Teatro Rosalía: concerto da “Trova Coruñesa” a beneficio da Cociña Económica

luns, 26 decembro 2011, 10:03 | Category : concertos, danza, música
Tags : , , ,

Martes La trova cocina económica 2011.cdr27
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada gratuíta con convite.

Concerto da Trova Coruñesa a beneficio da Cociña Económica, organizado pola Asociación Cultural La Trova Coruñesa. Ademais desta entidade, actuarán o Grupo Urtica e o Ballet Druída.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: Ciclo Principal, calendario de xaneiro a maio de 2012

OCiclo Principal xaneiro-maio 2012 Ciclo Principal desenvolverá o seguinte programa de representacións no Teatro Rosalía de Castro entre os meses de xaneiro e maio de 2012:

- Venres 13 e sábado 14 de xaneiro: El tiempo y los Conway, de J. B. Priestley, en versión de Luis Alberto de Cuenca e Alicia Mariño, por Pérez de la Fuente Producciones. Con Luisa Martín, Nuria Gallardo, Alejandro Tous, Juan Díaz, Chusa Barbero, Débora Izaguirre, Ruth Salas, Alba Alonso, Román Sánchez Gregory e Tony Martínez, baixo a dirección de Juan Carlos Pérez de la Fuente. Entradas: Tarifa A.

- Venres 27 e sábado 28 de xaneiro: El tiempo es sueño, por Juanjo Seoane Producción. Con Asunción Balaguer, baixo a dirección de Rafael Álvarez, "El Brujo". Entradas: Tarifa B.

- Venres 10 e sábado 11 de febreiro: Antes te gustaba la lluvia,  de Lot Vekemans, por Loquibandia Concha Busto Producciones. Con Blanca Oteyza e Sergio Otegui, baixo a dirección de Miguel Ángel Solá.

- Venres 24 e sábado 25 de febreiro: Tango, de Slawomir Mrózek, adaptado por Ánxeles Cuña Bóveda, por Sarabela Teatro. Con: Fina Calleja, Vicente de Souza, Elena Seijo, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Lino Braxe e Nate Borrajo, baixo a dirección de Ánxeles Cuña. Entradas: Tarifa B.

- Xoves 8 de marzo: Mambo, de George Céspedes. Danza Contemporánea de Cuba, con música de Beny Moré-Nacional Electrónica (Alexis de la Joya-Edwin Casanova González), sobre a versión orixinal de Pérez Prado. Coreógrafo: George Céspedes. Entradas: Tarifa A.

- Sábado 10 de marzo: Los habitantes de la casa deshabitada, de Enrique Jardiel Poncela, por Juanjo Seoane. Con Pepe Viyuela, Juan Carlos Talavera, Paloma Paso Jardiel, Abigail Tomey, Manuel Millán, Ramón Serrada, Pilar San José, Susana Hernández, Matijn Kuiper, Eduardo Antuña e José Manuel Aguilar, baixo a dirección de Ignacio García. Entradas: Tarifa A.

- Venres 16 e sábado 17 de marzo: André y Dorine, por Kulunka Teatro. Con Garbiñe Insausti, José Dault e Edu Cárcamo, baixo a dirección de Iñaki Rikarte. Entradas: Tarifa A.

- Venres 13 e sábado 14 de abril: Carcajada salvaje, de Christopher Burang, por Pentación Espectáculos. Con Charo López e Javier Gurruchaga, baixo a dirección de Josep Costa. Entradas : Tarifa A.

- Venres 27 e sábado 28 de abril: Último cowboy, de Eduardo Alonso, polo Teatro do Noroeste. Con Miguel Pernas e Luma Gómez, baixo a dirección de Eduardo Alonso. Entradas: Tarifa B.

- Venres 18 e sábado 19 de maio: Quizás!, quizás!, de Richard Baer, por Txalo Producciones. Con María Luisa Merlo, Carlos Larrañaga e Alfonso Montón, baixo a dirección de Gabriel Olivares. Entradas: Tarifa A.

* FUNCIÓNS: 20:30 horas.

* ENTRADAS E ABONOS:
- Tarifa A: 17, 13, 10 e 8 euros.
- Tarifa B: 13, 9, 7 e 6 euros.
- Abono 8* 93'45, 70'05, 54'00 e 43'80 euros. + Los habitantes de ... 12'75, 9'75, 7'50 e 6'00 euros; + Mambo... 11'25, 8'25, 6'75 e 5'25 euros.
- Abono 10: 117'45, 88'05, 68'25 e 55'05 euros.
* Abono 8: o seu prezo representa un desconto do 25%. En cada abono existen dous días de función que dan orixe a dúas opcións: V e S. A opción V ten todas as funcións en venres. A opción S ten todas as funcións en sábado.
Deste abono quedan excluídos Los habitantes de la casa deshabitada e Mambo porque só se programa unha función e non se garante localidade nin o día de abono.
Os abonados interesados nestes espectáculos poderán retirar as entradas para os mesmos ao adquirir o seu abono co mesmo desconto.

