Conferencia na Domus: CSI Atapuerca

mércores, 10 marzo 2010, 15:00 | Category : ciencia, conferencias, divulgación, museos científicos
Tags : , ,

Mañá xoves 11 de marzo ás 20 horas a Domus acolle a conferencia titulada CSI ATAPUERCA, impartida pola paleontóloga Ana Gracia Téllez, que é investigadora e responsable da área de Conservación do Centro Mixto UCM-ISCII de Evolución y Comportamiento Humanos, ademais de membro do equipo de investigadores de Atapuerca. Na actualidade ocúpase da patoloxía dos homínidos fósiles. A charla forma parte do programa de actividades arredor da exposición Atapuerca y la evolución humana.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Marcos Sorrentino, mañá xoves na Domus

mércores, 3 marzo 2010, 13:00 | Category : ciencia, conferencias, divulgación
Tags : ,

Marcos Sorrentino, da Universidade de Sao Paulo, falará mañá xoves 4 de marzo ás 20 horas na Domus sobre o Papel da educación ambiental na conservación da biodiversidade. A súa charla corresponde á seguinte sesión do ciclo Luns con Ciencia, que excepcionalmente se traslada á xornada do xoves.

Sorrentino é profesor do departamento de Ciencias Forestais e coordinador do laboratorio de Educación e Política Ambiental da Universidade de Sao Paulo, Brasil. Ten unha ampla experiencia en educación ambiental, políticas públicas e plans de futuro de sociedades sostibles, e foi entre 2003 e 2008 director de Educación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente de Brasil.

O II ciclo Luns con Ciencia forma parte do programa de actos que os Museos Científicos Coruñeses celebrarán en 2010 con motivo do Ano da Biodiversidade, e ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns. Está organizado en colaboración co Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña, e conta coa participación do Centro Ocenográfico da Coruña (IEO) e o patrocinio de Caixanova. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Luns con ciencia: conferencia do profesor William F. Laurance

luns, 1 marzo 2010, 10:00 | Category : ciencia, divulgación
Tags : ,

O luns 1 prosegue o ciclo Luns con Ciencia coa intervención de William Laurance: A conservación dos bosques do Amazonas, na Domus a partir das 20 horas. O profesor Laurance, un dos máis importantes investigadores en ecoloxía tropical, promove os estudos sobre conservación de bosques tropicais. As súas investigacións na Amazonía permitiron medir as consecuencias da fragmentación do hábitat sobre a integridade das selvas tropicais, así como simular científicamente a evolución deses ecosistemas no futuro.

O ciclo Luns con Ciencia, que nesta II edición forma parte do programa de actos con que os Museos Científicos Coruñeses celebrarán en 2010 con motivo do Ano da Biodiversidade, ten como obxectivo incorporar a ciencia á axenda cultural dos cidadáns. Organizado en colaboración co Departamento de Pedagoxía e Didáctica (Universidade da Coruña) e a participación do Centro Ocenográfico da Coruña (IEO), está patrocinado por Caixanova.

Máis información: Entrevista ao profesor Laurance en La Voz de Galicia

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palexco acolle desde hoxe a exposición Atapuerca e a evolución humana

venres, 26 febreiro 2010, 15:00 | Category : ciencia, conferencias, divulgación, exposicións
Tags : ,

cartazatapuercaAtapuerca e a evolución humana, que reúne as reconstrucións das pezas máis importantes achadas na Gran Dolina e na Sima dos Ósos, poderá visitarse do 26 de febreiro ao 25 de abril na Sala Municipal de Exposicións en Palexco e servirá para dar a coñecer os depósitos burgaleses da Serra de Atapuerca en toda España como paso previo e preparación á apertura en 2010 do Museo da Evolución Humana de Burgos. Este Museo está presente na exposición a través dun espazo específico no que se detallan as súas instalacións e os contidos que albergará. A exposición está dirixida por Juan Luis Arsuaga, co-director do Equipo de investigacións de Atapuerca, e virá apoiada por actividades complementarias como conferencias e proxección de documentais que abordan distintos aspectos relativos á evolución humana e á relevancia científica dos Depósitos de Atapuerca. Haberá visitas guiadas para grupos escolares, previa inscrición no teléfono 981 18 98 40, e conferencias no Salón de Actos da Domus, de acordo ao seguinte programa:

