Programa Lecer na primavera 2011 no Fórum Metropolitano

mércores, 19 xaneiro 2011, 12:10 | Category : lecer e tempo libre, obradoiros
Tags : ,

O Programa Lecer na Primavera do 2011 no Fórum Metropolitano ofrece á cidadanía un amplo abano de obradoiros e actividades dirixidas a todos os públicos (aquí pode ser descargado o programa completo: Lecer na primavera Forum 2011):

- CIDADE
COÑECER CORUÑA. Xoves de 17:00 a 18:30 h. Responsable: Óscar Castro.
CORUÑA, A TÚA VISTA. Luns de 19:00 a 20:30 h. Responsable: Tonecho García.
UN PASEO POLO TEMPO DA CIDADE. Venres de 10:30 a 12:00 h. Responsables: Patricia Angulo e Fernando Campos.

- MÚSICA
PAIXÓN POLA MÚSICA. Luns de 17:00 a 18:30 h. Responsable: José Manuel Fraga.
A GOLPE DE MÚSICA. Luns de 10:00 a 11:30 h. Responsable: José Manuel Fraga.
DESCUBRE O JAZZ. Martes de 19:00 a 20:30 h. Responsable: Quinito Mourelle.
OS MISTERIOS DA ÓPERA. Martes de 19:00 a 20:30 h. Responsable: Hugo Álvarez.

- MONOGRÁFICO
ÁLVARO CUNQUEIRO, MADAME CURIE E OS NOSOS BOSQUES. Mércores de 19:00 a 20:30 h.

CONDICIÓNS PARA OS OBRADOIROS DE LECER:
- Destinatarios: A oferta diríxese preferentemente ás persoas empadroadas no concello da Coruña.
- Inscrición de Continuidade: Para os obradorios de continuidade, terán prioridade as persoas que participasen no ciclo de outono 2010 e que asistiran a máis do 50 % das sesións. Para iso será necesario formalizar a inscrición de continuidade os días 13 e 14 de xaneiro, e poderán facelo na conserxería do Forum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
- Preinscrición: Os días 17 e 18 de xaneiro as persoas interesadas en solicitar reserva de prazas para os obradorios, poderán facelo na conserxería do Forum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Cada solicitamte poderá anotar ata catro talleres na ficha, tendo en conta que a adxudicación respetará a orde fixada polo solicitante e esta non poderá ser modificada una vez realizado o sorteo. Cada solicitante recibirá un número que servirá para poder fixar a orde de preferencia. Adxudicaranse un máximo de dous talleres agás no caso de que queden prazas libres.
- Sorteo: As solicitudes ordenaranse a partir do día 19 de xaneiro, de forma correlativa, comezando polo número que corresponda no sorteo público que se realizará as 10:00 horas na conserxería do Fórum Metropolitano. Unha vez adxudicado o número máximo de participantes a un taller, o resto de peticións formarán parte dunha listaxe de agarda segundo a orde do sorteo.
- Inscrición: As reservas serán adxudicadas segundo a orde fixada polo sorteo. Será necesario formalizar a inscrición os dias 20 e 21 de xaneiro na conserxería do Forum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. As prazas reservadas só poderán ser ocupadas polos agraciados no sorteo. As prazas non ocupadas durante estes dous días adxudicaranse ás persoas en lista de espera.
- Lista de espera e prazas vacantes: As persoas na listaxe de agarda terán preferencia en ocupar as prazas non feitas efectivas polas reservas do obradoiro correspondente. O resto de prazas vacantes nos diferentes talleres poderán ser ocupadas polo público en xeral, ainda no caso de que xa lle fosen concedidas prazas en dous obradoiros. A partir do 20 de xaneiro as personas interesadas en solicitar prazas vacantes nos obradoiros, poderán facelo na conserxería do Forum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. As prazas serán adxudicadas por orde de petición, salvo nos talleres con listaxe de agarda que se adxudicarán a partir do 24 de xaneiro mediante chamada telefónica únicamente no caso de ser admitido.
- Pago de cotas: Os talleres teñen fixada unha cota. Os maiores de 65 anos só abonarán a metade da cota. Ao formalizar a inscrición abonarase a cota fixada.
- Prezo: 24 euros.
- Inicio dos Obradoiros: A partir do 24 de xaneiro no día e hora que correspondan a cada obradoiro.

