Nota de prensa da Concellaría de Cultura sobre a non celebración na Coruña do Cultur.gal 2010

martes, 28 setembro 2010, 12:29 | Category : anuncios oficiais, culturgal
Tags : , ,

A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña lamenta a decisión adoptada pola comisión organizadora da próxima edición da Feira Galega das Industrias Culturais CULTUR.GAL de abandonar A Coruña como sede deste evento. A ubicación do CULTUR.GAL na cidade da Coruña, a partir do ano 2008, supuxo un salto cualitativo na repercusión pública e social desta feira, chamada a ocupar un papel protagonista na difusión da cultura galega. A Coruña ofrece, por traxectoria, por peso poboacional e por centralidade cultural unhas magníficas condicións para garantir o éxito dun evento destas características. O certo é que cando en 2009 a Consellaría de Cultura decide non facer o Culturgal o Concello da Coruña apoiado por ducias de voluntarios e por todos os sectores da Cultura fai unha feira, o Achegarte, cunha resposta de toda a cidadanía verdadeiramente importante. Por iso, o traslado da sede da feira supón unha perda para a cidade, pero tamén unha perda para a cultura galega.
A Concellaría de Cultura respecta a lexítima decisión adoptada polos organizadores do CULTUR.GAL, pero considera inaceptables as presións realizadas pola Xunta de Galicia para forzar o traslado da sede da feira. Non é admisible que desde a Consellaría de Cultura se condicione a aprobación dunha parte importante do financiamento do evento (mais do 40% do total) a súa realización fóra da cidade da Coruña. A actuación da Consellaría de Cultura en relación co CULTUR.GAL reflicte a continuidade dunha política de marxinación da cidade da Coruña de calquera programación, colaboración ou evento cultural patrocinado pola administración autonómica.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Confírmase a realización na Coruña do Culturgal 2010

mércores, 28 xullo 2010, 9:18 | Category : culturgal
Tags : , , ,

Culturgal, a feira das industrias culturais galegas, vaise celebrar do 10 ao 12 de decembro na Coruña. A concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, e o presidente da recentemente creada Asociación Culturgal, Xulio Amigo, acompañado por tres membros da executiva: o vicepresidente da asociación, Ernesto Chao, o secretario, Cándido Meixide e a tesoureira, Beatriz Sieira, reuníronse esta semana para comezar a andaina da que vai ser a grande cita referencial da cultura galega. Polo de agora, a Concellaría de Cultura da Coruña (que destinará a este evento un orzamento similar ao adicado o ano pasado ao AchegArte), e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) son os únicos apoios económicos garantidos a día de hoxe. O obxectivo fundamental é traer de volta o Culturgal, que desaparecera despois de dúas exitosas edicións. No ano 2008, estimouse que uns 35.000 visitantes pasaron polo Palexco coruñés. Tras esa edición, o novo titular de Cultura tras o cambio de goberno na Xunta deixou de financiar a feira alegando “falta de cartos e de tempo”. A Deputación e a Concellaría de Cultura da Coruña decidiron entón organizar unha feira alternativa, nacendo así AchegArte, que supuxo un rotundo éxito de público con 40.000 visitantes no 2009. Os sectores implicados amosan, deste xeito, a súa vontade de non deixar pasar un ano máis sen a grande Feira da cultura galega.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

AchegArte: a feira da cultura galega en 2009

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Queremos cultura!

domingo, 4 outubro 2009, 19:00 | Category : comunicados, culturgal
Tags :

O goberno do Partido Popular acaba de confirmar que non organizará o CULTURGAL, a Feira das Industrias Culturais pola que o ano pasado pasaron máis de 37.000 persoas, onde a música, o libro, o teatro, o audiovisual, as novas tecnoloxías… eran os protagonistas, onde a cultura estaba no mellor escaparate para gabarse e para venderse. Alí puidemos gozar coa cultura que facemos: contemporánea, moderna, atractiva, que nos fixo sentir que somos unha potencia, porque este país ten talento.

