Museo de Belas Artes: obradoiro de escrita creativa a cargo de Antía Otero, organizado pola AELG

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio de CEDRO, crea a Escola de Escritoras e Escritores da AELG con este "Obradoiro de Escrita Creativa" dirixido a persoas a partir de 16 anos, impartido pola escritora Antía Otero durante oito semanas (unha sesión de dúas horas cada semana de 18:00 a 20:00) os seguintes días: 13, 19 e 26 de outubro e 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro. É de balde ata completar matrícula. Será no Museo de Belas Artes (Rúa Zalaeta, s/n – A Coruña). A unha das sesións asistirá outro escritor/a para contar a súa experiencia creativa.
O obradoiro, botando man de imaxes literarias e artísticas, achegará chaves interdisciplinares para descubrir e explorar elementos importantes nas creacións como son a imaxinación, a escoita, o tempo, o espazo, os personaxes, as escenas, os diálogos... Unha alternativa ás aulas propiamente académicas ao redor da experimentación, da comprensión e do diálogo persoal co feito literario e coa arte en  xeral.  O obxectivo é proporcionar estratexias básicas para a escrita,  destacando que para escribir hai que desenvolver a capacidade de observación, no propio interior e na relación que mantemos coa
realidade circundante. O prazo para anotarse comeza hoxe e remata o luns 10 de outubro e pode facerse enviando un correo electrónico a  oficina at aelg.org ou chamando por teléfono ao 981-133233.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

XXVII edición de Galeusca, do 29 ao 31 de outubro

Organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, os encontros Galeusca chegan á súa XXVII edición, congregando na cidade da Coruña, entre os días 29, 30 e 31 de outubro,  a escritores e escritoras da AELG, da Euskal Idazleen Elkartea e da Associació d´Escriptors en Llengua Catalana.
As sesións da XXVII Congreso Galeusca celebraranse na Biblioteca de Estudos Locais (rúa Durán Loriga, s/n.), baixo o epígrafe Literatura en galego, éuscaro e catalán: unha viaxe con futuro.
O XXVII Congreso Galeusca promoverá neste 2010 o debate ao redor da importancia das nosas literaturas en lingua propia como subministradoras de contidos para unha fértil industria cultural que a todos e todas sen excepción preocupa e interesa, pois na lingua e na literatura susténtase a identidade senlleira dun pobo, unha historia pensada e debuxada tamén polos seus escritores e escritoras, voces reveladoras dunha viaxe colectiva cara un país con futuro propio. Para falar destes aspectos e doutros puntos de vista que o tema suxira, distribúese o programa:

Venres, 29 de outubro:
Chegada das delegacións.

Sábado 30 de outubro
10:00-11:30 Mesa redonda: A literatura como fornecedora de contidos da industria cultural: a literatura e o audiovisual, coordinada por Raúl Veiga:
Héctor Carré
• Harkaitz Cano (elaboración do relatorio) | Ander Iturriotz (relator)
Manel Bonany
12:00-13:30 Mesa redonda: As viaxes na literatura, coordinada por Xulio L. Valcárcel:
Anxo Angueira
• Urtzi Urrutikoetxea
Ignasi Riera
17.00: Percorrido Rosaliano pola Coruña, por Diego Pardo Amado (con saída na Rúa do Príncipe,3 –Cidade Vella–).
18.30: Recepción na Casa do Concello da Coruña (Praza de María Pita, 1).

Domingo 31 de outubro
10:00-11:30 Asemblea da Federación Galeusca.
12:00-13:30 Mesa redonda: A literatura como fornecedora de contidos da industria cultural: a literatura como modelo de convivencia de vellos e novos soportes, coordinada por Tati Mancebo:
Marcos S. Calveiro
Nikolas Zimarro
Guillem-Jordi Graells
19:00-20:00 Recitado/Lectura de textos + Música:
Olalla Cociña e Dores Tembrás
• Nikolas Zimarro
Miquel Bezares
Xabier Díaz (música).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia sobre “Gertrudis Gómez de Avellaneda: vida e obra da poeta durante a súa estadía na Coruña”

MércoresGertrudis_Gómez_de_Avellaneda 15
Biblioteca da Casa do Consulado (rúa Panaderas, 58)
20:00
Entrada: libre até completar capacidade.

