Convocatoria das “Bolsas de Creación Artística no Estranxeiro” de Gas Natural Fenosa

mércores, 27 abril 2011, 11:10 | Category : Arte, comunicados
Tags : , ,

Desde becas2011o ano 1991 e bienalmente, Gas Natural Fenosa convoca as "Bolsas de Creación Artística no Estranxeiro", destinadas a potenciar e difundir a creatividade dos artistas plásticos e visuais nados ou residentes en Galicia.
Poderán solicitalas todos aqueles que non cumpran os 35 anos o 31 de decembro do ano da convocatoria e a súa goce terá unha duración máxima de 18 meses, sendo necesario acreditar un mínimo de 5 meses de residencia no estranxeiro durante ese período de tempo.
Cada unha das bolsas estará dotada con 16.000 euros, destinados a sufragar, en todo ou en parte, as viaxes, gastos de estancia, matrícula en centros docentes, materiais, traslado de obra, etc. Unha vez concluído o prazo estipulado, o beneficiario deberá presentar un memorandum do traballo realizado, con especificación de conclusións e resultados, que deberá ser aprobado polo xurado.
O prazo para presentar a documentación é do 1 de maio ao 15 de xuño de 2011. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: Comunicado de “Flu.or”

luns, 28 febreiro 2011, 8:30 | Category : comunicados
Tags : ,

Martes 1
Normal (Paseo de Ronda, 47)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Comunicado do "Colectivo Flu.or", mediante o que quere dar a coñecer a lectura que realiza sobre o momento socioeconómico actual.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Acta das reunións do Xurado da XXIII Convocatoria dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

martes, 28 setembro 2010, 9:41 | Category : comunicados, museos científicos, premios
Tags :

O Xurado dos premios Primas da Casa das Ciencias á Divulgación, cuxa presidencia, por delegación do Sr. Alcalde da Coruña, corresponde a D. Joandomenec Ros Aragonés, Catedrático de Ecoloxía (Universitat de Barcelona), está constituído ademais polos seguintes membros: Dna. Carme Prats Joaniquet, Coordinadora do Sistema territorial MNACTEC (Generalitat de Catalunya), D. Javier Medina Fernández, Director da área de Ciencia e Educación do Parque de las Ciencias de Granada, D. Mikel Goñi Santamaría, Director de innovación e divulgación de KutxaEspacio de la Ciencia (San Sebastián), D. Fernando Mugarza, Director de Comunicación Corporativa Grupo Zeltia (Madrid), D. Martí Domínguez, director da revista Mètode (Valencia), D. Xurxo Mariño, profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, e D. Xosé Antón Fraga Vázquez, Director dos Museos Científicos Coruñeses, que actúa como Secretario. D. Fernando Mugarza, que non estivo presente na deliberación final delegou o seu voto no Presidente.
Tras as reunións celebradas os días 24 e 25 de setembro e sendo as 13 horas do día 25, este Xurado:
1.º Decide por unanimidade outorgar o Prisma de Bronce ao mellor traballo multimedia destinado á divulgación científica, e o premio dotado con seis mil euros, ao documental "En busca do mexillón de río" cuxo autor é D. Federico de la Peña Santos, pola forma amena e precisa con que presenta o tema e a calidade das imaxes, alertando, asemade, sobre os riscos que sofre a biodiversidade natural.
Mesmamente, decide por unanimidade outorgar unha Mención Honorífica á páxina web www.mardeespaña.es presentada por D. José Antonio Moya, do Taller de Imaxe da Universidad de Alicante.
2.º Decide por unanimidade outorgar o Prisma de Bronce ao mellor libro de divulgación científica editado en España en 2009, ao titulado "Evolución. El mayor espectáculo sobre la Tierra", da Editorial Espasa e orixinal de Richard Dawkins, pola decisión da editorial de trasladar á sociedade os argumentos dun autor de referencia na ciencia evolutiva.
3.º Decide por unanimidade outorgar o Prisma de Bronce ao mellor artigo xornalístico de divulgación científica publicado durante o ano 2009, e o premio dotado con seis mil euros, ao traballo titulado "¿Cuántos años me echas? Las edades del hombre...y todo lo demás" de Elena Sanz Pérez de Guzmán, publicado en Tercer Milenio, suplemento de ciencia do Heraldo de Aragón, pola súa orixinalidade, oportunidade e diversidade de enfoques, así como pola súa claridade e concisión, apoiado nun excelente tratamento infográfico.
Asemade, decide por unanimidade outorgar unha Mención Honorífica ao artigo xornalístico "La energía que viene" de Abraham Alonso González, publicado na revista Muy Interesante.
4.º Decide por unanimidade outorgar o Prisma de Bronce ao mellor texto orixinal e inédito de divulgación científica, dotado con seis mil euros e a publicación da primeira edición, ao que leva por título "El siglo de oro de la Biotecnología vegetal. Cien años que han cambiado nuestra visión de las plantas" do que é autor José María Seguí Simarro. O Xurado tomou en consideración a maneira de abordar, dende o rigor e a accesibilidade, un tema de interese científico, económico e social pouco tratado no ámbito divulgativo.
5.º Decide por unanimidade outorgar o Prisma Especial do Xurado, e o premio dotado con nove mil euros por PharmaMar Grupo Zeltia, ao diario Público, pola súa sección de Ciencias, que constitúe unha aposta por situar á ciencia nun lugar protagonista nun medio escrito diario. Algo moi destacable no panorama periodístico actual.

