Milpedras: xornada temática de portas abertas sobre placas solares

mércores, 7 decembro 2011, 10:00 | Category : Arte, conferencias, obradoiros
Tags : ,

Sábado logo_milpedras10
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3)
De 17:30 a 20:00 horas
Entrada gratuíta con reserva previa no correo  eventos at milpedras.com

Presentación dun novedoso sistema de traballo e creación de matrices a través de materiais fotosensibles, denominados "placa solar", a cargo de Yuli Andrea Cadavid, profesora da Universidade de Antioquia, Colombia. O gravado en placa solar é unha técnica relativamente nova no campo da gráfica que pouco a pouco gañou audiencia grazas á riqueza de posibilidades de aplicación analóxica e dixital que ofrece, ademais das súas bondades físicas, é un material de fácil uso, de revelado en auga e nobre co medio ambiente. O programa é o seguinte:
- 17:30 h. Charla teórica sobre o gravado en placa solar. Duración estimada: 30 minutos.
- 18:00 a 20:00 h. Traballo nas placas miniprint que os participantes queiran preparar, os tamaños han de ser de 8 x 10 cm. Ver máis condicións neste arquivo: Xornada portas abertas placas solares Milpedras.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: “A faceta musical e coralista de Alexandre Bóveda”, por Xaquín Vales

Venres A. C. Alexandre Bóveda2
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia sobre "A faceta musical e coralista de Alexandre Bóveda", a cargo de Xaquín Vales, membro e estudoso da Coral de Ruada, que ven de publicar un estudo sobre a faceta musical de Alexandre Bóveda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Real Academia Galega: Homenaxe a Nicomedes Pastor Díaz

Xoves 1
Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Homenaxe da Real Academia Galega e a Universidade da Coruña a Nicomedes Pastor Díaz no 200 aniversario do seu nacemento. Luís Caparrós analizará o seu labor poético, faceta literaria na que afondarán tamén o investigador Emílio Xosé Ínsua e o académico Henrique Monteagudo. O doutor Fausto Galdo, pola súa banda, lembrará a relación do intelectual coa súa vila natal e, por último, o académico e historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández dará conta da intensa actividade política do deputado Pastor Díaz. Previamente, ás 17:00 horas, na rúa da cidade que leva o seu nome, terá lugar unha ofrenda floral na que intervirán Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé María Barja, e a poeta Luz Pozo Garza.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia “Unha mirada ao mar desde a Torre de Hércules”, por Ricardo Prego

martes, 29 novembro 2011, 10:00 | Category : conferencias, museos científicos
Tags : , ,

Mércores mc230
Domus (Rúa Santa Teresa, 1) Sala Leonardo da Vinci
20:00

Conferencia "Unha mirada ao mar desde a Torre de Hércules", por Ricardo Prego, profesor de investigación do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC. Participou en varias campañas oceanográficas para estudar o golfo Ártabro e a ría da Coruña. Durante as súas campañas oceanográficas, Ricardo Prego realizou descubrimentos que son importantes para comprender como funciona o mar máis próximo á vida dos coruñeses. Descubriu, por exemplo, que desde o punto de vista oceanográfico a ría da Coruña é máis ben unha baía. Tamén descubriu que a riqueza biolóxica da nosa ría débese en gran parte ao afloramiento de augas frías que ten lugar durante o verán e á auga que achega o inverno a corrente de Nadal, que procede do trópico.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: conferencia sobre os “130 anos da Coral El Eco”

xoves, 17 novembro 2011, 9:45 | Category : conferencias, música
Tags : , ,

Venres Portas Ártabras18
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia de Roberto Luis Moskowich: "130 anos da Coral El Eco".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: conferencia polo 50 cabodano de Francisco Asorey

Xoves A. C. Alexandre Bóveda10
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia polo 50º cabodano do escultor Francisco Asorey, a cargo de Maribel Iglesias Baldonedo, quen, na actualidade, está traballando nunha investigación o artista, do que o pasado 2 de xullo se cumpriron 50 anos do seu pasamento.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: “Tour de Lecturas do Oeste”

