Libraría Endo: Xornadas “Anime Endo”

Sábado 2011-07-30 Xornadas Anime Endo30
Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41, baixo)
Das 11:00 ás 20:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.

As Xornadas "Anime Endo" están organizadas pola Libraría Endo e RKB Fansub, que se encargarán de traernos anime de estreo e anime da tempada pasada e películas subtituladas ao galego e ao castelán. Durante toda a xornada poderanse ver algúns dos animes de estreo de máis éxito entre os afeccionados, como son "Dog Days" e "Ao no exorcist", visionar series de animación de culto, como o capítulo semanal de "Naruto" ou "Durarara", o novo anime do creador de Baccano, para os otakus e fans da animación nipona. Haberá tempo para descubrir e comezar a ver "Deadman Wonderlans", e "Yojou-han Shinwa Taikei", e proxectaranse dúas películas: "Fate/stay night" e "Welcome to the space show". Adicionalmente, terán lugar concursos e charlas sobre anime.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: proxección de “Radiografía dun autor de tebeos”, de Marcos Nine, e charla posterior

mércores, 13 xullo 2011, 9:08 | Category : audiovisual, coloquios, comic
Tags : , , ,

Xoves 14
Normal (Paseo de Ronda 47 – Antiga Escola de Maxisterio)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección do documental "Radiografía dun autor de tebeos", de Marcos Nine. Posterior charla coloquio co autor e con David Rubín.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: mesa-coloquio do colectivo Polaqia

xoves, 7 xullo 2011, 9:59 | Category : coloquios, comic
Tags : , , , , ,

XovesPolaqia 7
Normal (Paseo de Ronda, 47)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Coloquio sobre a traxectoria do colectivo Polaqia, desde o seu nacemento en 2001 até a súa próxima disolución en decembro deste ano 2011. Os relatores serán Bernal Prieto (un dos membros fundadores do colectivo), Brais Rodríguez (un dos máis veteranos) e José Domingo (o máis novo en canto a pertenza ao grupo, mais un dos máis activos). Moderará o coloquio Henrique Torreiro, persoeiro importante e indispensable da banda deseñada galega e unha das cabezas visibles das "Xornadas de BD" de Ourense, as máis antigas de Galicia, e unhas das de maior percorrido do Estado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: exposición “Acción #1″, de Polaqia, Nin9 e Sr. X

luns, 20 xuño 2011, 9:37 | Category : audiovisual, comic, exposicións
Tags : , , , ,

DoPolaqia luns 20 de xuño ao venres 29 de xullo
Normal (Paseo de Ronda, 47)
De luns a venres: de 11:00 a 22:00
Entrada libre até completar capacidade.

"Acción #1" é unha exposición de Polaqia, o colectivo galego de comic, referente e multipremiado, que se despide xunto a dous nomes capitais de arte urbana actual e futura de aquí e de aí: Nin9 e Sr.X, cunha exposición que amosará un total 36 debuxos e páxinas de banda deseñada, así como un mural, vinilos e unha peza audiovisual.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

FNAC: mesa redonda sobre o cómic galego

mércores, 18 maio 2011, 11:30 | Category : comic, mesas redondas
Tags :

Xoves 19
FNAC (Mercado Eusebio da Guarda – Praza de Lugo, s/n.)
19:30
Entrada: libre até completar aforo.

Mesa redonda sobre a situación actual do cómic galego.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festa do Libro, actividades do sábado 14 e domingo 15 de maio

ProsegueFesta do libro esta nova edición da FESTA DO LIBRO, do venres 13 ao martes 17 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Este é o programa de actividades para o fin de semana: PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:

* Sábado 14. "Baixo as estrelas. Celebración do Día Internacional dos Museos":
- 18:00 h.- Obradoiro didáctico Encaixas. Para nenos e nenas de 1 a 10 anos.
- 18:00 h.- Brancas: Itinerario Escénico Urbano.
- 18:00 h.- Visita guiada á exposición de Quintana Martelo no Kiosko Alfonso.
- 19:00 h.- Concerto do Grupo de Jazz da Escola Municipal de Música da Coruña.
- 20:00 h.- Actuación do Centro Coreográfico Galego: "Fragmentos" (30 minutos).
- 22:00 h.- Proxección do filme "La Coruña, la ciudad en la que nadie es forastero", de Ramón Sáiz de la Hoya. En colaboración co CGAI.

