Cultur.gal 08: programación do xoves 4 de decembro
Programación para o público en xeral:
10.30 h Escola Sinsal: a historia da música enlatada
11.30 h Entrega do III Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira e contacontos de Fátima Fernández
12.30 h Inauguración de Cultur.gal 08 coa presenza de Nel Vidal (director de Cultur.gal), María Xosé Bravo (concelleira de Cultura do Concello da Coruña), Luís Bará (director xeral de Creación e Difusión Cultural), Ánxela Bugallo (conselleira de Cultura e Deporte) e representantes dos diferentes sectores
13.30 h Presentación do guión da película Os mortos van á presa
16.00 h Foro de debate sobre audiovisual e novas tecnoloxías
18.00 h Presentación do catálogo de actores e actrices da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
18.00 h Obradoiro-demostración do proceso de sonorización en películas de cine (participantes de entre 14 e 25 anos)
19.00 h Presentación do disco Vellas Artes, de Vaamonde, Lamas & Romero
20.00 h Concerto da Banda Municipal de Música da Coruña
20.00 h Presentación de Memoria de cidades sen luz de Inma López Silva, Premio Blanco Amor 2007
Programación para o público infantil:
10.30 h Canta connosco, actividade musical e teatral de Migallas Teatro para centros de ensino
11.00 h Sesións para experimentar coa dobraxe cinematográfica
11.30 h Entrega do III Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira e contacontos de Fátima Fernández
12.00 h Canta connosco, actividade musical e teatral de Migallas Teatro para centros de ensino
16.00 h Sesións continuadas e abertas para nenos e nenas para experimentar coa dobraxe cinematográfica
17.00 h Contos chegados doutro lugar, actividade para todos os públicos con Mario Tomás
18.00 h Obradoiro de maquillaxes para rapaces e rapazas de 12 e 13 anos
18.00 h Obradoiro-demostración do proceso de sonorización en películas de cine
19.00 h Obradoiro de hip hop para rapazas e rapaces de 13 a 16 anos con Serxio Regos “García”, de Dios ke te crew
19.00 h Do, re, mi, Mozart xoga aquí. Monicreques para todos os públicos.
Horario do xoves 4 de decembro: de 10:00 a 21:00.