Conferencia de Hortensia de los Ángeles e Manuel A. Lorenzo sobre "Gertrudis Gómez de Avellaneda: vida e obra da poeta durante a súa estadía na Coruña", co obxectivo de pór en coñecemento os feitos históricos e literarios que vincularon directamente a esta escritora coa cidade da Coruña. Gertrudis Gómez de Avellaneda foi unha das románticas máis importantes do século XIX en España e Iberoamérica. Nacida na cidade de Puerto Príncipe (hoxe Camagüey), en Cuba, trasladouse en 1836 coa súa familia a España, instalándose durante os primeiros dous anos na Coruña. As súas persoais circunstancias biográficas, o seu apaixonado carácter, a súa xenerosidade e a súa marcada rebeldía fronte os convencionalismos sociais, levouna a vivir dacordo coas súas propias conviccións, afástana da maioría das escritoras da súa época, converténdoa en precursora do movemento feminista. Escritora cun corpus literario amplo no que se alternan poemas, lendas, novelas, dramas e artigos periodísticos de indiscutíbel calidade. Sen lugar a dúbidas, o seu bon quefacer literario ofreceu unha nova visión da muller, nun momento histórico en que esta se achaba suxeita a situacións sociais que impedían a súa natural vocación literaria. Neste sentido, Gertrudis Gómez de Avellaneda foi unha escritora fundamental na reivindicación da muller nun contexto social adverso e pragado de prexuízos sociais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Real Academia Galega elixe a Lois Pereiro como autor homenaxeado no Día das Letras de 2011

O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o día 26 de xuño de 2010, acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2011 a LOIS PEREIRO (Monforte de Lemos, 1958 - A Coruña, 1996).

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid onde cursou estudos de Políticas, que logo abandonou polos idiomas e a informática. Na cidade madrileña fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996), libro no que se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza.
De regreso ao país, onde compaxinou profesionalmente o exercicio da tradución co labor poético, figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións nas que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi diferentes tendencias, mais que partillaban inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo heteroxéneo destaca o sostemento da revista.
Sempre reticente á difusión individual do seu traballo, foi non obstante colaborador de non poucas empresas de fasquía renovadora, de aí a participación en consellos de redacción e mailos artigos, poemas e relatos espallados por La Naval, Trilateral, Das Capital ou Luzes de Galiza, onde viron a luz -amais do ensaio xa citado- os oitos primeiros capítulos da súa novela inconclusa Naúfragos do paradiso. Nesta mesma liña actuou como letrista con Radio Océano e redactou guión televisivos.
En vida, Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (Santiago de Compostela, Positivas, 1992), na que segundo consta na contracapa se recollen "tódolos poemas que escribiu ó longo da súa vida como poeta"; e Poesía última de amor e enfermidade (Santiago de Compostela, Positivas, 1995), duros e espidos poemarios nos que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e certos trazos da contracultura.
Lois Pereiro, demorado e morno na publicación dos seus artigos, cultivou desde os inicios unha imaxe e unha estética que logo fixeron del un autor de culto. Cartografou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo. A súa proposta callou na sensibilidade emerxente, mergullada no posmodernismo, e desexosa de atoparse nun discurso reflexivo, acuciante e non retardatario.
A morte sobreviríalle na cidade da Coruña no ano 1996. (Da páxina web da Real Academia Galega).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Luis Mateo Díez no Ciclo de conferencias Maestr@s de papel

luns, 21 xuño 2010, 10:32 | Category : conferencias, escritores
Tags : ,

Martes 22
20:00
MACUF (Avenida de Arteixo, 171)
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Ciclo de conferencias Maestr@s de papel, o escritor leonés Luis Mateo Díaz falará sobre "Os fíos conductores da ficción: o azar, a memoria e o esquecemento".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hélia Correia no III Encontro Cidade da Coruña

martes, 4 maio 2010, 18:45 | Category : encontros e xornadas, escritores
Tags : ,

Mércores 5
20:00
Real Academia Galega (Rúa Tabernas 11, A Coruña)
Organizado conxuntamente pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, o mércores día 5 de maio, ás 20,00 horas, terá lugar na sede da Real Academia Galega (Rúa Tabernas 11, A Coruña) a terceira conferencia inscrita no III Encontro Cidade da Coruña, nesta ocasión a cargo da escritora portuguesa Hélia Correia, baixo título “A poeira falante”.