- OFERTA ESPECÍFICA PARA MAIORES DE 65 ANOS
FAGAMOS MEMORIA I e II. Luns e Mércores de 10:00 a 11:00 h (Grupo I) e de 11:00 a 12:00 h (Grupo II). Responsable: Patricia Angulo.
NUNCA É TARDE: Obradoiros de INICIACIÓN Á LECTURA E Á ESCRITURA:
NIVEL I. Martes e Xoves de 10:00 a 11:30 h. Responsábel: Susi Díaz.
NIVEL II. Martes e Xoves de 10:00 a 11:30 h. Responsábel: Mar Peñarrocha.

- OFERTA ESPECÍFICA PARA NENOS
XOGANDO NO FORUM. Sábados de 11:00 a 13:00 h. Responsables: Educadores Urbanos.

- HISTORIA E ARTE
EXPLORAR AS EXPOSICIÓNS. Venres de 17:30 a 19:00 h. Responsables: Samuel Sánchez e Tonecho Otero.
O MUNDO DA PINTURA. Mércores de 17:00 a 18:30 h. Responsables: Beatriz Álvarez e Paula Naveira.
EMOCIÓNATE COAS ARTES. Martes de 17:00 a 18:30 h. Responsable: Beatriz Álvarez.
A VOLTA AO MUNDO EN ... Mércores de 17:00 a 18:30 h. Responsable: Brais Martínez.
O RENACEMENTO EN ESPAÑA. Xoves de 17:00 a 18:30 h. Responsable: María Cabrera.
PERSONAXES, MOMENTOS E LUGARES DA NOSA CULTURA. Martes de 17:00 a 18:30 h. Responsable: José Castro Quián.
UNHA OLLADA DIFERENTE. Luns de 19:00 a 20:30 h. Responsable: Pablo Cobas.

CIENCIAS
BAIXO O FIRMAMENTO. Venres de 18:00 a 19:30 h. Responsables: Óscar Blanco e Borja Tosar.

CINE E TEATRO
DESCUBRINDO O TEATRO. Martes e Xoves de 17:00 a 18:30 h. Responsable: Matilde Blanco.
A ESCENA EN ACCIÓN. Martes e Xoves de 19:00 a 20:30 h. Responsable: Matilde Blanco.
XUNTOS AO ROSALÍA. Mércores de 19:00 a 20:30 h. Responsable: Carolina Ramos.
A HISTORIA DO CINE. Mércores de 19:15 a 20:45 h. Responsable: David Castro.
FILMOTECA FÓRUM. Xoves de 18:30 a 20:00 h. Responsable: Martin Pawley.

MANUALIDADES
TAPIZ EN ALTO LIZO. Mércores de 17:00 a 19:00 h. Responsable: Lola Oviedo.
TAPIZ GOBELINO. Venres de 10:00 a 12:00 h. Responsable: Fina Sedes.
DOMADORES DE COIRO. Martes de 19:00 a 20:45 h. Responsable: Katy Burgos.
ARTESANIA GALEGA. Xoves de 11:00 a 13:00 h. Responsable: María Vilar.

LITERATURA
CUNHA PLUMA ... A CORUÑA. Xoves de 17:00 a 18:30 h. Responsables: Beatriz Álvarez e Mario López.
ACTUALIDADE LITERARIA. Venres de 11:00 a 12:30 h. Responsable: Brais Martínez.
OS ROTEIROS DA LITERATURA. Xoves de 17:00 a 18:30 h. Responsable: Alfonso Casais.
RELATOS CREATIVOS. Mércores de 11:00 a 12:30 h. Responsable: Chus Molina.
AS NOSAS LETRAS. Mércores de 17:00 a 18:30 h. Responsable: Dores Tembrás.

