Outono fotográfico 2011: “I on és casa meva? E onde está a miña casa?”, de Leonardo Fernández

Do Leonardo Fernándezmércores 9 ao martes 22 de novembro
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12).
De martes a sábado, de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h.
Domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Outono fotográfico 2011, exposición "I on és casa meva? (E ónde está a miña casa?)", de Leonardo Fernández. Un proxecto fotográfico no ámbito da arquitectura, urbanismo e a paisaxe que ten como obxectivo facer tomar conciencia da importancia da identificación dos habitantes coas súas propias vivendas e o espazo público que constitúe o seu contorno.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outono fotográfico 2011: exposición “Os últimos días de Sulukule”, de Joan Alvado

martes, 8 novembro 2011, 9:45 | Category : bibliotecas, exposicións, fotografía
Tags : , ,

DoJoan Alvado mércores 9 ao mércores 30 de novembro
Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n.)
De luns a venres de 09:00 h a 21:00 h. Sábado de 10:00 h a 14:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Outono fotográfico 2011, exposición "Os últimos días de Sulukule", coas fotografías de Joan Alvado. Situado no centro de Estambul, no distrito de Fatih, Sulukule é un dos asentamentos xitanos máis antigos do mundo. O barrio é ademais coñecido en Turquía por ser un foco cultural de referencia para a comunidade xitana, centro de formación de músicos e cantaores. Pero en 2007, tras coñecerse a designación de Estambul como capital da cultura europea 2010, o destino de Sulukule cambia drasticamente ao verse afectado por un Plan de Renovación Urbana, que prevé a demolición íntegra do barrio. A totalidade de veciños, uns 3.500, pasan a estar afectados baixo ameaza de desaloxo. A deconstrución do barrio lévase a cabo durante os seguintes dous anos e medio, desembocando na demolición do barrio enteiro co conseguinte éxodo masivo de centos de familias de etnia Rom. Séculos de cultura e tradición xitana foron erradicados de raíz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: exposición de pintura “Xaque-mate”, de Beatriz Barcia

xoves, 3 novembro 2011, 9:30 | Category : Arte, exposicións
Tags : , ,

Do A. C. Alexandre Bóvedavenres 4 ao xoves 24 de novembro
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición de pintura "Xaque-mate", de Beatriz Barcia. A inauguración terá lugar ás 20:00 h. do venres 4 de novembro no salón de actos da Asociación.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Club del Mar: exposición “A Coruña, Santander y más. Visiones”, de Manuel Gandullo

luns, 31 outubro 2011, 9:15 | Category : exposicións, pintura
Tags : , ,

INVITACIÓN EXPO. CLUB DEL MAR

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

MontyArte: exposición “Pintar por pintar”, de Jaime Tenreiro, do 28 de outubro ao 15 de novembro

xoves, 27 outubro 2011, 9:00 | Category : exposicións, pintura
Tags : , ,

tarjeton prensa tenreiro

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca González Garcés: exposición “Un paseo ilustrado”, de David Pintor e Óscar Villán

Do xoves 27 de outubro ao luns 28 de novembro
Biblioteca Miguel González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, 1)
De luns a venres: de 08:30 a 20:30 h.
Sábados: de 10:00 a 14:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición "Un paseo ilustrado", unha escolma dos traballos de ilustración de David Pintor e Óscar Villán, ben sexa en editoriais, revistas ou mostras itinerantes. Os autores convídannos a dar un paseo polo seu persoal mundo cheo de fantasía, lirismo e imaxinación. Despois de moitos anos de traxectoria profesional, quixeron traducir a súa amizade nunha exposición conxunta na que se establece un diálogo entre dúas maneiras de entender a ilustración. A inauguración terá lugar o xoves 27 de outubro ás 20:00 horas, coa presenza e intervención dos autores.

Un paseo ilustrado invitación

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: proxección de fotografías de Manolo Graña

Martes A. C. Alexandre Bóveda25
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección de fotografías de Manolo Graña sobre "Polonia: Varsovia e Cracovia".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Libros para soñar: presentación de “Contos por teléfono”, con Pablo Otero

Venres Invitación contos por teléfono14
Libros para soñar (Avenida de Fisterra, 64)
18:30
Entrada libre até completar capacidade.