O III Encontro Cidade da Coruña, baixo lema “Literatura e viaxe”, contou xa coa presenza do poeta arxentino Juan Gelman, e do escritor galego Miguel Anxo Murado, e acollerá próximamente a Alberto Manguel (11 de maio) e a Xavier P. Docampo (19 de maio)

Presentará á escritora portuguesa, o escritor e profesor Carlos Quiroga, vogal da Asociación de Escritores en Lingua Galega para as relacións coa lusofonía.

Hélia Correia manterá previamente un encontro cos medios de comunicación, o mesmo día, mércores 5 de maio, ás 12,00 horas, na libraría Nova Colón (Rúa Olmos 9, A Coruña).

Hélia Correira, escritora portuguesa contemporánea (1949), licenciouse en Filoloxía Románica e é profesora de Portugués do Ensino Secundario. Apesar do seu gosto pola poesia, é como ficcionista que é recoñecida como unha das revelacións da novelística portuguesa da xeración de 1980, aínda que os seus contos, novelas ou romances estean sempre impregnados do discurso poético. Estreouse na poesia con O Separar das Águas, en 1981, e O Número dos Vivos, en 1982.

Revelou, desde cedo, o gosto polo teatro e pola Grécia clásica, o que a levou a escrever Perdição, levada à escea, en 1993, pola Comuna. Escreveu tamén Florbela, en 1991, que viria a ser estreada polo grupo Maizum. Cabe salientar na súa produción os romances Casa Eterna e Soma e, na poesia, A Pequena Morte/Esse Eterno Conto.
Foi galardoada en 2002 co premio PEN 2001, atribuído a obras de ficción, pola súa obra Lillias Fraser.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Juan Gelman no III Encontro Cidade da Coruña

luns, 19 abril 2010, 0:19 | Category : encontros e xornadas, escritores
Tags :

O nuns 19, no contexto das actividades do III Encontro Cidade da Coruña, este ano co tema "Literatura e viaxe", o poeta, periodista e traductor arxentido Juan Gelman ofrecerá unha intervención titulada "Baixo chuvia allea".

Será na Real Academia Galega (rúa Tabernas 11, A Coruña) ás 20:00. Entrada: libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza, de Victorino Pérez Prieto

Será o venres 16 na Biblioteca de Estudos Locais (Durán Loriga 10) ás 19:00, e no acto intervirán Victorino Pérez Prieto, Xácome Santos, Ramón Muñiz e Gumersindo Campaña, Xan Arias e María Xosé Bravo. Entrada libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

AchegArte: a feira da cultura galega en 2009

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Jaureguizar na González Garcés

martes, 13 outubro 2009, 23:00 | Category : bibliotecas, conferencias, escritores
Tags : ,

jaureguizar
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teresa Moure no II Encontro Cidade da Coruña

luns, 22 xuño 2009, 11:00 | Category : conferencias, encontros e xornadas, escritores
Tags : ,

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital poético de Henrique Rabuñal e Ánxeles Penas

Hoxe martes dentro do ciclo Poetas coruñeses os escritores Henrique Rabuñal e Ánxeles Penas ofrecerán un recital no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Será a partir das 20:30, e a entrada é libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coloquio sobre literatura infantil e xuvenil con Xabier P. Docampo

mércores, 27 maio 2009, 11:30 | Category : Libro e lectura, coloquios, conferencias, escritores, infantil
Tags : ,

Hoxe mércores 27 de maio ás 20 horas na Casa das Atochas o escritor Xabier DoCampo impartirá unha palestra-coloquio arredor do tema A literatura infantil e xuvenil galega. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Elena Poniatowska no II Encontro Cidade da Coruña (vídeo)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Elena Poniatowska: recepción na Real Academia Galega (vídeo)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google