Estas
son as actividades previstas para o martes 9 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro:
- 12:00 h. Feira infantil. "Mariscando cuentos". Xornada de contos para toda a familia, realizado por Pepa Cuentera, arredor do libro "La vuelta al mundo de Gota de Agua", de Rafael Ortega de la Cruz, publicado por S.L. Nívola Libros y Ediciones.
- 19:00 h. Francisco X. Fernández Naval presenta o seu libro de poesía, en edición bilingüe (galego e castelán) "Golpear de sombras", publicado pola editorial Huerga y Fierro. Xunto co autor, participarán no acto a poeta Eva Veiga e a profesora e traductora Teresa Seara.
- 19:30 h. O profesor de filosofía e historiador, Luis Gorrochategui Santos, asinará exemplares do seu libro "Contra Armada. La mayor catástrofe naval de la historia de Inglaterra", publicada pola editorial E-Lector.
- 20:00 h. Presentación de "Lume de cobiza", de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia, coa participación, acompañando ao autor, de Víctor F. Freixanes e Ángel de la Cruz.
- 20:30 h. Sinatura de exemplares do poemario "La hora de los relojes", de Fran Nuño, poblicado no selo da Faktoría K.
- 21:00 h. "A aventura de publicar romántica". Mesa redonda de escritoras coruñesas, autoras de novelas románticas. Participarán no acto Patricia Sutherland ("Princesa", autoedición), Teresa Cameselle ("No todo fue mentira". Ed. El Maquinista), Kelly Dreams ("Amante & felino", autoedición), Encarnación Alcalde Brotóns ("Lo que el corazón esconde", Ed. Círculo Rojo), Ángeles Ibirika ("Antes y después de odiarte", Ediciones B) e Lydia Leyte Costello ("El fuego envuelve tu nombre", Editorial La Máquina China). Modera o acto Trinidad Palacios Raposo (do programa radiofónico "El diván cultural") Ao remate do acto, as escritoras asinarán exemplares dos seus libros.