Quizá non debería sorprendernos esta decisión porque a dereita semella incapaz por natureza de ter a cultura entre as súas prioridades. Mais un grupo de persoas iniciou unha campaña para facer a grande mostra da Cultura Galega, aínda sen axuda da Consellaría de Cultura. Xuntando a capacidade de moitos para facelo posible e nós estaremos aí, non liderando senón acompañando, empuxando con eses que non se conforman, que non se amilanan, que non se encollen, que non se acovardan, que non se venden, porque queremos cultura.

Non será posible o CULTURGAL 2009 que queriamos, mais faremos unha festa da CULTURA GALEGA, porque nós queremos cultura e ímola defender con paixón e vehemencia, como somos. Ímolo facer por dignidade, faremos unha festa da cultura, unha festa atractiva porque nós sabemos que recortar gastos en cultura só produce miseria total. E cómpre que saiba todo o mundo que mentres algúns só destrúen, nós traballamos, nós avanzamos.

Foi Nietzsche quen dixo “O grande estilo nace cando o fermoso obtén a vitoria sobre o enorme”. Con estilo esta batalla ímola dar!

Mª Xosé Bravo
Concelleira de Cultura do Concello da Coruña

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Concellaría de Cultura expresa o seu malestar pola decisión da Xunta de non convocar este ano o Culturgal

mércores, 9 setembro 2009, 21:00 | Category : comunicados, culturgal
Tags :

A Concellaría de Cultura quere expresar a súa máis profunda decepción ante a decisión dada a coñecer hoxe por parte da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia de non organizar en 2009 a Feira Galega das Industrias Culturais “Culturgal”. A anterior edición do Culturgal celebrouse na nosa cidade o pasado mes de decembro e acadou espectaculares cifras de asistencia, que favoreceron a proclamación da Coruña como sede permanente desta Feira, un evento que demostrou ser un utilísimo escaparate para a cultura de noso. Ao adiar a Feira como mínimo ata 2010 alegando razóns financeiras o departamento de cultura da Xunta de Galicia deixa aos coruñeses e coruñesas sen un dos principais acontecementos culturais e sociais do ano, que é tamén, non o esquezamos, unha valiosa oportunidade de negocio para as empresas do sector.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña será sede permanente do Cultur.gal

venres, 19 decembro 2008, 12:15 | Category : comunicados, culturgal
Tags :

A Coruña será a partir de 2009 a sede permanente de Cultur.gal, a Feira Galega das Industrias Culturais, segundo acordou o Consello Asesor da feira, que recomenda ademais a súa celebración nas primeiras semanas de decembro para que sirva como panca coa cal promover a compra de produtos culturais galegos no Nadal. A decisión obedece á extraordinaria resposta do público coruñés: arredor de 37.000 persoas pasaron pola Feira ao longo dos catro días, unha cifra que case cuadriplica a asistencia á anterior edición. É un gran logro para a cidade que visibiliza o interese que nela hai pola cultura que se produce no noso país. A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña quere facer explícito unha vez máis o seu profundo agradecemento a todas as coruñesas e coruñeses que co seu apoio ao Culturgal fixeron da Feira un éxito rotundo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comunicado da Concellaría de Cultural sobre o Cultur.gal

venres, 12 decembro 2008, 12:00 | Category : comunicados, culturgal
Tags :

“Do 4 ao 7 de decembro celebramos na Coruña o Cultur.gal, unha festa da cultura para pequenos e maiores, que participaron activamente no amplo abano de actividades programadas ao longo destes catro días. Máis de 35.000 persoas pasaron pola Feira para mercar, para informarse das últimas creacións da nosa cultura, asistir a concertos, presentación de novidades editoriais, espectáculos infantís...

A cidadanía da Coruña volcouse co Cultur.gal: a súa implicación masiva vén demostrar a necesidade desta posta en común da cultura que facemos. A Concellaría de Cultura non pode máis que AGRADECER esta participación, verdadeira protagonista da mostra”.

