Actos de entrega dos premios do Facho

Sábado O Facho21
Xardíns de Méndez Núñez (diante do monumento a Curros Henríquez)
12:30
Acceso libre.

Ofrenda floral da A. C. O Facho, durante a cal o seu presidente dará a coñecer os gañadores dos "Concurso de Contos de nenos para nenos Carlos Casares" e o "Concurso de Teatro Infantil". Na cerimonia haberá musica de gaiteiros.

O mesmo sábado, 21 de maio, ás 20:00 horas, na sala de conferencias do Centro Social Nova Caixa Galicia (Avenida da Mariña, s/n.) efectuarase a entrega dos premios.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe, VENTO LOIS na Coruña

A Concerto_Carcere_A3seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 8 da tarde: lectura de textos de Lois, sobre Lois, música, performances, teatro… Se podes argallar ou contribuír a argallar calquera acto, institucional ou persoal, en calquera lugar –bar, praza, monte, praia, recinto cultural- para ese día e esa hora, faino ou, como remataba Lois a súa Modesta proposición: "quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo... (por exemplo)". Na web de Lois Pereiro está habilitado este espazo onde se recollen todas as iniciativas.

Na Coruña terán lugar, o día 12 de maio, estas actividades dentro do VENTO LOIS, todas elas con entrada libre até completar capacidade:
- No Antigo Cárcere Provincial, a partir das 21:00 horas: Concerto Expansivo coa música de Ulträqäns e Loretta Martin; e un recital poético a cargo de Antía Otero, Cesáreo Sánchez Iglesias e Xulio López Valcárcel. Presentan Manuel Rivas e Xurxo Souto.

- No Salón de Actos do Museo de Belas Artes, ás 20:00 horas, terá lugar a lectura do Manifesto Loisista, a proxección de varios videopoemas de Pedro Ramos sobre a obra de Lois, e un recital coa participación de Andrés Ibáñez -perfomance cos textos ¿Que é Galicia? e Narcisismo-, Olga Patiño, Tiago Acosta, Juan García e unha performance de Uxía Vázquez a partir de Dyn-Amo e Steve Dwoskin ós trinta anos.

- Na Biblioteca González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, s/n), ás 20:00 h., espectáculo de teatro con música en directo "Poesía última de Lois Pereiro", por Fantoches Baj.

- No Centro de Formación Profesional "Tomás Barros" (Rúa Ramón María Aller, 10, entrechán), a partir das 12:30 horas, os alumnos e profesores súmanse ao VENTO LOIS coa ventisca do Manifesto Loisista, seguida do vendaval participativo de poemas de Lois a cargo do alumnado; para dar paso a unha breve brisa biográfica con protagonistas monfortinos; e estoupar cun furacán musical de melodías domésticas. O acto estará aberto a todo o público que queira acudir.

2011-05-12 Biblioteca González Garcés Lois Pereiro

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: Gala homenaxe a Lois Pereiro

Mércores Canción do náufrago 1 Lois Pereiro Apuntamentos11
Fórum Metropolitano
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Organizada pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, a Gala homenaxe a Lois Pereiro comporase dun recital poético de compañeiros de Lois Pereiro no grupo "De Amor e Desamor" e un concerto de Manu Clavijo versionando obras do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

VENTO LOIS na Coruña

A Concerto_Carcere_A3seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 8 da tarde: lectura de textos de Lois, sobre Lois, música, performances, teatro… Se podes argallar ou contribuír a argallar calquera acto, institucional ou persoal, en calquera lugar –bar, praza, monte, praia, recinto cultural- para ese día e esa hora, faino ou, como remataba Lois a súa Modesta proposición: "quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo... (por exemplo)".
Na web de Lois Pereiro está habilitado este espazo para que anotar as iniciativas de cada localidade, e así organizar xente, propostas e esforzos. Xúntase tamén unha proposta de escaleta. As dúbidas ao enderezo oficial  loispereiro2011 at gmail.com.