* Domingo 15:
- 12:00 h.- Obradoiro "Creación dunha personaxe: Golfiño", realizado por Fausto Isorna. A partir de 6 anos. Diante do Kiosco Alfonso.
- 12:30 h.- Presentación de "Agullas de ironía", documental sobre Lois Pereiro feito polo alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. No Kiosco Alfonso.
- 13:30 h.- Sinatura de exemplares por parte de Fausto Isorna. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 18:00 h.- Presentación do libro de ilustración de Pinturero "Rapazas, las pin-up de Pinturero" (Editorial Dibbuks). No Kiosco Alfonso.
- 18:00 h.- Sinaturas do libro "A Frecha Azul do Teixo" por parte de Eva Veiga, publicado en Espiral Maior Edicións. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 18:30 h.- Sinaturas de Diana Varela Puñal do seu último poemario "Animalabismo", publicado en Espiral Maior Edicións. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00 h.- Sinaturas dos libros do ilustrador Mariano Casas Gil "A historia xamais contada", "La mancha negra" e outras obras do autor. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00 h.- Presentación da revista "Fiz" (Retranca Editora), por Kiko da Silva. No Kiosco Alfonso.
- 20:00 h.- Presentación do libro de Miguel Mato "Señardade da luz (A obra poética de Manuel María)",  publicado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, con Alberte Ansede, Roberto Catoira e o propio autor. No Kiosco Alfonso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festa do Libro nos Xardíns de Méndez Núñez, do 13 ao 17 de maio

DentroFesta do libro da programación de lectura da cidade "Eu amo ler", desenvolverase unha nova edición da FESTA DO LIBRO, do venres 13 ao martes 17 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña. O horario da Festa será de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas, e os participantes son: Bibliotecas municipais, Alita Comics, Couceiro, A Libreira, Nós, Xiada, Sisargas, Queixume, Arenas, 7 Mares e Tanxencias. Este é o programa de actividades (sinaturas, presentacións, actuacións, obradoiros, lecturas colectivas, descontos...): PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:

- Caseta de atención primaria: As Bibliotecas Municipais terán un consultorio de lectura, onde a súa xente "receitará" libros que se poden atopar nas bibliotecas e nas casetas da festa.

* Venres 13:
- 11:30.- Inauguración da Festa do Libro.
- 18:00.- Presentación do DVD "Lois Pereiro" realizado polo alumnado do IES Urbano Lugrís. No Kiosco Alfonso.
- 18:00.- Sinatura por parte de Mercedes Queixas Zas dos libros "Lois Pereiro. A Urxencia poética" e "Vivir, aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg". No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00.- Presentación do libro "Futuro Imperfecto", de Xulia Alonso. No Kiosco Alfonso.
- 20:00.- Presentación do libro de Antón Patiño "Lois Pereiro. Radiografía do abismo", conferencia do autor e proxección de imaxes sobre a figura de Lois Pereiro. No Kiosco Alfonso.

* Sábado 14. "Baixo as estrelas. Celebración do Día Internacional dos Museos":
- 18:00.- Obradoiro didáctico Encaixas. Para nenos e nenas de 1 a 10 anos.
- 18:00.- Brancas: Itinerario Escénico Urbano.
- 18:00.- Visita guiada á exposición de Quintana Martelo no Kiosko Alfonso.
- 19:00.- Concerto do Grupo de Jazz da Escola Municipal de Música da Coruña.
- 20:00.- Actuación do Centro Coreográfico Galego: "Fragmentos" (30 minutos).
- 22:00.- Proxección do filme "La Coruña, la ciudad en la que nadie es forastero", de Ramón Sáiz de la Hoya. En colaboración co CGAI.

