Teatro Rosalía: “Monólogos de Navidad”, Xavier Deltell e Bermúdez
Xoves
29
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 10, 12, 14 e 18 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).
"Monólogos de Navidad", coa participación de Xavier Deltell e Bermúdez. O lleidano Xavier Deltell tratou de empezar a súa carreira humorística nunha chirigota de Cádiz, pero como a distancia era un problema buscou traballo na radio para colmar a súa sede de humor ata situarse ao pouco tempo detrás dun micrófono en Radio Barcelona da Cadena Ser. Músico, actor e showman, o madrileño Carlos del Soto, "Bermúdez", prodigouse como analista da corrente alterna nos últimos anos nun sen número de programas de televisión como El Club de Flo, Los irrepetibles, El humor de tu vida, La noche con... Fuentes y Cía, El Club de la Comedia, Hermanos de leche, etc., ademais de, buscando tempo onde non o tiña, crear o seu propio espectáculo, facer noite de cómicos, escribir algunha historia contraditoria ou acudir aos programas dos amigos.
Teatro Rosalía: “Pataca minuta”, de Producións Teatrais Excéntricas
Venres
8
Teatro Rosalía de Castro
21:00
Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros.
"Pataca minuta", de estrea aquí na Coruña, é un espectáculo humorístico-musical formado por sketchs alternados por números musicais cómicos. Humor amable, aceptable para todo tipo de público, respectuoso pero sen prescindir da crítica e do carácter incisivo propio da arte da parodia. De Producións Teatrais Excéntricas, con Federico Pérez, Evaristo Calvo, Marcos Correa e os músicos Piti Sanz e Anxo Graña.
Teatro Rosalía: “Ordem e Progresso”, con Carlos Blanco e Sérgio Tannus Trio
Sábado
11
Teatro Rosalía de Castro
21:00
Entradas: 7 e 10 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: -20 %).
A frase Ordem e Progresso aparece na bandeira do Brasil. Ordem e Progresso: algo absurdo nun país aparentemente feliz, e caótico? Ordem e Progresso: unha mirada ao novo mundo, a ese Brasil recoñecible ... e non. O humor de Carlos Blanco chega con ritmo de pandeiro e de cavaquinho, e o fútbol, e o sexo, e as risas, acompañado por Sérgio Tannus Trío (Sérgio Tannus, Sérgio Sales e Paulo Silva).
Biblioteca da Sagrada Familia: “Da farándula e outras lerias”
Xoves
24
Biblioteca da Sagrada Familia (R/ Antonio Pereira, 1)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.
A vida do teatro dá para moitos contos e anécdotas. Este será o eixo do encontro, que vai discorrer en clave de humor, cun actor, para celebrar, deste xeito, o Día Mundial do Teatro. Por razóns de "exclusividade" do actor en cuestión, non se dará a coñecer o seu nome ata o mesmo momento do encontro. Somentes coñecemos as súas iniciais, L.T., e que será entrevistado pola famosísima e mediática presentadora "Ana Oregón". Grazas a este actor poderemos saber non só dos cotilleos da farándula teatral do estado e do resto do mundo, senón tamén curiosidades históricas que explican moitos dos costumes e ditos do teatro e da arte da actuación en xeral.
Palacio da Ópera: “Yes, we Spain”, con Carlos Latre
Sábado
19
Palacio da Ópera
20:30
Entradas: 13, 17 e 21 euros.
Carlos Latre sube por primeira vez ao escenario totalmente en solitario para interpretar a máis de 70 personaxes nunha mesma acción. Ao humor, xa sobradamente coñecido do artista, recoñecido como o mellor imitador de España, únese esta vez unha historia irreverente, politicamente incorrecta e actualmente baixo a dirección do recoñecido director teatral Joan Lluís Bozzo de Dagoll Dagom. Personaxes de hoxe e de sempre, novas caricaturas do humorista, corazón, política, sociedade, cultura e deporte… todo un mundo de personaxes, voces e rexistros que sorprenderán nunha hora e cuarto de diversión.
Palacio da Ópera: Más Morancos que nunca
Sábado
12
Palacio da Ópera
21:00
Entradas: 20, 25 e 30 euros.
Espectáculo "Más Morancos que nunca" do dúo de humoristas "Los Morancos".
Teatro Rosalía: “O peor de Mofa e Befa”, dentro das Xornadas Excéntricas
Mércores
9
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, -20%; con "Shakespeare para ignorantes" e "Un cranio furado", -40%).
Continúan as "Xornadas Excéntricas", con "O peor de Mofa e Befa", un espectáculo único e irrepetible con convidados sorpresa e que supón un repaso polos 18 anos de existencia deste dúo formado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.
Palacio da Ópera: “Gala Solidaria de Cómicos Galegos Intermón-Oxfam”
Sábado
5
Palacio da Ópera
19:30
Horario: 10 euros.
