Normal: VI “Encontro de Escritoras/es Novas/os: Da tinta á pegada dixital”

SábadoESCRITORESNOVOS6_prog1-723x1024 17
Normal (Paseo de Ronda, 47. Antiga Escola de Maxisterio)
Entrada libre até completar capacidade.

A VI edición do Encontro de Escritoras/es Novas/os, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, situaranos ao redor da palabra á escoita das ideas e proxectos dos nosos autores e autoras máis nov@s. Unha oportunidade de achegarnos ás novas linguaxes, tecnoloxías e pegadas dixitais que os tempos nos presentan, abríndonos outras posibilidades na comunicación e no diálogo necesario. O programa é o seguinte:
- 10:30 h. Conferencial inaugural: "As revistas literarias na era dixital. Alternativas", por Tati Mancebo.
- 12:00 h. Mesa 1: "Crear desde a ventá", coordinada por Antía Otero. Relatoras/es: Estíbaliz Espinosa, Leo Fernández Campos e Ana Cibeira.
- 16:30 h. Mesa 2: "As revistas dixitais en Galiza: pasado, presente e futuro", coordinada por Elvira Riveiro. Relatoras/es: María Xesús Nogueira, Montserrat Pena Presas e Gaspar Domínguez.
- 19:00 h. Recital poético con Andrea Nunes Brións, Berta Dávila e María Rosendo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: presentación do e-book “As trovas de Midas”, de Diana Varela Puñal

martes, 13 setembro 2011, 9:15 | Category : Libro e lectura, infantil, internet, presentacións
Tags : , , ,

Mércores 14
Normal (Paseo de Ronda, 47, antigo Maxisterio)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación de "As trovas de Midas", de Diana Varela Puñal, libro electrónico de poesía infantil publicado en Galebook, novo proxecto editorial que tamén será presentado no mesmo acto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“A enerxía solar”, novo espazo interactivo dos Museos Científicos no e-Museo

"A enerxía solar" enerxia-solar-2é un novo espazo interactivo dos Museos Científicos Coruñeses que pode ser consultado no e-Museo.
Trátase dunha actividade online sobre a enerxía solar, cos seguintes apartados:

  • Infografía interactiva.
  • Xogo: “Tira ao fotón”.
  • Test: Canto sabes de enerxía solar?
  • Vídeo: aprende a construir unha cociña solar.
  • Monografía: Desde o 27 de xuño.
  • Saber máis: enlaces para seguir investigando.

Este material didáctico foi elaborado coa colaboración de: Deputación da Coruña, Fundación Enerxética Provincial da Coruña. Os Museos Científicos Coruñeses lanzaron este espazo didáctico online sobre a enerxía solar coincidindo co solsticio de verán de 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca González Garcés: presentación da exposición multimedia “Lois Pereiro nas bibliotecas nodais”

Mércores Lois Pereiro nas Bibliotecas Nodais22
Biblioteca Miguel González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, 1)
12:30
Entrada libre até completar capacidade.

Inauguración da instalación "Lois Pereiro nas Bibliotecas Nodais", exposición multimedia itinerante que recolle información sobre a figura de Lois, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. No acto participarán Laura González-Garcés Santiso, Manuel Varela Rey e Teresa Villaverde. A exposición estará aberta até o vindeiro sábado 9 de xullo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

e-Museo: o cuarto Museo Científico Coruñés

xoves, 16 xuño 2011, 11:44 | Category : internet, museos científicos
Tags : ,

Os Museos Científicos Coruñeses banner-emuseoestán a dar un paso importante na creación do que denominamos o cuarto Museo Científico Coruñés: o e-Museo, unha colección dos recursos dixitais dos mc2 con vocación trilingüe. Unha nova ferramenta que potenciará a súa capacidade divulgativa e culmina un esforzo colectivo que pon en valor anos de traballo, e que poñemos xa a disposición de toda a cidadanía para que a disfrute e tamén poida participar nela.

postal-emuseo-animada

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“O Rosalía de Castro da Coruña” e “Santo Amaro dos Mortos”, folletos en libre descarga

AA Coruña Cultura Concellaría de Cultura presentou hoxe dous folletos, que deixamos á libre disposición do público en formato .pdf (pódense descargar nesta páxina):

- "O Rosalía de Castro da Coruña, Teatro da liberdade", de Xurxo Taxes: O Rosalia de Castro, teatro da liberdade, por Xurxo Taxes.