26/02/10 ás 20h: Darwin e a evolución humana, a cargo do Profesor Juan Luis Arsuaga
11/03/10 ás 20h: A paisaxe de Atapuerca ao microscopio a cargo da Doctora Gloria Cuenca Bescós.
15/04/10 ás 20h: CSI Atapuerca a cargo da Doctora Ana Gracia Téllez.

A mostra inclúe ademáis unha serie de obradoiros para escolares que serán impartidos por miembros vinculados aos equipos de Atapuerca, destinados a estudantes entre 8 e 12 anos. Para participar é preciso inscribirse previamente no teléfono 981 18 98 40:

13, 27 de marzo e10 de abril de 2010, de 12 a 13’30h: Detectives do Pasado (Obradoiro de Arqueoloxía).
13, 27 de marzo e 10 de abril de 2010, de 18 a 19’30h: Coñeceremos os vertebrados (Obradoiro de Paleontoloxía)
14, 28 de marzo e 11 de abril de 2010, de 12 a 13’30h: ¿Queres coñecer qué pintaban os nosos antepasados e por qué o facían? (Obradoiro de Arte prehistórico)

Descargar dossier informativo (PDF, 888 KB)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Nucleares? Non grazas no ciclo Luns con ciencia

luns, 22 febreiro 2010, 10:00 | Category : ciencia, divulgación
Tags : ,

Hoxe luns 22 prosegue o ciclo Os luns con Ciencia coa intervención de Josep Puig, Nucleares? Non grazas. Será na Domus ás 20:00, con entrada libre.

Josep Puig é enxeñeiro nuclear, profesor de técnicas enerxéticas na Universidade Autónoma de Barcelona. Fundador de Ecoserveis, unha asociación profesional dedicada á consultoría e á educación sobre enerxía e medio ambiente, galardoada co Premio Solar Europeo 2004 na súa categoría de Arquitectura Solar, por liderar o proxecto da Fàbrica del Sol en Barcelona. Foi concelleiro de Ciudad Sostenible no Concello de Barcelona (1995-1999) e liderou o proceso para a adopción da Ordenanza Solar. Participou activamente no proceso do Cumio da Terra (Río de Janeiro, 1992), onde actuou como negociador do Tratado de enerxía no Foro Internacional de ONG, dentro do Foro Global'92. Tamén participou no Cumio Internacional sobre Desenvolvemento Sostible (Johannesburg, 2002). A participación de Puig permitirá completar o tratamento do tema da enerxía nuclear no ciclo. Previamente, Marcel Coderch e Juan José Gómez Cadenas explicaron as súas posicións sobre este polémico tema.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Suspendido o ciclo de conferencias Xente, espazos e lugares

luns, 15 febreiro 2010, 15:00 | Category : arquitectura, conferencias, divulgación, natureza
Tags : ,

Lamentamos comunicar a suspensión do ciclo de conferencias Xente, espazos e lugares. Para máis información, contacten con calquera das entidades organizadoras.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Xente, espazos e lugares

venres, 12 febreiro 2010, 14:00 | Category : arquitectura, conferencias, divulgación, natureza
Tags : ,

xentesespazoselugares

Segue aberto o prazo de inscrición para o ciclo Xente, espazos e lugares, organizado pola Concellería de Cultura en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). A serie de conferencias desenvolverase no Forum Metropolitano desde mediados de febreiro até o mes de maio, coa intención de ofrecer á cidadanía en xeral unha visión plurar e complexa dos espazos e os lugares que habitamos, tendo moi presente como se desenvolve a nosa vida neles. Podedes ler o programa completo do ciclo neste enderezo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Luns con ciencia repasa as evidencias do cambio climático