Na Coruña, a 25 de setembro de dous mil dez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Suspendido o Festival da Diversidade nas Conchiñas

venres, 17 setembro 2010, 11:20 | Category : comunicados
Tags :

Suspendeuse o festival da Diversidade previsto para este sábado e domingo polas tardes na Praza das Conchiñas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xa se coñecen os dous grupos gañadores do concurso para o Festival Noroeste Pop Rock 2010

martes, 20 xullo 2010, 9:14 | Category : comunicados, música
Tags :

O xurado do concurso do Festival Noroeste Pop Rock deu a coñecer os dous grupos gañadores do concurso que, alén de recibir un premio en metálico, tocarán no vindeiro Festival Noroeste Pop Rock: son Cornelius 1960 e Carlos Childe Troupe. Ademais determinaron os oito grupos (Carrero Bianco, Dr. Gringo, Exit, Green Fandango, Igloo, Nadadora, Niño y pistola e Rockers go to hell) que se submeterán a votación popular desde a web do festival. A partir das 17:00 horas de hoxe, 20 de xullo, e até a mesma hora do domingo 25, a xente poderá votar online polo seu grupo favorito de entre estes, dos que os dous primeiros tamén farán parte do Festival os días 4 e 5 de agosto na praia de Riazor.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

99 grupos inscritos para participar no concurso do Festival Noroeste Pop Rock 2010

luns, 19 xullo 2010, 9:28 | Category : comunicados, concertos, música
Tags :

Finalizou o 15 de xullo o prazo de solicitude de inscrición ao concurso do que sairán os grupos que farán parte do Festival Noroeste Pop Rock 2010 xunto aos grupos cabeza de cartel. Foron inscritos por cumprir con todos os requisitos sinalados nas bases do concurso un total de 99 grupos (poden consultarse aquí). O xurado reunirase o luns 19 de xullo para definir que dez grupos competirán por estar no Festival (estarán disponíbeis na web a partir do martes 20 de xullo pola mañá). Os dous grupos máis votados polo xurado pasarán directamente a integrar o cartaz do festival e recibirán o premio estipulado nas bases do concurso. Os oito restantes someteranse a votación popular a partir das 17 horas do martes 20 de xullo a través da web, até o domingo 25 de xullo ás 17 horas, formando tamén parte do Festival os 4 e 5 de agosto na praia de Riazor os dous grupos máis votados online polo público.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Visitas guiadas ao Antigo Cárcere Provincial

venres, 9 xullo 2010, 10:49 | Category : comunicados, divulgación
Tags :

Sábado 10 de xullo
13:00
Grupos reducidos: inscrición nas bibliotecas municipais ou no 981 189830 begin_of_the_skype_highlighting              981 189830      end_of_the_skype_highlighting –  cultura at coruna.es.

Duración: 45 minutos. Dirixidas por un antigo traballador do centro penitenciario, permitirá a visita a todos os
espazos do cárcere.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A CONSTRUCIÓN DO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO EN PERIGO

xoves, 8 abril 2010, 9:40 | Category : comunicados
Tags :

A Concelleira de Cultura denuncia a desidia e falta de interese do Partido Popular para lograr a construción do Centro Coreográfico Galego na Coruña e insta ao Ministerio de Cultura a que acepte a petición de prórroga da Xunta de Galicia para que Galicia non teña que pagar as neglixencias do Partido Popular.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Concelleira de Cultura lamenta o desprezo da Xunta coa cidade da Coruña ao negarlle unha vez máis a celebración do Culturgal

venres, 12 marzo 2010, 11:00 | Category : comunicados
Tags : ,

A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, lamentou a actitude de desprezo que continúa a manter a Xunta de Galiza coa cidade da Coruña ao negarse a aceptar A Coruña como sede para a celebración do vindeiro Culturgal ao mesmo tempo que negou comprometer fondos para a celebración deste evento que tivo unha importante acollida no sector e convertiuse nun apoio para á cultura galega.