María Xosé Bravo, Concelleira de Cultura da Coruña

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do disco "A Coruña Son" no Culturgal

domingo, 7 decembro 2008, 16:41 | Category : A Coruña Son, culturgal
Tags :

O pasado venres presentouse no Culturgal o disco do obradoiro de canción popular A Coruña Son, que tivo a Santiago Auserón como director musical. Participaron no acto a Concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo; a directora do proxecto, Tati Mancebo, e dous dos músicos participantes, Víctor García, membro da banda D-Laxe, e María Xosé Silvar, de Chámalhe Xis. Este vídeo recolle parte da presentación:

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Preestrea da XABAXIRA 2009, o domingo no Cultur.gal

sábado, 6 decembro 2008, 17:00 | Category : culturgal
Tags :

O domingo 7 de decembro ás 18:00 preestréase no Auditorio Gaivota do Palexco a XABAXIRA 2009 do Xabarín Club. A entrada é libre e de balde até completar a capacidade. Ás persoas que recollan previamente convite na propia feira garantiráselles localidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

MUSIC.GAL, un espectáculo multidisciplinar para a noite do sábado

venres, 5 decembro 2008, 13:36 | Category : culturgal
Tags :

Mañá sábado 6 de decembro ás 21:30 no Auditorio Gaivota do Palexco celébrase o espectáculo musical e multidisciplinar MUSIC.GAL, que contará coas intervencións de Dios ke te Crew (hip hop),  Marful (fusión, tango e habaneiras),  O sonoro Maxín (fusión e música festeira),  Projecto Mourente (pop electrónico),  The Homens (power pop),  Proxecto Zocas (danza contemporánea),  Yolanda Castaño (poesía en escena),  Estíbaliz Espinosa (poesía en escena),  Pancho Lapeña (creación plástica) e  Federico Martínez (creación plástica). O acto estará conducido polo Grupo Chévere, e participará como presentadora Belén Regueira. A entrada é libre e de balde até completar a capacidade. Ás persoas que recollan previamente convite na propia feira garantiráselles localidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O disco de A Coruña Son, de balde no Cultur.gal

xoves, 4 decembro 2008, 10:10 | Category : culturgal, música
Tags :

Mañá venres 5 de decembro ás 12:15 no stand da Concellaría de Cultura da Coruña no Cultur.gal (Palexco, A Coruña) preséntase o disco do obradoiro A Coruña Son nun acto que contará coa presenza de María Xosé Bravo, Concelleira de Cultura da Coruña, Tati Mancebo, directora do obradoiro, e a cantante María Xosé Silvar (Chámalle Xis). O disco será ofrecido de balde no stand da Concellaría desde hoxe mesmo, e máis adiante poderá ser descargado libremente na web do proxecto.

Listaxe de cancións:

1. TONHITO DE POI: Mariñeira. Rock galego.
2. CHÁMALLE XIS: Canto aquí, canto onde me peta. Son galego.
3. MR. CARÁCTER: Xabarín-manía. Rock galego.
4. PABLO DÍAZ: O moucho. Novo folk.
5. CHUS SILVA: A lagoa dos soños. Pop psicodélico.
6. O SONORO MAXÍN: A rúa do perigo. Reggae atlántico.
7. NAT: Nunca te quixen. Canción de autor.
8. OS JOHN DEERS: De que me vale. Rock galego.
9. IRIA PINHEIRO: Violoncello. Cabaret-art.
10. SANTIAGO AUSERÓN: A Misteriosa (versión en galego de Tati Mancebo e Alfredo Ferreiro).
11. D-LAXE: Túas mans. Trip-hop atlántico.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comeza o Cultur.gal 08

xoves, 4 decembro 2008, 7:00 | Category : culturgal
Tags :

Hoxe xoves 4 de decembro comeza na Coruña a segunda edición do Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais, punto de encontro para todas as empresas e entidades que crean, distribúen, promocionan e ofrecen produtos e servizos relacionados coa cultura en Galiza e que llelos queren achegar á cidadanía. O Culturgal 2008 terá lugar no Palexco, Palacio de Congresos e Exposicións situado no Peirao de Transatlánticos da Coruña. A Concellaría de Cultura da Coruña vai ter un stand na Feira cuxo horario será de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:00. Poden consultar a programación do Cultur.gal neste enderezo, ou ben picando en cada unha das datas que aparecen indicadas na columna da dereita.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cultur.gal 08: programación do domingo 7 de decembro

xoves, 4 decembro 2008, 1:42 | Category : culturgal
Tags :