Martes 8
Normal (Paseo de Ronda, 47)
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das "IV Xornadas sobre Normalización da Lingua e a Cultura no Ámbito da Educación", ten lugar o "Tour de Lecturas do Oeste", con este programa:
- 16:30 h. Mesa redonda "Xestionando a lectura pública [BoasPrácticas]", con Catuxa Seoane, da Rede de bibliotecas do Concello da Coruña, Marcos Lorenzo, Cristina Novoa e Albino Alonso, moderados por Héctor Pose.
- 18:15 h. Mesa redonda "Iniciativas empresariais ao redor do libro", con Iria Sobrino (Estaleiro editora), Begoña Varela (Nova Colón), Manel Cráneo (Demo Editorial) e Antón Lado (2.0 Editora), moderados por Héctor Pose.
- 19:30 h. Lois Pereiro segundo Marcos Calveiro. Presenta: Neves Arza.
- 20:30 h. Espectáculo poético-musical con María Lado e Lucía Aldao, presentadas por Eva Espido.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Caixa Galicia: “Aplicación da Xenómica”, conferencia de Anxo Carracedo

Martes Anxo Carracedo8
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "Coñecemento e Ciencia na Galiza" da A. C. O Facho, Anxo Carracedo falará sobre "Aplicación da Xenómica".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades do mércores 26 de outubro na “IV Mostra de Ciencia e Cinema”

Continúa IV Mostra de ciencia e cinemaa IV Mostra de Ciencia e Cinema, que chegará até o venres 28 de outubro, coas seguintes actividades para o mércores 26 de outubro:

FUNDACIÓN RODRÍGUEZ IGLESIAS (Rúa Cordelería, 32).
Proxección de filmes a concurso [SO] e da retrospectiva portuguesa [RP]. Vídeo.
De 19:00 a 22:00 horas:

- "Milho". José Barahona, 2007 [RP] 54 min. Subtítulos en español. Dona Ana prepara unha ensalada de millo para a súa familia. Na televisión, as noticias son contraditorias: algúns predican os beneficios das novas variedades de millo transxénico; outros, pola contra, apuntan aspectos catastróficos relacionados co seu uso. Dona Ana ten dúbidas sobre o que é ou non seguro para alimentar á súa familia.
- "Electric mind". Nadav Harel, 2010 [SO] 60 min. Subtítulos en galego. Viaxe fílmica á cabeza e o corazón de catro persoas afectadas por problemas cerebrais incapacitantes: depresión, desorde bipolar, epilepsia e distonía. Estas persoas -homes e mulleres, novos e vellos- experimentan tratamentos rompedores que implican intervir sobre a actividade eléctrica cerebral. Aparecen entón preguntas sobre a ética médica, as interaccións corpo-cerebro e mente-cerebro e sobre a esencia mesma da nosa identidade persoal.
- "Angst". Graça Castanheira, 2010 [SO] 53 min. Subtítulos en español. Nada do que producimos ou descubrimos nos distingue dos outros animais de maneira tan formidábel como desexariamos. Limitámonos a crear un mundo de ilusións, sen as cales non sobreviviríamos a nós mesmos. Este filme trata diso.
- "Rememorações". José Coimbra & Tiago Guimarães, 2007 [RP] 50 min. Subtítulos en español. Este é un documental sobre a xente do Alentejo, vítimas da ditadura salazarista e das dificultades da vida, que non viviron a súa infancia nunha escola. Este é un documental sobre xente do Alentejo de coraxe que na vellez busca unha identidade que se resume, moitas das veces, no acto de asinar co seu nome. Nun mundo feito de palabras, como é crecer e vivir sendo analfabeto? Podemos imaxinar ese mundo?.

CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo):

- 18:00 h. Conferencia de Juan Herbera: "Está en crise o mercado cinematográfico español?". Os números de asistencia ás salas de cinema en España convidan a pensar que o sector pasa por un momento delicado. A realidade do mercado actual explícase, entre outras razóns, pola evolución dos parámetros básicos (número de pantallas, espectadores, recadación, prezo medio, índice de asistencia) ao longo da última década. Tomando como punto de partida a crise da década do oitenta achéganse datos que ilustran a recuperación durante a década do noventa, a consolidación durante a primeira década do século XXI e o descenso até os nosos días.
- 20:45 h. Foco Ben Rivers: "Origin of the species" e "Slow action". 61 minutos. 16mm / Vídeo HD. Subtítulos en galego + "The yellow bank". J. P. Sniadecki, 2010 [SO] 27 minutos. Vídeo.

Entrada de balde a todas as actividades.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Caixa Galicia: conferencia de José Manuel Barbosa

Martes 25
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

José Manuel Barbosa falará, dentro do ciclo "Lingua, Literatura e Nación" da A. C. O Facho, sobre "A mudanza do paradigma historiográfico na Galiza".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

IV Mostra de Ciencia e Cinema, do 24 ao 28 de outubro

mércores, 19 outubro 2011, 10:53 | Category : audiovisual, ciencia, cinema, conferencias
Tags : , ,

Chega IV Mostra de ciencia e cinemaa IV Mostra de Ciencia e Cinema, que se desenvolverá entre o 24 e 28 de outubro co seguinte programa:

Luns 24 de outubro:
- Fundación Rodríguez Iglesias (Rúa Cordelería, 32). Proxección de filmes a concurso [SO] e da retrospectiva portuguesa [RP]. Vídeo. De 18:00 a 22:00 h.
COMO AS SERRAS CRESCEM. Maria João Soares, 2010 [SO] 28 min. Sen diálogos.
A SIMPLE RHYTHM. Tess Girard, 2010 [SO] 52 min. Subtítulos en español.
NO GRAVITY. Silvia Casalino, 2010 [SO] 60 min. Subtítulos en galego.
THE CITY DARK. Ian Cheney, 2011 [SO] 84 min. Subtítulos en español.
Entrada de balde a todas as actividades.

Martes 25 de outubro:
- Fundación Rodríguez Iglesias. Proxección de filmes a concurso [SO] e da retrospectiva portuguesa [RP]. Vídeo. De 19:00 a 22:00 h.
ANNE VLIEGT. Catherine van Campen, 2010 [SO] 21 min. Subtítulos en galego.
PARE, ESCUTE, OLHE. Jorge Pelícano, 2009 [RP] 100 min. Subtítulos en español.
WOLFRAMIO, UN TIPO CON QUÍMICA. Laureano Jiménez & Gonzo Bello, 2011 [SO] 34 min. Coa presenza de Laureano Jiménez.
- CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo):
18:00 h. Foco Deborah Stratman: FROM HETTY TO NANCY, IT WILL DIE OUT IN THE MIND, ON THE VARIOUS NATURE OF THINGS e RAY’S BIRDS [SO] 80 minutos. 16mm / Vídeo. Subtítulos en galego.
20:45 h. NÉNETTE. Nicolas Philibert, 2010 [SO] 70 min, 35mm. Subtítulos en galego + LA LINEA GENERALE. Oleg Tcherny, 2010 [SO] 16 min, Vídeo. Subtítulos en galego.
Entrada de balde a todas as actividades.

Mércores 26 de outubro:
- Fundación Rodríguez Iglesias. Proxección de filmes a concurso [SO] e da retrospectiva portuguesa [RP]. Vídeo.
De 19:00 a 22:00 h.
MILHO. José Barahona, 2007 [RP] 54 min. Subtítulos en español
ELECTRIC MIND. Nadav Harel, 2010 [SO] 60 min. Subtítulos en galego.
ANGST. Graça Castanheira, 2010 [SO] 53 min. Subtítulos en español.
REMEMORAÇÕES. José Coimbra & Tiago Guimarães, 2007 [RP] 50 min. Subtítulos en español.
- CGAI:
18:00 h. Conferencia de Juan Herbera: Está en crise o mercado cinematográfico español?
20:45 h. Foco Ben Rivers: ORIGIN OF THE SPECIES e SLOW ACTION. 61 minutos. 16mm / Vídeo HD. Subtítulos en galego + THE YELLOW BANK. J. P. Sniadecki, 2010 [SO] 27 minutos. Vídeo.
Entrada de balde a todas as actividades.

