Fórum: clase maxistral de pandeiro por Xabier Díaz

venres, 10 setembro 2010, 11:43 | Category : cursos, música
Tags :

Sábado 11
Fórum Metropolitano
De 11:00 a 14:00 h.
Entrada libre até completar aforo.

Clase maxistral de pandeiro a cargo do grande artista Xabier Díaz, adicada a todas as persoas interesadas en coñecer e perfeccionar os seus coñecementos sobre este instrumento de percusión tradicional, con carácter gratuíto até completar o aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xornada de formación para dinamizadores xuvenís (remata o prazo de inscrición o sábado 10)

venres, 9 xullo 2010, 10:45 | Category : actividades educativas, cursos
Tags :

FORMACIÓN PARA DINAMIZADORES XUVENÍS

-Data: 17 de xullo de 2010
-Destinatarios: mozos e mozas entre 14 e 30 anos
-Lugar de realización: Vilasantar, Escola de Agricultura Ecolóxica
-Horario: das 9.00 ás 19.00 h (saída en bus desde o Fórum)
-N.º de prazas: 25
-Inscrición: do 1 de xullo ao 10 de xullo, a través da web: www.coruna.es/nex.

Esta xornada formativa, dirixida a mozos e mozas de 14 a 30 anos, pretende achegar ferramentas básicas para a dinamización e a participación xuvenil no contexto do ocio. A liña de traballo nesta xornada, así como a estrutura e os contidos da proposta, serán flexibles e adaptables aos participantes, conxugarase a parte formativa, coa cal se iniciará un percorrido educativo sobre diversos centros de interese (educación, xénero, medio ambiente, interculturalidade...) e ámbitos de actuación (físico-deportivo, cultural, artístico, tecnolóxico...), o que propiciará un coñecemento sobre as opinións da xente nova e os seus recursos e a dinamización, posibilitando deste xeito aos/ás participantes a posta en práctica das ideas e propostas de creación propia.

2010 07 Cartaz-curso-17-xullo-2010

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Curso de Manipulación de títeres de luva, en Danthea Teatro

venres, 2 xullo 2010, 10:09 | Category : cursos, teatro
Tags : ,

Do 5 ao 8 e xullo
De 10:30 a 13:30 ou de 16:30 a 19:30
Danthea Teatro (rúa Agra do Orzán, nº 3)
Contacto e matriculacíón: Danthea Teatro, Carlos (616701099) ou en Agra do Orzán, nº 3.

O curso de Manipulación de títeres de luva está subvencionado por Unima Galicia, e será impartido por Miguel Oyarzún (da compañía El Chon Chon - Chile-Arxentina). A súa duración será de 12 horas e o número de prazas é de 15.
Trátase dun seminario no que se traballa arredor dos conceptos de movemento, animación e palabra aplicados ao títere de luva, desde unha perspectiva eminentemente práctica. Os contidos son:
- Incorporación das técnicas básicas para a animación do títere de luva.
- Exploración das posibilidades do movemento dos bonecos.
- Credibilidade na manipulación do títere.
- Descubrimento e experimentación das potencialidades expresivas dos títeres.
- Diferenciación de movemento e acción dramática.
- Noción de conflito. Diferenciación entre os distintos tipos de conflito.
- Traballo coa secuencia de movemento.
- Discurso interno (Parlamentos e emocións. Relación entre o títere e o titiriteiro).
El Chonchón está considerado un dos mellores grupos de Latinoamérica, pola súa refinada manipulación de titeres de luva, ven poñendo escena dramaturgos que se especializan en obras de títeres: Javier Villafañe, Roberto Espina, Oto Freytas ou Federico García Lorca, que manexan os códigos titiritescos desde o lingüístico até o xestual, propondo unha posta ideal desde o mesmo texto dramático. Así tamén é obxectivo do grupo a investigación sobre o universo da animación do títere de luva, digamos desde a autonomía dos personaxes-títeres para tentar vislumbrar lo titiritesco, o que diferencia aos bonecos doutras expresións artísticas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Curso “Títeres de verano”, no Teatro do Andamio

mércores, 30 xuño 2010, 9:05 | Category : cursos, teatro
Tags : ,

Do 28 de xuño ao 9 de xullo celébrase un curso de verán de Deseño e construción de títeres no Teatro do Andamio (Alcalde Suárez Ferrín, 10), orientado a nenos entre 5 e 10 anos. Para máis información contactar con Gema Ulloa no 658-754702 ou o correo  gemaulloa at gmail.com.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Obradoiro de hip-hop na Biblioteca Os Rosales

xoves, 24 xuño 2010, 9:40 | Category : bibliotecas, cursos, música, obradoiros
Tags : ,