Hoxe luns 8 de febreiro o ciclo de divulgación científica Luns con ciencia tratará sobre as Evidencias do cambio climático en Galicia. Será unha mesa redonda moderada polo Dr. Manuel Ruiz Villareal, investigador do Centro Oceanográfico da Coruña (IEO), institución que colabora neste ciclo. O moderador dará paso ás intervencións do Dr. Juan José Taboada, meteorólogo de MeteoGalicia, que formulará se Está a cambiar o clima en Galicia?. A continuación o Dr. Antonio Bode, investigador do Centro Oceanográfico da Coruña (IEO), falará sobre o Cambio climático en ecosistemas mariños (Galicia-Cantábrico). O acto comezará ás oito do serán na Domus. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O cambio climático protagoniza hoxe Luns con ciencia

luns, 1 febreiro 2010, 13:00 | Category : ciencia, divulgación, museos científicos
Tags : , ,

Cambio climático ou cambio de modelo de sociedade? é o título da conferencia que pronunciará hoxe na Domus ás 20:00 Emilio Fernández, profesor titular de Ecoloxía da Universidade de Vigo. A entrada é libre, coa única limitación da capacidade da sala: 120 persoas.

Ademais da súa extensa experiencia en investigación sobre oceanografía biolóxica, Emilio Fernández desenvolve unha intensa actividade en redes de investigadores e de representación internacional, como a súa participación no Comité Español de Investigación do Cambio Global (CEICAG) constituido polo Ministerio de Educación e Ciencia entre 2004 e 2006. Tamén participou na Comisión de Selección do Programa Marco da UE no ámbito do cambio global e foi Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, que desenvolveu, entre outras liñas de traballo, o Plan Galego de Loita contra o Cambio Climático, e o libro Evidencias e impactos do cambio climático en Galicia, publicado en 2009.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Concellaría de Cultura edita unha Guía didáctica para profesores sobre o Castro de Elviña

domingo, 31 xaneiro 2010, 23:00 | Category : divulgación, educación, historia
Tags :

A Concellería de Cultura vén de editar unha Guía Didáctica sobre o Castro de Elviña, que fica a disposición do profesorado dos distintos centros escolares co obxetivo de dar a coñecer e difundir o patrimonio da Coruña e o mesmo tempo facilitar o achegamento dos máis pequenos ao Castro.

O material editado pola Concellaría de Cultura está organizado en catro unidades didácticas formadas por diferentes fichas.

-Visita escolar, Guía para o profesorado: breve descrición do Castro seguindo o percorrido da visita.
-Caderno para o profesorado con información, orientacións e respostas das unidades didácticas.
-Unidades Didácticas ou Cadernos de Campo:
Unidade Didáctica 1: Coñecemos o Castro (recomendado para 1º e 2º ciclos de Primaria)
Unidade Didáctica 2: Situación e características do Castro.
Unidade Didáctica 3: A arquitectura do Castro.
Unidade Didáctica 4: Do Castro ao Museo.
- CD que contén todo o material.

Pola súa banda a responsable das visitas guiadas ao Castro de Elviña e redactora da guía, Begoña Bas, explicou que esta guía enviarase a todos os centros escolares da cidade e tamén a algúns da provincia. Ademáis da Guía de recursos para profesorado, publicáronse outras como Coñecemos o Castro, Situación e Características, Do castro ao Museo e A Arquitectura do Castro. O ano pasado houbo máis de 250 visitas organizadas ao Castro de Elviña grazas ás cales 3200 persoas puideron coñecer o recinto. Todos os domingos ás 12:00 hai visitas de balde e sen inscripción previa; para máis información pódese chamar ao teléfono do Museo Arqueolóxico, 981 18 98 50, ou a través do correo electrónico.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google