- "Santo Amaro dos Mortos", un traballo sobre o Cemiterio do mesmo nome: Santo Amaro dos mortos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Proposta colaborativa dos Museos Científicos Coruñeses

xoves, 19 maio 2011, 11:27 | Category : ciencia, internet, museos científicos
Tags : ,

Conmc2 motivo do Día Internacional dos Museos, desde os Museos Científicos Coruñeses lánzase esta proposta de construír entre todos un interactivo online colaborativo, "Cegos ante o cambio". Entra e participa!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: conferencia e presentación de Blogaliza

xoves, 14 abril 2011, 10:56 | Category : conferencias, internet
Tags : ,

VenresBlogaliza 15
Normal (Paseo de Ronda, 47)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia onde se falara sobre a historia de Blogaliza, e sobre o grupo de persoas que a xestiona e a súa maneira de traballar como equipo distribuído na rede. Ademais, Blogaliza é un motor que recolle todo o que se escribe en galego na rede, datos con que traballan grupos de investigación; tamén é un laboratorio e un altofalante para difundir iniciativas. Actualmente conta con máis de 3.000 blogs activos e 36.000 usuarios.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentacións, Lecturas Compartidas e Espazos Vertebrados no Achegarte 2011

venres, 1 abril 2011, 10:40 | Category : Libro e lectura, achegarte, cinema, internet, maxia, presentacións
Tags :

O programa definitivo das actividades de Presentacións, Lecturas Compartidas e Espazos Vertebrados do Achegarte 2011 será o seguinte:

- Presentacións:
* Sábado 2:
* 12:00 h. Entrega do premio "Meiga Moira". Baía.
* 12:30 h. Presentación da Normal. Luís Caparrós, vicerreitor da Universidade da Coruña.
* 13:00 h. "Noente Paradise". Ugia Pedreira.
* 13:45 h. Presentación das novidades de Demo Editorial. Manel Cráneo.
* 17:00 h. 25 aniversario de "O misterio das badaladas" de Xabier P. DoCampo. Conversa co autor e co ilustrador (Xosé Cobas), Xerais.
* 17:30 h. Animación "Abrapalabra!", con Antón Cortizas e o mago Carlos Coira. Galaxia.
* 18:00 h. Presentación do Boletín da Real Academia Galega "Xosé María Álvarez Blázquez", con presidente Xosé Luís Méndez Ferrín e o secretario Xosé Luís Axeitos.
* 18:30 h. "Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación", con Pilar García Negro. Laiovento.
* 19:30 h. Presentación de MEUBOOK.
* 21:00 h. Colección de ensaio "Supertextos". 2.0 Editora.

* Domingo 3:
* 11:30 h. "Páxinas de Carricanta". Ana Mª Fernández. Ilustrador D.N.L.
* 14:00 h. Lectura dramatizada de "Collage", de Esther F. Carrodeguas. Edicións Barbantesa. Con Raquel Nogueira como Alicia e a colaboración especial de Antonio Mourelos como Alberto.
* 17:00 h. "Planeta Mincha". Manel Cráneo.
* 17:30 h. "Divírtete co paxaro Rodribico". Baía.
* 18:00 h. Presentación do programa "E-ducando". AS-PG.
* 18:30 h. Conclusións do foro sobre o estado da cultura. Tati Mancebo.
* 19:00 h. "Antoloxías Poéticas Sonoras". Xosé María Álvarez Cáccamo e Chus Pato. Cumio.
* 19:30 h. "Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935", Federica Montseny. Trifolium.
* 20:00 h. Presentación de "S8 Mostra de cinema periférico", 2ª edición. Ángel Rueda.
* 20:30 h. Presentación de "Señardade da luz: a obra poética de Manuel María", de Miguel Mato.

