Coruña e Cooperativa Zocamiñoca.
- 17:00 h. Charla-obradoiro: "Embarazo, maternidade e porteo respetuoso". Ser Doulas.
- 18:00 h. Coloquio sobre feminismo e a lei da familia. Cafés Feministas.
- 19:00 h. Debate aberto: "O futuro do cárcere. E ti que vas facer aquí?".
- 20:30 h. Presentación mundial do Grupo Surrealista Galego.
- 20:30 h. Performance: "Xénero Escea. Área de descanso". Compañía Gayo Pinheiro.
- 21:30 h. Música: "Fados de Lisboa". Gonçalo Guerreiro.
- 22:00 h. Danza: "Bótoche unha man?". Compañía Catro no metro.
Actividades continuas:
- "Da horta á mesa! Consumo consciente e responsábel". Elaboración de petiscos de produción local e ecolóxica seguindo princípios de consumo consciente e responsábel. Cooperativa de Consumo Responsábel Zocamiñoca.
- Actividade participativa: Mural feminista. Colectivo Nomepisesofreghao.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Xornadas do Cárcere”: actividades do xoves 9 de xuño

Continúan Xornadas Cárcereas "Xornadas do Cárcere" na Antiga Prisión Provincial, promovidas polo Proxecto Cárcere, cun amplo programa de actividades que chegará até o sábado 11 de xuño.

As actividades do xoves 9 son as seguintes:
- 19:00 h. "Cidade e movementos sociais". Debate aberto en torno aos conceptos de cidade e cidadanía convencionais versus alternativos. Rede de Dereitos Sociais, Asociación sen Papeis, Movemento 15-M…
- 21:30 h. Concerto de Álvaro Muras. Música funk fusion.
- 22:30 h. "Cabaret As3". Carmen Cotelo, Noemí Miranda e Alba Fernández.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Centro Ágora: Foro debate sobre percusión, no Festival DUF

Xoves DUF9
Centro Ágora (Rúa Ágora s/n. – ao lado do IES Agra do Orzán)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das actividades do Festival DUF, Foro debate sobre percusión, con Jordi Beltrán, director da Fira de Manresa, Héctor Posse, docente da Universidade da Coruña e Marcos Lorenzo, xestor cultural.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Xornadas do Cárcere”, actividades do mércores 8 de xuño

Comezan Xornadas Cárcereas "Xornadas do Cárcere" na Antiga Prisión Provincial, promovidas polo Proxecto Cárcere, cun amplo programa de actividades que chegará até o sábado 11 de xuño.

As actividades do mércores 8 son as seguintes:
- 19:00 h. Inauguración das Xornadas: Lectura do manifesto da Plataforma Proxecto Cárcere, acompañados do saxofonista Marcos Casás.
- 19:15 h. Inauguración da exposición "Liberdad.é".
- 20:00 h. Debate aberto: "Producción e xestión cultural". Debate sobre alternativas aplicábeis ao Proxecto Cárcere de xestión e producción cultural. CSO Atochas, Culture Workers, Manicómicos…
- 21:30 h. Obradoiro a cargo de Fredi Muíños (A. C. Manicómicos).
- 22:00 h. Concerto de Manu Clavijo.
Actividade continua:
- Demostración e degustación: "Cociña solar e consumo responsábel". Juan Bello e Cooperativa Zocamiñoca.
- Mural participativo: "Cultura-Sociedade-Memoria". Plataforma Proxecto Cárcere.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Xornadas do Cárcere”, do 8 ao 11 de xuño