Na Coruña terán lugar, o día 12 de maio, estas actividades dentro do VENTO LOIS, todas elas con entrada libre até completar capacidade:
- No Antigo Cárcere Provincial, a partir das 21:00 horas: Concerto Expansivo coa música de Ulträqäns e Loretta Martin; e un recital poético a cargo de Antía Otero, Cesáreo Sánchez Iglesias e Xulio López Valcárcel. Presentan Manuel Rivas e Xurxo Souto.

- No Salón de Actos do Museo de Belas Artes, ás 20:00 horas, terá lugar a lectura do Manifesto Loisista, a proxección de varios videopoemas de Pedro Ramos sobre a obra de Lois, e un recital coa participación de Andrés Ibáñez -perfomance cos textos ¿Que é Galicia? e Narcisismo-, Olga Patiño, Tiago Acosta, Juan García e unha performance de Uxía Vázquez a partir de Dyn-Amo e Steve Dwoskin ós trinta anos.

- Na Biblioteca González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, s/n), ás 20:00 h., espectáculo de teatro con música en directo "Poesía última de Lois Pereiro", por Fantoches Baj.

- No Centro de Formación Profesional "Tomás Barros" (Rúa Ramón María Aller, 10, entrechán), a partir das 12:30 horas, os alumnos e profesores súmanse ao VENTO LOIS coa ventisca do Manifesto Loisista, seguida do vendaval participativo de poemas de Lois a cargo do alumnado; para dar paso a unha breve brisa biográfica con protagonistas monfortinos; e estoupar cun furacán musical de melodías domésticas. O acto estará aberto a todo o público que queira acudir.

2011-05-12 Biblioteca González Garcés Lois Pereiro

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio Municipal: exposición “Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi posmoderna (Homenaxe a Lois Pereiro)”

Do martes 19 de abril ao martes 17 de maio
Sala de Exposicións do Palacio Municipal
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición "Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi postmoderna (Homenaxe a Lois Pereiro)", comisariada por Xosé Manuel Pereiro, recolle obxectos e imaxes do arranque da modernidade en Coruña, desde os discos dos nosos grupos, as diferentes revistas e fanzines (e algún dos foráneos e que máis influíron), diferentes imaxes das accións culturais máis destacadas, xunto as videocreacións que daquella constituían unha arte emerxente, sen esquecer os principais grupos de artistas plásticos e literarios. Un capítulo especial está dedicado a Lois Pereiro, protagonista destacado desta eclosión. A exposición é unha mostra de orixinais que se articula en oito espazos: "Marea de modernidade"; "Todo naceu cos Ramones"; "Novos tempos, novos templos"; "A banda sonora do futuro"; "VHS"; "Cadernos de Bitácora"; "A Coruña Faro da posmodernidade" e "Lois Pereiro". Con esta mostra quérese recordar unha época de grande trascendencia cultural, que tivo un grande eco nos medios, e que estivera marcada pola gran participación dende a rúa, rompendo cos tradicionais itinerarios da produción e presentación. A grande renovación cultural en toda España tivo na nosa cidade un dos epicentros, como se quere plasmar na exposición.
Deixamos a disposición da cidadanía o seu catálogo: Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi posmoderna.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio Municipal: Hoxe inaugúrase a exposición “Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi postmoderna (Homenaxe a Lois Pereiro)”

