Festa do Libro nos Xardíns de Méndez Núñez, do 13 ao 17 de maio
Dentro
da programación de lectura da cidade "Eu amo ler", desenvolverase unha nova edición da FESTA DO LIBRO, do venres 13 ao martes 17 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña. O horario da Festa será de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas, e os participantes son: Bibliotecas municipais, Alita Comics, Couceiro, A Libreira, Nós, Xiada, Sisargas, Queixume, Arenas, 7 Mares e Tanxencias. Este é o programa de actividades (sinaturas, presentacións, actuacións, obradoiros, lecturas colectivas, descontos...): PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:
- Caseta de atención primaria: As Bibliotecas Municipais terán un consultorio de lectura, onde a súa xente "receitará" libros que se poden atopar nas bibliotecas e nas casetas da festa.
* Venres 13:
- 11:30.- Inauguración da Festa do Libro.
- 18:00.- Presentación do DVD "Lois Pereiro" realizado polo alumnado do IES Urbano Lugrís. No Kiosco Alfonso.
- 18:00.- Sinatura por parte de Mercedes Queixas Zas dos libros "Lois Pereiro. A Urxencia poética" e "Vivir, aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg". No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00.- Presentación do libro "Futuro Imperfecto", de Xulia Alonso. No Kiosco Alfonso.
- 20:00.- Presentación do libro de Antón Patiño "Lois Pereiro. Radiografía do abismo", conferencia do autor e proxección de imaxes sobre a figura de Lois Pereiro. No Kiosco Alfonso.
* Sábado 14. "Baixo as estrelas. Celebración do Día Internacional dos Museos":
- 18:00.- Obradoiro didáctico Encaixas. Para nenos e nenas de 1 a 10 anos.
- 18:00.- Brancas: Itinerario Escénico Urbano.
- 18:00.- Visita guiada á exposición de Quintana Martelo no Kiosko Alfonso.
- 19:00.- Concerto do Grupo de Jazz da Escola Municipal de Música da Coruña.
- 20:00.- Actuación do Centro Coreográfico Galego: "Fragmentos" (30 minutos).
- 22:00.- Proxección do filme "La Coruña, la ciudad en la que nadie es forastero", de Ramón Sáiz de la Hoya. En colaboración co CGAI.
* Domingo 15:
- 12:00.- Obradoiro "Creación dunha personaxe: Golfiño", realizado por Fausto Isorna. A partir de 6 anos. Diante do Kiosco Alfonso.
- 12:30.- Presentación de "Agullas de Ironía", documental sobre Lois Pereiro feito polo alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC. No Kiosco Alfonso.
- 13:30.- Sinatura de exemplares por parte de Fausto Isorna. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 18:00.- Presentación do libro de ilustración de Pinturero "Rapazas, las pin-up de Pinturero". No Kiosco Alfonso.
- 18:00.- Sinaturas do libro "A Frecha Azul do Teixo" por parte de Eva Veiga. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 18:30.- Sinaturas de Diana Varela Puñal do seu último poemario "Animalabismo". No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00.- Sinaturas dos libros do ilustrador Mariano Casas Gil "A historia xamais contada", "La mancha negra" e outras obras do autor. No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00.- Presentación da revista "Fiz" por Kiko da Silva. No Kiosco Alfonso.
- 20:00.- Presentación do libro de Miguel Mato "Señardade da luz (A obra poética de Manuel María)". No Kiosco Alfonso.
* Luns 16:
- 18:00.- Sinatura do libro do ilustrador Macus Romero "Cuentos clásicos para soñar". No posto das Bibliotecas Municipais.
- 19:00.- Presentación do libro ilustrado de Alberto Guitián "El Circo Lorza". No Kiosco Alfonso.
- 20:00.- Presentación da Guía AGPI 2011. Asociación Galega de Profesionais da Ilustración. No Kiosco Alfonso.
* Martes 17:
- 12:00.- Lectura colectiva e música. Organiza Queremos Galego. No Obelisco.
- De 17:30 a 19:30.- "Se queres un retrato faicho Xurxo Lobato". Se compras libros na Festa agasallámosche cun retrato que che fará Xurxo Lobato e que poderás visualizar, engadir notas, comentarios e descargar en tamaño e resolución orixinal desde Flickr. No Palco da Música.
- 18:00.- Presentación da serie de novelas "Suso Espada", de Francisco X. Fernández Naval e lectura de fragmentos da última entrega "Suso Espada. Nota Roja". No Kiosco Alfonso.
- 18:00.- Visita guiada á exposición Quintana Martelo. No Kiosco Alfonso.
- 19:00.- Actuación de Nova Galega de Danza: "Tradicción". Diante do Kiosco Alfonso.
- 20:00.- "Declaración audiovisual: Lois Pereiro", por Xurxo Souto e Fran Amil. No Kiosco Alfonso.
- 20:30.- "Moita poesía, pouca diversión". Lucía Aldao e María Lado. Diante do Kiosco Alfonso.


o programa de actos de homenaxe á figura de
a 

















