Onte inaugurouse a exposición Sabor e arte, que reúne 74 obras de 50 artistas galegos e portugueses da arte contemporánea dos últimos dezaseis anos. A exposición enmárcase dentro das actividades de celebración do 50 aniversario de Coca-Cola en Galicia.
Sabor e Arte estará na Coruña dende hoxe ata o 2 de agosto no Kiosco Alfonso e o Palexco. A mostra reúne obras de todos os ámbitos artísticos contemporáneos como a pintura, escultura, o debuxo e o vídeo. Comparten espazo por primeira vez artistas galegos e lusos da talla de Xurxo Lobato, Santiago Maio, Ignacio Basallo, Salvador Cidrás ou Vicente Blanco, cuxa obra forma parte da Colección de Arte Contemporáneo da Fundación Coca-Cola, unha colección que acolle a máis de 300 artistas de todas as disciplinas o que fai dela unha excelente mostra da historia recente da arte española e portuguesa.
A exposición Sabor e Arte fai un percorrido pola plurarildade do arte español e portugués das últimas décadas, a través de suxerentes diálogos que xeneran un novo xeito de ver e apreciar o arte contemporáneo. A exposición de fotografía, escultura e vídeo estará ubicada no Kiosco Alfonso, mentres que o Palexco acollerá as pezas de pintura e debuxo.