Exposición “Click-Beat”, de David Pazos, na Libraría Endo

xoves, 7 xullo 2011, 10:15 | Category : exposicións, fotografía
Tags : , ,

Do Click Beatvenres 8 de xullo ao venres 5 de agosto
Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41, baixo)
De luns a venres: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición "Click-Beat", do fotógrafo David Pazos, onde se poderá ver unha selección fotográfica dalgunhas das imaxes que nestes últimos anos este fotógrafo. Luces, concertos, fotografía publicitaria... conforman unha mostra que colgará das paredes de Endo ata o día 5 de agosto. A inauguración terá lugar o venres 8 de xullo ás 20:30 horas, e estarán presentes Sito López e Erika Seven falando sobre o proceso creativo e a súa experiencia con este traballo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aquarium Finisterrae: exposición “Fotógrafos da Natureza 2011. Wildlife Photographer of the Year”

Un mc2ano máis o Aquarium Finisterrae presenta a exposición de fotografías de natureza máis importante: "Fotógrafos da Natureza 2011", que contén as imaxes gañadoras e finalistas nas diferentes seccións do certame "Wildlife Photographer of the Year". O concurso, considerado polos profesionais como o máis prestixioso do mundo, está promovido polo Natural History Museum de Londres e a BBC Wildlife Magazine.
As fotografías da mostra, aloxada na sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae durante os meses de xullo e agosto, foron seleccionadas entre as 31.152 que se presentaron ao certame, e son obra de fotógrafos profesionais e afeccionados de 80 países. Entre eles hai 6 españois, dous dos cales obtiveron o primeiro premio en 2 das 15 categorías que se contemplan: Francisco Mingorance, en "Forma e composición", e Jordi Chías Pujol, en "Premio Planeta Terra".
As imaxes da exposición conforman un conxunto de memorables retratos, extraordinarias instantáneas e impresionantes paisaxes que recordan o esplendor, dramatismo e variedade da vida no noso planeta. Deixamos aquí a foto que obtivo o título de "Wildlife Photographer of the year", "Teatro de sombras", do húngaro Bence Máté:

Bence Máté

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa da Cultura Salvador de Madariaga: exposición “Series nocturnas”, de Borja Mucientes

Do portada borja mucientes_portada ánxelesmartes 28 de xuño ao domingo 31 de xullo
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
De 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición "Series nocturnas", de Borja Mucientes, dividida en dúas partes, separadas polos dous pisos da Casa da Cultura Salvador de Madariaga. "Espazos" estará na primeira planta e mostra 19 imaxes urbanas e nocturnas. "Túneles", a segunda parte da exposición, compóñena 18 fotografías, tamén tomadas de noite, que se colocarán na planta baixa do edificio. Borja Mucientes, nado en 1980, é un dos creadores galegos con máis proxección internacional. Na actualidade está instalado en Londres e traballa tanto no campo da fotografía coma no do cine, sempre con profundidade semántica e unha estética moi persoal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galería Sargadelos: exposición “Sofás”, de Amador Iravedra

venres, 17 xuño 2011, 10:25 | Category : exposicións, fotografía
Tags : , ,

Do Sofás Amador Iravedravenres 17 de xuño ao mércores 17 de agosto
Galería Sargadelos (Rúa Real, 56)
De luns a venres: de 17:30 a 20:30 h.
Sábados: de 11:00 a 14:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición fotográfica "Sofás", de Amador Iravedra. En palabras do seu autor: "Un tiempo después empecé a fijarme en los catálogos de sofás y su mundo ideal de hogares y familias felices, inspirado por esa publicidad decidí montar mi propia campaña: SOFÁS IRAVEDRA, con camisetas y cartelería previas a mis exposiciones, que con un guiño despistan al espectador y lo introducen en una galería a ver la serie de fotografías SOFÁS".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición “Metamorfose en 2D”, de Sito López, na Libraría Endo