HABILIDADES SOCIAIS E MENTAIS
PENSANDO POLO MUNDO. Martes de 10:00 a 11:30 h. Responsable: Eduardo Dopico.
XIMNASTAS DO INTELECTO. Martes e Xoves de 19:00 a 20:00 h. Responsables: Eduardo Dopico e Antonio León.
COS CINCO SENTIDOS. Martes e Xoves de 19:00 a 20:00 h. Responsable: Mónica González.
INICIATIVAS DA CIDADE. Mércores de 19:00 a 20:30 h. Responsable: Yolanda Prieto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comeza a inscrición nos Campamentos de Nadal no Fórum

mércores, 15 decembro 2010, 12:46 | Category : infantil, lecer e tempo libre
Tags : ,

O mércores 15 de decembro comeza a inscrición para os campamentos de Nadal organizados polo Fórum Metropolitano, adicados este ano aos inventos e inventor@s. Terán lugar os días 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2010 e 3, 4, 5 e 7 de xaneiro do 2011, e están dirixidos a nenos e nenas nacidos/as antes do 2006 (escolarizados), de 4 a 12 anos. Moitos dos grandes inventos da historia non teñen un nome asociado a eles, como por exemplo a roda, pero hai outros moitos que si. Unha chea deles son marabillosos: un lapis, o pan, a imprenta, a electricidade, o coche, o móbil, a televisión/cine, as lavadoras, os avións, etc. En fin, estamos rodeados a diario de marabillas e, as que nos quedan por descubrir! Cos valores dos personaxes e a través da creatividade dos nenos e nenas en forma de experiencias prácticas e con actividades moi variadas: motrices, lectoras, teatrais,... disfrutaremos destes días. A inscrición farase até cubrir as prazas por rigorosa orde de solicitude, 50% en horario de mañá e 50 % en horario de tarde. A cota é de 24 euros por participante. Máis información no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, s/n. Tlf. 981-184293).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pista de xeo no Coliseum

xoves, 25 novembro 2010, 12:50 | Category : lecer e tempo libre
Tags : ,

Desde o venres 26 de novembro ao domingo 6 de febreiro.
Horarios: de luns a xoves: de 17:00 a 21:00; sábados e domingos: de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00; festivos: de 16:30 a 22:00 h.
Do 22 de decembro ao 9 de xaneiro: de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 h.
24 e 31 de decembro: de 11:00 a 14:00 h.
25 de decembro e 1 de xaneiro: de 18:00 a 22:00 h.
Prezo: 3 euros acceso + 3 euros aluguer de patíns.
Toda a información pode descargarse neste arquivo: Pista de Xeo no Coliseum 2010-2011.

Cartaz Pista de xeo

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña 2010. A cidade que le: actividades do cuarto trimestre

Detallamos A cidade que lea continuación as actividades deste cuarto trimestre da campaña A cidade que le. Nesta última fase da campaña de lectura participan as Bibliotecas da cidade pero tamén outras entidades: Universidade da Coruña,  Fundación Manuel María, Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Asociación de Escritores en Lingua Galega e Real Academia Galega:

- A BIBLIOTECA DO CONSULADO E AS XOIAS DA ILUSTRACIÓN TARDÍA. Unha visita guiada o 2º xoves de cada mes, ás 18:00 h. para amosar á cidadanía a biblioteca da fundación pública máis antiga do estado e os seus fondos. É preciso anotarse no número de teléfono 981 206 274 begin_of_the_skype_highlighting              981 206 274      end_of_the_skype_highlighting ou no correo electrónico  bibliocasaconsulado at gmail.com.

- VISITAS GUIADAS Á REAL ACADEMIA GALEGA. Para coñecer os fondos e pezas senlleiras que acolle esta institución, realízanse visitas guiadas todos os mércores de novembro ás 17:30 h. É preciso anotarse no teléfono 981 189 830, ext. 12026 ou no correo electrónico  cultura at coruna.es. Realizadas pola propia Real Academia Galega.

- OS XOVES NA SAGRADA. O encontro con culturas doutros países a través da súa música. Neste caso música do Brasil con Bernando Tonasse, músicas e bailes do Senegal con Gal Sene, de Cabo Verde, Angola, Portugal e Galiza con Aline Frazão e César Herrans, Huayras do Ecuador, músicas do leste, Rusia, Ucraína...con Nadia Nikitina e reggae con Pinnaacle Roots Reggae Band. Lugar: Biblioteca Sagrada Familia os días 21, 28 de outubro, 4 e 18 de novembro, 2 e 16 de decembro ás 19:30 h. Os concertos complétanse co obradoiro "Desde a sabana africana á música máis occidental" no que se fará un percorrido desde os tambores ancestrais da sabana até a música occidental dos nosos días, o jazz, blues, rock, música latina... os días 13, 20 e 27 de novembro de 11:30 a 13:30 h.