Do martes 19 de abril ao martes 17 de maio
Sala de Exposicións do Palacio Municipal
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición "Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi postmoderna (Homenaxe a Lois Pereiro)", comisariada por Xosé Manuel Pereiro, recolle obxectos e imaxes do arranque da modernidade en Coruña, desde os discos dos nosos grupos, as diferentes revistas e fanzines (e algún dos foráneos e que máis influíron), diferentes imaxes das accións culturais máis destacadas, xunto as videocreacións que daquella constituían unha arte emerxente, sen esquecer os principais grupos de artistas plásticos e literarios. Un capítulo especial está dedicado a Lois Pereiro, protagonista destacado desta eclosión. A exposición é unha mostra de orixinais que se articula en oito espazos: Marea de modernidade; Todo naceu cos Ramones; Novos tempos, novos templos; A banda sonora do futuro; VHS; Cadernos de Bitácora; A Coruña Faro da posmodernidade e Lois Pereiro. Con esta mostra quérese recordar unha época de grande trascendencia cultural, que tivo un grande eco nos medios, e que estivera marcada pola gran participación dende a rúa, rompendo cos tradicionais itinerarios da produción e presentación. A grande renovación cultural en toda España tivo na nosa cidade un dos epicentros, como se quere plasmar na exposición.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Cinco poetas con Cunqueiro”, recital homenaxe con poesía e música

Domingo Cunqueiro10
A Taberna de Cunqueiro (Rúa da Estrela, 22)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Para finalizar o ciclo "Cinco días con Cunqueiro", organizado pola Concellaría de Cultura en homenaxe ao autor mindoniense, do que este ano se cumpre o centenario do seu nacemento, terá lugar o recital "Cinco poetas con Cunqueiro", coa participación de Yolanda Castaño, Antón Reixa, Xavier Seoane, Lino Braxe e Rómulo Sanjurjo. A poesía de Cunqueiro ao carón da música, e na compaña de cinco receitas de Don Álvaro. Os versos de "Mar ao norde", "Poemas do si e non", "Cantiga nova que se chama ribeira", "Dona do corpo delgado" ou "Herba de aquí e acolá", ao son do acordeón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Acto de lembranza das vítimas da represión franquista

Sábado CRMH9
Memorial da Avenida de Navarra
19:30
Participación libre até completar capacidade.

Organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, dentro das actividades de celebración do 80 aniversario da proclamación da II República (pódense descargar aquí): Actos de lembranza do 80 aniversario do 14 de abril de 1931, terá lugar este acto de lembranza das vítimas da represión franquista.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca”, de Álvaro Cunqueiro, por Sarabela Teatro, no ciclo Principal

Venres O incerto señor don hamlet8 e sábado 9
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: desconto dun 20%).

Dentro do Ciclo Principal, e como parte dos "Cinco días con Cunqueiro", organizado pola Concellaría de Cultura en homenaxe ao autor mindoniense, do que este ano se cumpre o centenario do seu nacemento, representación de "O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca" por Sarabela Teatro, que nos achega a esta obra única de Álvaro Cunqueiro, texto lírico, intertextual e complexo que leva implícito ritmo, musicalidade, escrita de realismo soñado, con grandes acertos técnicos, forza dramática e orixinalidade. Unha montaxe cunha teatralidade nova do mal, combinada co uso da ironía e procedementos lúdicos; na que se equilibran as forzas: amor/morte. "O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca", establece pontes entre tradicións culturais, seguindo a tendencia europea do teatro de mitos, adaptándose á sociedade actual. Con Josito Porto, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Nate Borrajo, Tito Asorey, Elena Seijo e Fina Calleja, baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Novacaixagalicia: “Homenaxe a Isaac Díaz Pardo”

Mércores 6
Fundación Novacaixagalicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, dentro das actividades de celebración do 80 aniversario da proclamación da II República (pódense descargar aquí): Actos de lembranza do 80 aniversario do 14 de abril de 1931, terá lugar esta "Homenaxe a Isaac Díaz Pardo", coas intervencións de Manuel Rivas, Xosé Ramón Fandiño e Francisco Pillado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Cinco días con Cunqueiro”: charla musicada “A poesía de Álvaro Cunqueiro”, con César Morán

Martes 5
Kiosko Alfonso
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "Cinco días con Cunqueiro", organizado pola Concellaría de Cultura en homenaxe ao autor mindoniense, do que este ano se cumpre o centenario do seu nacemento, terá lugar a charla musicada: "A poesía de Álvaro Cunqueiro", a cargo de César Morán. O ciclo completo pódese descargar aquí: Cinco dias con Cunqueiro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Cinco días con Cunqueiro”: conferencia de Miguel Mato no Kiosko Alfonso