xoves, 9 xuño 2011, 11:10 | Category : exposicións, fotografía
Tags : , , ,

Do Metamorfose Endovenres 10 de xuño ao venres 8 de xullo
Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41, baixo)
De luns a venres: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición "Metamorfose en 2D", do fotógrafo e deseñador gráfico Sito López, que utilizou como modelo a Erika Seven, coñecida cosplayer galega, mostrando a transfiguración do corpo dunha persoal real a un soporte en 2D como é, neste caso, o tema anime, videoxogos, fan art, ilustracións de temática xaponesa... grazas á fotografia e o photoshop. A inauguración terá lugar o venres 10 de xuño ás 20:00 horas, e estarán presentes Sito López e Erika Seven falando sobre o proceso creativo e a súa experiencia con este traballo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Kiosko Alfonso: exposición “Áfricas, de Haití a Somalia”, de Luis Gabú

mércores, 8 xuño 2011, 12:05 | Category : exposicións, fotografía
Tags : , ,

Do LUIS GABÚ expo KIOSKO ALFONSOxoves 9 de xuño ao domingo 31 de xullo
Kiosko Alfonso
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición "Áfricas, de Haití a Somalia" fai un percorrido da visión artística de Luis Gabú, baixo un enfoque fotográfico, polas diferentes Áfricas desde un punto de vista espiritual e cultural. Desde Somalia no oriente continental africano até Haití no occidente atlántico, a obra exposta resume 13 anos do camiñar do autor polas Áfricas. Islam, cristianismo, animismo e sincretismo vudú fúndense nesta exposición desde o máis íntimo e puro das súas crenzas baixo unha linguaxe plástica de luces e sombras, as intensas, sofocantes, sensuais e vitais luces e sombras das diversas Áfricas no máis amplo e rico sentido da palabra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa Museo Casares Quiroga: exposición “O corpo e o espazo”, da Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso

Do cartel_corpo_espazomartes 7 ao xoves 30 de xuño
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12)
De martes a sábado: de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:00 h.
Domingos e festivos: de 10:30 a 14:00. Luns, pechado.
Entrada libre até completar capacidade.

"O corpo e o espazo" recolle traballos de alumnos da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña, e permanecerá aberta todo o mes de xuño. A exposición terá dúas sedes, unha na Casa Museo Casares Quiroga e a outra na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (Rúa Pelamios, 2). O visitante poderá atopar intervencións de pintura mural, videoarte, cerámica artística, deseño gráfico, escultura, fotografía, maquetas, proxectos de interiorismo e obras de dourado e policromía. Todos os diversos estudos que se poden cursar na Escola Pablo Picasso están representados. O fío condutor da mostra integra as diversas lenguaxes e manifestacións artísticas. A figura humana ten sido un dos temas fundamentais da arte de todos os tempos, esta mostra vai máis aló porque coas súas instalacións intervén e dialoga cos propios espazos da exposición.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aquarium Finisterrae: exposición fotográfica “Cores do mar”, de Ángel Carracedo

Aquarium Cores do marFinisterrae
Do venres 3 de xuño até finais do verán.
Dentro dos horarios de apertura do Aquarium Finisterrae.

A exposición fotográfica "Cores do mar" é a primeira incursión do coñecido científico Ángel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal na Universidade de Santiago e director do Instituto de Ciencias Forenses da Universidade de Santiago e da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS), que dirixiu tamén o Centro Nacional de Xenotipado (Nodo USC) e publicou 10 libros e uns 350 artigos en revistas científicas de impacto, entre elas Nature, Nature Genetics e Science. É membro de comités directivos ou asesores de numerosos organismos científicos, sociedades científicas e organismos reguladores en moitos países. Recibiu numerosos premios entre eles a Medalla Castelao, a Medalla de Galicia, o premio Jaime I de Investigación, o Premio Galicia de Investigación, a medalla Galien, a Cruz ao Mérito Policial entre outros.
Segundo comenta o autor: "Ademais da xenética sempre me gustou o mar e a natureza, e desde neno aprendín a mergullar e a admirar as marabillas dos nosos fondos mariños, a súa riqueza biolóxica e as súas cores. Hai anos, vendo como, pouco a pouco, se estaba a perder o que tiñamos, intentei fotografar e facer un catálogo de toda esa diversidade por se os meus fillos non chegaban sequera a vela. Esta é unha escolma de fotos dun aficionado, pero sobre todo dun namorado do noso mar que é moi consciente do esforzo que temos que facer todos para coidalo e preservar unha riqueza singular. Para min a súa beleza é difícil de igualar, e esta é unha razón máis para gozar del e aprender a entendelo porque canto mellor se coñece mais se lle quere".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca de Estudos Locais: presentación de “Elos”, de Paula Gómez del Valle