- Lecturas compartidas:
Diversos autores lerán o sábado e o domingo, de 17:00 a 21:00 h. no stand da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

- Espazos vertebrados. Experiencias e actividades de asociacións e colectivos culturais, organizados e/ou vertebrados nos últimos tempos. Na Sala de Conferencias:
* Sábado 2:
* 16:30 h. Fundación Manuel María.
* 17:00 h. A Central Folque.
* 17:30 h. Musiqueoh!.
* 18:00 h. Milpedras.
* 18:30 h. Teatro Resoante.
* 19:00 h. El Fracaso.
* 19:30 h. Presentación do selo "Pulp Books". Rinoceronte.
* 20:00 h. Presentación da nova colección "Alcaián". Urco.
* 20:30 h. "Casa de Manuel Antonio en Rianxo". Xosé Luís Axeitos e Grupo Revisión.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentada a páxina web oficial de Lois Pereiro

luns, 28 febreiro 2011, 8:30 | Category : internet, lingua
Tags : ,

LoisPereiro.blogaliza.org é a páxina web oficial de Lois Pereiro, que "pretende servir de plataforma de difusión das publicacións e actos que se están a celebrar sobre o poeta monfortino ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas, e tamén un lugar de encontro para todos aqueles queiran afondar na traxectoria do autor. A web non soamente recolle con detalle as noticias xeradas arredor do poeta, senón que ofrece unha serie de contidos sobre a súa figura, tanto literarios como gráficos e audiovisuais (poemas, fotos e gravacións de audio e vídeo), boa parte deles de utilización libre para usos non lucrativos. Igualmente, permite subir os contidos elaborados aproveitando ese material libre, para poder ser logo descargados e difundidos. Tamén inclúe un calendario dos actos que se están a organizar en todo o país, e mesmo materiais que se poden empregar naquelas convocatorias pensadas para a participación da xente. Lois Pereiro está xa presente nas redes sociais. O seu grupo de Facebook conta xa con case un milleiro de seguidores, e tamén ten unha forte presenza en Twitter, onde as mensaxes sobre o poeta se agrupan co hashtag ou etiqueta #pereiro".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: conferencia de Jorge Castro Ruso sobre “Ser pai e nai na internet”

sábado, 12 febreiro 2011, 10:50 | Category : bibliotecas, conferencias, internet
Tags : , ,

Luns 14
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada libre até completar capacidade, para público adulto.

Conferencia de Jorge Castro Ruso sobre "Ser pai e nai na internet", dentro de "Para saber +", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta". Nesta conferencia abórdanse as maneiras en que os pais e nais poden interactuar cos seus fillos en relación ás novas tecnoloxías.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os Museos Científicos Coruñeses celebran o Día Darwin coa presentación de MisterDarwin.eu, a súa primeira exposición web online

venres, 11 febreiro 2011, 9:10 | Category : internet, museos científicos
Tags : ,

Os Museos Científicos Coruñeses celebran o Día Darwin, 12 de febreiro, coa presentación dunha páxina web específica sobre o célebre científico e a súa teoría da evolución, MisterDarwin.eu.
MisterDarwin.eu é unha web interactiva, participativa e multilingüe (galego, castelán e inglés), nacida para complementar a exposición "O asombro de Mr. Darwin". Pero máis que un mero complemento, é un producto divulgativo autónomo que terá valor por si mesmo, incluso unha vez que a exposición teña rematado, xa que está pensada para ofrecer novos recursos didácticos a públicos de todo o mundo.
O núcleo de MisterDarwin.eu é unha colección de interactivos online, unha viaxe pola vida e obra do naturalista inglés na que o visitante ten un papel moi activo. Ademais, a web ofrece un espazo sobre a Exposición fisica, con información práctica e un percorrido visual (vídeos e fotos). A terceira sección, Extras, é unha mediateca que agrupa recursos multimedia sobre a exposición e o seu tema: vídeos, publicacións, artigos, audios de conferencias, etc.
Así, a web permite revisitar a exposición e consultar ao detalle multitude de recursos sobre a evolución, ademais de comentar e opinar sobre os contidos, ou difundilos nas redes sociais. Fíxose un gran esforzo técnico para conseguir unha experiencia de uso rica e intuitiva, un deseño atractivo e unha compatibilidade con novos dispositivos móviles, como o iPad.
Os Museos Científicos Coruñeses aspiran con propostas xenuinas coma esta a ser referencia na rede. Iso enmárcase na aposta polos contidos dixitais, que axudan a difundir a ciencia e facelo dun xeito áxil e versátil. Neste camiño están tamén outros productos dos MC2 como a Wikiteca, salas con tecnoloxía dixital nos tres museos, como a que se presentará en breve no Aquarium Finisterrae, ou a creación da modalidade de traballos online dentro dos premios Prismas á Divulgación 2011.