- OUTONARTE: Eu tamén animo! O conto non remata na marxe dos libros e podemos facer que cobren vida de moitas maneiras. Unha delas é convertelo nun filme, e iso imos facer. A partir dun conto de OQO editora, os pequenos desenvolverán coa técnica stop motion a animación da obra, imaxe, voz e música. Na Biblioteca Infantil e Xuvenil os días 15, 22 e 29 de outubro.

- TEATRO: Casa de muñecas de Henrik Ibsen. No Teatro Rosalía de Castro, representación o 29 e 30 de outubro. Farsa das zocas de Ricardo Carvalho Calero. O día 6 de novembro no Fórum.

- CUN LIBRO DEBAIXO DO BRAZO. As Bibliotecas Municipais visitarán o Hospital Materno Infantil para agasallar o primeiro libro a nenos e nenas que nazan entre o 15 de novembro e o 15 de decembro e entregarlles o carné de asociado.

- LETRAS NO MERCADO. No mes de outubro as Bibliotecas Municipais, sairán aos mercados promovendo a lectura, ofrecendo "canapés de lectura", distribuíndo polos postos do mercado libros e guías con recensións de obras, recomendacións de lecturas, etc. Do 21 ao 23 de outubro.

- "RUTA DO BACALLAU". Con motivo da celebración do Ano do Libro e da Lectura, as Bibliotecas Municipais saen aos Mercados Municipais. Unha compra diferente, alternativa, onde os libros e a literatura serán os grandes protagonistas. Un percorrido animado e divertido por todo o mercado coa xente das bibliotecas, con parada en todos os postos, descubrindo sorpresas, xogando na sección téxtil, probando os mellores cafés, deixando voar a imaxinación entre as froitas e verduras, gozando coas riquísimas carnes, navegando entre os sosegados peixes, deixando para o final a mellor das reposterías. Unha boa mestura para pasar un anaquiño coa máis saborosa das compañías: OS NOSOS LIBROS. Datas: do 25 ao 29 de outubro de 11:00 a 11:45 h. nos mercados de Elviña, As Conchiñas, Monte Alto, San Agustín e Praza de Lugo. Sorteo: Participa nesta actividade e entrarás no sorteo dun lote de libros!!! Inscrición: do 21 ao 23 de outubro nos Mercados Municipais, nos postos dos libros.

- ACTIVIDADES NAS BIBLIOTECAS.
Obradoiros de arrolos: cantar e contar desde o principio. Para pais e nais que esperan bebé e queren recibilo con arrolos, nanas e contiños, organízase un obradoiro nas Biblioteca Municipais para aprender a cantarlles e contarlles aos máis pequenos. Con Gloria, do grupo musical "Mamá Cabra". No mes de decembro.
Obradoiro de debuxo e/ou cómic. Santy Gutiérrez desenvolverá divertidos exercicios para que rapaces e rapazas aprendan como ilustrar un conto infantil. Na Biblioteca do Castrillón, o día 20 de outubro.
Obradoiro de banda deseñada. Repaso e posta en prácticas de elementos da linguaxe do cómic. Con Jacobo Fernández Serrano. Na Biblioteca Municipal de Monte Alto, o día 28 de outubro.
Obradoiro de escrita creativa. A través de xogos de prestidixitación literaria, achegarémonos ás claves do proceso da escrita. Con Estíbaliz Espinosa. Na Biblioteca de Estudos Locais os días 9, 11, 16 e 18 de novembro.
Obradoiro de aproximación á ilustración gráfica. Dun xeito lúdico, seguiremos os pasos para a ilustración dun libro infantil. Con Óscar Villán Seoane. Na Biblioteca Infantil e Xuvenil, o día 26 de novembro.
Clubs de Lectura. Para gozar da lectura compartida, grupos de persoas afeccionadas á lectura reúnense periodicamente para comentar e valorar un libro escollido das Bibliotecas Municipais, co apoio dun coordinador/a. Biblioteca do Castrillón, todos os mércores de mes. Fórum, todos os martes de mañá e mércores pola tarde. Biblioteca de Monte Alto, todos os martes de mes.
Escribir é xogar. Obradoiro de escrita creativa para adolescentes. Coordinado por Pedro Ramos, será na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, todos os martes a partir do 19 de 18:00 a 20:00h.
Merendas con Contos. Non esquezas que Fuco, Ratapón e a súa familia convídannos a degustar unha suculenta merenda nas Bibliotecas Municipais. O menú, como non, CONTOS...de aquí e de alá, de antes e de agora. Non faltes á cita.
Concurso de Biblioclips. A entrega de premios aos gañadores deste concurso, será na Biblioteca da Sagrada Familia, o día 28 de outubro ás 19:30h.