Xoves Elos_PaulaGV2
Biblioteca Municipal de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación de "Elos", un libro con fotografías de Paula Gómez del Valle e poemas de Txiki Calvo, François Davo e Rodrigo Varela, publicado en Edicións Morgante. Deixamos unha parte do seu prólogo, a cargo de Tati Mancebo: "Paula abre os nosos ollos ou enfoca as nosas vistas inexperientes para cousas que só alcanzaremos a ver nas súas fotografías. As súas fotos son así lentes máxicos, con que nos agasalla para ela ter con quen partillar o seu gozo: un brillo único que precisa dunha garrafa ou dun violín onde pousar, para deixarse atrapar por quen ten a capacidade de o ver, un brillo como ser etéreo na procura de ollos activos que lle concedan unha identidade bidimensional. (...) "Elos" é tamén un diálogo aberto entre a imaxe e a palabra, ou entre a palabra visual e a palabra escrita, onde François Davo, Txiki Calvo e Rodrigo Varela toman o papel de interlocutores, de primeiros destinatarios das mensaxes da medium, cuxos testemuños se recollen e dan unha nova dimensión aos retratos do invisíbel de Paula."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición fotográfica “Pensamentos”, de Román Montesinos, na A. C. Alexandre Bóveda

mércores, 1 xuño 2011, 11:01 | Category : exposicións, fotografía
Tags : , ,

DoRomán Montesinos Pensamentos xoves 2 ao xoves 30 de xuño
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
De luns a venres, de 16:30 a 20:30 horas
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición de fotografías de Román Montesinos (A Coruña, 1952) : "Pensamentos". A inauguración terá lugar no salón de actos da entidade o xoves 2 de xuño ás 20:30 horas. O autor, catedrático de Escola Universitaria da área de Paleontoloxía da Universidade da Coruña, é un experto en fotografía metafórica. Emprega obxectos e a linguaxe visual (metáfora fotográfica - poesía visual) para expresar ideas ou situacións con matices irónicos ou humorísticos con ideas nas que poden subxacer frecuentemente dobres sentidos. Autor de varias exposicións en Oviedo, A Coruña, Culleredo e Lugo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio Municipal: exposición “Miradas dunha Torre”, de Pablo Candamio e Ánxeles Penas

Do Miradas dunha Torremartes 31 de maio ao domingo 26 de xuño
Sala de Exposicións do Palacio Municipal
De 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas
Entrada libre até completar capacidade.

"Miradas dunha Torre" é un proxecto aberto e heteroxéneo da pintora poeta Ánxeles Penas e do fotógrafo Pablo Candamio, no que, cautivados pola beleza, o magnetismo e a maxia da coruñesa Torre de Hércules, buscan reflectir as súas caras ocultas e dimensións artísticas a través das súas persoais miradas. Neste mes de xuño no que se celebra o segundo aniversario do recoñecemento da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, fotografía, pintura e poesía renden homenaxe á icona da nosa cidade. A inauguración terá lugar o martes 31 de maio ás 20:00 horas. Deixamos aquí a portada: Miradas dunha Torre 2011-06 portada, e o interior:  Miradas dunha Torre 2011-06 interior, do catálogo desta exposición.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición fotográfica “Adestrando un soño”, de Gabriel Tizón, no exterior do Palacio de Deportes

venres, 27 maio 2011, 11:28 | Category : exposicións, fotografía
Tags : , ,

DoGabriel Tizón venres 27 de maio ao mércores 31 de agosto
Exterior do Complexo Deportivo de Riazor
Acceso libre.

"Adestrando un soño" é un proxecto de Gabriel Tizón (Ferrol, 1973) de exposición fotográfica na rúa. Ocupando as vidreiras do complexo deportivo de Riazor, sete grandes imaxes nos mostras a nenos de África xogando ao fútbol, sen dúbida o deporte máis seguido do continente. Boa parte do ocio de nenos, mozos e adultos xira en torno ao fútbol. Para moitos destes mozos Europa é o mundo dos grandes futbolistas, con contratos millonarios. Chegar a esa rica Europa é o obxectivo e o fútbol é o máis grato dos camiños. Con estas imaxes o xogo destes nenos poderá ser contemplado nun grande estadio como é Riazor. Dirixido ao gran público, ten unha mensaxe especial aos nosos nenos e mozos: o deporte é basicamente un xogo que para ser gozado non necesita uns grandes medios. Pretende tamén chamar a atención aos nosos deportistas profesionais e unha petición de implicación social. Organizado polas Concellarías de Deportes e de Cultura, as sete imaxes ocupan case 100 metros cadrados das ventás do pavillón municipal, sendo visibles dende o paseo e a praia de Riazor. A exposición permanecerá durante o verán.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mañá xoves, 26 de maio, remata a exposición ‘World Press Photo 2011′, no Aquarium Finisterrae