Luns 4
Kiosko Alfonso
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "Cinco días con Cunqueiro", organizado pola Concellaría de Cultura en homenaxe ao autor mindoniense, do que este ano se cumpre o centenario do seu nacemento, terá lugar a conferencia de Miguel Mato: "Notas ao documental da AS-PG: Don Álvaro Cunqueiro ou o camiño da memória". O programa completo pódese descargar aquí: Cinco dias con Cunqueiro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca González Garcés: inauguración da exposición “Querido Balbino”, sobre a obra de Xosé Neira Vilas

Venres 1
Biblioteca González Garcés
11:00
Entrada libre até completar capacidade.

Inauguración da exposición de cubertas arredor das distintas edicións en diferentes linguas de "Memorias dun neno labrego", "Querido Balbino", organizada pola Dirección Xeral do Libro. No acto, Gálix entregará ao escritor Xosé Neira Vilas o título que o acredita como Socio de Honra da asociación.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actividades de homenaxe a Lois Pereiro

Achegamos o programa de actos de homenaxe á figura de Lois Pereiro, o poeta falecido na cidade no ano 1996 e ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2011:

- Domingo 20 de marzo:
* 12:30-12:50 h. Pasarrúas desde a Praza de María Pita pola Rúa Rego de Auga até chegar ao Teatro Rosalía de Castro, coa actuación da Banda Municipal de Música.
* 13:00 h. Teatro Rosalía de Castro. Recital espontáneo con poetas e aberto a toda a cidadanía que queira asistir á actividade. No acto repartiranse octavillas cunha escolma que Manuel Rivas fixo de Lois Pereiro e escoitarase a palabra cantada de Manu Clavijo e outros cantautores. O mantedor do acto será Lino Braxe.
Para a lectura no Teatro Rosalía chámase a toda a cidadanía para ler textos, que poden ser versos de Lois, versos de poetas/autores que lle gustaban a Lois ou poemas escritos para a ocasión, e darlle deste xeito a mellor das homenaxes, a voz e o recoñecemento común de todos nós.

- Xoves 7 de abril. Teatro Rosalía de Castro. Espectáculo escénico "Mundo Lois", ideado por Antón Reixa e dirixido por Lino Braxe, co que se pretende difundir a través da imaxe a obra de Lois Pereiro.

- Asimesmo desde a Concellaría de Cultura estase a traballar nunha pequena publicación que incluirá un roteiro que nos levará por aqueles lugares da cidade que foron importantes na vida de Lois Pereiro. Este roteiro está sendo preparado por Inés, a súa irmá.

- Pola súa banda, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas chamaron á participación nun concerto de música a celebrar en varios lugares. Animan a todo aquel que estea interesado en musicar a obra de Lois Pereiro a informarse e anotarse na páxina web dedicada ao autor, onde tamén se poderán enterar de todas as novidades do ano Lois. Esta actividade é realizada en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (A.E.L.G.), Pen Club, Asociación Galega de Editores (A.G.E.) e Real Academia Galega.

Deixamos aquí esta escolma da "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", de Lois Pereiro, preparada por Manuel Rivas:

Loita, furia, humor... Amén!