- CANTOS DE REIS. Obradoiros nas Bibliotecas Municipais para recuperarmos e continuarmos cantando a tradición do Nadal que perviviu ao longo dos séculos, para aprender os Cantos de Reis e seguirlles transmitindo parte do noso patrimonio ás vindeiras xeracións. Finalizan cun concerto participativo no Fórum.

- PROGRAMA DE LECER NO FÓRUM. No amplo abano de actividades que ofrece o programa de LECER no Fórum, aínda podes participar no obradoiro “As nosas letras”. Unha proposta de Dores Tembrás de explorar os distintos xeitos de ler, os modos con que nos enfrontamos á obra literaria desde a nosa propia literatura. Os mércores de 17:00 a 18:00 h.

- EXPOSICIÓN “ARS LIGATORIA”. ELABORACIÓN DE LIBROS ARTESANAIS. do 17 de novembro ao 9 de xaneiro na Sala de Exposición de Durán Loriga. Pór en valor o traballo artesanal no deseño e encadernación de libros. Faranse obradoiros de encadernación na Biblioteca Infantil e Xuvenil para o alumnado dos centros de primaria os días 22, 23, 25 e 26; para usuarios das bibliotecas o día 30 pola tarde.

- EXPOSICIÓN “A CORUÑA NA CREACIÓN DO LIBRO GALEGO”. Neste 2010 celebramos o bicentenario da edición do primeiro libro escrito en galego: "Proezas de Galicia". Do 13 de outubro ao 21 de novembro na sala de exposicións do Pazo Municipal. En colaboración coa Real Academia Galega.

- EXPOSICIÓN “ROSALÍA SEMPRE VIVA. VIVA ROSALÍA”. Realizada pola Fundación Manuel María, fai un percorrido pola vida e obra da autora máis importante das nosas letras. Do día 8 ao 18 de decembro na Biblioteca do Castrillón.

- EXPOSICIÓN “CARVALHO CALERO. DE PUÑO E LETRA”. Realizada pola AS-PG con motivo do centenario do seu nacemento. É unha homenaxe ao autor da primeira historia da literatura galega. Casa Museo Casares Quiroga do 30 de outubro ao 30 de novembro.

- EXPOSICIÓN “M100guel”. (1910 – 2010) 100 anos de Miguel Hernández. Mostra bibliográfica que recorrerá todas as Bibliotecas Municipais ao longo do último trimestre do ano.

- XORNADAS “RICARDO CARVALHO CALERO: CIENCIA, LITERATURA E NACIÓN”. Un repaso polo miúdo á obra deste insigne ferrolán da man de recoñecidos especialistas. Organiza a Universidade da Coruña. Do 24 ao 27 de novembro, na Reitoría (Maestranza), e o sábado 27 na Casa Casares Quiroga. O día 24 espectáculo poético-musical ás 21:00 h. no Teatro Rosalía Castro con Ugia Pedreira e Fred Martins (Gratuíto)

- POETAS DI(N) VERSOS. No mes de novembro comeza de novo o ciclo de poesía que na anterior edición reuniu a poetas do Estado o tamén de Portugal. Unha vez máis, teremos oportunidade de gozar da poesía galega en comunicación e diálogo con outras voces poéticas. A cita será na Casa da Cultura Salvador de Madariaga unha vez ao mes.