LEVAR O MUSEO Á REDE
Con esta web afróntase o reto de levar o museo a Internet, de aproveitar mellor as enormes posibilidades dese medio para a divulgación da ciencia, co obxectivo de facer páxinas web que sexan os equivalentes online dos módulos das salas de exposicións dos MC2. Para construir MisterDarwin.eu partíuse da idea de levar á web os módulos interactivos, corazón destes museos: un elemento para xogar, explorar, espertar a curiosidade, facerse preguntas e empezar a buscar as respostas. Outro dos pasos foi buscar aos visitantes a donde están curioseando en Internet: en lugares como YouTube e Facebook, e usar redes sociais e servizos Web 2.0 como base para crear experiencias interactivas, que conecten ideas e persoas. Así, levouse á web o módulo viaxe de Darwin no Beagle. Se na exposición hai un xigantesco globo terráqueo acompañado de información nunha pantalla táctil, na páxina web hai un interactivo dixital baseado en Google Maps. Do mesmo xeito, o panel da exposición sobre os principais avances na teoría da evolución nos últimos 150 anos convírtese na web nunha liña temporal interactiva que conecta a vida de Darwin con outros avances científicos e con fitos históricos ou culturais. A idea é que o traballo realizado con esta páxina web sirva como plataforma común con outros museos para aplicala a outras exposicións, o que coloca aos Museos Científicos Coruñeses nunha posición de excelencia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xornadas de formación do Clúster do Libro

venres, 26 novembro 2010, 11:22 | Category : encontros e xornadas, internet
Tags : ,

Luns Cluster Libro29
Fundación Caixa Galicia (Rúa Médico Rodríguez, 2-4)
Entrada libre até completar capacidade.

O Clúster do Libro promove estas xornadas de formación, que contan co seguinte programa:
- 10:00 h.
* 1ª Parte (mañá)
CONTIDOS INTERACTIVOS PARA O SECTOR EDITORIAL. Poñente: Ana Prado (Netex)
1. Funcións dos materiais multimedia: perspectiva pedagóxica. Facilidade de uso, versatilidade, etc.
2. O multimedia: hipermedia, hipertexto, interactividade...
3. Estruturación do proxecto multimedia: deseño, distribución da información ...
4. Fundamentos básicos da dixitalización de vídeo e audio.
5. Soportes e formatos de publicación.
- 12:00 h. Pausa-Café
* 2ª Parte.
A COMERCIALIZACIÓN DO LIBRO GALEGO. Para Libreiros e editores. Por Manuel Pan (Abertal).
1. Propostas para a aplicación das novas tecnoloxías na comercialización conxunta e individualizada do libro.
2. Ferramentas, enfoques e funcionalidades necesarias para unha venda colectiva na rede.
3. Claves dunha xestión individual e unha venda colectiva, o poder do "coñecemento colectivo", o uso da web como punto de venta, márketing do libro electrónico ou dixital.
4. O libro electrónico: unha nova oportunidade de negocio.
- 14:00 h. Pausa.
* 3ª Parte (Serán)
- 16:00 h. "AUDITORÍA DE IMPACTO". (Por Hexis, Galinus e Abertal).
1. Realizarase a análise das diferentes presencias en Internet que os asistentes propoñan, desde os puntos de vista de deseño, 2.0 e programación.
- 18:00 h. ¿DESCARGAR É DELITO? Bufete Pintos & Salgado (Por Víctor Salgado Seguín).
1. Análise da lexislación xeral de dereitos de autor, problemática e aplicación ás descargas de contidos protexidos por copyright a través de Internet.
2. A propiedade intelectual, copia privada, o canon, as redes P2P, o Streaming, delito de "piratería", accións de entidades xestoras (SGAE, etc.) límites do ilícito e límites do delito, medidas de protección de contidos e vulneración das mesmas.

O programa completo pódese descargar aquí: Xornada formativa Cluster do Libro 29-11-2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Luís Seoane: exposición “Walter Benjamin. Constelacións”

venres, 19 novembro 2010, 10:38 | Category : audiovisual, exposicións, internet
Tags : , ,

Do xoves 18 de novembro ao domingo 6 de febreiro
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Domingos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre.

