Sala Filomatic: Cabaré Manicómicos

mércores, 21 decembro 2011, 9:55 | Category : cabaré, danza, espectáculos, teatro
Tags : ,

Xoves Cabaré Manicómicos 22-12-201122
Sala Filomatic (Rúa San Xosé, 21)
22:00
Entradas: 4 euros.

"Despois do incrible éxito do primeiro cabaré, coa Sala Filomatic a tope de xente desfrutando do humor e o teatro, Manicómicos volta á carga cun novo cabaré de humor o vindeiro xoves 22 de nadal ás 22 horas na Sala Filomatic da Coruña! Animádevos a pasar un bo momento con todos nós!!! Máis de 10 artistas en diferentes disciplinas: clown, danza, teatro xestual, malabares, monólogos… Ven e cóntao…"

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sala Filomatic: Cabaré Manicómicos

xoves, 1 decembro 2011, 9:44 | Category : cabaré, circo, danza, espectáculos, teatro
Tags : ,

Venres cabare-manicomicos-621x10242
Sala Filomatic (Rúa San Xosé, 21)
22:00
Entradas: 4 euros.

"O mar anda revolto… Non afoguedes!!! Invitámosvos a embarcar noutra aventura máis dos Manicómicos… delirante, metabolizante, indestructible, irónica, indecente, inagotable… con estilo propio! Máis de 10 artistas en diferentes disciplinas: clown, danza, teatro xestual, malabares, monólogos… Permitídevos ser os nosos náufragos particulares! Actuarán: Uxía Vázquez, Guillermo Portas (Guille), Marcial Blanco e Paco Alvarellos (Paco e Xaco), Marta Mato, Ángela Blanco, Carlos Sante, Lorena Tomé, Keke Díez, Vanessa Rivas, Mónica Suárez e Daniel Lozano."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Club del Mar de San Amaro: Polafía organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

polafiamontealto20111126

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: René Lavand, espectáculo de ilusionismo

mércores, 16 novembro 2011, 10:00 | Category : espectáculos, maxia
Tags : ,

Xoves René Lavand17 e venres 18
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).

René Lavand está considerado como o mellor ilusionista do mundo. Grande mestre da "Lentidixitación", faranos percorrer os recunchos máis incribles do asombro coa súa poesía, as súas historias de vida e os seus naipes. A atracción dos seus espectáculos radica nas historias coas que viste as súas ilusións, e no seu expresivo uso da pausa e o silencio.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coliseum: “Disney Live! Un viaje inolvidable”

mércores, 9 novembro 2011, 10:00 | Category : espectáculos, infantil
Tags : ,

Xoves Un viaje inolvidable10 ás 19:00 h.
Venres 11 ás 19:00 h.
Sábado 12 ás 16:00 e 19:00 h.
Domingo 13 ás 16:00 h.

Coliseum
Entradas: 18, 22 e 28 euros.

Volve Disney Live! cun novo espectáculo: "Un viaje inolvidable", onde os catro personaxes Disney, Mickey, Minnie, Donald e Goofy, emprenden un aloucado percorrido ao que se unirá o público para axudarlles a atopar as mellores actuacións artísticas. Durante a viaxe poderase cantar con Cincenta; dar grandes saltos con Tigger e lanzar o máis estrondoso berro de "yee-haw" nun baile divertidísimo con Woody, Jessie e Buzz Lightyear, personaxes de Toy Story (Disney/Pixar). Unha aventura que fará participar o público nun novo show que transmitirá a maxia e a emoción de Disney.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades do xoves 27 no 6º Festival Galego de Cabaré

O xoves Festival Galego de Cabaré27 continúa o 6º Festival Galego de Cabaré, con estas dúas actividades:

- 20:00 h. Praza de María Pita. Espectáculo de rúa. "Rojo", pola compañía La Industrial Teatrera (Cataluña). Entrada libre até completar capacidade.
- 22:00 h. Bar Malte (Rúa Panadeiras): Espectáculo en bar. Carla de Figueredo e Cabe (Galicia). Entrada libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

6º Festival Galego de Cabaré: “Noite de cinema”

luns, 24 outubro 2011, 9:30 | Category : cinema, espectáculos
Tags : , , ,

Luns Festival Galego de Cabaré24
Bar Bristol (Rúa Torreiro)
22:00
Entrada libre até completar capacidade con flocos de millo de graza!