* ENTRADAS
- Abonados ciclo anterior: do 22 ao 30 de decembro.
- Novos abonados: 3 e 4 de xaneiro.
- Venda de entradas soltas: a partir do 10 de xaneiro.
- Despacho central, Praza de Ourense: de luns a venres, excepto festivos, de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 horas.
- Despacho Teatro Rosalía: só días de función de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
- Venda telefónica: 902 343 443.
- Venda de entradas por internet en Servinova.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sala Filomatic: Cabaré Manicómicos

mércores, 21 decembro 2011, 9:55 | Category : cabaré, danza, espectáculos, teatro
Tags : ,

Xoves Cabaré Manicómicos 22-12-201122
Sala Filomatic (Rúa San Xosé, 21)
22:00
Entradas: 4 euros.

"Despois do incrible éxito do primeiro cabaré, coa Sala Filomatic a tope de xente desfrutando do humor e o teatro, Manicómicos volta á carga cun novo cabaré de humor o vindeiro xoves 22 de nadal ás 22 horas na Sala Filomatic da Coruña! Animádevos a pasar un bo momento con todos nós!!! Máis de 10 artistas en diferentes disciplinas: clown, danza, teatro xestual, malabares, monólogos… Ven e cóntao…"

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Usted está aquí”, de Nuria Sotelo e Natxo Montero

martes, 13 decembro 2011, 9:27 | Category : danza
Tags : , , ,

Mércores Nuria Sotelo14
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 6, 7, 8 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).

Estrea de "Usted está aquí", de Nuria Sotelo e compañía e Natxo Montero, un espectáculo de danza contemporánea, baixo a dirección de Ana Vallés. "Que é o que estou mirando? A sombra dunha muller, pallaso de andar por casa, figura andróxina, un borrón triste. Alguén asubía un movemento en francés. Os artistas do penso vitaminado póñense os tacóns para unha visita guiada ao matadoiro..."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “XX Premio IAR de Folclore Galego”

Sábado IAR-201110
Teatro Rosalía de Castro
19:30
Entradas: 5 euros.

"XX Premio IAR de Folclore Galego", organizado pola Asociación de Veciños Castrillón-Urbanización Soto, no que actuarán o grupo "Coros y danzas Castiella", de Cabezón de Pisuerga (Valladolid), "Os Melidaos" de Melide e o grupo anfitrión IAR.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sala Filomatic: Cabaré Manicómicos

xoves, 1 decembro 2011, 9:44 | Category : cabaré, circo, danza, espectáculos, teatro
Tags : ,

Venres cabare-manicomicos-621x10242
Sala Filomatic (Rúa San Xosé, 21)
22:00
Entradas: 4 euros.

"O mar anda revolto… Non afoguedes!!! Invitámosvos a embarcar noutra aventura máis dos Manicómicos… delirante, metabolizante, indestructible, irónica, indecente, inagotable… con estilo propio! Máis de 10 artistas en diferentes disciplinas: clown, danza, teatro xestual, malabares, monólogos… Permitídevos ser os nosos náufragos particulares! Actuarán: Uxía Vázquez, Guillermo Portas (Guille), Marcial Blanco e Paco Alvarellos (Paco e Xaco), Marta Mato, Ángela Blanco, Carlos Sante, Lorena Tomé, Keke Díez, Vanessa Rivas, Mónica Suárez e Daniel Lozano."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: XV Memorial de Teatro Ibán Toxeiro

Xoves A. C. Alexandre Bóveda24
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza o XV Memorial de teatro Ibán Toxeiro, que contará coas seguintes actuacións:
- Grupo de teatro da A. C. Alexandre Bóveda coa representación de "Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda", de Xoán Carlos Mexuto.
- Bucanero Teatro con "Kungfundidos".
- Druída danza con "O anxo exterminador".
- Entrega do IV premio "Alexandre Bóveda de teatro amador Ibán Toxeiro" para o Grupo de teatro do Centro de maiores da Obra social de Novacaixagalicia.
- Todo aderezado coa música en directo de Canta compaña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Todo Público 2011-2012

Estas Todo Públicoson as obras programadas para o ciclo Todo Público 2011-2012. Artes escénicas para todas as idades, que serán representadas no Fórum Metropolitano nas seguintes datas:

- Sábado 19 de novembro. 19:00 horas. "El refugio", pola Compañía La Rous (Granada). Con Rosa Díaz. Dirección: Llanos Campos e Rosa Díaz. Duración: 55 minutos. Idade: maiores de 5 anos.