A Plataforma Proxecto Cárcere convida Xornadas Cárcerea participar das Xornadas de Portas Abertas no Antigo Cárcere Provincial da Coruña que terán lugar do mércores 8 ao sábado 11 de xuño. A inauguración das xornadas está prevista para o mércores 8 de xuño ás 18:30 horas.
Durante as xornadas realizaranse actividades sociais, culturais e da memoria organizadas por diversas persoas e colectivos da nosa cidade co fin de mostrar o grande potencial que ten este edificio, noutroras símbolo da represión, como espazo de encontro e liberdade dende onde a cidadanía podamos participar activamente na construción da nosa comunidade.
As xornadas son un paso máis nun proceso que comezou a finais do 2010 cando un grupo de aproximadamente 40 persoas e colectivos decidiu constituir a Plataforma Proxecto Cárcere e traballar conxuntamente cara á recuperación do antigo cárcere como centro sociocultural e da memoria. Por iso, alén de visibilizar in situ esta iniciativa enchendo o cárcere de actividades e persoas, e de promover o apoio e participación da sociedade coruñesa, pensan as xornadas como unha oportunidade de debater e reflexionar sobre a construción do proxecto xa cara a presentación futura dunha proposta firme e consensuada desde a participación e xestión cidadá. Con este fin haberá debates abertos á participación de todas as persoas e colectivos interesados en temas como: modelos de xestión e financiamento, titularidade do espazo, participación cidadá, construción de comunidade, creación e producción artistica, tecido asociativo da cidade, etc.
Alén da programación de actividades tamén se poderá visitar no mesmo cárcere de forma aberta durante os 4 días de xornadas a exposición LIBERDAD.É. Esta exposición é o resultado dun chamamento aberto para producir obras que explorasen o concepto de Liberdade como símbolo de ruptura co espazo que o cárcere ten representado historicamente no noso imaxinario. Nesta exposición participan por volta de 20 artistas con esculturas, videoarte, fotografía, pintura, instalacións, etc. A inauguración de LIBERDAD.É terá lugar o mércores 8 de xuño ás 19:15 h. despois da leitura do manifesto da "Plataforma Proxecto Cárcere".

PROGRAMA

Mércores 8:
19:00.- Inauguración das Xornadas: Lectura do manifesto Plataforma Proxecto Cárcere, acompañados do saxofonista Marcos Casás.
19:15.- Inauguración da exposición "Liberdad.é".
20:00.- Debate aberto: "Producción e xestión cultural".
21:30.- Obradoiro a cargo de Fredi Muíños do colectivo Manicómicos.
22:00.- Concerto de Manu Clavijo.
Actividade continua:
- Demostración e degustación: "Cociña solar e consumo responsábel". Juan Bello e Cooperativa Zocamiñoca.
- Mural participativo: "Cultura-Sociedade-Memoria". Plataforma Proxecto Cárcere.

Xoves 9:
19:00.- Debate aberto: "O movemento cidadán 15-M".
21:30.- Concerto de Álvaro Muras.
22:30.- "Cabaret As3": Carmen Cotelo, Noemí Miranda, Alba Fernández.

Venres 10:
16:50.- Feira de troco de obxectos. Rede Troco Coruña e Cooperativa Zocamiñoca.
17:00.- Charla-obradoiro: "Embarazo, maternidade e porteo respetuoso". Ser Doulas.
18:00.- Coloquio sobre feminismo e a lei da familia. Cafés Feministas.
19:00.- Debate aberto: "O futuro do cárcere. E ti que vas facer aquí?".
20:30.- Presentación mundial do Grupo Surrealista Galego.
20:30.- Performance: "Xénero Escea. Área de descanso". Compañía Gayo Pinheiro.
21:30.- Música: "Fados de Lisboa". Gonçalo Guerreiro.
22:00.- Danza: "Bótoche unha man?". Compañía Catro no metro.
Actividades continuas:
- "Da horta á mesa! Consumo consciente e responsabel". Cooperativa de Consumo Responsábel Zocamiñoca.
- Actividade participativa: Mural feminista. Colectivo Nomepisesofreghao.

