39 Feira do Libro: programa do luns 9 de agosto

12.00 h. Maxia. Actuación do Mago Toño.
19.00 h. Presentación da editorial Edicións Barbantesa, a cargo da responsable de edición Penélope Pedreira. No mesmo acto, terá lugar a presentación do libro de poesía "Cos peitos desenchufados", de Elías Portela e do libro de narrativa "As Médulas", de Silvia Bardelás.
19.00 h. O escritor Toño Núñez asinará exemplares do seu libro "Mago Goma", publicado por Kalandraka Editora.
20.00 h. O escritor Manuel Portas presentará o seu libro "Denso recendo a salgado", publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial.
20.00 h. A escritora Eva Moya, firmará exemplares do seu libro "El árbol de los sentimientos", publicado pola Editorial Styria. Ás 21.00 terá lugar a presentación do libro, coa participación da autora.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

39 Feira do Libro: programa do venres 6 de agosto

12.00 h. Espectáculo de contacontos a cargo de Mario Tomás.
18.00 h. O escritor Jordi Sevilla presentará o seu libro "La joven de la foto", publicada por Ellago Ediciones. Xunto co autor, participará no acto o alcalde da Coruña, D. Javier Losada, e o editor Francisco Villegas. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.
19.00 h. Presentación do libro "Construtores", publicado por Factoría K. Participan no acto o autor dos textos, Xulio Gutiérrez, Nicolás Fernández, autor das ilustracións e Paz Castro, representante da editorial.
19.30 h. O escritor Suso de Toro asinará exemplares do seu libro "Sete palabras", publicado por Edicións Xerais de Galicia e do resto da súa obra.
20.00 h. O escritor Vicente Araguas presentará o seu libro "Xuvia–Neda", publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director da editorial.
20.30 h. O escritor Ignacio Bermúdez de Castro Olavide asinará exemplares do seu libro "Una vida en siete días", publicado por Huerga y Fierro Ediciones.
21.00 h. Mesa Redonda: "¿Qué escriben os homes, qué escriben as mulleres?" Participan: Rosa Regàs, Marta Rivera de la Cruz e Vanessa Montfort. Modera: Fernando Marías. Colabora: Ámbito Cultural de El Corte Inglés.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

39 Feira do Libro: programa do xoves 5 de agosto

12.00 h. Maxia. Explorador Esteban Quito, a cargo de Mago Vituco.
19.00 h. Presentación da colección de libros infantís Rodribico, publicada por Baía Edicións. Participan no acto Manuel Guisande, autor dos textos, Xosé Tomás, autor das ilustracións e o debuxante Siro López.
19.00 h. O escritor Manuel Rivas asinará exemplares do seu libro "Milú", publicado por Kalandraka Editora. Tamén asinará exemplares do seu libro "Todo ben", publicado por Edicións Xerais, e do resto da súa obra.
20.00 h. O escritor Xosé Carlos Caneiro presentará o seu libro "Un último destino", publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e Xosé Luis Vilela, director de La Voz de Galicia.
21.00 h. Presentación do libro "Intersecciones", de Pablo de Aguilar González, publicado por editorial Inéditor. Xunto co autor, participará no acto o escritor Juan Mariñas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