"Contos por teléfono" é unha obra maxistral do gran mestre e pedagogo italiano Gianni Rodari que contén 70 alfaias da literatura breve: relatos imaxinativos, comprometidos, humorísticos e surrealistas cun final sorprendente, ilustrados polo artista plástico galego Pablo Otero, quen a presentará este venres. As ilustracións orixinais están expostas ata finais deste mes de outubro. Esta actividade está destinada a nenas e nenos a partir de 6 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa Museo Casares Quiroga: exposición “Vinte anos non é nada (1989-2009)”, de Miguel Melero

mércores, 5 outubro 2011, 10:00 | Category : Arte, exposicións
Tags : , ,

Do Miguel Meleroxoves 6 de outubro ao domingo 6 de novembro
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12)
De martes a sábado: de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:00 h.
Domingos e festivos: de 10:30 a 14:00. Luns, pechado.
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición "Vinte anos non é nada (1989-2009)", de Miguel Melero, recolle 19 obras que resumen a súa traxectoria entre eses anos. A primeira etapa caracterízase polos elementos xeométricos. Líñas que deixarán paso pouco a pouco a figuras curvas, cuncas, botellas, vasos… Tamén xurden polo camiño novos materiais e técnicas que tratarán de dar volume aos seus cadros. Obras que culminarán coas súas exposicións sobranceiras "Suxeitos + Obxectos" e "Arquitectura dos sentimentos". A inauguración terá lugar o xoves 6 de outubro ás 20:00 horas. O cadro que se recolle nesta foto é "Na gaiola", de 1989.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Luís Seoane: exposición “Campo de sombras”, de Rui Chafes

Do Rui Chafesxoves 6 de outubro ao domingo 15 de xaneiro de 2012
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Domingos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre.

"Campo de sombras" constitúe a primeira exposición individual institucional do artista portugués Rui Chafes en España, un proxecto expositivo que amosa alguhas das súas obras máis significativas dos últimos dez anos, ao tempo que un libro recompilatorio de todos os seus traballos recentes. Co ferro pintado de negro ou cinza como material exclusivos dos seus traballos, Rui Chafes (Lisboa, Portugal, 1966), artista chave á hora de analizar o contexto artístico portugués dos últimos vinte anos, defende unha actitude moi persoal e orixinal de concebir a escultura, ensaiando formas que se moven entre o figurativo e o abstracto, estruturas de aspecto corrente, cunha singular poesía. En palabras de David Barro, comisario da exposición, "cada unha das esculturas de Rui Chafes recórdanos que non hai futuro sen memoria. Porque Rui Chafes traballa unha escultura que quere ser escultura, que non ten présa nen pretende esquecer as súas herdanzas, nin solapar a súa historia. O tempo devén así principal aliado dunha escultura que necesita tornarse arista para ancorarse e sobrevivir, solitaria, independente de cando e como se conxugan os tempos. Unha escultura silenciosa, capaz de revelarse no abismo orixinario de quen, como os románticos, aprehende o natural". Paralelamente á exposición editarase o libro "Rui Chafes. Contramundo", que recolle todos os traballos do artista realizados desde o 2003 ata o 2011, con textos do comisario alemán Ulrich Loock, do crítico Alberto Ruiz de Samaniego e do propio David Barro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Luís Seoane: exposición “Teorema (interrumpido)”, de Bernardí Roig

Dodestacado51 xoves 6 de outubro ao domingo 15 de xaneiro de 2012
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Domingos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre.

A exposición "Teorema (interrumpido)" de Bernardí Roig, recompila o que podemos denominar as súas "pezas fílmicas", isto é, aquelas nas que o elemento central ten que ver coa cita cinematográfica nunha estratexia moi pecular de apropiacionismo que da lugar a imaxes dialécticas. O comisario da exposición, Fernando Castro Flórez, ofrece unha escolla de obras nas que o artista mallorquín reinterpreta, entre outros exemplos, "Blow Up" de Antonioni, "Blue Velvet" de David Lynch, "Teorema" de Pasolini, "Gritos e susurros" de Bergman, "O enigma de Gaspar Hauser" de Herzog, "Camaleón" de John Lesley, "O ano pasado en Marienbad" de Alain Resnais, "Nostalxia" de Tarkovski ou "O italiano", baseado nun texto de Thomas Bernhard. O "apropiacionismo" de Bernardí Roig non ten nada que ver coa anestesia do gusto que está na base dos ready-mades. Polo contrario, as súas eleccións teñen que ver cunha cartografía estética persoal na que non se detén no acto ritual da simple homenaxe senón que tira partido do que Comolli cualificara como "a fatalidade ficcional do cine". Con motivo desta mostra editarase un libro con textos de Fernando Castro Flórez, Miguel Ángel Hernández Navarro, Enrique Vila-Matas, Alberto Ruiz de Samaniego e Omar Calabrese.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: exposición “#Negro”