Sábado 11:
11:30.- Concentración da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña coa presenza de persoas que estiveron no cárcere por motivos políticos, lectura do manifesto "Nós tamén estamos indignados" e colocación de panel conmemorativo.
17:30.- Palestra: "Represión franquista e vivencias na cadea". Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.
18:30.- Proxección do documental "O segredo da Frouxeira", coa presenza de Xosé Abad.

ACTIVIDADES PERMANENTES

- Recepción: Punto de información con dípticos, camisetas, chapas.
- Ordenador con web cam para "fichar ao público e participantes" (foto de frente e perfil).
- Paneis temáticos participativos onde a xente poda participar activamente no proceso.
- Espazo de proxeccións: Lugar onde se proxecten en bucle vídeos.
- Bar: Estará aberto durante todas as xornadas. Serviremos cañas, auga, refrescos e algún pincho.
- Radio: Cuac FM.
- Cobertura fotográfica: Ollo de vidro / Lomo colectivo.

CCCP from MrEIDANPELIS on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Libraría Endo: actividades con motivo do “Día Internacional de Lolita”, o sábado 4

Sábado cartaz loli4
Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41, baixo)
Das 11:00 ás 20:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.

O 4 de xuño celébrase en todo o mundo o "Día Internacional de Lolita". O colectivo de rapazas de toda Galicia "Lolita en Nuncaxamais" serán as encargadas de ensinar e dar a coñecer o "Movemento Lolita" na Libraría Endo durante todo o día. Entre outras actividades haberá tempo para disfrutar de conferencias, proxeccións, exposición de vestido e complementos. Todos aqueles que se acheguen a Libraría Endo poderán adquirir productos feitos a man polas integrantes do colectivo, así como revistas e libros de importación relacionados co mundo Lolita.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“2ª Mostra de cinema periférico”: actividades do venres 3 de xuño

Continúa Mostra de cinema periféricoaté o domingo 5 a "2ª Mostra de cinema periférico", organizada por eSe8 Cinema e a Concellaría de Cultura. Este é programa de actividades do venres 3 de xuño:

- 10:30 h. Antigo Cárcere. Observatorio. Ponencias. Que facemos con isto? Arquivos, redes e memoria. Ferramentas, Encontros profesionais.
- 12:00 h. Antigo Cárcere. Mesa presentación con Zoe Beloff e Guy Sherwin, Cinema performativo.
- 17:00 h. Antigo Cárcere. La Casa Encendida. En.Piezas 2011. Sala (8), Instalacións e exposicións.
- 17:15 h. Antigo Cárcere. Guy Sherwin. Sesión 1 Sala (S). Encontro co público, Cinema performativo.
- 18:00 h. CGAI. Robert Beavers. Sesión 2. Na procura. O ceo na Terra.
- 19:00 h. Antigo Cárcere. Accións e delirios en 8 mm. Galicia 1975-85. Sala(S), Outros formatos do cinema en Galicia. Cinema recuperado.
- 19:15 h. Antigo Cárcere. Left Hand Rotation. Trucador. Xogo/acción. Sala(8), Instalacións e exposicións.
- 20:45 h. CGAI. Nathaniel Dorsky. "Música cíclica: tres variacións e un tema" (coa presenza do autor), O ceo na Terra.
- 22:00 h. Frontón do Antigo Cárcere. Guy Sherwin. Sesión 2, Cinema performativo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Danthea Teatro: charla de Rubén Ruibal e Arturo López

mércores, 25 maio 2011, 10:28 | Category : coloquios, teatro
Tags : , , ,

Xoves Danthea Teatro26
Danthea Teatro (Rúa Agra do Orzán, 3)
19:30
Entrada libre, previa reserva nos teléfonos 616701099 e 981143086.