39 Feira do Libro da Coruña: programa do domingo 1 agosto

O 1 de agosto inaugúrase2010 08 feiradolibrocartel-001 a 39 edición da Feira do Libro da Coruña, que manterá até o martes 10 de agosto un horario de 11:00 a 14:00 h. polas mañás e de 18:00 a 22:00 h. ás tardes. Como novidade, todos os días, ás 21.45 horas, terá lugar un sorteo de dous vales de 30 euros para mercar libros en galego entre o público que teña mercado libros galegos na feira. Tamén se celebrará, á mesma hora, o tradicional sorteo dun lote de libros.
O programa para o primeiro día da Feira é o seguinte:
11.00 h. Apertura da feira.
12.30 h. Inauguración oficial. Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña e pregón a cargo do escritor coruñés Cesar Antonio Molina.
19.00 h. Sinatura de libros de Cesar Antonio Molina.
19.00 h. Presentación do libro "Proxecto Terra", de José Manuel Rosales, publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto Manuel de la Iglesia, presidente da delegación coruñesa do COAG e o decano do colexio Celestino García Braña.
20.00 h. Tim Bowley, autor dos textos e Oscar Villán, autor das ilustracións asinarán exemplares do seu libro "O rei Oso Branco", publicado por Kalandraka Editora.
20.00 h. A Asociación Ponte nas Ondas presenta o libro disco "Cores do Atlántico", con textos de Ria Lemaire, músicas de Socorro Lira e ilustracións de Quique Bordell, editado por PAI – música. Participan no acto Socorro Lira, Uxía Senlle e o presidente da Asociación, Santiago Veloso.
20.30 h. O escritor Pablo Núñez asinará exemplares do seu libro "Ladrones de Historia", publicado pola Editorial Alrevés.
21.00 h. Presentación e sinatura dos libros "Este circo es un desastre", "El bazar de los sueños" e "Las preguntas de Nair", de Miguel Ángel Villar Pinto (textos), María Seoane (ilustradora) e Mar del Valle (ilustradora), publicados pola Editorial Edimáter. Asistirán ao acto o autor e ilustradoras dos libros e Marina Seoane Pascual, en representación da editorial.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Merendas con contos na biblioteca

venres, 21 maio 2010, 18:24 | Category : infantil, literatura oral
Tags :

Sábado 22
Infantil e Xuvenil (Durán Loriga 10 – tfno.: 981 184 388 )

Máis información nas BIBLIOTECAS MUNICIPAIS.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

X aniversario Asociación Cultural Donaire

venres, 7 maio 2010, 18:31 | Category : danza, infantil, música
Tags :

Domingo 9
17:30
Forum Metropolitano

Cartel Donaire Festival

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro de Yolanda Castaño Mariña surrealista

mércores, 28 abril 2010, 11:38 | Category : infantil, narrativa, presentacións
Tags : ,

Mércores 28;
20:00;
Museo de Belas Artes da Coruña;
Entrada libre até completar aforo.

Presentación do libro de Yolanda Castaño Mariña surrealista, conto infantil ilustrado por Xosé Cobas. O evento contará coa colaboración de Pedro A. Ramos García.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Todo Público: Cósima con Sarabela Teatro

xoves, 18 marzo 2010, 11:00 | Category : infantil, teatro
Tags : ,

cosimaO Forum Metropolitano acollerá mañá venres a representación da obra Cósima de Sarabela Teatro dentro do ciclo Todo público. Contará coa interpretación de Fernando Dacosta, Elena Seijo, Sabela Gago e Tito Asorey baixo a dirección de Anxeles Cuña Bóveda.

Cósima marcha a vivir a unha árbore fuxindo dun pai autoritario e distante. No seu refuxio, a nena segue comunicándose coa súa nai, a pesar da oposición do pai, grazas a unha linguaxe de signos que inventan entre elas. Cósima é un fermoso canto á liberdade de expresión, a saber escoitar, a sentirnos libres para tomar as nosas decisións e a reivindicar o noso espazo e o noso berro.

A cita será o venres 19 ás 19.00 horas no Forum Metropolitano. A entrada costará 5 euros (abono 3 familiar, 12 euros).

Descargar dossier: PDF, 1,3 MB

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A compañía Efelante Elegante presenta O Forno no Forum Metropolitano

venres, 19 febreiro 2010, 11:00 | Category : infantil, teatro
Tags :

A compañía Efelante Elegante presenta O Forno no Forum Metropolitano
OForno2Mañá sábado 20 ás 20.30 h e o domingo 21 ás 19 h o auditorio do Fórum Metropolitano acolle a obra de teatro O Forno da compañía galego-portuguesa Elefante Elegante.