Dentro do 6º Festival Galego de Cabaré, "Noite de cinema", espectáculo en bar con Herr Folleteën como mestre de cerimonias.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades do sábado 22 e domingo 23 no 6º Festival Galego de Cabaré

O sábado Festival Galego de Cabaré22 prosegue o 6º Festival Galego de Cabaré, con estas dúas actividades:

- 19:00 h. Rúa Real: Espectáculo de rúa: "Peter Punk e o neno imperdible". Con Peter Punk (Galicia). Espectáculo gratuíto.

- 20:30 h. Fórum Metropolitano: Estival. Coralie Yap-Chine Quartet (Galicia). Entrada 7 euros (5 euros con carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados). Espectáculo con estándares de jazz, improvisación con acentos francés, cubano, suízo e galego é o que porá en escea a vocalista francesa Coralie Yap-Chine, xunto a Pablo Seoane (piano), José Manuel Díaz Iglesias (contrabaixo) e Álvaro Trillo (batería).

E o domingo 23:

- 19:00 h. Rúa Real: Espectáculo de rúa: "Cabaret Capicúa". Compañía Capicúa (Cataluña). Espectáculo gratuíto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Improcabaré”, pola Factoría Galaica de Improvisacións, no Festival Galego de Cabaré

Venres Festival Galego de Cabaré21
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 5 euros (3 euros con carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados).

Dentro do 6º Festival Galego de Cabaré, representación de "Improcabaré", pola Factoría Galaica de Improvisacións (Galicia). A partires de técnicas como o match ou da improvisación pura e dura os artistas da Factoría Galaica de Improvisacións arrincarán as gargalladas do público asistente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Aberto por folga”, por Tangatutanga Teatro, no 6º Festival Galego de Cabaré

mércores, 19 outubro 2011, 10:00 | Category : cabaré, espectáculos
Tags : , , ,

Xoves Festival Galego de Cabaré20
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 5 euros (3 euros con carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados).

Dentro do 6º Festival Galego de Cabaré, representación de "Aberto por folga", por Tangatutanga Teatro (Galicia). Un divertido cabaré musical con preto de dez persoas en escena para falar dun tema de rabiosa actualidade como a realidade económica, social e laboral que nos tocou vivir. Baixo a dirección de Bea Bravo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

6º Festival Galego de Cabaré, do 20 ao 29 de outubro

Chega Festival Galego de Cabaréa 6º edición do Festival Galego de Cabaré, con 13 espectáculos, un número máxico e suxerente, e un equipo humano de máis de 50 persoas. E todo isto... sen saír da nosa cidade!!!. Este é o programa previsto:

- XOVES 20:
20:30 h. Fórum Metropolitano: "Aberto por folga". Tangatutanga Teatro (Galicia). Entrada 5 euros (3 euros con carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados).

- VENRES 21:
20:30 h. Fórum Metropolitano: "Improcabaré". Factoría Galaica de Improvisacións (Galicia). Entrada 5 euros (3 euros con carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados).

- SÁBADO 22:
19:00 h. Rúa Real: Espectáculo de rúa: "Peter Punk e o neno imperdible". Peter Punk (Galicia). Espectáculo gratuíto.
20:30 h. Fórum Metropolitano: Estival. Coralie Yap-Chine Quartet (Galicia). Entrada 7 euros (5 euros con carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados).

- DOMINGO 23:
19:00 h. Rúa Real: Espectáculo de rúa: "Cabaret Capicúa". Compañía Capicúa (Cataluña). Espectáculo gratuíto.