A exposición "Constelacións", centrada na figura de Walter Benjamin (1892-1940), está organizada polo Círculo de Bellas Artes, a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC), e a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), e conta coa colaboración do Walter Benjamin Archive, da Fundación Luís Seoane e da Fundación Repsol, sendo comisariada por César Rendueles e Ana Useros, e divídese en tres partes:
En primeiro lugar é un intento de pensar a través de imaxes algúns conceptos centrais da obra de Walter Benjamin. Trátase dun conxunto de citas audiovisuais -escenas de películas, fotografías, pinturas, gravacións sonoras, animacións, documentos históricos...- artelladas segundo unha metodoloxía que desenvolveu o propio Benjamin. O resultado é unha peza audiovisual, dividida en seis capítulos, cada un deles dedicado a un concepto central da obra de Benjamin.
En segundo lugar, o Atlas Benjamin é unha ferramenta informática que permite navegar por unha ampla escolla de textos benxaminianos unidos por hipervínculos e de temática e procedencia diversa. De novo, é unha estratexia de Benjamin mediante o complexo sistema de referencia, arquivado e indexado que empregaba nos seus escritos.
E, por último, os Modelos de Audición recuperan os guións que Benjamin elaborou entre 1929 e 1933 para a Radio do Sudoeste de Alemania en Fráncfort, con novas locucións en castelán.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña 2010. A cidade que le: actividades do cuarto trimestre

Detallamos A cidade que lea continuación as actividades deste cuarto trimestre da campaña A cidade que le. Nesta última fase da campaña de lectura participan as Bibliotecas da cidade pero tamén outras entidades: Universidade da Coruña,  Fundación Manuel María, Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Asociación de Escritores en Lingua Galega e Real Academia Galega:

- A BIBLIOTECA DO CONSULADO E AS XOIAS DA ILUSTRACIÓN TARDÍA. Unha visita guiada o 2º xoves de cada mes, ás 18:00 h. para amosar á cidadanía a biblioteca da fundación pública máis antiga do estado e os seus fondos. É preciso anotarse no número de teléfono 981 206 274 begin_of_the_skype_highlighting              981 206 274      end_of_the_skype_highlighting ou no correo electrónico  bibliocasaconsulado at gmail.com.

- VISITAS GUIADAS Á REAL ACADEMIA GALEGA. Para coñecer os fondos e pezas senlleiras que acolle esta institución, realízanse visitas guiadas todos os mércores de novembro ás 17:30 h. É preciso anotarse no teléfono 981 189 830, ext. 12026 ou no correo electrónico  cultura at coruna.es. Realizadas pola propia Real Academia Galega.

- OS XOVES NA SAGRADA. O encontro con culturas doutros países a través da súa música. Neste caso música do Brasil con Bernando Tonasse, músicas e bailes do Senegal con Gal Sene, de Cabo Verde, Angola, Portugal e Galiza con Aline Frazão e César Herrans, Huayras do Ecuador, músicas do leste, Rusia, Ucraína...con Nadia Nikitina e reggae con Pinnaacle Roots Reggae Band. Lugar: Biblioteca Sagrada Familia os días 21, 28 de outubro, 4 e 18 de novembro, 2 e 16 de decembro ás 19:30 h. Os concertos complétanse co obradoiro "Desde a sabana africana á música máis occidental" no que se fará un percorrido desde os tambores ancestrais da sabana até a música occidental dos nosos días, o jazz, blues, rock, música latina... os días 13, 20 e 27 de novembro de 11:30 a 13:30 h.

- OUTONARTE: Eu tamén animo! O conto non remata na marxe dos libros e podemos facer que cobren vida de moitas maneiras. Unha delas é convertelo nun filme, e iso imos facer. A partir dun conto de OQO editora, os pequenos desenvolverán coa técnica stop motion a animación da obra, imaxe, voz e música. Na Biblioteca Infantil e Xuvenil os días 15, 22 e 29 de outubro.

- TEATRO: Casa de muñecas de Henrik Ibsen. No Teatro Rosalía de Castro, representación o 29 e 30 de outubro. Farsa das zocas de Ricardo Carvalho Calero. O día 6 de novembro no Fórum.

- CUN LIBRO DEBAIXO DO BRAZO. As Bibliotecas Municipais visitarán o Hospital Materno Infantil para agasallar o primeiro libro a nenos e nenas que nazan entre o 15 de novembro e o 15 de decembro e entregarlles o carné de asociado.

