De Huidobro a Bolaño: un século de vangarda chilena en España

congreso-de-huidobro-a-bolano

Programa do seminario internacional que terá lugar mañá no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía: De Huidobro a Bolaño: un século de vangarda chilena en España:

10.00h: Presentación
10.15h: Conferencia inaugural: Carlos Franz. Escritor. De Huidobro a Bolaño:la creación de un animal mitológico: el huibodolabroño
11.30h: Eva Valcárcel. Universidade da Coruña: Hay palabras que tienen forma de árbol. Vicente Huidobro en España
12.45h: Fernando Moreno. Universidade de Poitiers. Roberto Bolaño y la experiencia del abismo
16.00h: Raquel Bra. Investigadora da UDC. Roberto Bolaño: fragmentarismo y vanguardia
16.45h: Joaquín Lameiro. Profesor investigador da UDC. Imaginación y lenguaje en Ecuatorial de Vicente Huidobro
17.30h: Pedro Ramos. Escritor. Chile, Bolaño, Barcelona
18.30h: Recapitulacións. Clausura

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

María Reimóndez no II Encontro Cidade da Coruña

martes, 19 maio 2009, 14:00 | Category : conferencias, encontros e xornadas, escritores
Tags : ,

Entrevista e fragmentos do debate da primeira sesión do II Encontro Cidade da Coruña (2009), baixo o lema Mulleres na Literatura. A intervención de María Reimóndez tiña por título Por min e polas miñas compañeiras, e tratou sobre as visibilidades e invisibilidades das escritoras galegas.

O II Encontro Cidade da Coruña desenvólvese na sede da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11). Tralas palestras de María Reimóndez (24 de abril), Elena Poniatowska (8 de maio) e Marilar Aleixandre (15 de maio), o ciclo pechará o próximo venres 22 de maio cunha conferencia de Teresa Moure. Estas xornadas contan co patrocinio e colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e están organizados pola AELG.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Obradoiro de escritura creativa con Marina Mayoral

mércores, 6 maio 2009, 0:30 | Category : escritores, obradoiros
Tags : ,

O xoves 7, venres 8 e sábado 9 de maio desenvolverase na Biblioteca González Garcés da Coruña un obradoiro de escritura creativa impartido por Marina Mayoral co título Técnicas narrativas e creación literaria. O curso vai principalmente destinado aos estudantes de Humanidades, mais tamén é útil para todos os interesados en facer literatura de ficción ou en xeral os que sinxelamente queren mellorar a expresión escrita das súas ideas e sentimentos. O horario das xornadas é de 10 a 13 horas e de 17 a 20. Para inscribirse é preciso chamar aos teléfonos 981170218 ou 981170219, ou ben mandar un correo electrónico a este enderezo, ou de maneira presencial na Sala de Consulta da Biblioteca. Colabora a Universidade da Coruña (solicitado un crédito de libre configuración na UDC).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fernando Lalana no Fórum Metropolitano

luns, 23 marzo 2009, 10:00 | Category : bibliotecas, escritores
Tags : , ,

Hoxe luns 23 de marzo ás 18 h. o escritor de literatura infantil e xuvenil Fernando Lalana -autor de Morirás en Chafarinas, El zulo ou La tuneladora- manterá un encontro cos seus lectores na sala Marilyn Monroe do Forum Metropolitano. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación dun audiovisual sobre Manuel Curros Enríquez

martes, 20 xaneiro 2009, 12:05 | Category : audiovisual, escritores
Tags : , ,

Mañá mércores 21 na sede da Real Academia Galega (Tabernas, 11) preséntase o audiovisual “Manuel Curros Enríquez. Na Frente unha estrela”, de X. H. Rivadulla Corcón. A proxección celebrarase ás 19:00. A entrada é de balde até completar aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Na morte de Manuel Riveiro Loureiro

xoves, 15 xaneiro 2009, 23:00 | Category : comunicados, escritores, homenaxes
Tags :

Finou Manuel Riveiro Loureiro, escritor nacido na Coruña en 1933 e autor dunha abondosa nos campos da narrativa e o teatro. Unha noticia triste para a literatura galega e para todos os coruñeses e coruñesas que o tiveron por veciño. A Concellaría de Cultura quere con esta anotación recordar e honrar a un creador incansábel que non deixou nunca de traballar en favor da cultura de noso.

Outras anotacións nos blogs: Manuel Bragado, Carlos Callón, Xesús Manuel Marcos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google