Casa Museo Casares Quiroga: exposición “O son das buguinas”, por Implicadas no Desenvolvemento

Do O son das buguinasvenres 9 de decembro ao domingo 15 de xaneiro
Casa Museo Casares Quiroga (R/ Panadeiras nº 12).
De martes a sábado: de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h.
Domingos e festivos: de 11:00 a 14:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición fotográfica e informativa de Implicadas no Desenvolvemento sobre a tsunami (catástrofe ocurrida o 26 de decembro de 2004 no sueste asiático, concretamente na rexión de Tamil Nadu e onde Implicadas xa estaba traballando xunto coa súa contraparte da India, PDI). Esta exposición responde ao título "O son das buguinas", e conta con fotos de Paco Vila Barros, ilustracións de Xulia Barros e textos de María Reimóndez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outono fotográfico 2011: “BLOkEO/reSistencia”, de Maribel Longueira

Do Maribel Longueiramércores 23 ao martes 6 de decembro
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12).
De martes a sábado, de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h.
Domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Outono fotográfico 2011, exposición "BLOkEO/reSistencia", de Maribel Longueira. O pobo cubano segue a enfrontarse a un bloqueo económico sen precedentes no tempo, isto creou unha forte resistencia por unha situación inxusta ditada polos poderes económicos reinantes, contribuíndo así a unha reafirmación dos seus ideais pero a largueza no tempo tamén pode activar o búmerang do blocage read.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outono fotográfico 2011: exposición “Fotos da xente”, en Posición B

Do Eduardo Castrovenres 11 ao venres 25 de novembro
Asociación Fotográfica Posición B (Galerías de Sta. Margarita, 3)
De luns a venres, de 18:00 a 21:00 h.
Sábados e domingos, de 12:00 a 14:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Outono fotográfico 2011, exposición "Fotos da xente", coa obra fotográfica de Ramón J. Iribarnegaray, Begoña Pastoriza, Eduardo Castro Bal e Luís Ramírez. A xente pódese retratar na rúa, no estudo de fotografía ou de moitos xeitos. Cada un dos fotógrafos que aquí mostran as súas fotos ten unha visión particular da xente diante da cámara. Polo noso plató pasan continuamente persoas dispostas a ser "inmortalizadas" baixo os nosos flashes, pero non todos resultan "flasheados". A inauguración terá lugar o venres 11 ás 20:00 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outono fotográfico 2011: exposición “Le monde habité”, de Gustavo García Roig e François Davo

DoLe monde habité mércores 9 ao venres 30 de decembro
Casa Museo María Pita (Rúa Herrerías, 28).
De martes a sábado, de 10:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 20:00 h.
Domingo, de 10:30 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Outono fotográfico 2011, exposición "Le monde habité", coa fotografía de Gustavo García Roig e a poesía de François Davo. A inauguración terá lugar o mércores 9 de novembro, ás 20:00 horas, e, dentro dela, terá lugar un recital poético do propio autor.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outono fotográfico 2011: “I on és casa meva? E onde está a miña casa?”, de Leonardo Fernández

Do Leonardo Fernándezmércores 9 ao martes 22 de novembro
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12).
De martes a sábado, de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h.
Domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Outono fotográfico 2011, exposición "I on és casa meva? (E ónde está a miña casa?)", de Leonardo Fernández. Un proxecto fotográfico no ámbito da arquitectura, urbanismo e a paisaxe que ten como obxectivo facer tomar conciencia da importancia da identificación dos habitantes coas súas propias vivendas e o espazo público que constitúe o seu contorno.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outono fotográfico 2011: exposición “Os últimos días de Sulukule”, de Joan Alvado

martes, 8 novembro 2011, 9:45 | Category : bibliotecas, exposicións, fotografía
Tags : , ,

DoJoan Alvado mércores 9 ao mércores 30 de novembro
Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n.)
De luns a venres de 09:00 h a 21:00 h. Sábado de 10:00 h a 14:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do Outono fotográfico 2011, exposición "Os últimos días de Sulukule", coas fotografías de Joan Alvado. Situado no centro de Estambul, no distrito de Fatih, Sulukule é un dos asentamentos xitanos máis antigos do mundo. O barrio é ademais coñecido en Turquía por ser un foco cultural de referencia para a comunidade xitana, centro de formación de músicos e cantaores. Pero en 2007, tras coñecerse a designación de Estambul como capital da cultura europea 2010, o destino de Sulukule cambia drasticamente ao verse afectado por un Plan de Renovación Urbana, que prevé a demolición íntegra do barrio. A totalidade de veciños, uns 3.500, pasan a estar afectados baixo ameaza de desaloxo. A deconstrución do barrio lévase a cabo durante os seguintes dous anos e medio, desembocando na demolición do barrio enteiro co conseguinte éxodo masivo de centos de familias de etnia Rom. Séculos de cultura e tradición xitana foron erradicados de raíz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

IX edición dos “Encontros Milpedras”, recital conxunto de poesía, música e fotografía

Venres 28
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo)
21:00
Entrada libre até completar capacidade.