- LUNS 24:
22:00 h. Bar Bristol (Rúa Torreiro): Espectáculo en bar: "Noite de cinema". Mestre de cerimonias: Herr Folleteën (Galicia). Espectáculo gratuíto.

- MARTES 25:
20:30 h. Fórum Metropolitano: "Le Frigo". Compañía Mundo Villalustre (Galicia). Entrada 7 euros (5 euros con carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados).

- MÉRCORES 26:
20:30 h. Fórum Metropolitano: "Life is a paripé". Obras Públicas (Galicia). Entrada 7 euros (5 euros con carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados).

- XOVES 27:
20:00 h. Praza de María Pita: Espectáculo de rúa. "Rojo". La Industrial Teatrera (Cataluña). Espectáculo gratuíto.
22:00 h. Bar Malte (Rúa Panadeiras): Espectáculo en bar. Carla de Figueredo e Cabe (Galicia). Espectáculo gratuíto.

- VENRES 28:
20:00 h. Obelisco e zona de viños: Espectáculo de rúa. "Cabarédeambulante". Compañía Femme Fatale (Galicia). Espectáculo gratuíto.
22:00 h. Bar Ink (Rúa Traballo): Espectáculo en bar. "This isn't a cabaret". Hermanas Trilita (Extremadura). Entrada 3 euros.

- SÁBADO 29:
21:00 h. Teatro Rosalía de Castro: Estrea de "As nenas perdidas". Compañía Femme Fatale (Galicia). Coa participación especial do: Miki Nervio & The Bluesmakers, Carla de Figueredo e Cabe xunto a outros artistas convidados. Entradas: 11 euros (carné xove, maiores de 65 anos, desempregados, 7 euros).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: “Memoria das Memorias dun neno labrego”, espectáculo de Cándido Pazó

Sábado Memoria das Memorias dun neno labrego15
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: 5 euros).

Na conmemoración do 50 aniversario da primeira edición das "Memorias dun neno labrego", de Xosé Neira Vilas, Cándido Pazó ofrece este emotivo espectáculo no que combina a súa experiencia como autor, actor e director coa súa coñecida traxectoria como contador de historias, apoiado por un coidado traballo de videocreación.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festas María Pita 2011: actividades do domingo 28 de agosto

Parque de Santa Margarita
Romaría de Santa Margarita
Entrada libre.
- 12:00 h. Banda Municipal de Música.
- 18:00 h. Agarimo de Catabois.

Xardíns da Rosaleda. Ao lado da Delegación do Goberno.
19:00
Entrada libre.
Contacontos de Trinke Trinke: "Un invento para chegar ao ceo".

Praza de María Pita
21:30
Entrada libre.
Concerto da Aula de Jazz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festas María Pita 2011: actividades do sábado 27 de agosto

Os Cantóns
12:00
Entrada libre.
Pasarrúas, danza, teatro, música e performance, con Os Quinquilláns: "No fondo do mar".

Romaría de Santa Margarita
Parque de Santa Margarita
De 18:10 a 01:00 h.
Entrada libre.
Concerto de música electrónica. Con Judah, Diego Villa, Frances Lerouge, Pablo Cubeiro, Chymera Live!, Grobas e Roi.

Praza de María Pita
21:30
Entrada libre.
Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, cun programa composto por obras de Gioacchino Rossini, Georg Friedrich Händel, Georges Bizet, Giuseppe Verdi, Aleksandr Borodin e Richard Wagner. Intervirán os Nenos Cantores da OSG (baixo a dirección de José Luis Vázquez), o Coro da Sinfónica de Galicia (baixo a dirección de Joan Company), Benito Cabrera, timple canario e Víctor Pablo Pérez, director.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festas María Pita 2011: actividades do venres 26 de agosto

Xardíns da Rosaleda. Ao lado da Delegación do Goberno.
19:00
Entrada libre.
Contacontos de Trinke Trinke: "Circo".

Coliseum
22:00
Entradas: 35, 40 e 45 euros.
Concerto de Isabel Pantoja.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google