A portavoz de cultura do BNG, Ana Pontón, defendeu onte no Parlamento galego unha Proposición non de Lei sobre a organización da Feira das Industrias Culturais “CULTURGAL” no ano 2010 que foi rexeitada polo grupo parlamentario do Partido popular. A deputada do BNG, lamentou igual que a Concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo, que o Partido Popular non aceptara a cidade de A Coruña para a celebración do próximo “CULTURGAL” e a falta de compromiso orzamentario para un evento que cualificou de “grande éxito” en edicións anteriores.

A celebración do “CULTURGAL” durante os anos 2007 e 2008 tivo unha acollida moi favorable entre as industrias culturais e foi un importante apoio para as asociacións do sector pero “no ano 2009 a actual Consellaría de Cultura e Turismo decidiu suspendelo alegando falta de recursos para a súa organización”. No pasado período de sesións o BNG presentou unha iniciativa na que se instaba á Xunta de Galicia a que no ano 2009 se celebrara o CULTURGAL, baseándose nos anos 2007 e 2008 como “fito importante” na política de promoción, proxección das industrias culturais e elemento dinamizador da cultura galega. Con este evento celebrado no ano 2007 co Goberno bipartito, “a Xunta apostaba por visibilizar as industrias culturais galegas dándolle pulo no ano 2008 cunha gran afluencia de público”.

A Concelleira de Cultura María Xosé Bravo lembrou que foi en decembro de 2008 cando a anterior Conselleira de Cultura, Anxela Bugallo, fixara A Coruña como sede permanente de Cultur.gal despois de avaliar a moi boa presenza de público na feira celebrada ese mesmo ano na cidade herculina que superou as 37.000 persoas, o que significou cuadriplicar a asistencia á primeira edición (nova que continúa a ser a última entrada da web oficial do Cultur.gal).

A Concelleira de Cultura da Coruña considera que a Consellería dirixida por Roberto Varela cometeu un importante “un erro” no ano 2009 por non seguir apostando por esta iniciativa sendo a cidade da Coruña en solitario a que impulsou a celebración da Feira o pasado ano. O Partido Popular argumentou no ano 2009 non contar con recursos nin tempo para organizalo, mais a concellaría de Cultura de A Coruña que dirixe a nacionalista María Xosé Bravo foi quen de poñer en marcha unha iniciativa semellante baixo o lema Achegarte que foi outro “rotundo éxito” con máis de 40.000 visitantes.

Por todo isto, a Concelleira de Cultura -igual que fixo a representante do BNG no Parlamento- exise unha rectificación da política da Xunta por considerar que as industrias culturais galegas son “un elemento dinamizador que dá traballo a máis de 26.000 persoas e representa case o 2% do PIB, ademais de contar cun gran potencial de creación”. Na actualidade, e en plena crise económica, “a Xunta de Galicia edita libros con editoriais foráneas”, cando existen en Galicia empresas que realizan esta actividade .

Na súa intervención de onte no Parlamento Ana Pontón acusou ao portavoz de cultura do PP, Ignacio López Chaves, de “manter unha postura belixerante co idioma galego e coa anterior conselleira, Ánxela Bugallo, promotora do CULTURGAL. Pontón reiterou as súas criticas ao actual Conselleiro de Cultura por non apoiar as industrias culturais nin aos artistas galegos e seguir ofendéndonos –dixo- cando se refire á cultura galega como “unha cultura acomplexada” ou ao “desván de los monjes”
A deputada do BNG afirmou que o Partido Popular “segue obsesionado” cos éxitos do bipartito e que esa foi a razón pola que decidiu suspender a celebración do CULTUGAL e agora pretenden cambiar tamén a sede sen ter en conta que “ter unha sede dimensiona este evento”.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Unha vez máis, parabéns a Luar na Lubre

xoves, 25 febreiro 2010, 0:30 | Category : comunicados, música
Tags :