A IX edición dos "Encontros Milpedras" contará coa participación poética de Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval e Ramiro Vidal Alvarinho, en paralelo á intervención musical de Mou e a proxección da obra fotográfica de Maribel Longueira.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: proxección de fotografías de Manolo Graña

Martes A. C. Alexandre Bóveda25
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Proxección de fotografías de Manolo Graña sobre "Polonia: Varsovia e Cracovia".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Margarita Ledo: “Fotografía dende onde o mundo se chama Galiza”

Martes 27
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia de Margarita Ledo sobre "Fotografía dende onde o mundo se chama Galiza", dentro do ciclo "Lingua, Literatura e Nación" da A. C. O Facho.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: exposición fotográfica “Mulleres Mayas Unidas”

luns, 19 setembro 2011, 9:30 | Category : exposicións, fotografía
Tags : ,

Do venres Mulleres mayas unidas16 ao xoves 22
Fórum Metropolitano
De 09:00 a 21:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición "Mulleres Mayas Unidas" contén 50 imaxes realizadas por mulleres indíxenas guatemaltecas que mostran desde unha rigorosa perspectiva de xénero, a realidade cotiá a partir da súa propia experiencia. As catorce protagonistas recibiron un curso de fotografía documental como ferramenta para contar a súa historia e a das súas comunidades: Mª do Mar, O Triunfo, A Verde de Aztlán. O propósito da mostra é romper cos estereotipos e prexuízos que crean unha subxectividade única e estática da muller indíxena.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio Municipal: exposición “Bestia contra bestia”, de José Luis Raymond

Do José Luis Raymondxoves 15 de setembro ao domingo 6 de novembro
Sala de Exposicións do Palacio Municipal
Horario de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición "Bestia contra bestia", de José Luis Raymond, artista multidisciplinar, traballou especialmente no mundo do teatro. Agora, tomando como soporte a fotografía, utiliza o mundo do teatro clásico para reflexionar sobre as violencias cotiás e o seu carácter consuetudinario.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: exposicións, proxeccións e teatro nas “Xornadas sobre suxeitos emerxentes”

Do Suxeitos emerxentes Normalmércores 14 ao venres 16
Normal (Paseo de Ronda, 47. Antiga Escola de Maxisterio)
De 11:00 a 22:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das Xornadas "Suxeitos emerxentes: sexualidades e feminismos contemporáneos", terán lugar as seguintes actividades na Normal:

* Exposicións:
- 1. Miradas. Exposición dos traballos fotográficos desenvoltos por un grupo de mulleres inmigrantes, residentes en Cataluña, durante o Taller de Fotografía Documental realizado por Acsur-Las Segovias e conducido por Adriana Leira. Cada traballo vai acompañado dun texto escrito pola súa autora, dado que durante as aulas profundizaron sobre un tema elexido por cada alumna, persoal e único, que foi elaborado de manera coerente, fiel a súa idea orixinal. As autoras son: Neide Catoira, María José Torres Costa, Cristina Velásquez, AnouchK, Verónica Silva, María Isabel Ayala, Gabriela González, Sandra Pabón e Gladys Manrique.
- 2. Contenedor de feminismos. Un proxecto aberto, en proceso, posto en marcha por Carme Nogueira, Uqui Permui e Anxela Caramés. Ten a finalidade de recuperar e documentar nun arquivo as pequenas e as grandes historias dos feminismos galegos nestes últimos trinta anos. Este é un dispositivo móbil á disposición do contexto e do relato a documentar de forma audiovisual, gráfica e escrita, que se converte nun espazo documental para algúns dos colectivos feministas galegos que usan a a linguaxe artística como ferramenta política. Mostraranse os seus carteis, fanzines, folletos, vídeos... Participan: Maribolheras Precárias, Nomepisesofreghao, Mulheres Transgredindo e Lerchas.

* B) Ciclo de vídeos sobre arte e feminismos na Galiza. Sala Cubo. Comisariado: Ánxela Caramés.

- 1. Artistas galegas que traballan desde os feminismos ( 96’17”):
- María Ruido: "La voz humana" (7’40”).
- Carme Nogueira: "25’05” diarios", 2003 (4’55”).
- Sonia Tourón: "A vueltas con la peana", 2007 (7’).
- Claudia Brenlla: "Bata por fóra (muller por dentro)", 2008 (17’50”).
- Clara Gayo: "Se queres que cho diga, espera", 2009 (12’27”) + "Privado", 2010 (1’38”).
- María Marticorena: "Asuntos laterales", 2005 (15’) + "Silbando mis tormentos", 2009 ( 12’).
- Post-Op: "Implantes", (4’58”).
- Mónica Cabo: "Rompiendo los huevos por las claras", 2006 (6’25”).
- Peque Varela: "1977", 2007 (8’24”).