Na Biblioteca de Os Rosales levarase a cabo un obradoiro de introdución ao mundo do hip-hop en catro sesións para mocidade de 12 anos en diante:
- Produción musical. Sábado 26/06/2010, de 17 h a 19 h.
- Produción de instrumentais. Composición de letras. Mércores 30/06/2010, de 19 h a 21 h, relacionando o rap coa poesía.
- Introdución ao Djing. Sábado 3/07/2010, de 17 h a 19 h. Iniciación á arte do Scratch, turntable...
- Directo privado-demostración. Sábado 10/07/2010 a partir das 17 h. Concerto en pequeno formato da banda Overgrounz, aberto á participación dos mozos e mozas que asistiron ao taller para mostrar os seus traballos.
Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Gala fin de curso “En movemento” (danza e teatro)

mércores, 16 xuño 2010, 10:16 | Category : cursos, danza, teatro
Tags :

Xoves 17
20:30
Forum Metropolitano
Entradas: 3 €

ARTESTUDIO DANZA Y TEATRO.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Finaliza o curso de escolas de teatro

mércores, 16 xuño 2010, 10:11 | Category : cursos, teatro
Tags :

Mércores 16
20:30
Forum Metropolitano
Entradas: 3 €

TEATRO DO ANDAMIO - CASAHAMLET. Organiza: Manicómicos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Finaliza o curso escolas de teatro

martes, 15 xuño 2010, 11:35 | Category : cursos, teatro
Tags : ,

Martes 15
20:30
Forum Metropolitano
Entradas: 3 €

ESPAZO ABERTO – MANICÓMICOS. Organiza: Manicómicos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

I Jornadas de Cultura, Língua e Ensino da AGAL

martes, 6 abril 2010, 11:17 | Category : cursos
Tags : ,

«Últimos dias para se inscrever nas I Jornadas de Cultura, Língua e Ensino, organizadas pola Associaçom Galega da Língua em parceria com Universidade da Corunha (UdC), que vam decorrer na cidade da Corunha nos dias 8, 9 e 10 de Abril. A data limite é no dia 7 de Abril.» (Portal Galego da Língua)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Curso do Seminario Galego de Educación pola Paz

mércores, 10 marzo 2010, 14:30 | Category : cursos
Tags : ,

interculturalidade

Os días 12, 14, 15, 19, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de abril en horario de tarde de 17:30 a 20:00 no Centro Municipal da Muller (Barrio das Flores, R/ Hortensias,s/n) celebrarase o curso INTERCULTURALIDADE E INTERRELIXIOSIDADE NO S. XXI. CULTURAS E RELIXIÓNS, DA VIOLENCIA AO DIÁLOGO, dirixido por Victorino Pérez Prieto e organizado polo Seminario Galego de Educación pola Paz. A matrícula pode facerse a través do sitio web da SGEP.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Manicómicos convoca un curso intensivo de “Suzuki”

xoves, 14 xaneiro 2010, 10:00 | Category : cursos, danza, teatro
Tags :

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Seminario "Estéticas da animación" na Fundación Luis Seoane

mércores, 1 xullo 2009, 13:30 | Category : cursos
Tags : ,

logo_seoaneO venres 3 de xullo remata o prazo para matricularse no seminario ESTÉTICAS DA ANIMACIÓN, que terá lugar do 7 ao 10 de xullo de 2009, organizado pola Fundación Luis Seoane en colaboración coa UIMP. Información e matrículas: Secretaría de Alumnos da UIMP, tel. 981 140830. Podedes descargar o folleto informativo neste enderezo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Casa das Ciencias celebra un curso de iniciación á astronomía

O Planetario da Casa das Ciencias organiza, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Agrupación Astronómica Io, un curso de iniciación á astronomía que se celebrará do 23 ao 26 de marzo. En plena celebración do Ano Internacional da Astronomía, este curso práctico diríxese a persoas sen coñecementos previos na materia que desexen aprender a gozar da astronomía a simple vista. Os asistentes adquirirán coñecementos para recoñecer os planetas, estrelas e constelacións máis destacados, e interpretar os seus movementos no firmamento. Tamén se mostrará o uso de prismáticos e pequenos telescopios para descubrir obxectos de ceo profundo, sen esquecer unha referencia aos últimos achados científicos sobre o Universo. Se as condicións o permiten, o último día do curso realizarase unha saída nocturna para ver o firmamento.