- LETRAS NO MERCADO. No mes de outubro as Bibliotecas Municipais, sairán aos mercados promovendo a lectura, ofrecendo "canapés de lectura", distribuíndo polos postos do mercado libros e guías con recensións de obras, recomendacións de lecturas, etc. Do 21 ao 23 de outubro.

- "RUTA DO BACALLAU". Con motivo da celebración do Ano do Libro e da Lectura, as Bibliotecas Municipais saen aos Mercados Municipais. Unha compra diferente, alternativa, onde os libros e a literatura serán os grandes protagonistas. Un percorrido animado e divertido por todo o mercado coa xente das bibliotecas, con parada en todos os postos, descubrindo sorpresas, xogando na sección téxtil, probando os mellores cafés, deixando voar a imaxinación entre as froitas e verduras, gozando coas riquísimas carnes, navegando entre os sosegados peixes, deixando para o final a mellor das reposterías. Unha boa mestura para pasar un anaquiño coa máis saborosa das compañías: OS NOSOS LIBROS. Datas: do 25 ao 29 de outubro de 11:00 a 11:45 h. nos mercados de Elviña, As Conchiñas, Monte Alto, San Agustín e Praza de Lugo. Sorteo: Participa nesta actividade e entrarás no sorteo dun lote de libros!!! Inscrición: do 21 ao 23 de outubro nos Mercados Municipais, nos postos dos libros.

- ACTIVIDADES NAS BIBLIOTECAS.
Obradoiros de arrolos: cantar e contar desde o principio. Para pais e nais que esperan bebé e queren recibilo con arrolos, nanas e contiños, organízase un obradoiro nas Biblioteca Municipais para aprender a cantarlles e contarlles aos máis pequenos. Con Gloria, do grupo musical "Mamá Cabra". No mes de decembro.
Obradoiro de debuxo e/ou cómic. Santy Gutiérrez desenvolverá divertidos exercicios para que rapaces e rapazas aprendan como ilustrar un conto infantil. Na Biblioteca do Castrillón, o día 20 de outubro.
Obradoiro de banda deseñada. Repaso e posta en prácticas de elementos da linguaxe do cómic. Con Jacobo Fernández Serrano. Na Biblioteca Municipal de Monte Alto, o día 28 de outubro.
Obradoiro de escrita creativa. A través de xogos de prestidixitación literaria, achegarémonos ás claves do proceso da escrita. Con Estíbaliz Espinosa. Na Biblioteca de Estudos Locais os días 9, 11, 16 e 18 de novembro.
Obradoiro de aproximación á ilustración gráfica. Dun xeito lúdico, seguiremos os pasos para a ilustración dun libro infantil. Con Óscar Villán Seoane. Na Biblioteca Infantil e Xuvenil, o día 26 de novembro.
Clubs de Lectura. Para gozar da lectura compartida, grupos de persoas afeccionadas á lectura reúnense periodicamente para comentar e valorar un libro escollido das Bibliotecas Municipais, co apoio dun coordinador/a. Biblioteca do Castrillón, todos os mércores de mes. Fórum, todos os martes de mañá e mércores pola tarde. Biblioteca de Monte Alto, todos os martes de mes.
Escribir é xogar. Obradoiro de escrita creativa para adolescentes. Coordinado por Pedro Ramos, será na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, todos os martes a partir do 19 de 18:00 a 20:00h.
Merendas con Contos. Non esquezas que Fuco, Ratapón e a súa familia convídannos a degustar unha suculenta merenda nas Bibliotecas Municipais. O menú, como non, CONTOS...de aquí e de alá, de antes e de agora. Non faltes á cita.
Concurso de Biblioclips. A entrega de premios aos gañadores deste concurso, será na Biblioteca da Sagrada Familia, o día 28 de outubro ás 19:30h.

- CANTOS DE REIS. Obradoiros nas Bibliotecas Municipais para recuperarmos e continuarmos cantando a tradición do Nadal que perviviu ao longo dos séculos, para aprender os Cantos de Reis e seguirlles transmitindo parte do noso patrimonio ás vindeiras xeracións. Finalizan cun concerto participativo no Fórum.

- PROGRAMA DE LECER NO FÓRUM. No amplo abano de actividades que ofrece o programa de LECER no Fórum, aínda podes participar no obradoiro “As nosas letras”. Unha proposta de Dores Tembrás de explorar os distintos xeitos de ler, os modos con que nos enfrontamos á obra literaria desde a nosa propia literatura. Os mércores de 17:00 a 18:00 h.