A banda galega Luar na Lubre recibiu hai uns días o Premio da Música na categoría Mejor álbum de Música Tradicional. O grupo acumula xa nove Premios da Música, co que se coloca de terceiro na listaxe de artistas máis premiados, só superados por Alejandro Sanz e Amaral. Hoxe valémonos do blog para transmitir os nosos parabéns a Luar na Lubre, que desde hai máis de vinte anos levan paseando por todo o mundo o nome da Coruña e a cultura galega: moitas, moitísimas grazas polo voso traballo!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Felices festas!

xoves, 24 decembro 2009, 14:00 | Category : comunicados
Tags :

felicitacion nadal
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Suspendido o concerto solidario do mércores no Rosalía

martes, 15 decembro 2009, 23:18 | Category : comunicados
Tags :

O concerto solidario do Grupo de Percusión Attacca, o Coro Infantil e a Orquestra Sinfónica do Conservatorio de Música da Coruña previsto para mañá mércores ás 20 horas no Teatro Rosalía de Castro foi suspendido ante a previsión de temporal, que é a causa tamén da suspensión das clases no ensino non universitario en toda a comunidade galega. O acto solidario estaba organizado pola Fundación Tierra de Hombres.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festa/Feira de creación cultural, en novembro na Coruña

luns, 19 outubro 2009, 14:00 | Category : comunicados, feiras, festas
Tags :

O pasado ano celebrouse na cidade o Cultur.gal, organizado pola Consellería de Cultura, polo que pasaron 40.000 persoas en 4 días que durou a Feira. Este ano a Consellería decidiu non facelo.

A Concellaría de Cultura, cumprindo coa súa responsabilidade coa cidade que fora elixida sede permanente do Cultur.gal, desexa promover unha Festa/Feira de creación cultural. Esta terá lugar na última fin de semana de novembro (28 e 29). Queremos que sexa unha Festa onde a cidadanía se sinta parte da mesma, e queremos comezar porque vós sexades os que determinedes que nome que vai levar.

En que consistirá a Feira? Dentro das nosas posibilidades orzamentarias tentaremos que haxa mostras dos produtos e traballos de todo o sector cultural: que estea representado o mundo editorial, audiovisual, produtoras musicais, artes escénicas..., en definitiva, a idea é que estea presente todo a xente da cultura que queira participar. Haberá actuacións musicais, teatro, monólogos, obradoiros para nenos ou para adultos...

CAL É A VOSA PROPOSTA DE NOME PARA A FESTA/FEIRA?. Enviádenos por correo electrónico as vosas suxestións.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Queremos cultura!

domingo, 4 outubro 2009, 19:00 | Category : comunicados, culturgal
Tags :

O goberno do Partido Popular acaba de confirmar que non organizará o CULTURGAL, a Feira das Industrias Culturais pola que o ano pasado pasaron máis de 37.000 persoas, onde a música, o libro, o teatro, o audiovisual, as novas tecnoloxías… eran os protagonistas, onde a cultura estaba no mellor escaparate para gabarse e para venderse. Alí puidemos gozar coa cultura que facemos: contemporánea, moderna, atractiva, que nos fixo sentir que somos unha potencia, porque este país ten talento.

Quizá non debería sorprendernos esta decisión porque a dereita semella incapaz por natureza de ter a cultura entre as súas prioridades. Mais un grupo de persoas iniciou unha campaña para facer a grande mostra da Cultura Galega, aínda sen axuda da Consellaría de Cultura. Xuntando a capacidade de moitos para facelo posible e nós estaremos aí, non liderando senón acompañando, empuxando con eses que non se conforman, que non se amilanan, que non se encollen, que non se acovardan, que non se venden, porque queremos cultura.

Non será posible o CULTURGAL 2009 que queriamos, mais faremos unha festa da CULTURA GALEGA, porque nós queremos cultura e ímola defender con paixón e vehemencia, como somos. Ímolo facer por dignidade, faremos unha festa da cultura, unha festa atractiva porque nós sabemos que recortar gastos en cultura só produce miseria total. E cómpre que saiba todo o mundo que mentres algúns só destrúen, nós traballamos, nós avanzamos.

Foi Nietzsche quen dixo “O grande estilo nace cando o fermoso obtén a vitoria sobre o enorme”. Con estilo esta batalla ímola dar!