- Sábado 26 de novembro. 19:00 horas. "Caperucita Roja", pola Compañía La Baracca (Italia). Con: Carlota Zini, Bruno Cappagli e Fabio Galanti. Dirección: Fabio Galanti. Duración: 50 minutos. Idade: maiores de 4 anos.

- Sábado 3 de decembro. 17:00 e 19:00 h. "Vice-versa", pola Compañía Vítor Hugo Pontes (Portugal). Con: Oana Faria e Mafalda Faria. Dirección e coreografía: Vítor Hugo Pontes. Duración: 40 minutos. Idade: maiores de 3 anos.

- Sábado 28 de xaneiro. 19:00 h. "Area e auga", pola Compañía Teatro del Andamio (Galicia). Con: Carmen Blanco, Gema Ulloa, Nacho Martín e Álvaro Guevara. Duración: 55 minutos. Idade: maiores de 5 anos.

- Sábado 4 de febreiro. 19:00 h. "La noche", pola Compañía Ultramarinos de Lucas (Castela - A Mancha). Con: María Hurtado e Luis Orna. Autor e dirección: Ultramarinos de Lucas. Duración: 60 minutos. Idade: maiores de 4 anos.

- Sábado 11 de febreiro. 19:00 h. "Trogloditas", pola Compañía Tanxarina (Galicia). Con: Miguel Borines, Eduardo Rodríguez e Andrés Giraldez. Dirección: Evaristo Calvo. Duración: 45 minutos. Idade: maiores de 5 anos.

- Sábado 24 de marzo. 19:00 h. "Nubes", pola Compañía Aracaladanza (Madrid). Con: Carolina Arija Gallardo, Jorge Brea Salgueiro, Natalí Camolez, Raquel de la Plaza Húmera, Ignacio Martín Prieto e Jimena Trueba Toca. Dirección: Enrique Cabrera. Idade: maiores de 5 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: estrea de “As nenas perdidas”, da Compañía Femme Fatale, no 6º Festival Galego de Cabaré

Sábado Festival Galego de Cabaré29
Teatro Rosalía de Castro
21:00
Entradas: 11 euros (7 euros con carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados).

Finaliza o 6º Festival Galego de Cabaré coa estrea de "As nenas perdidas", un espectáculo de variedades en forma de Gala a cargo da Compañía Femme Fatale, coa música en directo da banda Miki Nervio & The Bluesmakers e a participación de varios artistas convidados. Con Bea Bravo, Greta Mari Rodríguez, María Manero, María Polo, Nelson Quinteiro, Saamira Ganay, Uxía Vázquez e Yolanda Paz. Coreografía: Nelson Quinteiro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: “Íntimo”, de Rafael Amargo

venres, 21 outubro 2011, 8:53 | Category : danza, música
Tags : , ,

Domingo Íntimo Rafael Amargo23
Palacio da Ópera
20:30
Entradas: 18'72, 20,80 e 26 euros.

"Íntimo", de Rafael Amargo, é un espectáculo de flamenco puro, despoxado de todo aditamento escénico, onde volve á esencia do baile xitano.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “La Duarte (Evita)”, con Eleonora Cassano

Mércores Print19
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 12, 15, 17 e 23 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados: desconto dun 20%).

Eleonora Cassano despídese da danza en decembro do 2012 cunha xira de 16 meses que comeza en setembro no Teatro Roxy de Mar de Plata. "La Duarte" é un espectáculo sobre a vida de Eva Duarte cos seus conflitos, paixóns, amores, odios, e, sobre todo, a historia dunha muller que modificou a vida dos arxentinos. Primeira bailarina: Eleonora Cassano. Libro, coreografía e dirección: Silvia Vladimivsky. Música orixinal: Sergio Vainikoff.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: espectáculo de danza de “Seis de Catro”

Sábado Seis de catro15
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 6, 7, 8 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados, desconto dun 20%).

Membros de catro compañías de danza decidiron xuntarse para compartir as súas visións desta arte e crear un espectáculo totalmente diferente e novo. Con Erick Jiménez, Maruxa Salas, Alexis Fernández, Caterina Varela, Rut Balbís e Quique Peón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cursos de formación Manicómicos 2011-2012

A. Manicómicos formaciónC. Manicómicos (Rúa Andrés Gaos, 16, baixo)
Inscricións e máis información:
- Teléfonos 692213292 – 981262604
- Correo electrónico:  manicomicos at hotmail.com
- Páxina web: Formación Manicómicos 2011-2012.