Xoves 27 de outubro:
- Fundación Rodríguez Iglesias. Proxección de filmes a concurso [SO] e da retrospectiva portuguesa [RP]. Vídeo. De 19:00 a 22:00 h.
MEMOIRS OF A PLAGUE. Robert Nugent, 2010 [SO] 77 min. Subtítulos en galego.
AS HORAS DO DOURO. António Barreto & Joana Pontes, 2010 [RP] 100 min. Subtítulos en español.
- CGAI:
18:00 h. ENCONTROS. Pierre-Marie Goulet, 2006 [RP]. 105 minutos. Vídeo. Subtítulos en castelán.
20:45 h. NOSTALGIA DE LA LUZ. Patricio Guzmán, 2010 [SO] 90 minutos. Vídeo.
Entrada de balde a todas as actividades

Venres 28 de outubro:
- Fundación Rodríguez Iglesias. Proxección de filmes a concurso [SO] e da retrospectiva portuguesa [RP]. Vídeo. De 18:00 a 22:00 h.
LA TERCERA MIRADA. Colectivo Olhares Nomadas, 2011 [SO] 23 min. Subtítulos en español.
PENÍNSULA XY. Juan Lesta e Belén Montero, 2011 [SO] 26 min. Sen diálogos. Coa presenza do coautor, Juan Lesta.
DE ZIEL VAN WITGOED. Susanne Engels, 2010 [SO] 50 min. Subtítulos en galego.
A FLOR, A FORMIGA E A BORBOLETA AMEAÇADA. Bruno Cabral, Ivânia West & Patrícia Garcia-Pereira, 2008 [RP] 25 min. Subtítulos en español.
PORTUGAL, UM RETRATO AMBIENTAL. Francisco Manso, 2004 [RP] 52 min. Subtítulos en español.
- CGAI:
18:00 h. NOSTALGIA DE LA LUZ. Patricio Guzmán, 2010 [SO] 90 minutos. Video.
20:45 h. Programa Max & Dave Fleischer: EINSTEIN’S THEORY OF RELATIVITY e DARWIN’S THEORY OF EVOLUTION. Filmes mudos con narración en vivo a cargo de Belén Regueira e Susana Rois. 80 minutos. 16mm.
Entrada de balde a todas as actividades.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: conferencia “Cristianismo y paganismo en el arte antiguo”, de J. L. García Dornelas

Xoves Portas Ártabras20
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia ilustrada con imaxes de José Luis García Dornelas sobre "Cristianismo y paganismo en el arte antiguo".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia “Breogán, Hércules e a Torre de Brigantium”, de André Pena Graña

Martes O Facho11
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia do profesor André Pena Graña sobre "Breogán, Hércules e a Torre de Brigantium", dentro do ciclo "Economía, Historia e Realidade Social" da A. C. O Facho.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia “Angola e Galiza, Língua”, do profesor Benevides Eculica Maurício

Martes O Facho4
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia do profesor da Universidade de Santiago de Compostela Benevides Eculica Maurício sobre "Angola e Galiza, Língua", dentro do ciclo "Lingua, Literatura e Nación" da A. C. O Facho.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Margarita Ledo: “Fotografía dende onde o mundo se chama Galiza”

Martes 27
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia de Margarita Ledo sobre "Fotografía dende onde o mundo se chama Galiza", dentro do ciclo "Lingua, Literatura e Nación" da A. C. O Facho.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google