A Concellaría de Cultura edita unha Guía didáctica para profesores sobre o Castro de Elviña
A Concellería de Cultura vén de editar unha Guía Didáctica sobre o Castro de Elviña, que fica a disposición do profesorado dos distintos centros escolares co obxetivo de dar a coñecer e difundir o patrimonio da Coruña e o mesmo tempo facilitar o achegamento dos máis pequenos ao Castro.
O material editado pola Concellaría de Cultura está organizado en catro unidades didácticas formadas por diferentes fichas.
-Visita escolar, Guía para o profesorado: breve descrición do Castro seguindo o percorrido da visita.
-Caderno para o profesorado con información, orientacións e respostas das unidades didácticas.
-Unidades Didácticas ou Cadernos de Campo:
Unidade Didáctica 1: Coñecemos o Castro (recomendado para 1º e 2º ciclos de Primaria)
Unidade Didáctica 2: Situación e características do Castro.
Unidade Didáctica 3: A arquitectura do Castro.
Unidade Didáctica 4: Do Castro ao Museo.
- CD que contén todo o material.
Pola súa banda a responsable das visitas guiadas ao Castro de Elviña e redactora da guía, Begoña Bas, explicou que esta guía enviarase a todos os centros escolares da cidade e tamén a algúns da provincia. Ademáis da Guía de recursos para profesorado, publicáronse outras como Coñecemos o Castro, Situación e Características, Do castro ao Museo e A Arquitectura do Castro. O ano pasado houbo máis de 250 visitas organizadas ao Castro de Elviña grazas ás cales 3200 persoas puideron coñecer o recinto. Todos os domingos ás 12:00 hai visitas de balde e sen inscripción previa; para máis información pódese chamar ao teléfono do Museo Arqueolóxico, 981 18 98 50, ou a través do correo electrónico.
