Comeza unha nova tempada de formación na A. C. Manicómicos. Máis cursos, máis completos, máis divertidos, máis tolos, máis manicómicos!!!
- Ioga, con Irene Liaño – Luns 10:00–11:30 h. O Ioga comprende unha serie de posturas e exercicios de respiración que constitúe un sistema de mellora física e mental para calquera idade e condición.
- Canto e técnica vocal, con Carmen Rey – Luns 11:30–13:00 h. Aprender a respirar, colocar, afinar e proxectar a voz, como base para cantar e preparar un repertorio variado de cancións individuais ou en grupo.
- Teatro xuvenil (de 12-17 anos) con Teresa Babío – Martes 18:30–20:00 h. Dende a improvisación, o xogo, o teatro físico, a escoita grupal, e o desenrolo do talento persoal, iremos construíndo un espectáculo colectivo.
- Creación escénica, con Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro – Luns 20:00–23:00 h. Posta a punto áxil de cara á montaxe dun espectáculo colectivo que será representado a final do curso. Para antigos alumnos ou xente con experiencia.
- Pilates, con Ana Duro – Martes 10:00–11:30 h. Un programa específico de traballo corpo-mente para reeducar a nosa postura e conseguir melloras eficaces nos nosos hábitos.
- Danza, monográficos, con David Loira – Martes 11:30–14:30 h. A idea é levar adiante tres monográficos de danza contemporánea durante o curso, dende un punto de vista cercano á creación.
- Teatro infantil (de 4-11 anos), con Teresa Babío – Martes 18:30–20:00 h. Unha forma divertida de achegar os peques ao mundo do teatro mediante o xogo e a expresión corporal para facer unha creación colectiva a fin de curso.
- Teatro en movemento, con Gonçalo Guerreiro – Martes 20:30–22:30 h. Xogo físico, teatro xestual, pantomima, cine mudo, bufón, commedia dell’arte… Desenvolve a espontaneidade corporal, o instinto e a percepción.
- Escritura teatral, con Fabiana Gastaldello – Mércores 11:00–12:30 h. Aprende a producir textos a través dun método que esperta a creatividade, nutríndose de literatura, cinema, teatro, xeometría, música, movemento…
- Técnicas de circo (adultos), con Chusmi e Marta Iglesias – Mércores 20:30–22:30 h. Coñece as técnicas básicas das diferentes disciplinas circenses: malabares, acrobacias, equilibrios, aparatos…
- Clown e improvisación, con Carlos Sante – Xoves 20:30-22:30 h. Xogo dramático, presenza escénica, improvisación, clown, creación de personaxes. Un xeito rápido de aprender as normas do xogo teatral escénico.
- Técnicas de circo (peques), con Chusmi e Marta Iglesias – Venres 17:30-19:00 h. Toma de contacto inicial co mundo do circo a través das técnicas de malabares, acrobacias e equilibrios, potenciando a actividade física dun xeito lúdico.
- Mimo, con Fabiana Gastaldello – Sábados 11:00-13:00 h. Coñece as técnicas fundamentais do mimo contemporáneo: o mimodrama moderno de Marcel Marceau e o mimo corporal dramático de Étienne Decroux.

As clases comezan o luns 17 de outubro no local da asociación e rematan cunha mostra pública de fin de curso a mediados de Xuño.

Descarga o dossier coa información completa dos cursos e profesores: DOSSIER FORMACIÓN MANICÓMICOS e o DÍPTICO FORMACIÓN coa información máis básica.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: preestrea de “Fume”, de Ángela Blanco

mércores, 21 setembro 2011, 9:15 | Category : audiovisual, danza
Tags : , , ,

Mércores Fume21
Normal (Paseo de Ronda 47 – Antiga Escola de Maxisterio)
21:00
Entrada libre até completar capacidade.

"Fume" é unha performance audiovisual da bailarina Ángela Blanco e o videoartista Miguel Mariño.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: XXI Festival Internacional de Música e Baile Tradicional

Sábado 3
Teatro Rosalía de Castro
19:00
Entradas: 1 euro.

"XXI Festival Internacional de Música e Baile Tradicional", coa participación de "Airiños da Torre", "Rancho Folclórico da Casa do Povo de Abraveses (Viseu, Beira Alta)" e "Grupo de Danzas El Pinar", de Pradoluengo (Burgos). Organizado pola Asociación Cultural Airiños da Torre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google