Teatro Rosalía: “¿En-caixa ou non en-caixa?”, da Compañía de Apropósitos Nito

Domingo 6 ás 19:00 h.
Luns 7 ás 20:30 h.
Teatro Rosalía de Castro
Entradas: 6 e 10 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, -20%).

A Compañía de Apropósitos "Nito", dirixida por Antón de Santiago, pon en escena "¿En-caixa ou non en-caixa?", dentro do Programa do Entroido 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Entroido 2011

martes, 22 febreiro 2011, 10:05 | Category : Entroido
Tags :

Este é o programa do Entroido 2011, que este ano está composto por:

- Venres, 25 de febreiro.
10.00 h. El Corte Inglés. XI CONCURSO "ENTROIDO CON ORELLA". Organizan: Radio Voz – El Corte Inglés.
- Domingo, 27 de febreiro.
19.00 h. Palacio da Ópera. CONCURSO DE COMPARSAS (letra e música). Con Xosé Touriñán e o grupo O DISPOSITIVO.
- Venres, 4 de marzo.
21.00 h. Cantón Grande. ENTRONIZACIÓN DO MOMO. Coa presenza de todas as comparsas inscritas nos concursos do Entroido e a animación de Oswaldo Digón e as charangas Ruada e Os Galácticos. Quedará instalado no seu trono, ata o día 7 que pasará para a Praza de España.
23.00 h. Rúa Arenal. VELORIO DA SARDIÑA. Todos os días ata o 9 de marzo en Café Bar Pardillo, de 23.00 a 01.30 h.
- Sábado, 5 de marzo.
17.00 h. Praza de Mina a praza de María Pita. GRAN CABALGATA DE ENTROIDO: CONCURSO DE CARROZAS e CONCURSO DE COMPARSAS.
19.00 h. Praza de María Pita. ENTREGA DE PREMIOS DA CABALGATA coa actuación de Oswaldo Digón, Ramiro Neira e Orquestra Los Trovadores.
- Domingo, 6 de marzo
13.30 h. Paseo Marítimo Orzán. Ofrenda floral a "NITO".
19.00 h. Teatro Rosalía Castro. COMPAÑÍA DE APROPÓSITOS NITO: EN-CAIXA OU NON EN-CAIXA?, de Antón de Santiago. Entradas: 6.00 e 10.00 € (carné xove, + 65 anos e desempregados: - 20%).
- Luns, 7 de marzo.
09.00 h. Palacio da Ópera. XXV CONCURSO DA FILLOA. Recepción de filloas de 9.30 a 10.15 h. Organizan: Radio Voz - Gadis.
17.00 h. Avenida de Rubine. RUBINE STREET DE ENTROIDO. Degustación de filloas e orellas e actividades de animación promovidas por locais de hostalería da zona.
20.30 h. Teatro Rosalía Castro. COMPAÑÍA DE APROPÓSITOS NITO: EN-CAIXA OU NON EN-CAIXA?, de Antón de Santiago. Entradas: 6.00 e 10.00 € (carné xove, + 65 anos e desempregados: - 20%).
- Martes, 8 de marzo.
12.00 a 14.00 h. Praza de España. FESTA INFANTIL CON HINCHABLES.
13.00 h. Ofrenda floral a "CANZOBRE".
13.30 h. Ofrenda floral a "CÉSAR SANJOSÉ".
16.00 h. Praza de España. CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES. Inscricións: no propio lugar da actividade dende as 16.00 h.
17.30 h. Praza de España. CONCURSO INFANTIL DE CHOQUEIROS. Categorías: INDIVIDUAL e GRUPO. Inscricións: no propio lugar da actividade dende as 16.00 h.
20.00 h. Rúa da Torre. FESTA CHOQUEIRA MEMORIAL CÉSAR SANJOSÉ. Categorías: INDIVIDUAL e GRUPO.
Inscricións: no propio lugar da actividade dende unha hora antes.
21.00 h. Rúa da Torre. LA BANDA DEL CAMIÓN.
- Mércores, 9 de marzo.
21.30 h. Praia de San Amaro. ENTERRO DA SARDIÑA E QUEIMA DO MOMO. Ás 20.30 h dirase o último responso pola Sardiña na rúa Arenal e a continuación sairá a comitiva. Itinerario: Avenida de Hércules e rúa da Torre ata a praza de España onde se incorporará o Momo para retomar o camiño pola rúa da Torre ata a praia de San Amaro. A continuación haberá unha sesión pirotécnica.
- Sábado, 12 de marzo.
12.00 e 17.30 h. Praza Elíptica – Los Rosales. ENTROIDO PEQUENO. Con desfile de carrozas e comparsas dentro Mercado Ecolóxico "Mercanatura" que se inicia ás 10.30 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O tradicional “Apropósito”, no Rosalía o luns e martes