- GALEUSCA. Este ano A Coruña é a sede do Encontro de escritores galegos, vascos e cataláns. Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), terá lugar do día 29 ao 31 de outubro na Biblioteca de Estudos Locais (rúa Durán Loriga). O encontro finaliza cunha actuación de Xabier Díaz o 31 ás 19.00h. (Entrada libre)

- V ENCONTRO “NOVOS ESCRITORES”. É unha oportunidade para se encontrar e coñecer cales son as necesidades, proxectos e expectativas que dentro da nosa literatura teñen @s nov@s creador@s. Organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Día 6 de novembro no Kiosco Alfonso.

-MEMORIAL IBÁN TOXEIRO. Organizado pola A. C. Alexandre Bóveda, pretende achegar á cidadanía o teatro amador e manter viva a memoria do desaparecido mozo actor. Día 18 de novembro no Teatro Rosalía Castro. (Entrada libre).

- ELAS FALAN. Espectáculo poético-musical co grupo OURIOL. Organiza a Concellaría de Igualdade. Día 26 de novembro no Teatro Rosalía Castro.

- JAZZ+CIENCIA. Recital de textos científicos a cargo de Belén Regueira e Susana Rois. Actuación musical de Abe Rábade. O día 27 de outubro no Teatro Rosalía Castro.

- AS BIBLIOTECAS NA REDE:
- Fancómic, blog de cómic.
- Ciberclub, Club de lectura.
- CCI Clube de Ciencia e investigación.
- Corto e cambio, blog de literatura.
- Galicia móvese, cultura galega.

Aquí se poden descargar todas as actividades en formato .pdf: A cidade que le 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Programa Lecer no outono 2010 no Fórum Metropolitano

Como cartellecer10-001en anteriores anos o Programa Lecer no Outono do 2010 ofrece á cidadanía un amplo abano de obradoiros e actividades dirixidas a todos os públicos (aquí se pode descargar en .pdf o Lecer Outono 2010):
- Cidade: Coñecer Coruña e Coruña, á túa vista, introdución ao uso das cámaras dixitais e á fotografía artística dixital.
- Música: Paixón pola música, A golpe de música, Os misterios da ópera, e Descubre o jazz.
- Literatura: Relatos creativos, As nosas letras, Cunha pluma... A Coruña, Os roteiros da literatura, e Actualidade literaria.
- Arte e Historia: Explorar as exposicións, Emociónate coas artes, O mundo da pintura, A volta ao Mundo en..., O Renacemento, e Personaxes, momentos e lugares da nosa cultura.
- Ciencias: Baixo o firmamento, para descubrir entretidamente o universo.
- Cine e teatro: A historia do cine, Filmoteca Fórum, Descubrindo o teatro. Iniciación, A escena en acción. Perfeccionamento, Xuntos ao Rosalía, onde se tratarán as postas en escena presentadas no Teatro Rosalía.
- Manualidades: Tapiz en alto lizo, Tapiz gobelino, Artesanía galega, e Domadores de coiro.
- Habilidades sociais e mentais: Pensando polo mundo, Cos cinco sentidos, Ximnastas do intelecto e A actualidade a debate.
- Monográfico: Luís Seoane, cun achegamento á súa figura en todos os seus contextos.
- Oferta específica para maiores de 65 anos: Fagamos memoria I e II e Memoria da Cidade.
- Nunca é tarde: obradoiros de iniciación á lectura e á escritura, Nivel I e Nivel II.
- Oferta específica para nenos/as: Xogando no Fórum.