"Gala Solidaria de Cómicos Galegos Intermón-Oxfam". Coa actuación de Danny Boy-Rivera, David Amor, Gari, Isabel Risco, Marta Lado, Oswaldo Digón, Rober Bodegas. Presenta: Belén Regueira. Organiza: Fundación Intermón Oxfam.
Teatro Rosalía: Gala de humor do VII aniversario de Manicómicos
Sábado
8 de xaneiro
Teatro Rosalía de Castro
19:00
Entradas: 8 euros (abono familiar de 3 entradas por 18 euros).
"Queridos e bravos tripulantes do Galeón Pirata Manicómico: na abordaxe prevista ao Teatro Rosalía da insigne cidade da Coruña o día 8 de xaneiro do novo ano, intervirán confeccionando esta Gran Gala de celebración do VII Aniversario de Manicómicos, máis de corenta artistas, entre cómicos, malabaristas, trapecistas, bailaríns, músicos e persoal de a bordo, que participan de forma desinteresada nun espectáculo, apto para todos os públicos, destinado a facerlles pasar a todos unha tarde de risa, que sirva ademáis para recadar fondos para financiar as actividades de Manicómicos de cara o ano 2011. Unha Asociación Cultural sen ánimo de lucro como a nosa -que ten como obxectivos fundamentais os de difundir e promover a comedia e outras artes escénicas, así coma o de ser un viveiro creativo de novas compañías e artistas profesionais, aparte de dinamizar socio-culturalmente o seu entorno, o seu barrio e, en definitiva, a súa cidade e a súa cultura-... ben merece atopar un bo tesouro!!! Na percura do mesmo, e como feito destacable desta gala, é a participación en cuberta de moitos dos alumnos que a Asociación ven formando nos últimos meses no seu amplo programa de ensino teatral. Para tan singular acontecemento, pregamos ao noso benquerido público, nenos, nenas, pais, avós e avoas, que veñan disfrazados como tripulantes que somos todos deste barco, así que ... preparados para zarpar e... á abordaxe, meus piratas!!!"
5º Festival Galego de Cabaré: “Traga Tiérrame”, por Roi Borrallas
Luns
18
Bar Bristol (rúa Torreiro, 11)
22:00
Entrada libre até completar capacidade.
"Traga Tiérrame" é un espectáculo a cargo do polifacético artista vigués Roi Borrallas, instalado recentemente en Valencia. Chegado do mundo do circo e dos zancos (formou parte da Compañía Zancalino Produccións), lánzase ó formato "One man show" con este "Traga Tiérrame" que dun xeito algo gamberro ven rirse dos tópicos do mundo da maxia. O programa completo pódese descargar neste ficheiro: Programa do Festival Galego de Cabaré 2010.
Monólogos no Fórum: Oswaldo Digón
Venres
24
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (4 euros para persoas maiores de 65 anos, desempregados ou con carné xove).
O auditorio do Fórum Metropolitano transfórmase nun café teatro para acoller os monólogos dos mellores humoristas, logrando unha ruptura do espazo escénico que permitirá obter un ambiente máis relaxado e cercano entre o público e o monologuista. Este venres contaremos coa actuación de Oswaldo Digón. Organizado pola Asociación Cultural A Bufarda.
Monólogos no Fórum: Carlos Blanco
Xoves
23
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (4 euros para persoas maiores de 65 anos, desempregados ou con carné xove).
O auditorio do Fórum Metropolitano transfórmase nun café teatro para acoller os monólogos dos mellores humoristas, logrando unha ruptura do espazo escénico que permitirá obter un ambiente máis relaxado e cercano entre o público e o monologuista. Este xoves contaremos coa actuación de Carlos Blanco. Organizado pola Asociación Cultural A Bufarda.
Monólogos no Fórum: Víctor Grande
Mércores
22
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (4 euros para persoas maiores de 65 anos, desempregados ou con carné xove).
O auditorio do Fórum Metropolitano transfórmase nun café teatro para acoller os monólogos dos mellores humoristas, logrando unha ruptura do espazo escénico que permitirá obter un ambiente máis relaxado e cercano entre o público e o monologuista. Este mércores contamos coa actuación de Víctor Grande. Organizado pola Asociación Cultural A Bufarda.
Monólogos no Fórum: Cándido Pazó
Martes
21
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (4 euros para persoas maiores de 65 anos, desempregados ou con carné xove).
O auditorio do Fórum Metropolitano transfórmase nun café teatro para acoller os monólogos dos mellores humoristas, logrando unha ruptura do espazo escénico que permitirá obter un ambiente máis relaxado e cercano entre o público e o monologuista. Este martes contaremos coa actuación de Cándido Pazó. Organizado pola Asociación Cultural A Bufarda.