mércores, 5 outubro 2011, 9:00 | Category : Arte, exposicións
Tags : , , , , ,

Do Negromércores 5 de outubro ao venres 4 de novembro
Normal (Paseo de Ronda, 47. Antiga Escola de Maxisterio)
De luns a venres de 11:00 a 22:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.

Normal propón a catro artistas o desafío de traballar a partir desta premisa simple en forma e complexa en fondo. Xirar cara a #Negro. Desde esa luz os artistas intentarán chegar a porto en forma dunha exposición que funciona como reflexión sobre si mesmos e o seu deber como artistas de revelar verdades ocultas. De médium que atrae cara á luz e captura aquilo que no ollo do espectador aínda non foi percibido. O reto é #Negro polo que representa a nivel formal, a non cor, pero tamén a nivel semántico, o negro entendido desde un punto de vista social como a representación do oculto, do non revelado. E sempre desde o sentido antropolóxico do máxico, daquilo que, por estar falto da etiqueta da cor, nos é descoñecido e por iso tememos. Enrique Lista, Mar Vicente, Mauro Trastoy e Mónica Cabo. Catro artistas da mesma xeración que operan en Galicia desde hai anos asumen o desafío de aproximarse ao #Negro. Desde catro puntos de vista diferentes ofrécennos a súa visión particular deste problema que Normal lles propón. A inauguración terá lugar o mércores 5 de outubro ás 20:30 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Inauguración de “Libros para soñar” e exposición de Pablo Otero

Venres Libros para soñar30
Libros para soñar (Avenida de Fisterra, 64)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

"Libros para soñar" é unha libraría especializada en Literatura Infantil e Xuvenil que esta semana abre as súas portas na cidade da Coruña. O acto de inauguración, no que vai participar o equipo de animación á lectura de Kalandraka, xunto con varios autores e ilustradores, consistirá nunha sesión especial de contos e música, aberta ao público. O ilustrador Pablo Otero -ourensán afincado na Coruña- protagoniza a primeira mostra do novo espazo: as imaxes do álbum "Contos por teléfono", un libro de relatos do escritor italiano Gianni Rodari, e que se poderá visitar até finais do vindeiro mes de outubro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Kiosko Alfonso: exposición de Alberto Carpo

luns, 26 setembro 2011, 10:00 | Category : exposicións, pintura
Tags : ,

Do martes 27 de setembro ao domingo 6 de novembro
Kiosko Alfonso
Horario de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición de Alberto Carpo, quen, tras máis de corenta anos de actividade, é un dos pintores máis recoñecidos da cidade. Autor realista, a súa obra sempre destacou pola súa observación, tamén psicolóxica, da figura humana, especialmente feminina, pero sen descoidar os distintos xéneros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: exposición fotográfica “Mulleres Mayas Unidas”

luns, 19 setembro 2011, 9:30 | Category : exposicións, fotografía
Tags : ,

Do venres Mulleres mayas unidas16 ao xoves 22
Fórum Metropolitano
De 09:00 a 21:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición "Mulleres Mayas Unidas" contén 50 imaxes realizadas por mulleres indíxenas guatemaltecas que mostran desde unha rigorosa perspectiva de xénero, a realidade cotiá a partir da súa propia experiencia. As catorce protagonistas recibiron un curso de fotografía documental como ferramenta para contar a súa historia e a das súas comunidades: Mª do Mar, O Triunfo, A Verde de Aztlán. O propósito da mostra é romper cos estereotipos e prexuízos que crean unha subxectividade única e estática da muller indíxena.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google