Programación para o público en xeral:

12.30 h Presentación dos últimos títulos da colección Árbore Os Duros. Festa dos globos.
13.30 h Presentación do CD-DVD Isolma
17.00 h Pola poesía, recital musicado de Anxo Angueira e Leo Arremecághona
18.00 h Chano Eiroa asinará exemplares de Guía dos camiños do Eume, Marcos Calveiro de Festina lente e Rubén Ruibal de Limpeza de sangue (Premio Nacional de Literatura Dramática)
18.00 h Concertos de varios grupos do proxecto Nsaio. Rede Galega de Locais de Ensaio: Chotokoeu, Os trasnos do Moscoso e Chámalle Xis

Programación para o público infantil:

11.00 h Obradoiro de técnica de animación Stop Motion (animación de plastilina para o cine)
12.00 h Mobi Dick, teatro para público familiar con Os Quinquilláns
12.30 h Obradoiro de maquillaxes para todo o público
12.30 h Obradoiro de música para nenas e nenos de 6 a 8 anos
12.30 h Obradoiro de técnica de animación Stop Motion (animación de plastilina para o cine)
12.30 h Presentación dos últimos títulos da colección Árbore Os Duros (Editorial Galaxia). Festa dos globos.
17.00 h Obradoiro de técnica de animación Stop Motion (animación de plastilina para o cine)
18.00 h Obradoiro de hip hop para rapazas e rapaces de 13 a 16 anos coa presenza de Serxio Regos “García”, Dios ke te crew
18.00 h Preestrea da XabaXira 2009 do Xabarín Club
18.30 h Obradoiro de técnica de animación Stop Motion (animación de plastilina para o cine)

Horario do domingo 7 de decembro: de 11:00 a 21:00.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cultur.gal 08: programación do sábado 6 de decembro

xoves, 4 decembro 2008, 1:41 | Category : culturgal
Tags :

Programación para o público en xeral:

11.30 h Presentación do libro-CD infantil Para cantar e bailar coa presenza de Luís Prego e Cándido Meixide
12.00 h Mesa de debate sobre o convenio de actores/actrices e compañías residentes
12.30 h Presentación de O globo de Shakespeare, de Santiago Jaureguizar, coa participación de Santiago Jaureguízar, Óscar Sánchez e Manuel Bragado
13.30 h Presentación de Foliada nas Rías Baixas, CD homenaxe a Ricardo Portela, coa participación de Óscar Ibáñez e Cándido Meixide
17.00 h Presentación da Enciclopedia Galega Universal (EGU) en internet, coa presenza de Bieito Ledo Cabido (editor) e Basilio Pedreira Couñago (informático)
18.00 h Gallaecia: Chega a épica á banda deseñada galega, coa participación de Miguel Ángel Vigo Baleirón (ilustrador), Iván Rodríguez Arós (ilustrador), Tomás González Ahola (editor) e Pablo Amado Fuentes (editor)
18.00 h Manuel Lourenzo González, Marilar Aleixandre e Mar Guerra, premios Xerais 2008, asinarán exemplares das súas obras
19.00 h Presentación dos álbums ilustrados A serea do mundo e O branco país sen neve, de Encarna Otero, con ilustracións de Elisa Gallego Picard
19.00 h Chelo Suárez asinará exemplares de A venus de Cristal, e Begoña Paz de As mellores intencións
20.00 h Presentación de A corpo aberto de Manuel Rivas
21.00 h Presentación de Os milagres de Cristamar de Chelo Suárez, e de Construcións de Eduardo Estévez
21.30 h Music.gal, espectáculo musical e multidisciplinar, coa participación de Dios ke te Crew (hip hop), Marful(fusión, tango e habaneiras), O sonoro Maxín (fusión e música festeira), Projecto Mourente (pop electrónico), The Homens (power pop), Proxecto Zocas (danza contemporánea), Yolanda Castaño (poesía en escena), Estíbaliz Espinosa (poesía en escena), Pancho Lapeña (creación plástica), Federico Martínez (creación plástica), Belén Regueira (presentadora) e Grupo Chévere