xoves, 11 febreiro 2010, 15:00 | Category : Entroido, festas
Tags : ,

ApropositoCartelA Compañía de Apropósitos Nito porá un ano máis unha pincelada de humor ao carnaval. Dentro do programa de actos do Entroido 2010 inclúese os días 15 e 16 o Apropósito XACOBEO, BEO, VEO, VEXO UN TEMPO BEN ACIAGO POLO QUE FAN NA CORUÑA E QUE DESFÁN EN SANTIAGO, orixinal de Antón de Santiago. O luns 15 ás 21 h. e o martes 16 ás 19 h. todos aqueles que queiran botar unhas risas terán a posibilidade de facelo no Teatro Rosalía de Castro. As entradas custarán 6 e 10 € e estarán á venda nos puntos habituais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Martes de Entroido, xornada de portas abertas dos Museos Científicos Coruñeses

xoves, 11 febreiro 2010, 13:30 | Category : Entroido, museos científicos
Tags : , ,

O martes de entroido a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuíta para todos os visitantes.

A oferta de ocio da Casa das Ciencias inclúe a exposición O asombro de Mr. Darwin, que recibe ao público no exterior do edificio con unha reprodución de Harriet, a tartaruga das Galápagos recollida por Darwin. A maqueta, realizada a tamaño natural, permitirá ao público, especialmente ao infantil, coñecer máis de preto este animal.

Na Domus pódese asistir a unha sesión de cine 3D, coa película Monstros mariños. Unha aventura prehistórica. Trátase dunha producción co aval científico de National Geographic sobre os incribles animais que dominaron os mares da Terra hai millóns de anos. Haberá sesións ás 12 e 17 horas (versión en galego), ás 13 e 18 horas (versión en castelán)

No Aquarium é unha boa ocasión para asistir á actividade de alimentación das focas, que se celebra ás 12 e ás 17 horas, ou para visitar unha das últimas incorporacións da sala Maremagnum, o acuario cilíndrico de 10.000 litros de capacidade no que se representa un ecosistema litoral. Neste tanque o nivel de auga baixa e sobe cada catro horas simulando as mareas e as situacións que se producen durante este proceso (formación de pozas, escorrentías, ondada, correntes, etc), permitindo visualizar magníficamente o espazo intermareal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Entroido con Amigos dos Museos de Galicia

luns, 8 febreiro 2010, 17:00 | Category : Entroido
Tags : ,

Actividades do 8 ao 14 de febreiro:

LUNS 8: Ás 20 horas en Portas Artabras (Sinagoga 22). Nova proxección de diapositivas comentadas, sobre VIAXE POR CASTELA.PAISAXE, PAISANAXE, ARTE, HISTORIA... guiada polo Dr. Xosé Luis García Suarez

VENRES 12: Ás 20 horas en "Portas Ártabras" (Sinagoga 22), Felipe Castro, estudoso e animador do solprendente ENTROIDO DE SALCEDO, POBRA DO BROLLÓN, lUGO, falará sobre A TRADICIÓN E SIMBOLO DO OSO NAS FESTAS DE ENTROIDO.

DOMINGO 14: Xeira cultural polo máis representativo ENTROIDO OURENSÁN: VIANA DO BOLO, MONTERREI E LAZA, XINZO DE LIMIA. Xantar enxebre presidido pola cachucha e a androia e coñecendo as tradicionais máscaras a ritos dos Boteiros, Peliqueiros, Cigarróns, Pantallas... Actividada guiada polo arqueólogo Felipe-Senén. Saída ás 9 da mañán, retorno sobre as 24 horas. Para apuntarse ou información en Portas Ártabras (Sinagoga 22) , teléfono 981210101 ou 630930298

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google