"Xa entendes o que quero dicir:
non cambiar de señores, senón non ter ningún"
Bertolt Brecht

"Vivimos malos tempos para a reflexión e a resistencia neste imperio zombie de Microsoft mental.
¿E de que parte estaba eu? Da parte dos que intenten dalgún xeito non contribuír a que esa roda opresiva e maldita (unha historia da infamia que xa non nos permite ser inxenuos) continúe a xirar eternamente, perpetuando, cun cíclico cambio de papeis de amos ou escravos, a mesma situación ata que a terra estoupe de noxo e perversión, farta de nós.
Se alguén non o sabía xa é que estaba cego: non queremos ter amos.
Pode que xa nos atopemos a poucos metros da nosa extinción, pero o sentido do humor pervivirá sempre, e o sentido crítico deixa un rastro detrás, con mans, sen elas, cos miolos no cranio ou espallados polo chan. Volveremos á terra, e aos outros elementos primordiais. Como dicía Zeca Afonso: "Camaradas de armas dos catro elementos!..."
Agora aínda teño liberdade de opción para exiliar o meu espírito no Ártico, en Asia ou no Nepal, e teño permiso para que nada humano me sexa alleo. Por iso podo decidir militar na miña propia lingua, "porque me peta e quero e dáme a gaña...". Moitas culturas crúzanse no meu espírito e no meu corazón non hai fronteiras. Ninguén me impediu nunca ser máis crítico e sarcástico co que eu sinto máis meu, propio e herdado.
Se me permite seguir axudando á defensa que non procura dominar nin agredir, seguirá a ser unha loita compartida por min: da tropa dos vencidos. Terra, Lingua, Cultura, Dereito á diferenza. Mente aberta ao mundo... e nada máis.
Defendámonos, logo, caladamente, con furia, ou con humor tibetano, pero non transixamos cunha soia agresión máis.
Sempre haberá novas vías para resistir, para opoñernos e non ser submisos, como a estratexia humilde e provocadora de Bartleby, o gris e lúcido escribente de Melville, que para non someterse sen máis ás ordes arbitrarias, dicía simplemente, sen ira, pero teimosamente: "Preferiría non facelo".
A reflexión, as ideas, a creación ou as palabras. A arte e a cultura é sempre o que me salva da tentación da morte e me anima a reiniciar.
A verdadeira poesía nunca minte, por ferinte que sexa. Quen crea algo sen intencións perversas é inocente da súa posible perversión. Bernhard, Beckett, Cioran, Genet, Celan, Valente, Shopenhauer, Pound, Carver, Poe... tiñan razón, temos razón. E tiñan razón Yeats, Dylan Thomas, Eliot, Joyce, Homero, Dante... temos razón tamén a un tempo, como todos os atormentados ou felices pintores da Beleza e das tebras que cohabitan comigo o meu cerebro, discutindo sen pausa dentro da miña alma...
E a verdade é que "na miña vida nunca vin máis que tolos e enfermos” (Bernhard); que "Morrer é ben doado; vivir é o difícil" (Maiakowski) e tamén que "Vivir é fácil. Arduo sobrevivir ao vivido" (Valente).
O obxectivo ha ser sempre un Universo que se expande.
A dor, a escuridade, o mal tamén existen por nós e contra nós, pero axudan a que a beleza e o pracer sexan aínda máis brillantes. Por iso non debemos evitar, para aforrarnos sufrimento, a parte máis escura en cada cousa, porque produce a lucidez e o horror de seu coñecemento.
Aprender é unha vitoria. Dubidar é unha loita continua, e a Crítica nunca hai que desterrala.
Porque se non hai dogmas nin bandeiras que nos guíen estamos obrigados a escoller as cousas e as ideas máis dignas do noso nivel de ética e de xenerosidade, sen o inxenuo optimismo escarmentado, e sen un pesimismo opaco e ben alimentado que nos deteña e nos permita unha indiferente neutralidade falsa.
Xa non imos ser cómplices do que nos indigne ou nos avergoñe. Nada é inmutable. Todo se transforma. Amén."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Luís Seoane: “Homenaxe a Manuel Espiña Gamallo”

Venres 11
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

"Homenaxe a Manuel Espiña Gamallo". Intervirán: Celia Castro, Luz Pozo, Felipe Senén, Francisco Pillado, Manuel Rivas e Victorino Pérez Prieto. Actuacións musicais de Mini e Mero e Coral Polifónica Follas Novas. Organizada pola Comunidade Home Novo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google