Condicións para os obradoiros de lecer:
- Destinatarios: A oferta diríxese preferentemente ás persoas empadroadas no concello da Coruña.
- Preinscrición: Os días 13, 14 e 15 de setembro as persoas interesadas en solicitar unha reserva de prazas para os obradoiros, poderán facelo na conserxaría do Fórum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Cada solicitante poderá anotar ata catro obradoiros na ficha, tendo en conta que a adxudicación respectará a orde fixada polo solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez realizado o sorteo. Cada solicitante recibirá un número que servirá para poder fixar a orde de preferencia. Adxudicaranse un máximo de dous obradoiros agás no caso de que queden prazas libres.
- Sorteo: As solicitudes ordenaranse a partir do día 16 de setembro, de forma correlativa, comezando polo número que corresponda no sorteo público que se realizará as 10:00 h. na conserxaría do Fórum Metropolitano. Unha vez adxudicado o número máximo de participantes a un obradoiro, o resto de peticións formarán parte dunha listaxe de agarda segundo a orde do sorteo.
- Inscrición: As reservas serán adxudicadas segundo a orde fixada polo sorteo. Será necesario formalizar a inscrición dos días 20 ao 22 de setembro na conserxaría do Fórum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. As prazas reservadas só poderán ser ocupadas polos gañadores do sorteo. As prazas non ocupadas durante estes tres días adxudicaranse ás persoas na listaxe de agarda.
- Listaxe de agarda e prazas vacantes: As persoas na listaxe de agarda terán preferencia en ocupar as prazas non feitas efectivas polas reservas do taller correspondente. O resto de prazas vacantes nos diferentes obradoiros poderán ser ocupadas polo público en xeral, ainda no caso de que xa lle fosen concedidas prazas en dous talleres. A partir do 23 de setembro as persoas interesadas en solicitar prazas vacantes nos obradoiros, poderán facelo na conserxaría do Fórum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. As prazas serán adxudicadas por orde de petición, agás nos obradoiros con listaxe de agarda.
- Pago de cotas: Os obradoiros teñen fixada unha cota. Os maiores de 65 anos só aboarán a metade da cota. Ao formalizar a inscrición aboarase a cota fixada. Prezo: 24 euros.
- Participación:Os/as novos/as participantes terán preferencia nos obradoiros con prioridade a novos participantes, aínda que por sorteo estean máis lonxe do número agraciado no sorteo; en caso de prazas vacantes, terán a posibilidade de se anotaren e repetiren obradoiro.
- Inicio dos obradoiros: A partir do 27 de setembro, no día e hora que lle correspondan a cada obradoiro. As persoas que falten a máis do 50% das sesións perderán todos os dereitos de matrícula.

Clubs e círculos
Clubs. Son agrupacións de persoas cun interese común que tratan de indagar en profundidade sobre a temática elixida. Desta forma, convértense en foros participativos de reunión para intercambiar ideas, experiencias e valoracións que enriquezan todos os seus integrantes.
Círculos. Son actividades dedicados a unha temática concreta que están dirixidas por unha persoa que de modo voluntario comparte os seus coñecementos cos demais.
Inscrición. As persoas que xa formaban parte destas actividades conservan a súa praza, mais deben confirmala na conserxaría do Fórum Metropolitano ata o 8 de outubro (de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h), mentres que os novos participantes poderán solicitar estas actividades anotándose nas listaxes correspondentes na conserxaría do Fórum Metropolitano a partir do 20 de setembro. No caso de existir vacantes as persoas admitidas serán avisadas telefonicamente por rigorosa orde de inscrición para iniciar a actividade a partir do 11 de outubro. Os clubs e círculos comenzarán a partir do 27 de setembro igual que os obradoiros.
Clubs: Palillos, Labores, Lectura, Canastra, Pintura, Filosofía, Tapiz no alto lizo, Sendeirismo, Tapiz gobelino, Abelorios e Comparte aficións.
Círculos: Técnicas de encaixe, Manualidades e Pintura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Forum Metropolitano abre o luns 21 o prazo de inscrición dos campamentos urbanos de Nadal

mércores, 16 decembro 2009, 16:30 | Category : Nadal, infantil, lecer e tempo libre
Tags : ,

Os días 21 e 22 de decembro en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h realizarase na conserxería do Forum Metropolitano a inscrición aos campamentos urbanos de Nadal dirixidos a nenos e nenas nacidos/as antes de 2005 (escolarizados), de 4 a 12 anos. A inscripción realizarase por rigorosa orde de solicitude, até cubrir as prazas (50 % en horario de mañá e 50 % en horario de tarde).

Os campamentos terán lugar os días: 23, 28, 29 e 30 de decembro e 4, 5, 7 e 8 de xaneiro en horario de 10 a 14 h; éste último día prolongarase a xornada cunha saída o Zoo de Vigo até as 17:00 h. Ademáis ofrecese a posibilidade de ampliación de horario de 9:00 ás 10:00 h a modo de gardería, sempre que se xunte un grupo mínimo de 10.