Charla de Rubén Ruibal e Arturo López sobre a posta en escena da peza teatral, organizada por Danthea Teatro e ASCAE Exempla.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: charla de Xabier P. DoCampo no ciclo “Unha película, unha canción, un libro”

Xoves Xabier P. DoCampo26
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda prosegue o ciclo de charlas titulado "Unha película, unha canción, un libro", no que se amosarán as vivencias de distintos persoeiros desde un punto de vista totalmente separado da súa profesión, contando cales son os seus libros, películas e cancións preferidas e como incluso marcaron momentos importantes das súas vidas. Nesta ocasión o escritor Xabier P. DoCampo compartirá as súas vivencias nestes campos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca González Garcés: charla coloquio con Marina Mayoral

luns, 23 maio 2011, 7:25 | Category : Libro e lectura, bibliotecas, coloquios
Tags : ,

Martes Marina Mayoral Deseos24
Biblioteca González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, 1)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Charla coloquio de Marina Mayoral sobre a súa novela "Deseos".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Charla “Achegándonos a Lois Pereiro”, con María do Cebreiro e Manuel Rivas

Luns Canción do náufrago 1 Lois Pereiro Apuntamentos23
Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Elviña)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Charla "Achegándonos a Lois Pereiro", actividade do ciclo "Celebrando as letras", organizado pola comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Nela intervirán a poeta e profesora de Teoría da Literatura da Universidade de Santiago de Compostela María do Cebreiro e o escritor e xornalista Manuel Rivas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa Museo Casares Quiroga: presentación de ATTAC Coruña e coloquio nas II “Xornadas de Consumo Consciente e Responsable”

Sábado Zocamiñoca7
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das II "Xornadas de Consumo Consciente e Responsable", organizadas por Zocamiñoca, terán lugar as seguintes actividades:
- Presentación de ATTAC Coruña.
- Cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca: a visión dunha socia, a visión dunha produtora.
- Coloquio.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Maratón de lectura e charla de Xosé Neira Vilas, na A. C. Alexandre Bóveda

Venres Xosé Neira Vilas6
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
Das 17:00 ás 20:00 h. maratón de lectura.
A partir das 20:00 h. conferencia de Xosé Neira Vilas.
Entrada libre até completar capacidade.

Maratón de lectura en conmemoración do 50 aniversario da publicación do libro Memorias dun neno labrego por Xosé Neira Vilas, entre as 17:00 e as 20:00 h. Posteriormente, o autor dará unha charla sobre a súa actividade literaria.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carteleira de cinema no Fórum do 5 ao 7 de maio

"The killer inside me", de The killer inside meMichael StáchkaWinterbottom (Estados Unidos, 2006, 108 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 16 anos, dentro do ciclo Cine Thriller, na Sala Marilyn Monroe. Winterbottom fai un exercicio forense sobre a sociedade ianqui sobre a base da excepcional novela do pesimista Jim Thompson. Un shériff sociópata, Deus menor condenado a matar por segunda vez ao pai, tanto ao que invoca cos discos como ao cacique local, Lou Ford corrompe as pouco máis de 1.280 almas da súa cidade, cada vez máis afastado das emocións, e máis próximo ao dostoievskiano paroxismo violento. Proxeccións: xoves 5 ás 20:15; venres 6 ás 20:15 e 22:45; sábado 7 ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 euros.

"Stachka (A folga)", de Sergei Eisenstein (Unión Soviética, 1924, 81 minutos, V. O. S. en castelán), para todos os públicos, dentro do ciclo Saíndo da fábrica, na Sala Fernando Rey. Na Rusia zarista, os traballadores dunha fábrica vanse á folga tras o suicidio dun compañeiro falsamente acusado de roubo. Ao principio, a inxustiza e a raiba empuxan a moitos, pero cando a fame e as intrigas dos donos fan cambalear o movemento, a cousa ponse difícil. Proxeccións: xoves 5 ás 20:30; venres 6 ás 20:30; sábado 7 ás 17:30 e 20:30. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros). Abono de 5 entradas por 12 euros. A sesión do sábado ás 17:30, 1,50 euros.
* Despois do pase das 20.30 h. do venres haberá charlas coloquio con diferentes convidados.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google