* Domingo 15:
- 12:00.- Obradoiro "Creación dunha personaxe: Golfiño", realizado por Fausto Isorna. A partir de 6 anos. Diante do Kiosco Alfonso.
- 12:30.- Presentación de "Agullas de Ironía", documental sobre Lois Pereiro feito polo alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC. No Kiosco Alfonso.
- 13:30.- Sinatura de exemplares por parte de Fausto Isorna. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 18:00.- Presentación do libro de ilustración de Pinturero "Rapazas, las pin-up de Pinturero". No Kiosco Alfonso.
- 18:00.- Sinaturas do libro "A Frecha Azul do Teixo" por parte de Eva Veiga. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 18:30.- Sinaturas de Diana Varela Puñal do seu último poemario "Animalabismo". No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00.- Sinaturas dos libros do ilustrador Mariano Casas Gil "A historia xamais contada", "La mancha negra" e outras obras do autor. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00.- Presentación da revista "Fiz" por Kiko da Silva. No Kiosco Alfonso.
- 20:00.- Presentación do libro de Miguel Mato "Señardade da luz (A obra poética de Manuel María)". No Kiosco Alfonso.

* Luns 16:
- 18:00.- Sinatura do libro do ilustrador Macus Romero "Cuentos clásicos para soñar". No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00.- Presentación do libro ilustrado de Alberto Guitián "El Circo Lorza". No Kiosco Alfonso.
- 20:00.- Presentación da Guía AGPI 2011. Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. No Kiosco Alfonso.

* Martes 17:
- 12:00.- Lectura colectiva e música. Organiza Queremos Galego. No Obelisco.
- De 17:30 a 19:30.- "Se queres un retrato faicho Xurxo Lobato". Se compras libros na Festa agasallámosche cun retrato que che fará Xurxo Lobato e que poderás visualizar, engadir notas, comentarios e descargar en tamaño e resolución orixinal desde Flickr. No Palco da Música.
- 18:00.- Presentación da serie de novelas "Suso Espada", de Francisco X. Fernández Naval e lectura de fragmentos da última entrega "Suso Espada. Nota Roja". No Kiosco Alfonso.
- 18:00.- Visita guiada á exposición Quintana Martelo. No Kiosco Alfonso.
- 19:00.- Actuación de Nova Galega de Danza: "Tradicción". Diante do Kiosco Alfonso.
- 20:00.- "Declaración audiovisual: Lois Pereiro", por Xurxo Souto e Fran Amil. No Kiosco Alfonso.
- 20:30.- "Moita poesía, pouca diversión". Lucía Aldao e María Lado. Diante do Kiosco Alfonso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Charla sobre “Artistas e revistas da década dos 50 en Xapón”, por David Pazos, na Libraría Endo

mércores, 27 abril 2011, 11:02 | Category : coloquios, comic
Tags : , ,

Xoves 2011-04-28 Endo28
Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Charla que impartirá David Pazos, autor do blog Serial Experiments, adicado a manga e anime experimental, na que fará un repaso sobre revistas tan emblemáticas como Garo (fundada en 1964 por Katsuichi Nagai), e artistas que cambiaron o concepto que ata o momento se tiña do manga. Así mesmo iranse desgranando as influencias destes mestres da ilustración coma poden ser os coñecidos Hideshi Hino, Shigeru Mizuki, Shuehiro Maruo ou os menos coñecidos polos aficionados coma son Carol Shimoda ou Seichi Hayashi. Autores que fixeron unha revolución na década dos 50 e 60 non só no manga senon tamén no ámbito da publicidade grazas á súa particular visión da sociedade xaponesa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición “Un mono moi feo”, de Sergio Covelo, na Libraría Endo

