O
Outono Fotográfico 2010 tamén chega a Coruña coas seguintes exposicións e actividades:
- "Entroido en Manzaneda" de Carlos G. Hervella (Manzaneda, Ourense, 1955). 52 fotografias en marcos de 60 x 50.
Biblioteca do Castrillón
Praza Pablo Iglesias s/n. 15009 A Coruña.
Horario: luns a venres de 09.00 h a 21.00 h. Sábado de 10.00 h a 14.00 h.
4 de novembro a 4 de decembro
- "Novas conversas con Atlante" . Colectiva: Xosé Abad, Miguel Harguindey, Xacobe Meléndrez Fassbender, Sandra G. Rey, Paco Rocha e Xosé Teiga. Curador: Xacobe Meléndrez. Unha reflexión sobre o estado actual do movemento social e ambientalista xenerado polo afundimento do Prestige hai 8 anos. 58 fotografias de 40 x 60.
Aquarium Finisterrae
Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 34 , 15002 A Coruña
Horario: Lunes a Viernes, 10:00-19:00 ; Sáb, Dom e festivos, 10:00-20:00 h.
Edítase catálogo que se presentará o día 23 na inauguración
23 de novembro a 17 de xaneiro
- "Graphias", de Begoña Pastoriza (A Coruña 1978) e Paz Vicente (Soria 1968). As autoras proporciónannos unha serie de imaxes indefinidas, ás veces borrosas, con espazos para a superposición, como un camiño aberto en múltiples direccións, como dualismo simétrico ou como dobre imaxe. Como imaxe no espello, un símbolo da conciencia, un eco da realidade, un mundo composto por espazos desestruturados, carentes de enerxía, coma se esta se encontrase máis alá, extrapolándose de si mesma, aínda que implícita nela. É aí onde habitan estas "Graphias". Asociación Fotográfica Posición B.
Rúa Galerías de Santa Margarita, 3, C. P. 15007.
Horario: de luns a venres, de 18:00 h. a 21:00 h. , sábado e domingos, de 12 a 14 horas
26 de Novembro ate o 12 de decembro.
- "O mundo é un escenario" de Alejandra Vacuii. (Ourense 1987). 20 fotos de 30x45. Imaxes que reflicten o sentimento, a emoción e a inquedanza da súa autora, nunha mostra organizada por Anacos da Cidade (asociación ourensá).
Casa Museo de María Pita
Rúa Herrerías, 28; 981 189 853 begin_of_the_skype_highlighting 981 189 853 end_of_the_skype_highlighting - Horario: de martes a sábado: de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:00; domingos e festivos: de 10:30 a 14:00. Luns, pechado
30 de novembro a 2 de xaneiro
- "La gran recolección". Colectiva. Curadores: José Eugenio Mañas e Mª José Fernández (Albacete). 60 fotos de 30 x 30 cm enmarcadas. A Gran Recolleita é unha proposta de Mª José Fernández e José Eugenio Mañas realizada en colaboración con outros artistas na que se cuestiona a manipulación da natureza desde distintos puntos de vista. Para iso os artistas tiveron que intervir ou manipular unha planta e posteriormente fotografala. O resultado son 60 imaxes en que o lúdico non pecha dimensión á reflexión, senón que ao contrario empraza a arte e á fotografía á necesidade de crear un diálogo e unha dimensión do colectivo que non está fixada de antemán....
Casa Museo de Casares Quiroga
Rúa Panadeiras 12 - Horario: de martes a sábado: de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:00; domingos e festivos: de 10:30 a 14:00. Luns, pechado
2 decembro a 2 de xaneiro
Outras actividades no local da Asociación Fotográfica Posición B
- Cursos (asistencia previa matrícula, prazas limitadas)
* Obradoiro de Técnicas ensenciais (Nivel II). Sábado 27 de novembro: impartido por Eduardo Castro Bal. Horario de 10:00 h a 14:00 h. na sede de Posición B e de 16:00 h. a 20:00 h., prácticas de iluminación no plató.
* Obradoiro de Lightroom 3. Sábado e Domingo 11 e 12 de decembro: impartido por Fran Nieto. De 10:00 a 12:00 e de 16:00 a 20:00 h.
- Charlas e seminarios:
* "Identidade e cambio" (Fotografía, arte e compromiso). Xacobe Meléndrez Fassbender. Venres 3 de Decembro a partir das 19:00 h. (Asistencia libre, aforo limitado).
* "Detrás de la Cámara, hacia un proyecto personal" e "Photolatente". Óscar Molina. Sábado 4 de decembro de 16:00 a 21:30 h. (Asistencia previa matrícula, prazas limitadas)
- Proxeccións :
"Fronteira". Montaxe de 34 min. Sete interpretacións persoais diversas da tensión que se xera nos límites xeográficos, conceptuais, formais, procesuais...
Imaxes de Delmi Álvarez, Carmela Gil Vázquez, Maribel Longueira, Luis López Gabú, Carolina Martínez Rodríguez, Xacobe Meléndrez Fassbender e Helena Segura-Torrella.
Coa participación musical de: Fresquiños, Xoán Curiel, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, "Pinnacle roots reggae band" e Manuel Riveiro. Proxectarase o 13 de novembro, ás 20 h, na Sala Cava do Espai Fotogràfic Can Basté de Barcelona, con presentación polo seu curador, Xacobe Meléndrez; o venres, 3 de decembro, ás 20:30 horas en Posición B da Coruña; e do 28 de outubro ao 12 de novembro, na sala de exposicións da Casa da Xuventude de Ourense, en horario de 19 a 23 h, excepto festivos. O 3 de decembro, tras a proxección de "Fronteiras" en Posición B, entre as 21:30 e as 22:15, actuación de "Os Fresquiños".
Neste arquivo pódese descargar máis información: Outono Fotográfico na Coruña 2010.