Programación para o público infantil:

11.00 h Obradoiro de técnica de animación Stop Motion (animación de plastilina para o cine)
12.00 h Flis-fli-ris-flas, representación teatral de Matapiollos para público familiar
12.30 h Xincana poético-musical para nenos e nenas de 9 a 12 anos
12.30 h Obradoiro de música para nenos e nenas de 6 a 8 anos
12.30 h Obradoiro de técnica de animación Stop Motion (animación de plastilina para o cine)
16.30 h Cantacontos con Migallas Teatro
17.00 h Obradoiro de técnica de animación Stop Motion (animación de plastilina para o cine)
18.00 h Flis-fli-ris-flas, representación teatral de Matapiollos para público familiar
18.00 h Obradoiro de hip hop para rapazas e rapaces de 13 a 16 anos coa presenza de Serxio Regos “García”, Dios ke te crew
18.30 h Obradoiro de técnica de animación Stop Motion (animación de plastilina para o cine)

Horario do sábado 6 de decembro: de 11:00 a 01:00.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cultur.gal 08: programación do venres 5 de decembro

xoves, 4 decembro 2008, 1:40 | Category : culturgal
Tags :

Programación para o público en xeral:

10.30 h Presentación de programas e liñas de acción da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural para 2009, coa participación de Luís Bará Torres, Director xeral de Creación e Difusión Cultural, e outros/as representantes da Consellería de Cultura e Deporte
10.30 h Charla sobre a actualidade e futuro da impresión baixo demanda
11.30 h Presentación do audio-libro Servizos informativos, de Eloi Caldeiro
12.30 h Presentación da Asociación Profesional de Xestores/as Culturais de Galiza
13.00 h Presentación do videoxogo de produción galega ELE (Evento Ligado á Extinción)
13.30 h Mostra de diversos espectáculos de Talía Teatro
16.30 h Mesa de debate sobre a produción escénica
18.00 h Obradoiro-demostración do proceso de sonorización en películas de cine (participantes de entre 14 e 25 anos)
18.30 h Mesa de debate sobre a distribución escénica
17.00 h Presentación dos actos do 25 aniversario do xornal A Peneira
18.00 h Presentación de Novas minimaladas de Pinto & Chinto
18.00 h Xabier Puente Docampo e Xosé Cobas asinarán exemplares de O libro das viaxes imaxinarias
19.00 h Presentación de O natural é político, de Teresa Moure, coa participación de Teresa Moure, Pilar García Negro e Manuel Bragado (director de Xerais)
19.00 h O escritor Xesús Constenla asinará exemplares das súas obras
20.00 h Presentación de A fada das lapas de Manolo Janeiro con ilustracións de Zita Delaco, coa participación de Xosé M. Soutullo (director de produción de Editorial Galaxia), Vítor Vaqueiro (escritor), Zita Delaco (ilustradora) e Manolo Janeiro (autor)

Programación para o público infantil:

10.30 h Bicos con lingua, representación de Talía Teatro para centros de ensino
11.00 h Sesións para experimentar coa dobraxe cinematográfica
12.00 h Bicos con lingua, representación de Talía Teatro para centros de ensino
16.00 h Sesións continuadas e abertas para nenos e nenas para experimentar coa dobraxe cinematográfica
17.00 h Carlota e Marieta dan a volta ao planeta, representación de A Locamotora para nenos e nenas
18.00 h Obradoiro de hip hop para rapazas e rapaces de 13 a 16 anos con , coa presenza de Serxio Regos “García”, Dios ke te crew
18.00 h Obradoiro-demostración do proceso de sonorización en películas de cine (participantes de entre 14 e 25 anos)
18.30 h Merendas con contos (Compañía Trinke-Trinke)

Horario do venres 5 de decembro: de 10:00 a 21:00.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google