2. Mulleres migrantes: vídeos de Elizabeth Ross (30’79”):
- "Nómada, las mujeres se mueven", 2008-09:
- "Todas y las mariposas", (4’51”).
- "Nómada, las mujeres se mueven" (7’4”).

- "Y, ¿dónde están las mujeres?", 2010:
- "Ritos de Pasaje: del sueño a la vida real" (5’11”).
- "Me lo dijo Adela" (5’37”).
- "Lourdes, clara y directa" (8’36”).

* C) Teatro: Sala Cubo. Xoves 15 de setembro ás 19:30 h. Compañía teatral Gayo-Pinheiro: "Área de descanso". Montaxe teatral realizada polas artistas e actrices Iria Pinheiro e Clara Gayo. Unha obra mordaz, en clave de humor, que transmite o verdadeiro sentido de amizade de dúas mulleres que, ao estilo "Thelma e Louise", fuxen da rutina das súas vidas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña: actividades do luns 8 na Feira do Libro

Estas Federación de Libreiros de Galiciason as actividades previstas para o luns 8 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro:

- 12:00 h. Feira infantil. "De oca a oca y cuento por que me toca". Conta contos interactivo para toda a familia, realizado por Pepa Cuentera.
- 19:00 h. Presentación de "Artur", un texto infantil de Xosé Manuel Gómez Barreiro "Oli", ilustrado por Marc Taeger e publicado no selo editorial Faktoría K. Participarán no acto o autor, o ilustrador e un representante da editorial.
- 19:30 h. O escritor Fernando Ontañón asinará exemplares do seu libro "Relatos invisibles", publicado por Ediciones Carena.
- 20:00 h. Presentación do libro "El baile de las lagartijas", de David de Juan Marcos. Ed. Temas de Hoy.
- 20:30 h. A escritora Eva Castro Outeiriño asinará exemplares do seu libro "Persiguiendo sueños", publicado pola editorial Hontanar.
- 21:00 h. Charla coloquio da xornalista Iara Mantiñán arredor do seu libro fotográfico "Cape Coloured", publicado por Finisterre Ediciones.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

40 Feira do Libro: programa do luns 1 de agosto

Estas Federación de Libreiros de Galiciason as actividades previstas para o luns 1 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro:

- 11:00 h. Apertura da feira.
- 12:45 h. Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña.
- 13:00 h. Inauguración oficial. Pregón a cargo de Alfonso García Sanmartín, presidente do Cluster do Libro de Galicia.
- 19:00 h. Charla presentación da exposición fotográfica "Tiempo de recreo", patrocinada pola Fundación Telefónica. Participan no acto Fernando Marías, Carlos Spottorno, Marta Rivera de la Cruz e Lola Beccaría.
- 19:30 h. O escritor e académico Xosé Neira Vilas, asinará exemplares dos seus libros.
- 20:00 h. Presentación do libro "Un dedo manchado de tinta", de Manuel Portas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director da Editorial e actuación de Clara Pino.
- 20:30 h. O profesor Jorge Mira asinará exemplares do seu libro "A ciencia no punto de Mira", publicado por Auga Editora.
- 20:45 h. Presentación dos libros "Penúltimo dietario", de Xosé Neira Vilas e "Aníbal Otero. Lingüística e política en España na guerra civil e no franquismo", de Xesús Alonso Montero, publicados por Edicións Xerais de Galicia. Xunto cos autores, participará no acto Manuel Bragado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Luís Seoane: exposición “Quen corta os fíos do soño?”, sobre Lois Pereiro

Dodestacado47 mércores 20 de xullo ao domingo 25 de setembro
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Domingos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre.

Coincidindo coa concesión do Día das Letras Galegas 2011 ao poeta Lois Pereiro (Monforte 1958-A Coruña 1996), a Fundación Luís Seoane dedica esta exposición á figura e obra dun autor chave para comprender gran parte da escea cultural galega durante a segunda metade do século XX. Comisariada polo pintor e escritor Antón Patiño, "Quen corta os fíos do soño? Lois Pereiro" céntrase na intensidade da escritura do poeta monfortino, visualizando os seus poemas a través de recursos tipográficos. Lois Pereiro xerou ademais unha iconografía de seu a través dos retratos fotográficos que lle fixeron moitos compañeiros de xeración, como Xosé Abad, Vari Caramés, Xurxo Lobato, Víctor Echave, Andrés Panaro e Manuel Vilariño. Unha escolla destas imaxes formará parte asimesmo deste proxecto expositivo, así como un impactante retrato expresionista do poeta realizado por Reimundo Patiño e un debuxo do propio Antón Patiño. A mostra conta coa colaboración de Xosé Manuel Pereiro e a familia do poeta. O libro-catálogo da exposición incluirá textos de Manuel Rivas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Pereiro, Alberto Ruíz de Samaniego e Antón Patiño. A inauguración terá lugar o mércores 20 de xullo ás 20:00 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google