- EXPOSICIÓN “ARS LIGATORIA”. ELABORACIÓN DE LIBROS ARTESANAIS. do 17 de novembro ao 9 de xaneiro na Sala de Exposición de Durán Loriga. Pór en valor o traballo artesanal no deseño e encadernación de libros. Faranse obradoiros de encadernación na Biblioteca Infantil e Xuvenil para o alumnado dos centros de primaria os días 22, 23, 25 e 26; para usuarios das bibliotecas o día 30 pola tarde.

- EXPOSICIÓN “A CORUÑA NA CREACIÓN DO LIBRO GALEGO”. Neste 2010 celebramos o bicentenario da edición do primeiro libro escrito en galego: "Proezas de Galicia". Do 13 de outubro ao 21 de novembro na sala de exposicións do Pazo Municipal. En colaboración coa Real Academia Galega.

- EXPOSICIÓN “ROSALÍA SEMPRE VIVA. VIVA ROSALÍA”. Realizada pola Fundación Manuel María, fai un percorrido pola vida e obra da autora máis importante das nosas letras. Do día 8 ao 18 de decembro na Biblioteca do Castrillón.

- EXPOSICIÓN “CARVALHO CALERO. DE PUÑO E LETRA”. Realizada pola AS-PG con motivo do centenario do seu nacemento. É unha homenaxe ao autor da primeira historia da literatura galega. Casa Museo Casares Quiroga do 30 de outubro ao 30 de novembro.

- EXPOSICIÓN “M100guel”. (1910 – 2010) 100 anos de Miguel Hernández. Mostra bibliográfica que recorrerá todas as Bibliotecas Municipais ao longo do último trimestre do ano.

- XORNADAS “RICARDO CARVALHO CALERO: CIENCIA, LITERATURA E NACIÓN”. Un repaso polo miúdo á obra deste insigne ferrolán da man de recoñecidos especialistas. Organiza a Universidade da Coruña. Do 24 ao 27 de novembro, na Reitoría (Maestranza), e o sábado 27 na Casa Casares Quiroga. O día 24 espectáculo poético-musical ás 21:00 h. no Teatro Rosalía Castro con Ugia Pedreira e Fred Martins (Gratuíto)

- POETAS DI(N) VERSOS. No mes de novembro comeza de novo o ciclo de poesía que na anterior edición reuniu a poetas do Estado o tamén de Portugal. Unha vez máis, teremos oportunidade de gozar da poesía galega en comunicación e diálogo con outras voces poéticas. A cita será na Casa da Cultura Salvador de Madariaga unha vez ao mes.

- GALEUSCA. Este ano A Coruña é a sede do Encontro de escritores galegos, vascos e cataláns. Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), terá lugar do día 29 ao 31 de outubro na Biblioteca de Estudos Locais (rúa Durán Loriga). O encontro finaliza cunha actuación de Xabier Díaz o 31 ás 19.00h. (Entrada libre)

- V ENCONTRO “NOVOS ESCRITORES”. É unha oportunidade para se encontrar e coñecer cales son as necesidades, proxectos e expectativas que dentro da nosa literatura teñen @s nov@s creador@s. Organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Día 6 de novembro no Kiosco Alfonso.

-MEMORIAL IBÁN TOXEIRO. Organizado pola A. C. Alexandre Bóveda, pretende achegar á cidadanía o teatro amador e manter viva a memoria do desaparecido mozo actor. Día 18 de novembro no Teatro Rosalía Castro. (Entrada libre).

- ELAS FALAN. Espectáculo poético-musical co grupo OURIOL. Organiza a Concellaría de Igualdade. Día 26 de novembro no Teatro Rosalía Castro.

- JAZZ+CIENCIA. Recital de textos científicos a cargo de Belén Regueira e Susana Rois. Actuación musical de Abe Rábade. O día 27 de outubro no Teatro Rosalía Castro.

- AS BIBLIOTECAS NA REDE:
- Fancómic, blog de cómic.
- Ciberclub, Club de lectura.
- CCI Clube de Ciencia e investigación.
- Corto e cambio, blog de literatura.
- Galicia móvese, cultura galega.

Aquí se poden descargar todas as actividades en formato .pdf: A cidade que le 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google