Mª Xosé Bravo
Concelleira de Cultura do Concello da Coruña

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Concelleira de Cultura denuncia a paralización de diversos proxectos culturais na cidade por parte do Goberno do PP na Xunta de Galicia

luns, 21 setembro 2009, 14:30 | Category : comunicados
Tags :

A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, ante as últimas informacións sobre a intención do actual Goberno do PP na Xunta de Galicia nas que parece definitivo que non se vai celebrar o Cultur.gal este ano, a Concelleira quixo poñer de manifesto a malísima nova que supón non só para a nosa cidade que ía ser a sede permanente do evento, senón para todo o sector cultural galego xa que “se vai desfacer unha das iniciativas máis importantes para a cultura galega”.

A Concelleira de Cultura lembrou que o ano pasado pasaron por esta feira máis de 37.000 persoas coa participación de 70 entidades do sector do libro, do ámbito musical, da produción e distribución audiovisual, novas tecnoloxías, servizos técnicos, entidades relativas á creatividade, do sector das artes escénicas, da comunicación e de entidades relacionadas coa dinamización sociolingüística as que hai que sumar a presencia das distintas asociacions relacionadas co sector cultural galego e distintos colaboradores.

A Concelleira considerou unha pérdida moi grave non só para a cidade da Coruña senón para toda Galiza xa que se trataba dunha iniciativa que buscaba amosar toda a fortaleza e vitalidade da cultura feita en Galiza ao mesmo tempo que incentivaba a adquisición de libros, discos e filmes galegos durante o Nadal e que ante os datos de participación do ano pasado, contaba cunha moi boa acollida na cidadanía.

María Xosé Bravo calificou de “moi perxudicial” a decisión da Xunta de non levar a cabo este importante evento na cidade sobre todo tendo en conta a actual situación de crise e pediu ao Partido Popular coruñés que amose a súa postura ante esta decisión do goberno autonómico do seu partido que amosa unha vez máis a súa falla de compromiso coa cidade da Coruña.

CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO
Outro dos temas preocupantes destacados pola Concelleira de Cultura céntrase no futuro da sede do Centro Coreográfico Galego na Coruña para o que o BNG logrou que se aportasen dende o Goberno central 1.700.000 euros e o propio Concello informou da cesión dunha parcela. Pese a insistencia da Concelleira en lembrar a existencia desta parcela todavía non se ten contestación oficial sobre se a Xunta de Galicia vai construír ou non este edificio e o que é máis grave aínda, a día de hoxe a actividade do Centro Coreográfico Galego atópase nunha situación de total incerteza co cesamento da directora sen que se teñan novas do que se vai facer a partires deste momento.

140.000 EUROS DO XACOBEO
A Concelleira de Cultura informou tamén do compromiso verbal ao que chegou o seu departamento co anterior Goberno galego no que se comprometían a aportar 140.000 euros a Concellaría de Cultura para o impulso de varias actividades culturais a cambio de publicitar o Xacobeo nas mesmas. Algunhas delas xa tiveron lugar como o festival de danza Empape pero ata o momento non se tivo resposta sobre se esta aportación se vai manter ou non pese a que a Concelleira enviou diversos correos ao novo goberno solicitando unha entrevista co Conselleiro de Cultura sen recibir ningún tipo de resposta.

MOSTRA DE CIENCIA E CINEMA
A Concelleira denunciou que non existe axuda ningunha por parte da Xunta de Galicia para a celebración da II Mostra de Ciencia e Cinema que se realiza en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e que recibiu 46.000 euros do anterior goberno galego. Ante o retraso ou a suspensión das subvencións para este fin a Concellaría de Cultura viuse obrigada a realizar este festival en solitario. Así durante o mes de outubro terá lugar a II Mostra de Ciencia e Cinema grazas ao esforzo económico do Concello da Coruña.

MUSEOS CIENTÍFICOS
A sinatura do convenio coa Concellaría de Economía e Industria para a divulgación científica a través dos Museos Científicos é outro dos temas no aire. Un convenio que estaba xa moi avanzado co anterior goberno autonómico que contemplaba unha aportación de 250.000 euros para a realización dunha exposición sobre científicos pero que a día de hoxe todavía segue sen resposta.

AXUDAS PARA O ARQUEOLÓXICO
A Concelleira de Cultura explicou ademais que neste tempo só confirmaron nos primeiros días de xullo que a Xunta aportaría 38.000 euros para arranxar o patio do Museo Arqueolóxico ainda que sinalou que debido a tardanza en respostar dende a Consellería ponse en risco outra subvención que o seu departamento tiña xa asinada coa Deputación.

Ante esta situación de parálise a Concelleira de Cultura emprazou ao PP coruñés a que esixa aos seus compañeiros de partido no Goberno autonómico que cambien a súa posición e opten por apoiar a cultura na cidade herculina.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google