Datas do curso: Do 23 ao 26 de marzo de 2009
Horario: de 19:30 a 21:30 horas
Lugar: Planetario da Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita. A Coruña.
Inscrición: 40 € (xeral), 20 € en tarifa reducida (menores de 14 anos, maiores de 65, titulares do Carné Xoven, membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e da Agrupación Astronómica Ío). A inscrición inclúe todos os materiais do curso e unha Tarxeta Vente de acceso anual aos Museos Científicos Coruñeses.
Información e inscricións: Secretaría da Casa das Ciencias. Teléfono 981189 844.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

As Bibliotecas Municipais ofrecen cursos intensivos sobre ferramentas tecnolóxicas

venres, 30 xaneiro 2009, 14:47 | Category : cursos, internet
Tags :

As Bibliotecas Municipais da Coruña abren unha nova liña de cursos para os vindeiros tres meses que pretenden dar resposta a aspectos moi concretos do interese cidadán polas novas tecnoloxías: redes sociais, correo electrónico, teléfonos móbiles, etc. Trátase de cursos intensivos de curta duración (normalmente dúas xornadas) cuxa intención é que o alumno amplíe e desenvolva os seus coñecementos das últimas ferramentas sociais, tamén coñecidas como Internet 2.0. Estes cursos desenvólvense na maioría das bibliotecas municipais da Coruña e o prazo de inscrición comeza o 29 de xaneiro. Estas son as propostas formativas:

1. CURSOS INTERNET 2.0

1.1. Redes sociais (Avanzado): para persoas interesadas en unirse ás redes sociais utilizando sistemas de participación vía Internet. A inscrición é online cun aforamento de 12 persoas. Duración: 4 horas repartidas en 2 sesións de 2 horas cada unha. O obxectivo é dotar o alumno das competencias necesarias para crear e xestionar un espazo persoal dentro dun sistema de redes sociais.
1.2. Correo Web (Avanzado): para persoas cun coñecemento previo de informática e Internet. A inscrición é online cun aforamento máximo de 12 persoas. Duración: 5 horas repartidas en 2 sesións de 2.30 horas cada unha. O obxectivo é coñecer en profundidade todas as posibilidades e facilidades do correo web, unha ferramenta usada nas nosas relacións persoais e laborais.
1.3. Viaxes en Internet (Avanzado): para persoas cun coñecemento previo de informática e Internet. A inscrición é online cun aforamento de 12 persoas. Duración: 6 horas repartidas en 2 sesións de 3 horas cada unha. O obxectivo é dar a coñecer os recursos en liña para unha excelente planificación e xestión dunha viaxe turística ou de traballo.
1.4. Procura de traballo en Internet (Avanzado): para persoas interesadas en atopar ou mellorar o seu posto de traballo. A inscrición é online cun aforamento máximo de 12 persoas. Duración: 4 horas repartidas en 2 sesións de 2 horas cada unha. O obxectivo é dotar o alumno das competencias necesarias para buscar empregos adecuados ao seu perfil de formación utilizando ferramentas dispoñibles en Internet.
1.5. Mantemento de computador portátil (Avanzado): para persoas que utilizan o ordenador portátil. A inscrición é online cun aforamento máximo de 12 persoas. Duración: 5 horas repartidas en 2 sesións de 2.30 horas cada unha. O obxectivo é proporcionarlles aos usuarios o coñecemento necesario para un correcto mantemento e optimización dos seus equipos portátiles.
1.6. Álbumnes de fotos on-line (Avanzado): para persoas interesadas en almacenar, xestionar e compartir as súas fotografías. A inscrición é online cun aforamento máximo de 12 persoas. Duración: 4 horas repartidas en 2 sesións de 2 horas cada unha. O obxectivo é dotar o alumno das competencias necesarias para organizar e compartir fotografías e vídeos empregando ferramentas da web.

2. CURSOS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS

2.1. Uso básico do teléfono móbil (Básico): para persoas con dificultades no manexo básico do teléfono móbil. A inscrición é presencial (solicitude escrita) cun aforamento máximo de 6 persoas. Duración: 3.30 horas repartidas en 3 sesións de 1.10 horas cada unha. O obxectivo é dotar de autonomía as persoas con dificultades no manexo do teléfono móbil (especialmente persoas maiores) e mostrar as posibilidades comunicativas da telefonía celular.
2.2. Que fan os nosos fillos en Internet? (Básico) para pais, nais, titores e educadores interesados en coñecer o uso que fai a mocidade das ferramentas e aplicacións que ofrece Internet. A inscrición é presencial (solicitude escrita) cun aforamento máximo de 12 persoas. Duración: 4 horas repartidas en 2 sesións de 2 horas cada unha. O obxectivo é orientar os adultos para educar a mocidade no bo uso dos servizos ofrecidos por Internet.

Para máis información e inscrición en liña, visiten a web das bibliotecas municipais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google