Locais emblemáticos da Coruña únense á celebración do 10º aniversario do Foundation, único festival de reggae en Galicia
Con motivo da celebración dos dez anos do Foundation, e un dos principais a nivel internacional, locais da Coruña mostrarán durante a última quincena de agosto e ata o día 4 de setembro actuacións e exposicións enmarcadas dentro dos seus locais e escaparates con motivos relacionados co Festival e o seu mundo. Son:
- Bazar de Pepe: rúa Real, 80. O que no seu día era unha tenda de xoguetes ao uso tornouse hai uns anos nesta tenda, sen dúbida orixinal e de gran personalidade. Exposición: Neste local expoñeranse os LIONS (moeda de cambio do festival) e os Carteis publicitarios das dez edicións do Foundation Reggae Festival.
- Nova Colón: Olmos, 9. Unha das máis emblemáticas librarías da Coruña, con máis de 75 anos, recoñecida polo seu estilo e bo gosto ao decorar o seu escaparate utilizando elementos propios, prestados e reciclados, sempre orientados cara a un tema, neste caso o Foundation. Exposición: Monográfico sobre as viaxes por África, obras de escritores africanos e edicións sobre a música reggae.
- Catro Eles: Rúa Galera, 41. Un recanto especial no corazón da cidade con multitude de produtos novidosos de todas as orixes. Exposición: Dedicada integramente a pezas étnicas do Continente Africano (máscaras, teas, vasillas, figuras e xoiaría).
Locais confirmados - regalo bolsos:
Ademais das exposicións, os seguintes locais de hostelaría e tendas especializadas colaborarán coa promoción do Foundation por medio do regalo de bolsos, que repartirán entre os seus clientes: El Sigo, O'DeLito, La Bata de Guata, Fuzz, Cume Norte, Bristol, Cuatro Eles, Soho, Pub Filloa e Rock & Roll.

25 de agosto ao domingo 26 de setembro


ao 31 de agosto

agosto