A exposición "World Press Photo 2011", estreada no Aquarium Finisterreae o xoves 28 de abril, e que foi visitada por 23.005 persoas, remata mañá xoves, 26 de maio.
Trátase da exposición das mellores fotografías realizadas por fotoxornalistas de todo o mundo. Son as imaxes premiadas no maior e máis prestixioso concurso de fotografía de prensa, World Press Photo. A fotografía gañadora desta edición é unha instantánea de Jodi Bieber mostra a unha muller de 18 anos, Aisha Bibi, da provincia de Oruzgan, en Afganistán, que fuxiu da casa do seu marido á casa da súa familia, queixándose do trato violento recibido. Os talibáns chegaron unha noite, esixindo que Bibi fose axustizada. Pouco despois, un comandante talibán pronunciou o seu veredicto, e mentres o seu cuñado a agarraba, o marido cortoulle as orellas e o nariz. Aisha foi abandonada, pero máis tarde foi rescatada por cooperantes e militares estadounidenses. Despois dun tempo nun refuxio para mulleres en Kabul, foi levada a Estados Unidos, onde foi tratada das súas feridas e sometida a cirurxía reconstructiva. Aisha Bibi vive hoxe nos EUA. O xurado concedeu ademáis premios en nove categorías temáticas a 55 fotógrafos de Australia, Bangla Desh, Brasil, Canadá, China, Dinamarca, Francia, Alemaña, Haití, Hong Kong, Hungría, India, Indonesia, Irlanda, Israel, Italia, México, Países Baixos, Polonia, Somalia, Sudáfrica, España e Estados Unidos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Rodríguez Iglesias: exposición “Palabras imaxi-nadas”, de Paula Gómez del Valle

Do Palabras imaxinadas Paulaluns 23 de maio ao luns 20 de xuño
Fundación Rodríguez Iglesias (Edificio Hércules. Paseo Marítimo, Avenida Barrié de la Maza, 20)
De 09:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Domingos pechado.
Entrada libre até completar capacidade.

Exposición fotográfica de Paula Gómez del Valle: "Palabras imaxi-nadas". Inaugúrase o venres 20 de maio ás 20:30 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festa do Libro: actividades do martes 17, último día

FinalizaFesta do libro esta nova edición da FESTA DO LIBRO, aberta desde o venres 13 nos Xardíns de Méndez Núñez, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Este é o programa de actividades para o seu último día: PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:

* Martes 17:
- 12:00 h.- Lectura colectiva e música. Organiza Queremos Galego. No Obelisco.
- De 17:30 a 19:30 h.- "Se queres un retrato faicho Xurxo Lobato". Se compras libros na Festa agasallámosche cun retrato que che fará Xurxo Lobato e que poderás visualizar, engadir notas, comentarios e descargar en tamaño e resolución orixinal desde Flickr. No Palco da Música.
- 18:00 h.- Presentación da serie de novelas "Suso Espada", de Francisco X. Fernández Naval (Ed. Everest). Lectura de fragmentos da última entrega "Suso Espada. Nota Roja". Participan Irene Penas, directora de Everest Galicia e o propio autor. No Kiosco Alfonso.
- 18:00 h.- Visita guiada á exposición de Quintana Martelo. No Kiosco Alfonso.
- 19:00 h.- Actuación de Nova Galega de Danza: "Tradicción". Diante do Kiosco Alfonso.
- 20:00 h.- "Declaración audiovisual: Lois Pereiro", por Xurxo Souto e Fran Amil. No Kiosco Alfonso.
- 20:30 h.- "Moita poesía, pouca diversión". Lucía Aldao e María Lado. Diante do Kiosco Alfonso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google