xoves, 7 abril 2011, 9:35 | Category : comic, exposicións
Tags : , ,

Do venres Un mono moi feo8 ao sábado 30 de abril
Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41, baixo)
De luns a venres: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Sergio Covelo (Vigo, 1976) fai un repaso ao seu traballo nesta exposición chamada: "Un mono moi feo: unha exposición de comix, ilustración e fauna variada". Os asistentes á inauguración, que terá lugar o venres 8 de abril ás 20:30 h., ademais de poder ver e contemplar a exposición, poderán conseguir un exemplar asinado do número 15 do fanzine Barsowia, no que publicou o seu último cómic.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición de orixinais de “Sen mirar atrás”, de Dani Montero

xoves, 3 marzo 2011, 12:00 | Category : coloquios, comic, exposicións
Tags : , , ,

Do cartel exposicin dani monterovenres 4 de marzo ao venres 1 de abril
Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41, baixo)
De luns a venres: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

A terceira exposición de autores galegos na Libraría Endo está dedicada a Dani Montero e as láminas orixinais da súa última obra "Sen mirar atrás", de Demo Editorial. A inauguración terá lugar o venres 4 de marzo ás 20:30 h., na que estará presente o autor, quen asinará exemplares da súa obra e falará sobre o seu proceso creativo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: “Obradoiro de iniciación ao Cómic”, por Luís Sendón e Álvaro López, en “De banda”

Venres Biblioteca do Forum25
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada con inscrición previa na propia Biblioteca.

"Obradoiro de iniciación ao Cómic, impartido por Luís Sendón e Álvaro López. (A partir de 12 anos), dentro do ciclo "De banda", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro “Manga: del cuadro flotante a la viñeta japonesa”, de José Andrés Santiago

Luns manga1 (1)21
Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "Manga: del cuadro flotante a la viñeta japonesa", de José Andrés Santiago, doutor pola Universidade de Vigo e profesor na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Neste acto José Andrés Santiago falará sobre como decidiu ponerse a escribir un libro sobre manga, as súas motivacións e fará un repaso tamén en forma de fotografía dese Xapón tan afeccionado ao manga. Di o autor no epílogo que "un dos grandes logros do manga, en tanto que a manifestación cultural foi a de conmover a un amplo sector da poboación con total independencia do seu bagaxe educativo, coñecementos teóricos o posición social".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: conferencia “Como editar fanzines e revistas en Galicia”, por David Buceta e Kiko da Silva

Venres Biblioteca do Forum18
Biblioteca do Fórum Metropolitano
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia "Como editar fanzines e revistas en Galicia: Sinónimos de lucro e Retranca", a cargo de David Buceta e Kiko da Silva. (A partir de 14 anos). dentro do ciclo "De banda", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta". Da man destes creadores poderemos coñecer o funcionamento, edición, distribución e publicación das revistas en Galicia. Faremos unha retrospectiva deste tipo de publicacións desde o seu formato máis amateur ata unha liña profesional.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: presentación de “Demo Editorial”, por Manel Cráneo, no ciclo “De banda”

Venres 11
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do proxecto Demo Editorial, por Manel Cráneo, dentro do ciclo "De banda", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: ciclo “De banda”, os venres de febreiro e o 4 de marzo

Os Forum para blogvenres de febreiro e o 4 de marzo, con motivo da reinauguración da Biblioteca do Fórum, e dentro das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta", terán lugar, baixo o título xenérico de "De banda", os seguintes eventos, con entrada libre até completar capacidade:

- Venres 11. 19:30 h.: "Presentación do proxecto Demo Editorial, por Manel Cráneo. (A partir de 14 anos).
- Venres 18. 20:00 h.: "Como editar fanzines e revistas en Galicia: Sinónimos de lucro e Retranca". David Buceta e Kiko da Silva. (A partir de 14 anos).
- Venres 25. 19:30 h.: "Obradoiro de iniciación ao Cómic". Luís Sendón e Álvaro López. (A partir de 12 anos). Con inscrición previa.
- Venres 4. 17:30 h.: "Obradoiro de graffiti Express". Leonardo López García. (Todos os públicos). Con inscrición previa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google