O Forno é un espectáculo musical de Commedia dell’Arte sobre a sociedade de consumo contemporanea destinado a todos os públicos a partir de oito anos. A función convida a reflexionar sobre a forma en que estamos vivindo en sociedade e a maneira en que estamos empregando os recursos naturais e o destino que lles reservamos neste inicio do século XXI. A temática é abordada a través do riso, do xesto e da música en directo, nun espectáculo inspirado na inxenuidade da Commedia dell’Arte e no burlesco brechtiano.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

14 pelis para os peques: Os osos amorosos no País das Marabillas

venres, 19 febreiro 2010, 10:45 | Category : cinema, infantil
Tags :

O ciclo de cine para nenos 14 PELIS PARA OS PEQUES, que se celebra todos os sábados de xaneiro a abril ás 18:00 horas, tráenos mañá sábado 20 de febreiro o filme Os osos amorosos no País das Marabillas. Na película hai un malvado bruxo que quere coroarse Rei do País das Marabillas tras a misteriosa desaparición da princesa, mais os osos amorosos dedicarán todo o seu esforzo para evitalo.

O ciclo desenvólvese no MACUF coa colaboración da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Linguística do Concello da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro-disco Tic-Tac de Pablo Díaz

mércores, 17 febreiro 2010, 2:00 | Category : Libro e lectura, infantil, música, presentacións
Tags :

O músico Pablo Díaz presenta este venres 19 de febreiro a partir das 18:00 horas, no Fórum FNAC (A Coruña), un concerto para todos os públicos con algúns temas deste traballo. No espectáculo van participar, entre outros artistas, Carmen Rey e Xabier Díaz.

Editado por Kalandraka, Tic-Tac contén cancións do músico coruñés Pablo Díaz e ilustracións de Marc Taeger, deseñador suizo afincado en Galicia, e conta con numerosas colaboracións musicais: Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey, Ruote… así como as achegas de Santiago Auserón e de Xurxo Souto no prólogo e no epílogo da obra, respectivamente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

La cerillera no ciclo de teatro infantil Todo Público

venres, 12 febreiro 2010, 13:30 | Category : infantil, teatro
Tags : ,

cerillera

O vindeiro sábado 13 de febreiro ás 19:00 será presentado no Fórum Metropolitano o conto La cerillera. A empresa de recoñecido prestixio en Arxentina Omar Álvarez Títeres leva a escena unha das historias máis complexas e controvertidas escritas polo autor dinamarqués Hans C. Andersen. O espectáculo ofrécelle ao espectador unha historia que vai sendo tecida sen palabras, a través da acción implícita recreada coma un xogo para así contar unha historia difícil, complexa, moi actual, coidadosamente recreada e con moita atención polo detalle, apelando ao lirismo e a poética da imaxe.

A obra está recomendada para maiores de 6 anos. O prezo das entradas é de 5 euros, e existe un abono familiar para tres persoas polo prezo de 12 euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

14 pelis para os peques: Doraemon e o Reino de Kino

venres, 12 febreiro 2010, 11:00 | Category : cinema, infantil
Tags : ,

14 pelis para os pequesProsegue no MACUF o ciclo de cinema 14 PELIS PARA OS PEQUES, todos os sábados de xaneiro a abril ás 18:00 horas, con entrada libre. Mañá sábado 13 de febreiro, Doraemon e o Reino de Kibo. Nesta aventura, Nobita ten que protexer a Terra do Señor do Planeta Verde que pretende levar todas as plantas a outra galaxia. Vai contar coa axuda de Kibo, unha planta máxica que encontra na montaña que está preto da súa escola.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pelis para os peques, os sábados no MACUF

mércores, 13 xaneiro 2010, 18:00 | Category : cinema, infantil
Tags :

14 pelis para os pequesTodos os sábados de xaneiro a abril haberá películas para os nenos no MACUF, sempre ás seis da tarde e con entrada de balde, en colaboración coa Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística. O ciclo 14 pelis para os peques comeza este sábado 16 de xaneiro coa proxección de Space Jam. Podedes descargar o dossier con toda a información en PDF (2,1 MB).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Remata o Festival de Títeres María José Jove

mércores, 30 decembro 2009, 11:00 | Category : infantil, teatro
Tags :

CuentosDeRatitosCartel

O Festival de Titeres María José Jove pon hoxe punto e final á súa edición de 2009 coa compañía Elfo Teatro que estará ás cinco da tarde na Sede da Fundación María José Jove para reprentar a obra Cuentos de ratitos. Despois, ás sete da tarde, Tanxarina presentará Titiricircus no Fórum Metropolitano. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes de cada espacio desde unha hora antes do inicio da función ao prezo de tres euros, ou ben o abono familiar para tres persoas ao prezo de seis euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google