Baixo o título Animalix no Nadal a temática deste ano xira arredor de distintas historias partindo do coñecemento dos animais presentes en todas as culturas e partindo do seu coñecemento, da súa conservación e da súa protección representaremos os valores destes a través da creatividade dos nenos e nenas en forma de animación, con actividades moi variadas: motrices, lectoras, teatrais...

O prezo do campamento é de 24 euros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Aquarium organiza unha nova edición de Durmindo con Tiburóns para este Nadal

martes, 1 decembro 2009, 11:30 | Category : Aquarium Finisterrae, ciencia, lecer e tempo libre, museos científicos
Tags :

Durmindo con Tiburóns está pensado para nenos de entre 7 e 11 anos, e terá lugar durante as vacacións de Nadal, con sesións os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2009, e 2 e 3 de xaneiro de 2010. Os nenos partiparán nun taller sobre consumo sostible de peixe e marisco, actividade incluída na campaña europea "Elixe o peixe correcto", e realizarán experimentos sobre os dentes e os sentidos dos tiburóns. Rematarán a xornada durmindo rodeados de peixes na Sala Nautilus, un lugar especial ambientado coma se fose o submarino do capitán Nemo e rodeado de mar por todas partes.

Durmindo con Tiburóns comeza ás 20:00 horas e finaliza as 11:00 horas do día seguinte. O prazo de preinscrición ábrese hoxe martes, 1 de decembro, e a inscrición realizarase por riguroso orde de chamada ao teléfono 981 189 842.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O programa ‘Lecer no Outono 09’ do Forum Metropolitano oferta 850 prazas para 37 obradoiros

martes, 1 setembro 2009, 13:30 | Category : actividades educativas, lecer e tempo libre
Tags :

programa-lecer-no-outono

A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou hai uns días o programa Lecer no Outono 09 do Forum Metropolitano que este ano ofertará 850 prazas e conta cunha amplia e variada oferta de obradoiros e demáis actividades nas que se teñen en conta todos os públicos.

Así atopamos dentro destes obradoiros de lecer os relacionados coa cidade como Coñecer Coruña, O que contan os nosos barrios ou o novo Coruña, a túa vista que suporá unha introdución ao uso das cámaras dixitais e á fotografía artística dixital como xeito de entretemento e relación social.

No apartado musical hai actividades como Paixón pola música, A golpe de música, As outras músicas ou Descubre o jazz no que se amosan dende as orixes ata as últimas tendencias con audicións orientativas e actividades complementarias.

Nos obradoiros literarios inclúense a Actualidade literaria, Os roteiros da literatura galega, Relatos creativos ou Cunha pluma... A Coruña no que se darán a coñecer escritores e persoaxes ilustres viviron, contaron, crearon e transformaron a historia da nosa cidade.

En Arte e historia atopamos Explorar as exposicións nas que se ensinarán os principios básicos e visitarán as distintas exposicións da cidade, Emociónate coas artes, O mundo da pintura, As nosas mitoloxías, Ao longo do Camiño no que será unha aproximación aos Camiños de Santiago como un compendio de artes que conforman un fiel reflexo da cultura: arte, literatura, arquitectura, sociedade, ... con saídas e actividades complementarias.

Ademáis haberá outros moitos obradoiros relacionados coas ciencias, cine e teatro, manualidades, habilidades sociais e mentais, e un monográfico sobre Patimonio da Humanidade no que se fará un achegamento aos distintos contextos históricos, artísticos, literario, social... que influíron dalgun xeito na Humanidade ao longo do tempo e que son distinguidos por iso.

En canto a oferta específica para maiores de 65 anos incluese un novo obradoiro As mates na rede no que se favorecerá a memoria por medio de propostas variadas a través dos programas informáticos na rede.

O programa inclúe ademáis distintos clubes e círculos nos que os que o desexen pódense unir e compartir afecións. Asi existen os clubes de lectura, sendeirismo, tapiz no alto lizo, tapiz gobelino, de palillos, labores, canastra, pintura, e filosofía.

A oferta do programa Lecer no Outono dirixese preferentemente ás persoas empadroadas no concello da Coruña. O prazo de preinscripción vai do 8 ao 10 de setembro. Os obradoiros teñen fixada unha cuota de 24 euros por cada actividade e os maiores de 65 anos só abonarán a metade.

->Descargar folleto do programa Lecer no Outono en PDF

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google